domingo, 24 de marzo de 2013

Tren

Dicir dinnos que somos libres. Pero lévannos en vagóns con capacidade limitada, sempre ensamblados na mesma vía, sempre xunguidos da mesma catenaria.
Cóntannos que podemos elixir, pero se así fose a condutora da miña vagoneta non había ter barba e polo carallo había ser zarabeta.
De todo canto nos contan, a metade son mentiras e o resto non son verdade. E así imos de estación en estación (cada 4 anos) continuamente enganados. 
Entre tanta vicisitude algo propicio tiñamos que atopar; así que o mellor deste tren, sen dúbida, é o chacachá.

Foto: Tren-vía.

8 comentarios:

  1. Chousiña é un pracer vir polo teu blog, inda dicindo cousas sesudas mantés ese sentido do humor que todo o fai máis levadeiro...

    o tranvía ese é de portugal, non si?

    ResponderEliminar
  2. Bueno, no te quejes, que finalmente te tocó una conductora, a juzgar por la foto (supongo que sin barba, jejejejejeje).
    Pues tienes mucha razón en tu reflexión. Nos engañan totalmente y sí, la mitad de lo que nos dicen es mentira y la otra mitad no es cierto... Lo que no sé es por qué esta locomotora en la que viajamos no ha descarrilado ya.
    Besos

    ResponderEliminar
  3. Curioso, pero nese tren non se ven mais que mulleres. E ti claro. Seguro que o escolleches antes de subir.
    (Alegrachesme a tarde. Son moi fan do Consorcio)
    úuuuuuu, úuuuuuuu

    ResponderEliminar
  4. Tamén tes mala sorte: os únicos con barba, a conductora e ti ¿con quén vas falar de fútbol? (perdoa, perdoa)...

    ResponderEliminar
  5. O mellor e quizais o único bo sexa "chacachá"!

    Bicos... mollados. Parará de chover?

    ResponderEliminar
  6. Sen duvida ese tranvia e lisboeta. Podo perceber o seu traqueteo (ou chacacha). Gostei de ve-lo.Saudos

    ResponderEliminar
  7. E o fodido é que temos o curioso costume de tropezar unha e outra vez coas mesmas pedras. Non vaia ser que con tanto tropezón o tren acabe descarrilando e despois pouco importa o "cha cha cha".

    ResponderEliminar
  8. a liberdade pura e dura non existe... nin existirá... é unha utopía...

    biquiños,

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: