venres, 16 de marzo de 2012

Balancear

Manifestantes insultóns, con dereitos laborais recortados, incitan a policías de sueldo rebaixado; periódicos no fío da creba ensáñanse con empresas de balances pouco saneados; sanitarios liquidados sofren cada día ataques de doentes infectados; alumnos desmotivados cúspenlle a mestres con horario prolongado.
Diante deste meteórico crescendo de mala hostia xeneralizada, alguén debe erguer axiña un pano branco que propicie algo de calma; baixarnos do carro de combate no que imos a cotío enrolados e balancear algo máis o cu para que se nos inflame algo menos a cachola.

Foto: Asento antiestrés recomendado.

20 comentarios:

  1. Non sei se acabaríamos con todos os males da sociedade... pero un par de abaneos na randeeira... e fóra pesimismo.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben. Un pouco de sensatez.

    Apertas.

    Antón.

    ResponderEliminar
  3. A seca é moi grande, a choiva no dá chegado e a cabeza féeeeeeervenos.
    Ten vostede toda a razón, haberá que mover un pouco máis o cu, é bo para pórse en forma e mentres o mesmo se evaporan os calores da cachola

    ResponderEliminar
  4. Como di un que eu sei: enfadamse os ladrons con os que rouban e asim nom hai quem poida.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  5. Cen por cen dacordo con o de abanear o cu, pero ... ten que ser nese cacharro??

    ResponderEliminar
  6. Neste texto gústame especialmente o final: "balancear algo máis o cu para que se nos inflame algo menos a cachola".
    Estou contigo. Levantar un pano blanco,sí señor.
    A sensatez, a cordura, o optimismo, o mirar as cousas dende o lado positivo fan milagres.
    Mira, a negatividade só induce á negatividade.
    bicos balanceados nese asento colorido.
    Ay, balancear as emocións cos ollos pechados e a cabeza entornada!

    ResponderEliminar
  7. Pois cumpre que a cachola
    funcione porque os sanitarios
    xa é un colectivo moi mermado.

    Bicos de fin de semana

    ResponderEliminar
  8. boa recomendación, chousa.
    admirable reflexión.

    ResponderEliminar
  9. Pero mejor balanceándonos en otro tipo de silla en la que nuestros traseros no estuviesen tan encogidos, esa de ahí es para niños con una talla concreta...
    Bicos

    ResponderEliminar
  10. Pois é verdade: había un chistiño de Quino no que o xefe rifa con empregado, o empregado bérralle a muller,a muller rifa co fillo, o fillo enfádase co can...tamén lle chaman efecto mariposa.
    Velaitén o meu pano branco (perdoe, era o único que tiña a man...)

    ResponderEliminar
  11. E segun se xeneraliza a mala hostia tamen se pode trasmitir o optimismo, todo e cousa de poñerse. Balanceando o cu pode ser unha boa maneira si señor

    ResponderEliminar
  12. Pois en verdade que o columpio ese invita a subirse e cerrar os ollos para esquecer tanta mala leche que nos afoga.
    Claro que vindo de ti eso de mover o cu, a saber con que intencion vai jejeje
    Biquiños

    ResponderEliminar
  13. Xa vexo que hai vontade de abaneo. Iso é o importante; despois cada cal que lle busque acougo ás pousadeiras e xeito ó abanear ;-)

    ResponderEliminar
  14. pois coido que polo momento o cu éntrame nese asiento... de momento, que logo xa se irá vendo...

    da mala hostia, si eu che contara, teño algunha compañeira coa que deixei de falar mais que o indispensable porque cada vez que fala é para verter mala hostia a borbotóns... e por ahí non paso, que xa son maior para ter que aguantar lerias... como dí o refrán cada pau que aguante a súa vela.

    biquiños,.

    ResponderEliminar
  15. Non che estou moi dacordo... pero iso tamén ten o seu aquel.

    Bicos !

    ResponderEliminar
  16. Eu creo que xa estamos servidos de abaneo de cu. Pero,bueno,aínda podemos dar unha voltiña máis.

    ResponderEliminar
  17. se hai que arrandear o cu para coller impulso, faise. Chegou o tempo de cambiar os enfados por feitos, os choros de bares por berros de rúa. Chegou a hora de amosar se o enfado é real ou só pose holivudiense.

    ResponderEliminar
  18. Moi bo! e posnos a foto como manobra de distracción infantil. Pois sí, bailemos e olvidemos!
    Xa empezo eu a calarte!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: