domingo, 1 de xaneiro de 2012

Galope

Sin demasiados cambios no entorno (os paxaros siguen voando e as miñocas fozando), preséntasenos diante outra etapa da que non falaron nada ben. Pero seremos donos do noso propio paseo, que ninguén no lo escaralle.
Tomaremos a montura coa mesma dilixencia de antano, tendo clariño que tamén cando nos ladren será a confirmación de que avanzamos con xeito...
Unhas veces ó paso e outras triscando, unhas a pé e outras dacabalo. Picando espuelas e apretando as cinchas para incitar trotes e fustigar galopes, sin esquecernos nunca de levar a montura ben ferrada das catro patas e procurando manter un axeitado equilibrio entre elegancia  e dominio; aínda sabendo que -por máis dunha vez- haberá que caer da burra!

Foto: Mimando ó ano novo. Algunha potra teremos...

23 comentarios:

  1. Que teñamos todos/as un xeitoso paseo e un agradable voo polo 2012.

    ResponderEliminar
  2. Esperemos no tener que caer del caballo, aunque "sí de la burra" (eso va haciendo falta).
    Muy curioso y logrado este post de la realidad que nos envuelve utilizando una bella comparación (el tema ecuestre me apasiona:)
    Bonita foto también.
    Bicos al paso, al trote y a galope.

    ResponderEliminar
  3. ¡ Cando caiamos da burra esta vez imos levar unha boa zampullada!
    Pero como nos ensinou kárate kid (vaia citas que me gasto eu) cando un cae, pode escoller volver a erguerse, unha e outra vez se fai falta, así que...¡Animo, meus valentes!

    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Claro que máis dunha vez caeremos da burra, pero o que temos que desexar é que a caída sexa leve, e que a burra espere por nós, para volver montar nela.
    Ah, e moito tino coas árbores que caeron por riba dos camiños, podemos esnafrarnos contra elas se non as vemos a tempo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Atinado símil equestre para reciber o ano novo.Eu somentes engadiria a recomendaçom de galopar mais amodo para que as caidas resultem ingrávidas.Feliz2012 tudo o mais que poder.Carlosm

    ResponderEliminar
  6. E iremos afirmados no trote da cabalgadura mentres que os outros, que se pensan más listos, perdan o tempo en vos de altos perigos. Pois o futuro é das persoas afoutadas, das que non soñan grandes loreiros senón realidades xustas.

    Que a cabalgada polo 2012 che deixe arrecendo de presente destemido!!

    ResponderEliminar
  7. Pooooois sí, haberá que caer da burra, pero moito nos agarramos para non tal... (a lo menos eu sempre confío en ter algo de potra)

    ;-)

    ResponderEliminar
  8. "A galopar, a galopar, hasta enterrarnos en el mar", que dixo Rafael Alberti.
    Xa que logo, eu voume lanzar a galope tendido como Jhon Wayne nos anos mozos, ¡e que sexa o que Raxoi queira!
    ¡Ala, feliz ano!

    ResponderEliminar
  9. Máis remedio ca ir tirando, mantendo o equilibrio, caíndo da burra e volvéndose erguer. Porque o que nos queda por diante esixe aplomo e templanza...

    Feliz 2012.

    ResponderEliminar
  10. Yo diría que a alguno había que tirarlo del burro (o de la burra) y no dejar que se vuelva a levantar.Muy bueno el post Chousa. Feliz año

    ResponderEliminar
  11. Ai, Chousiña: antes de montar, xa caín da burra...

    ResponderEliminar
  12. Unhas a trote
    e outras ó lento
    un novo ano
    para ir virando
    buscando o xeito.

    Bicos

    ResponderEliminar
  13. Pois si, o caso e "ir indo", a trote, a galope, ou a rebolos...

    Pero que espabiladiños me sodes algúns, eu ainda non espertei ben da resaca do 11 e xa tendes o blog estrenadiño no 12...

    Pois eu comezo con moiiiiiita moita nugalla... ;)

    Bicos

    ResponderEliminar
  14. Vostede e un erudito consumado, e sempre gosto de encontrar mensaxes entre liñas. Esta vez fala do Quijote así coma quen non quere a cousa para empezar o ano. Que sigan ladrando hahaha. Feliz ano novo Chousa.

    ResponderEliminar
  15. Aisss... e cántas cousas nos perdemos por non ser o bastante listos para te ler en condicións... A min ás veces dáme vergoña... recoñecer estas miñas carencias...

    Boeno. Un bico de felicitación Chousa. Perdoa que últimamente non estou moi sociable... pero haiche épocas raras...

    Eu non me podo queixar. Sempre teño potra.... Por exemplo, de contar contigo como amigo blogueiro!
    Un dous tres responda outra ves...

    ResponderEliminar
  16. Gústame iso de ir a galope e con elegancia e dominio serei a dona dos meus pasos, que non mos quiten que se non...
    Mimadiño queda logo ó ano novo.
    Biquiños a trote, a galope, da cabalo,con montura, sen montura...

    ResponderEliminar
  17. Os cabalos sempre me deron medo. É mellor ir cos pés na terra.

    ResponderEliminar
  18. Sí raposo, e non asustes as monturas, que os cabalos veñen xa bravos e os xinetes están máis ben apoucados! Saúde e Feliz Ano!

    ResponderEliminar
  19. Ben. Eu non sei que dicir. Haberá que caer da burra, pero con elegancia.

    Feliz 2012, e que haxa sorte, traballo e saúde!
    E paciencia!
    Ben nos cómpre.

    ResponderEliminar
  20. Pásame como Concha, non sei que decir. As cousas pintan mal, mais que mal. Así que e lóxico que o camiño estará cheo de atrancos y que polo tanto a caída é inevitáble pero como tamén dixo Concha (doutra maneira) "Antes muerta que sencilla".

    biquiños,

    ResponderEliminar
  21. Reitero que algo bo traerá, tamén, este 2012. Por máis que se sigan empeñando en fotografiar unicamente o lado máis negativo de todo canto acontece.

    ResponderEliminar
  22. Pois eu, xa maior, e sigo sin caer da burra. Non estaría mal que pasara algunha vez, sempre que non doa moito. Mentras tanto, a galopar...

    Feliz aninovo (aínda se pode dicir, non?)

    Bicoss

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: