sábado, 9 de marzo de 2013

Imperio

Construiron leguas de autoestradas que conduciron a paraxes desolados. Hectómetros de papeis lexislados, para seren profusa e sistematicamente conculcados.
Teceron unha maraña de sortilexios habilmente salpicados coa liturxia do engano, incitándonos a crer que a podremia era unha constatación de madurez...
E así, pensando que iamos cara un paraíso de marabillas, vímonos -de súpeto- espetados no cumio dun imperio de tarados.

Foto: Parece, pero non é.

8 comentarios:

  1. A imaxe veuche que nin pintada pro argumento. Ou pintacela ti? Como a vexa don Amancio jaja

    ResponderEliminar
  2. O paraiso vai ter que esperar. Deberias saber que este e un Val de Lagrimas e estabase a converter noutra coisa.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  3. Autoestradas que van a ningures,
    aeroportos onde só aterrizan e despegan os paxaros, paraisos fiscais diseñados especialmente para os corruptos, directivos bancarios cobrando indemnizacións millonarias por facelo mal,a televisión de todos ó servizo de só uns poucos. Si, algo de tarado ten este imperio que todos axudamos a construir.

    ResponderEliminar
  4. Jajajajajaja menuda tenda mais interesante atopaches. Pola pinta das casas eu diria que e en Santiago, pero nunca a vinnnn. Tes que decir onde e eso Chousa, que eu quero comprar algo de Tara.

    ResponderEliminar
  5. eu alomenos recoñezo que algunha "tariña" che teño... e que si non é difícil vivir neste mundo tan árido (por decilo dun modo suave) ás veces.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. hoxe o post vai de tarados.
    tes un don para artellar textos, e un bo ollo para as fotos!

    ResponderEliminar
  7. E non poderíamos inocularlles algún virus letal a todo este imperio de tarados?
    volver a tecer unha sociedade xusta.
    Qué ilusa, verdade?

    bicos.

    ResponderEliminar
  8. ei, e que pasou co post dos domingos???

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: