Hoxe non abonda con miralo. Hai que gravalo. O que non se grava non existe. E, claro, ó reducir tanto o campo de visión sempre se perden detalles e matices de singular relevancia que non fuxirían á máquina perfecta do ollo conectado a un cerebro traballador.
Parece mentira que nos resulte imprescindible gardar nun caixonciño metálico anaquiños da realidade que pasa enteira por diante de nós en vivo e en directo, para mirala despois diferida, resesa e minimizada.
Foto: Minimizando en rosa na Arousa.
Parece mentira, mais é costume nestes tempos.
ResponderEliminarApertas.
Antón.
Nin sempre volvemos aos camiños andados, nin todos merecen ser revisados. Gardamos moitos, pero só debullamos cos dedos de presente aqueles que gravaron recendos indisolúbeis na nosa memoria. Miralos na caixa, só unha vaga excusa para recrealos.
ResponderEliminarPois a verdade é que hai cousas que mellor sería non ter gravadas...
ResponderEliminarEu escapo das gravacións cando a min se refiren.
Un saúdo.
Cousas dos tempos que corren. É tan sinxelo gravar os momentos como borralos.
ResponderEliminarBicos
é que somos depredadores, queremos conseguilo todo, o instante preciso, a encadre perfecto... perdéndonos no caso cousas tal vez mais importantes.
ResponderEliminarbiquiños,
Dí Punset, no seu libro: "Viaje al optimismo":
ResponderEliminar"Durante el proceso de la percepción visual [proceso por el cual nuestros ojos observan imágenes y transmiten información al cerebro para que éste la seleccione, agrupe e interprete], el cerebro decide si el estímulo visual que capta en ese instante es importante, o no, y por ello, aunque recibimos muchísima información, buena parte de ella se aloja en nuestro inconsciente y no deja impresión en nuestra consciencia. Por eso a menudo no percibimos todo lo que nos rodea, incluso si está en nuestro campo de visión. A pesar de los esfuerzos de la comunidad científica, el origen y los mecanismos de la percepción consciente permanecen todavía sin resolver, y constituyen uno de los misterios de la neurofisiología."
E ahí queda eso.
Mira quen vai falar, o que (imaxino) sempre coa cámara en ristre. Claro que o teu é mais instantaneo, un chiscar o ollo.
ResponderEliminar(pesarán esas pestañas rosas na mirada?)
E moito me temo que para rexeitalo pouco despois...
ResponderEliminarTemos medo de perder instantes, momentos que nos fixeron felices ou nos ensinaron algo ou captaron a nosa atención por algún motivo...ou simplemente por mostrar a alguén máis tarde a nosa gravación.
ResponderEliminarPero a nosa mente é un ordenador potentísimo. Todo queda gardado e podemos visualizarlo cando queramos.
O que dis é un mecanismo válido sempre que non nos recreemos demasiado, o xusto, vaia.
Máis captar un instante preciso, poñendo toda a nosa percepción nel, valorar a luz, o enfoque, a imaxe -como ti fas- é unha satisfación inigualable e un arte.
un biquiño fresco.
Eu debo existir moi pouquiño.. non deixo que me graben nin pagando.
ResponderEliminarPero eu noto que estou, ¿ porque estóu, non?
Bicos existenciais. Muas.
xa, pois tí tamén estabas vendo esa escena a través do obxectivo da túa cámara...
ResponderEliminarVivimos en la sociedad de la imagen y capturar cualquier suceso o cosa con una cámara se ha convertido en imprescindible, como también colgarlas en la red.
ResponderEliminarLas cosas pierden su esencia porque pierden su contexto, pero ganan al poder recordarlas después e incluso modelarlas, darles forma al gusto de cada cuál.
Me alegra tu regreso, Chousa, se te echaba de menos:)
Bicos
Peor é o que fan outros (Raxoi and company) que nos gravan cada vez máis con impostos moi gravosos.
ResponderEliminarQuem desse-me a meu ter essas imagens guardadas num cajón metálico de coisas que passaram ao longo de minha vida.A garota é formosa, tanto como suas accesorios que enfeitam sua cara,eu tenho um macaco que tem o mesmo sombrero, que simpático, chousa.
ResponderEliminarPois unha cousa non quita a outra, miras disfrutas de todos os matices, e despois fotografías para commpartires cos demáis!
ResponderEliminarSalvo como din os reporteiros gráficos dos partidos de fútbol, cando menten gol... se o ven cos seus ollos, e que non o retrataron!! que era o que tiñan que facer.
O peor é cando a recordamos maximizada. Bicos de pre-primavera.
ResponderEliminarCada época tem os seus hábitos enraízados!
ResponderEliminarNon digas que ti non reduces o campo de vision algunas veces para centrarte no concreto. Tu precisamente es o rei do detalle.
ResponderEliminarQue saibas que a min non che me gusta nadiña quedar por diante da cámara. Sintome mais comoda ollando por ela :)
ResponderEliminarBiquiños!!!
É ben certo que eu tamén coxeo da pata que "critico"; pero xúrovos que solo fago capturas co ánimo intrínseco do posterior estudo comportamental e físico das humanas. No meu caso -polo tanto- ven sendo un decidido afán (inculcado nos meus primeiros anos de escolarización) por acadar os camiños do coñecemento; así que disculpado debería quedar, ou?
ResponderEliminar