Cóntase que a Praza do Obradoiro é o lugar dos catro pecados, xa que un individuo situado na intersección das teóricas diagonais iría ceibando un arrecarallo según fose mirando cara o Hostal, Raxoi, Fonseca ou a propia Catedral.
Efectivamente hai ocasións nas que, tendo tanta importancia todo o que te rodea, resulta complexo discernir que é o relevante. Curiosamente a pomba sobre o peitoril de Westminster Bridge teno claro. Nin o London Eye, nin o Big Ben, nin farrapos de gaita: ela óllame a min.
Foto: (E penso que non sabía que son de Antas...)
Moi bon! Parece que tiveron bon tempo. Que a pomba non o recoñeceu como natural de Antas é evidente: non lle vexo amago de reverencia...!
ResponderEliminarÉche unha victim fashion de zapatos vermellos que velaí está, a ver se o fotografo agasallalle cuns Blaniks azuis ;)
ResponderEliminarNon me gostan as pombas, o de Antas sí.
Kisses.
Kaplan: Por eso mismo cheguei eu á deducción :-)
ResponderEliminarBlogboreta: Podes empregar sin titubeos o plural tamén cos de Antas :-)
Ai, non, que eu tampouco sei como serán os outros: o de Antas, sí.
ResponderEliminarNo domino el gallego, pero lo entiendo (tengo familiares directos gallegos) me ha encantado leerte y te seguiré sobre todo por ser de Antas!
ResponderEliminarun bikiño
Quen fora pomba cockney ou Cousa da Alcandra !.
ResponderEliminarMarchei de vivir nesa cidade asqueado da humanidade e agora teño morriña dela.
Cando a pisarei outra vez ?.
Alá onde está un galego sempre se sabe que é o importante ! :D
ResponderEliminarBoeno, xa podes estar ledo, alo menos unha londinense fixouse en ti ( a ainda é guapiña)
ResponderEliminarNon será unha pomba galega? A min tenme toda pinta de ser unha fermosa pomba galega. O mesmo está a mirar porque recoñeceu a un paisano.
ResponderEliminarVostede falou con ela?
... e sem ponta de pecado!!!
ResponderEliminarÉ ben quietiña que está ollándote!
ResponderEliminarClaro que sabe que é o relevante(coido que che está a facer ás beiras) pero dado a súa maxestuosidade tamén ela considérase importante, e qué razón leva.
PD- eu teño unha que se fixo dona do meu balcón e que me desperta todos os sábados co seu canto.
un bico cantareiro.
Era visto que tiña que ollarte a ti! Non podía ser doutra maneira.
ResponderEliminarÉ o que teñen as pombas, saben recoñecer á xente de Antas aínda que sexa en Londres.
Biquiños.
María Jesús: Fáganme caso, é garantía de calidade (en todo caso, agradezo o voto -de confianza-)
ResponderEliminarAniña: Cantabria ten acento galego en moitos dos seus fermosos paraxes. Benvida!
Paideleo: Case sempre nos pasa eso de rexeitar o que temos á man. En todo caso Vilaguindastre é un bo lugar para aniñar.
Raíz Verde: A pomba debe coñecer o código que recolle esa verdade! :-)
Susana Moo: Non digas nada, pero penso que era un "palomo". Inchaba moito o papo...
Dilaida: Tamén a min mo pareceu; mais non tiven ocasión de cruzar palabra. Voou despois de mirarme así de firme.
mfc: A única contundencia está na mirada da pomba e no obxectivo da miña cámara. Pecado...cunha pomba non jajaja
Mariola: Dous relevantes frente a frente. Mentras ela miraba a dúas bandas, eu chiscáballe un ollo.
(Coidado coa do balcón. Seguro que é unha cotilla!!!)
Nena do Paraugas: Por iso son tan listiñas e dominan simboloxías relixiosas e pacíficas (aínda que ultimamente...andan algo de capa caída e hai quen as chama "ratas voadoras"...)
Abraiada quedou a pomba londinense co ullense de frente hahahaha.
ResponderEliminarAgora xa sabemos onde foi o canteiro tomar leccións. (Non irías facerlles un anel de pedra para Guillermo e Kate???).
Enlazando co comentario de Dilaida: probaches a falarlle en galegooo?? Non lle dirías "Hello"!
ResponderEliminaroiches, descubrín un efecto fantástico:
ResponderEliminaragrandando a foto, movendo a roda do medio dos botóns do mouse, parece que o london eye xira!!!
Asi me gusta Chousa, deixando o pabellón ben alto, si señor jajaja.
ResponderEliminarNon sei como te arreglas para lograr estas fotos. Esta e boisima (se non ten truco, que eu deso non entendo)
Bicos
Absolutamente genial, amigo Chousa. Esa pomba (ou pomba macho) ficou abraiada pola presenza dun ulhán na pérfida Albión. (Entre nós: ti es a hostia hahahaha).Saudos. Carlosm
ResponderEliminarCon toda a aquela que a pomba (e o fotografador merecen), eu creo que o importante para a pomba, era saber que ía quedar fermosa na foto. E posou con descaro e máis elegancia, buscando a inmortalidade nas terras celtas do Ulla.
ResponderEliminarQue ben vives!!!!
Xenial!
ResponderEliminarEstá claro que o que ten imporantacia ou interese é algo moi subxetivo.
Fermosa foto!
Biquiños
E que sabia que ti retratariala ben, moi ben, mais que ben. Ademais eu recomendaria ver a foto en grande e asi poder dicir un "arrecarallo" que faga por catro :)
ResponderEliminarBiquiños!!!
Vai ti a saber si a pomba non era tamén galega e deseguida recoñeceu a un paisano!
ResponderEliminarTrasno: As pedras do anel dos principescos raparigos seica son doutra canteira que eu non traballo :-)
ResponderEliminarHarmonía: Non me deu lugar a cruzar palabra. So as miradas penetrantes (dela e do obxectivo da cámara).
Zeltia: Cando se atopa "a rodiña do medio" sempre parece que todo xira...jajaja
AC: O único truco que ten é que a pomba tivo aguante ata que me acheguei tanto; así que o mérito é todo dela.
Carlosm: Asegúroche que as pombas "londresas" xa teñen mirado máis dun ullán por aqueles lares. (Entre nós: ti ben o sabes!!!)
Xenevra: Vivir vive ben a pomba londinense, que aínda sigue de vacacións hoxe, mañán e na semana vindeira; e outros xa andamos aguzando o pico para volver á canteira...
Bolboreteira: Xa o dixo Einstein: "Todo é relativo, e aínda iso...depende!.
Merce: Ese "arrecarallo" con acento ourensá ten moitísima máis relevancia que outro calquera. Incluso antes de multiplicalo por nada. :-)
Raposo: Polo xeito co que confraternizou sobre as augas lodosas do Támesis con outra ducia de colegas...dame a min que tiña un voar british.
Arrecarallo que lle sacas partido a unha foto. Ben, vouno decir mellor. Arrecarallo que sacas unas fotos que dan moito partido. O “Eye de London” non ten importancia, sería una foto mais, en cambia coa pomba mirándote en fite, eso xa é outra cousa. Ten outra entidade. Noraboa pola foto e polas vacacións. Vexo que na canteira pórtanse ben contigo. Biquiños,
ResponderEliminarPara quen ía mirar senón :)
ResponderEliminarbeijinhos de carmín
Pois para estar de vacacións...
ResponderEliminarestás ben vagonetas.
[postea aljo ho!]
Aldabra: Tamén eu me porto (moi) ben cos amos da canteira. (A foto da xogo, si; pero neste caso o mérito é todo da pomba)
ResponderEliminarConxurada: Está claro que chamei a súa atención de maneira considerable. Había por alí outras compañeiras, pero fuxiron de contadiño.
Zeltia: Como din os políticos, agora non toca postear.
Visto o acontecido onte polas inmediacións de Wetminster Bridge vou concluir que fixen moi ben ir nas datas que fun. Noutro caso seguro que me espantaban a pomba con tanto barullo de trompetas e destellos de tiaras.
ResponderEliminarPalabra de honor
jaja..
ResponderEliminarQué divertido o da rodiña do medio do rato... jajaja.. Mira Zeltia qué descubrimento fixo... Encantóume. Recoméndoo... jajaja
A pomba se lle ve o porte británico... tan ríxida... mirando para o de Antas que anda a fotografar a ese rato volador súbdito da raíña.. Mira.. un que sabe recoller a esencia do lugar e os seus habitantes..
Vese tan dona da paisaxe que da gusto vela... jaja.. E eso que non é de Antas eh!!! jajaja, que se chega a ser non ía caber na foto o peito enchido.... jaja
Un bico xirando...
(... de verdade que me encantou... )
Pitima: Como pós tanto énfase en que "de verdade que che gustou", xa non sei se te estás referindo á descuberta da rodiña do medio que da tanto gustiño, ou á foto da british rata voadora!. ;-)
ResponderEliminarEu sempre digo que para estar ben cos demais, primeiro hai que estar ben cun mesmo. Así que xa sabes a orden de prioridades!
ResponderEliminarBiquiños!
A pomba sabe ben a quen ten que ollar.
ResponderEliminar