Esto de botar raigaña no morteiro dos vicios foi un tremendo erro. Pero sin ela decían que non había maneira de realizar a fotosíntese, por moita luz solar que incidira nos cloroplastos esfamiados; así que vendemos os ideais e hipotecamos a vontade. Aquelas licencias trouxeron este noxo por vernos así: chantados e a velas vir.
Neste punto, un xa non sabe se o máis fodido é ter as canelas enterradas no barrizal da decadencia, ou saberse guiados por un fato de inertes espantallos que padecen idénticos males.
Foto: Líder de masas en plena acción.
a mín encántabame botar raigaña no morteiro dos vicios jajaja
ResponderEliminarpero o meu morteiro sempre foi tan pequecho que poucos vicios podía prantar...
pero aquí estou agora, coma todos os viciosos, :-(
a velas vir.
o lider de masas quedou moi favorecido.
e dese millo xa hai meses que non lle queda nin a canavela
Tens toda a razão... venha o diabo e escolha!
ResponderEliminarApuntas tanto a tua cámara polos meus entornos, que nunha destas vou sair na imaxe. E penso que hai quen esté chantado moi por riba das canelas nese barrizar que dis.
ResponderEliminarPara empezar, vou do título ao pé de foto (texto): xenial concordancia coa "escuro-síntese" actual...
ResponderEliminarDemasiados espantallos-leaders achantados ata as cejas.Considero que é o milho o que guarda do espantallo e non do revès.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarEspantados estamos nós. Polo menos, eu sí, pero qué se lle vai facer... así son as regras do xogo, non sí?
ResponderEliminarBicos con intereses, polo retraso
Pobre millo!!! Non sei se foi a sombra do espantallo ou a dureza climática pero ten os pendóns degolados.
ResponderEliminarBicos
E coa foto xa queda todo visto!!
ResponderEliminar(o comentario da foto é tremendo ;))
Saúdos
Pois a verdade e que ahora solamente se ven espantallos na television, antes vianse moitos polo campo...
ResponderEliminarContra!!! como aprenderon!!!
Bico!!!
Opino como Zeltia: a mín encántabame botar raigaña no morteiro dos vicios, matizando que según que vicios.
ResponderEliminarE eso sen contar que as veces os paxaros poúsanse nos ombreiros e cagan por ti!
ResponderEliminarpois o millo parece moi atento, semella que o espantallo dille cousas divertidas, aínda que agora que poño a foto en grande vexo que o millo non está atento, está morto... xa me parecía a mín... porque o espantallo aínda con boas palabras non pode deixar de ser quen é.
ResponderEliminarbiquiños,
p.d.: vou buscar o que quere decir raigaña, descoñezo a palabra.
Na disxuntiva que plantexas no último parágrafo, eu creo que a resolvería coa segunda opción: quen nos des-gobernou (inertes e ineptos espantallos) causaron estes males que agora padecemos.
ResponderEliminarMoitas apertas
A velas vir hai tempo que estamos.
ResponderEliminarAgora só queda esperar para velas vir máis de cerca.
Gústame esta perspicacia con que dis as cousas, van ben fiadiñas, amosando con agudeza.
bicos, chousa.
A velas vir...
ResponderEliminarBicos sen prima de risco nin interés ningún... Boenoooo... algo de interés terán que levar ¿ou?
¿Acabaremos así?. No sé, con lo anestesiados que estamos...
ResponderEliminarLos que sí espantan son ellos, los líderes de la economía europea y mundial, los grandes hombres y las teutonas-tetonas mujeres...
La élite financiera y su perro fiel: la corrupción.
Bicos de finde
E se mantés un acaneo constante, para que parezca vida o que asoma?. Non sei,o estar estático acelera os problemas cardiovasculares, aritmias,afogos e outros males. Eu creo que para que non apouse a merda non hai mellor cousa. Boo, non fagas caso, desvarios pola anestesia do dentista. Biquiños
ResponderEliminarLa comparación es óptima y muy acertada. Otra vez valoro tu fotografía, que una vez más me hace recordar mi último viaje a la Galicia interior (para mi la gran desconocida), en la que se conjuga ingenio sencillo con excelentes resultados. Mi admiración y mi saludo. A. Ruiz
ResponderEliminar