sábado, 17 de novembro de 2012

Pateira

Da sementeira á meda, despois á tulla, transformación no muiño para vir levedar na artesa.  O zea mays, secale cereale ou o triticum aestivum chegaban á mesa pasando polas mesmas mans; demostrando que nosos avós, carentes de altas tecnoloxías, manexaban unha autosuficiencia que hoxe poría os pelos de punta ás grandes cadeas de alimentación.
En todo aquel alarde das capacidades, acadaban a excelencia coa xestión dos resíduos. Nada era lixo, todo resultaba útil. Para o aproveitamento da palla facían palleiros; e para manter o forno coma unha patena, dotábanos de pateira.
Moito ruido debe facer a tecnoloxía para permitirnos esquecer tanta sabiduría en tan pouco espazo de tempo.

Foto: Factoría panificadora. Alvidrón de Outeiro (Antas de Ulla)

12 comentarios:

  1. Polo norte dise mada en vez de meda (sempre me chama á atención as variantes do noso idioma, que para min din moito).
    Tiven que recurrir ao diccionario para saber o que era unha pateira.
    Gústame moito a foto e o forno e todo o que dixeches.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Cuantas lembranzas me evoca este texto. Y la fotografía. Seria muy bueno que lográsemos aplicar aquella sabidurîa hoy. Nos vendría de perlas.
    Un abrazo con mucha morriña de esa tierra de excelencias desde Murcia

    ResponderEliminar
  3. Non sabía que o receptáculo da cinsa se chamaba pateira, tiven que miralo no dicionario. Por aquí chamámoslle cinseiro e algúns creo que tamén lle din bufarela.
    Apertas

    ResponderEliminar
  4. As tecnologias de hoje son muito mais merdentas e fan tamto ruido que non nos permiten escuitar marabilhas como as que relatas.E ademais som certas.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  5. Eu tamén tiven que recurrir ó diccionario, pero mira está ben iso engadir una nova palabra o meu vocabulario.
    Pois si, non sei como nos esquecemos de tanta boa sabiduría.
    Non cabe duda de que eran máis intelixentes. Habería que buscar un punto medio entre a tecnoloxía e esa sabiduría de antaño.
    Pero hay moitas ondas ceibes que nos impiden ver e pensar con claridade.
    biquiños chousa.

    ResponderEliminar
  6. Engañáronnos e fixéronnos pensar que unha cultura estaba reñida coa outra, pero sempre estamos a tempo de volver aprender.

    Encantoume este post, de verdade.

    ResponderEliminar
  7. e digo eu, ¿o forno da túa foto viríame men a mín para a facer a miña receta de outono?

    biquiños,

    ResponderEliminar
  8. xa levo aprendidas unhas cuantas cousas no teu blog!
    Esta entrada, particularmente interesante.
    Fas un bo labor de conservación e difusión do noso.

    ResponderEliminar
  9. E,simplemente,xenial.
    (eso si, o forno desfuma fatal)

    ResponderEliminar
  10. Outro máis que aprendeu a palabra pateira.
    Dende logo que os nosos avós sabían máis ca nós. Era un saber de xeracións que se foi perdendo nestes tempos de comprar e gastar.

    ResponderEliminar
  11. Moito sabes ti,que pareces unha enciclopedia. Deberias poñer unha pasantía destas cousas que se van perdendo. Bicos

    ResponderEliminar
  12. Oído por estas terras: "e que vas esperar, o pobre non entende máis, como nunca saiu de pateira..."

    Pero veñen tempos de volver á PATEIRA. Grazas pola imaxe, cantos recordos nos fai recuperar! Ollo de novo a imaxe... ole a petada de pan e a bola que amasaba a madriña, recén sacadas do forno.

    Como di Paideleo, un saber que se perdeu en só unha xeración.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: