Os gobernos de medio mundo andan enleados na aplicación, uns con máis rigor que outros, de medidas encamiñadas a tentar recuperar as ratios económicas perdidas.
Ogallá se decaten axiña de que o necesario é lograr contaminar á sociedade con bonos de seguridade, accións de esperanza e pagarés de ánimo. A economía está sobrada de vendedores de fume e sumamente carenciada de confianza.
De pouco sirve que nos digan as virguerías que se poden facer pilotando un Ferrari, se o que temos é un Seiscentos.
De pouco sirve que nos digan as virguerías que se poden facer pilotando un Ferrari, se o que temos é un Seiscentos.
Foto: Confiando no chimpín.
Ao parecer, hai quen considera bonos lixo a esperanza, o ánimo e a seguridade. Tamén é certo que o mundo nunca será xa o mesmo, e iso inclúe os primeiros e tatexantes pasos do 15-M.
ResponderEliminarResistamos e reaccionemos.
Creo que hace años que no he visto uno de esos!!
ResponderEliminarManda carallo, je. Y me ha hecho recordar a una señora que llevaba a su hija en tractor a un colegio privado a unos veinte km de su casa por no pagar el transporte, y por decir que la niña era más que las otras de la aldea y por eso no iba a un colegio público...
Biquiños!!
Carmen.
Hai unha canción creo que do grupo skornabois chamada "da confianza veñen os abusos". Hacho que lle viría ven a entrada :D O problema da nosa sociedade é que todos queremos ferraris e ningún seiscentos...
ResponderEliminarXa non somos de fiar: perdimolo crédito...
ResponderEliminarAA+ para o chimpín (tería a triple A se fose de tracción animal).
O problema é cando durante unha temporada che permiten conducir o Ferrari, aínda que non sexa teu, despois costa adaptar o corpo aos asentos do seiscentos.
ResponderEliminarEu non sei o que "a sociedade" precisa... pero xa que todos a conformamos, pola miña parte ten por seguro que me virían moi ben unhas doses de seguridade, esperanza e ánimo
ResponderEliminardoses que che desexo tamén para tí, inda que nas precisares.
Pois voulle dicir: ten moita mais capacidade o primeiro vehículo...tárdase máis en chegar, pero si damos chegado á oferta, eu voto polo tractor.
ResponderEliminarTudo podia ser mais fácil... se alguns (poucos) quisessem!!
ResponderEliminarQue ben o soubeches
ResponderEliminarargallar,iso é que son,
vendedores de fume
non vai ser doado
recuperar esa confianza
da que falas.
Bicos dende a miña Xanela.
Pensam que inxectando cartos todo se amanha e, de certo, o que fai falla e unha boa jeringa de confianza. Sí senhor!
ResponderEliminarE o patrón do chimpin se tem confianza no seu aparelho faille a mesma funcion que un todoterreo de ultima gama. Di que si. Saudos. Carlosm
Y como vamos a confiar en que solucionen el caos quienes lo crearon?. Tu intención es buena, pero esa medicina ya no va a ser eficaz para esta gangrena. Yo creo que es necesario amputar.
ResponderEliminarLa foto es genuina.
A xentiña do chimpín foia máis lista de todos.
ResponderEliminarOutros querían andar con Audis e agora andan empeñados.
Gustoume o sitio especial para gardar as luvas do condutor do chimpín.
Eu contaminaría a sociedade con xermolos de vida, con apertas, con humildade, repartiría lucidez e cordura...
ResponderEliminarQuédanos un longo camiño por percorrer, reaccionaremos a tempo?
un abrazo .
Non entendo moito de bolsa, pero penso que xa nos roubaron a carteira varias veces agora vai ser complicado recuperar esa confianza que dis.
ResponderEliminarClaro. A foto é xenial.... É un.. mira... xa nos arreglaremos.
ResponderEliminarE arreglar imos arreglar. Non podemos esperar ós gobernos porque das peores crises sempre houbo que saír así, a forza de tirar palante os de abaixo, e os do medio... E o chimpín ha de tirar, descapotable e sen tecnoloxías subsceptibles de escarallarse de tan delicadas. Pois hala, pa diante.
Bicos con tracción ás dúas rodas (non fai falla máis)..
Tal como vai a cousa teremos que ir todos co chimpin ou coa carreta. Ou non ir.Eso si a confianza que non falte
ResponderEliminarA confianza da que falo, Antón, inclue a idea de que -precisamente- a cousa non vai ser así.
ResponderEliminarVou ter que afinar máis os sermóns...
Dificil recuperar a confianza nestes politicos que temos... Eu penso que o divorcio non ten marcha atrás... Onde andan eses noivos dos que falas?
ResponderEliminarPolo de agora o único no que podemos confiar é na proximidade do copago na sanidade, e tempo ao tempo porque dígoche eu que todo empeorará, estamos peor do que nos queren dicir.
ResponderEliminarBen. Somos así. Ou así é algunha xente que, en pleno declive da empresa, opta polo Ferrari para si mesmo e a continuación entra en suspensión de pagos, deixando a quen confiaba nel de patas na rúa, con ou sin 600...
ResponderEliminarComo para seguir confiando, oes!
Ben sei que vos pido un exercicio complexo no comprimento e difícil de plantexar. Sempre se dixo que onde había confianza daba noxo e se na actualidade hai cousas noxentas sin confianza...démoslle a volta a situación!!! :-)
ResponderEliminarEnvíovos saúdos coas lubas dende o meu chimpín.
Yo hago virguerías en el Seiscientos y confío en que el del Ferrari me sonría y mire con añoranza
ResponderEliminarHoxe nun seiscentos a única virguería que se pode facer é conservalo como é debido; así que déixate de fardar.
ResponderEliminaro un Forito averiado.
ResponderEliminarbiquiños,