- Onte escoiteille decir ó burro do patrón que a diferencia básica entre a intelixencia e maila estupidez radica en que a intelixencia ten límites.
- Manda carallo, retrucou o retinto remoendo unha landra.
- Manda carallo, retrucou o retinto remoendo unha landra.
Ficaron calados un anaco dándolle ó fociño, e despois foron rañar a barriga a un dos tres semáforos que hai en Monterroso, outorgándolle así ao elemento urbán o maior grao de utilidade do semestre. (Nos 6 meses anteriores seica se pousara unha pega marxa nun deles para botar unha cagadiña).
Foto:Efecto nefasto do semáforo
Jajajajaja, qué razón tenía el porco celta y qué buenos jamones tiene el extremeño!
ResponderEliminarMuy curiosa tu historia y también muy didáctica.
Bicos de fin de semana.
Os semáforos soen ser malos cando se poñen en roxo. A quen se lle ocorre, roxo neste país.
ResponderEliminarSeica van inventar semáforos que se poñan en verde (esperanza), o pé dos centros de ensino e ,o cambiar, en azul...polo ámbar non pasan que é unha cor quente e pode inducir á primavera...
Conhezo da inoportunidade dos semaforos dese lugar, mais nunca tivera eu pensado que fosen tamen radiactivos anque bem e certo que já me tenhen feito buracos no estomago e calames na cachola.Saudos.Carlosm
ResponderEliminarOink... qué hipo máis bonitiño...
ResponderEliminarA intelixencia é coma o músculo, que costa traballo que creza... Sen embargo,, a estupidez, esa... é como os michelines, texido adiposo, graxa que se acumula sen permiso e fica alí sen remedio algún ata que fagas algo por removela...
Algúns conseguen desfacerse cunha aspiración da graxa, liposucción lle din, efecto estético bastante temporal, porque, se non se traballa, volve máis cedo que tarde a aposentarse o michelín alí onde estivo...
Para unha campaña eleitoral, por exemplo, debe dar o lavado de imaxe...
Bicos a bartola, sen moitas aspiracións, pero aínda sen pel de laranxa.....
Carallo, si que cambiaron os porcos celtas... este ten pra facer roxóns pra media comarca!
ResponderEliminarvexo que o porco extremeño falaba un galego perfecto -non reintegracionista, of course-
ResponderEliminargustoume tanto o post que non sei se sumarme aos afagos habituais...
trato de lembrar monterroso e os seus semáforos inútiles, pero teño unha falta de riego quenindiola.
a próxima vez que pase, vou escribir na pintura verde: zeltia estivo aquí
(mira para alí, eh!)
jejejeje ficéchesme rir.
ResponderEliminarSemáforos? pero ese lugar está no xurásico entón. En Trasnolandia xa fai que evolucionamos. Ahora precisamente estamos deseñando a nova rotonda do revés
Estas filosofias são óptimas!
ResponderEliminarUm abraço.
Esta vostede moi metafórico, profundamente metafórico :D
ResponderEliminarnunca se sabe hasta que punto es importante un simple semaforo ;)
ResponderEliminarun biko..
jajaja, moi boa a historia, conseguir misturar porcos, burros, intelixencia, estupidez e semáforos, nunha mesma historia si que é de intelixentes. Desgraciadamente xa quedan poucos pobos con semáforos, debe darlles algo de status, porque útiles, útiles, non son.
ResponderEliminarMira que a tomaches contra os (inocentes) semáforos de Monterroso, eh!! Se tardan en tanto en abrir, cada vez que pases por alí, podes aproveitar o tempo-perdido para filosofar, haha!! Non teriamos este razonado e INTELIXENTE post se os "traffic lights" non estivesen alí prantados para acabar coa túa paciencia;-))
ResponderEliminarNon pares de filosofar!!
Apertas dezás
É que cada núcleo urbano que se queira dar a respectar ten que ter semáforos.
ResponderEliminarSe non houbese semáforos en Monterroso, onde poderían rascar a barriga os dous porquiños?. Espero que a eses dous "sabios" non se lle ocorra cruzar a rúa cando estea acesa a luz vermella.
Bicos
Hai tantos semáforos inútiles por aí adiante que, de sacalos todos, o mundo quedaría máis despexado!
ResponderEliminarooooohhh o semáforo... vaia...
ResponderEliminarpois si, ben utiles que son sip. Eu ainda me acordo dun guardia que se puña no fondo de Xoan XXIII onde está a estatua a S. Rosendo e alí subido nun altiño e cunha especie de casco-vacenilla ta testa e co pito na boca dirixia o tráfico que pasaba... (erache ben pequeniña eh? non te vaias tu a pensar que xa era moza jajajaja)
bueno, seica xa non vou a caza?
Ollo, que sei de boa tinta que un dos semáforos utilizouno unha mañá cedo do mes de xullo o can da señora Silvina para botar unha mexadiña! Que conste.
ResponderEliminarCando os porcos escoitan filosofar ós burros non é de estrañar que lles
ResponderEliminarproia a barriga e aproveiten o que
lles colla máis a man para rascarse.
Un bico
Landainas son landainas, pero tede sempre presente que os semáforos hai que respetalos sempre; que -incluso os de Monterroso- son cousa seria.
ResponderEliminarE digo esto para deixar ben claro que non fago apoloxía de transgresións en materia de tráfico rodado; non vaia ser que os da DGT me volvan chamar a atención !!
A verdade é que lle dan por todas partes ó semáforo ese de Monterroso. Pero mira por onde buscaches un bó elemento para sorprendernos con este texto tan curioso e simpático.
ResponderEliminarun biquiño.
Meu pai di que a ignorancia ( e o ignorante ) é mui atrevida.
ResponderEliminarGústame ese porco celta e se é porca e ten crías mándame unha por unha estrada sen muitos semáforos.
Puxen a palabra clave nos comentarios porque estaba farto de saúdos dende Hong Kong e esas patrias.
Sei que é un incordio andar a teclear palabras clave pero téñoo así montado.
Agradezo muito o esforzo que é comentar.
a estupidez, ademais de non ter límites, ás veces fai á xente máis feliz que demasiada intelixencia, pero ¿ quen quere ser estúpido por moi feliz que sexa? en fin...
ResponderEliminarMira que atreverse a charmarche a atención... Se é que non hai respecto xa pola autoridade. :D
ResponderEliminar