Da forza calórica que agatuña dende o ras da lareira, fungan milleiros de muxicas cara a cambota; para rematar en ringleiras de charamelas paracaidistas que tinxen de prateado o allar. Do recanto xurde -maxestuosa- a angarela, lucindo gramalleira tintineante e reixa. Prisioneiras mudas e recatadas, gardan loito perenne por centos de cepos e rachos sacrificados sobre a pedra maior en longas noites de xeada...
Pero tanta enxeñería ficaría infrautilizada se non fósemos capaces de descubrir as marabillas da mestura, nadando na superficialidade de cocer solo patacas; cando -coa mesma enerxía e base tecnolóxicas- podemos acadar o cumio culinario facendo un excelente, saboroso e completo caldo. Con unto incluido.
Foto: Argallando mesturas musicais. Con cachondeo incluido.
me parece que falas de música, pero e que eu quedei enganchada na gramalleira...
ResponderEliminarChousa: eres incrible. Só ti podes sacar música dunha preparación de caldo nunha casa tradicional.
ResponderEliminarSupoño que así vai millor a dixestión.
Excelente descrición da lareira e algo máis... Non lle falta detalle!!
ResponderEliminarPero a imaxe que acompaña o texto..., non consigo asociala! Será esa a nota "musical" de cachondeo?:-))
Creatividade dende a lareira... E eu empeñada noutras lerias, e sen ler as súas, que seguen q facer o mellor caldo!
ResponderEliminarCreatividade dende a lareira... E eu empeñada noutras lerias, cando segue vostede a facer o mellor caldo!
ResponderEliminarANTROPOLOXIA EN ESTADO PURO, NADA MILLOR QUE UN BON CALDIÑO
ResponderEliminarVolveremos Chousa
ResponderEliminara queles tempos, que contaba
miña avoa, en que despois da guerra
nalgunhas casas xuntabanse na porta
ringueleiras de xente para que lle deran unha taciña de caldo.?.
Oxalá que non.
Un bico
a camiseta ten moita coña pero eu quedei sentada na lareira escoitando o seu conto e mirando ó lume.
ResponderEliminarbiquiños,
Todo e unha pasada Chousa pero o das "charamelas paracaidistas" chegoume a alma hahaha.
ResponderEliminarAhora xa niguen pode decir que non coñece ben unha lareira.
En realidad, viendo la camiseta, no puedo hacer otra cosa que reírme y pensar: ¡hay gente para todo, coño!.
ResponderEliminarCalzas un buen sentido del humor, Chousa, por lo visto quien se ríe no envejece tanto como los otros:)
Besos
p.d. te quedó chula la foto de los caracois, me gusta en la plantilla.
Tíñasme que deixar lambendo ¿eh?? ayyyyyy.... Babexo todiña.
ResponderEliminarUn bico famento.
É que sen unto o caldo non é tal. Sen saber como, vinme sentada nun tallo feito polo meu avó, furgando nas brasas da lareira para que aparecesen as "charamelas paracaidistas", mentres as chamas formaban a imaxe da "Heide metal".
ResponderEliminarBicos
que gran camiseta!
ResponderEliminar:)
Quero ver na camiseta ao avó e a Niebla...
ResponderEliminarPois tomarei dúas tazas!!
ResponderEliminarE tanta imaxinación voando libre pola chousa... encántame.
ResponderEliminaro primeiro parágrafo ata as noites de xeada gústame en especial.
Estou dacordo en que na mestura está a riqueza, pero tamén che digo que o caldiño de sempre ou as tortillas feitas na tixola de ferro non teñen comparación.
un bico ben feitiño.
jo macho, qué nivelón. Agora que se acerca o día das letras, ti qué estás, a facer puntos para que che dean o premio? (Recorda que é postmortem, eh?)
ResponderEliminarTodos os premios que mereza, por favoriño volo pido, dádemos mentras poida rebulir; que despois vanme ter menos gracia.
ResponderEliminarEspero que a disertación vos axudara a lembrar que vimos (algúns máis que outros) de pendurar na angarela o que agora seica hai que "colgar" na rede.
Sin esquecer orixes sigamos disfrutando da mestura (musical e gastronómica tamén...).
So che faltou dizer aquilo de SE NON QUERES UNMA TAZA, SEMPRE CHE PODEN DAR DUAS.Saudos.Carlosm
ResponderEliminar