luns, 10 de outubro de 2011

Cemento

Os fundadores da máis delicada filosofía taoista mexaríanse visitando a nosa terra. E faríano axiña se houbese quen lles servise un albariño, un mencía ou untando un queixo da Ulloa nun rebuxo de pan de Antas...
En calquera caso, aínda que viñesen en plan de xexún absoluto, aquí poderían constatar como se esfurricaba a súa teoría dos cinco elementos á volta dun pestaneo. Sin dúbida a eles faltoulles un que os nosos enxeñeiros de corredoira dominan con arte maquiavélico: o cemento!

Foto: Sacrilexio volumétrico.

25 comentarios:

  1. Razón non lle falta, pero é de admirar o equilibrio no que se mantén esta estrutura de cemento, porque non me negará, señor da Cousa, que aquí hai unha perfecta combinación de elementos. Igual hai máis de cinco...

    ResponderEliminar
  2. Moito mal leva feito o cemento á vista. E non solo por meterse nos ollos cando está en polvo.
    Es unico poñendo pes de foto Chousa hahaha

    ResponderEliminar
  3. Quedou escaso, Chousa: os catro elementos dos enxeñeiros de corredoira do país son o cemento, a uralita, o ladrillo e o aglomerado. Así se recontrúen e restauran hórreos cun lamentable aspecto de casas de cuco neorrealistas. É o estilo arquitectónico Mételle: mételle unha uralita por aí, mételle un ferracho por aló, mételle...

    ResponderEliminar
  4. Desde luego esa construcción es un sacrilegio volumétrico donde los haya, aunque siempre hay algo que puede ser peor, por ejemplo el quiosco de la Iglesia del Carmen en Zahara de los Atunes. Al ser familiar de la alcaldesa ,el dueño, se le permitió construir en la acera ,de tal forma que un peatón tiene que invadir necesariamente la calzada para no darse de bruces con el feo chiringuito de chuches a granel...

    Ese pan de Antas tiene una pinta! con jamón y torta de oveja de mi tierra tiene que estar "para llorar" de placer!
    Bicos "sacrílegos"

    ResponderEliminar
  5. toda a literatura que lle botas está ben; pero...

    QUE raio é?

    ResponderEliminar
  6. Eheheheh... tu és de uma ironia imensa!

    ResponderEliminar
  7. Nunca tal cousa os meus olhos tenhen visto!. Sí hórreos profanados e cortelhos mal fraguados; pero lá supera tudo. Dime que non esta en Antas tal sacrilego esperpento. Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  8. Definitivamente o ladrillovisto, o cemento e mailo ghalvanizo moito mal levan feito neste país. E cada día parece que a cousa supérase. Nunha destas atopamos un cortello para pitos en calquera carballo

    (Madia levas a non saber o que é, Zeltia. Pois non sei moi ben como definilo: faino ti. Está feito sobre a base do que foi unha cabaceira )

    ResponderEliminar
  9. Vouno dicir en dúas palabras: in-crible.
    Non sei como deixaron o pé enteiro.
    Fixeron unha cabaceira new age molona,coas súas dúas portiñas e todo.
    Creo que esta foto non podo superala.

    ResponderEliminar
  10. Parece... un reloxo de cuco en grande!

    Suxerente banquete propós entre o pan, o queixo e o mencía :-))

    ResponderEliminar
  11. Pois si que é unha construcións orixinal ¿?

    ResponderEliminar
  12. Qué carallo é iso tan tan tan ¿raro?

    a casiña das pombas? a casiña das monecas? unha caixa forte?
    Vai e pregúntallo Chousa, non nos deixes coa dúbida.

    ResponderEliminar
  13. A verdade é que equilibrio ten un pouco. Quédome coas palabras de paidelo "in- crible".

    Bicos en harmonía.

    ResponderEliminar
  14. Sen palabras, ou como poñería en INICIARTE, sen comentarios. Saúdos abraiados.

    ResponderEliminar
  15. grazas pola explicación, Chousa.
    agora xa podo supoñer que é unha cabaceira. [e que por este lado do deza, non as hai]
    saúdos hoxe dende o meu recanto da infancia [a ventá aberta, os chíos e os cheiros enchendo a chambre]
    ;-) -foi por poñer outro "che"-

    que disfrutes o caloriño deste día radiante de outono

    ResponderEliminar
  16. mi mamá es de Laxe
    y mi padre era de Brantuas

    ResponderEliminar
  17. Qué raio é?

    Ten un deseño envexable... para non se caer nesa base tan pequeniña..

    Para paxaros parece... Debe ser un galiñeiro pola porta de abaixo... A de arriba será para retirar os ovos.. Digo eu...
    Aínda así parece inexpugnable... jaja. Só lle falta a Torre da homenaxe e o foso... jaja

    Tamén se parece a un reloxo de cuco xigante que din por ahí arriba...

    Bico dudoso.

    ResponderEliminar
  18. Quizas la necesidad de subsistir provocó este tipo de cosas en Galicia. Ya se que no es bonito, pero te aseguro Chosa que he visto atentados mucho peores. Esa "edificación" al menos está bien hecha.
    Aunque vengo a menudo no digo nada, asi que aprovecho para felicitar por el blog.
    José S.

    ResponderEliminar
  19. Hai xente que só vive para poñerse retos... E o "arquitecto" desta construcción debe ser un deles!

    ResponderEliminar
  20. Non quero creer que iso
    que está nese poleiro
    é un galiñeiro.
    A arquitectura das corredoiras
    deixánnos abraiados.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  21. Incalificable e viva expresión deste noso reino da trapallada. Imos á solución fácil, barata e rápida, mais non somos quen de facer en trascendencia, mantendo a harmonía e o pragmatismo que perdemos nalgún momento da nosa recente historia ao incorporármonos á modernidade.
    Onde está este "monumento"?
    Apertas e saúdos

    ResponderEliminar
  22. ¡¡canto feísmo, virxen santísima!!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  23. Sacrilexio ben evanxelizado, ca sua cruceciña e todo no fronte.
    Cagándoa de pleno pero Deus mediante. ;)

    Biquiños a fume de carozo.

    ResponderEliminar
  24. Este modelo mesmo parece da factoría Disney. Ver para crer!
    E se alguén pasa pola beira co coche e indo arrecú lle dá un gholpiño de nada... non caerá por accidente?

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: