O mariscal Montgomery era moi homenaxeado despois de derrotar a Rommel na batalla de África, durante a S.G.M. Co papo enchido, Montgomery rematou o seu discurso durante un evento de moito copete para papaleisóns (propio de Marineda City, vamos!) dicindo:
- No fumo, no bebo, no fornico y soy un héroe.
O primeiro Ministro, Winston Churchill, que seica era moi aleuto, retrucou:
- Eu fumo, bebo,doulle ó fornicio; e son o xefe del.
Foto: Maneiras de liderar.
Durante unhas breves xornadas estarei ausente. Teño que facer un cursiño avanzado para canteiros e debo deixar a maceta e mailo cincel por uns días. Espero aprender moito ou, cando menos, que non me vaian quitar as habilidades que xa teño consolidades.
ResponderEliminarCoidádevos mentras tanto, que vos estarei vixiando...
Coidarémonos e tí aprende moito,
ResponderEliminarxa te vexo coma un xefe moi espelido.
Biquiños
Poisss...que aprendas moito!!
ResponderEliminarSe o xefe é o xefe por algo é (neste caso) :P
Mira que apañado o do smart..con un par!! :) (disculpen a expresión)
bicos!
Ay, que mágoa, botareite en falta. Pero todo sexa polo aprendizaxe e xa se sabe renovarse ou...
ResponderEliminarNon te preocupes polas túas habilidades -é máis, seguro que veremos algunha nova cando volvas- coido que están a bó recaudo.
En canto ó texto moi listiño ese Churchill. Á verdade é que poñéndoo en galego soa moito mellor.
Moitos bicos para as xornadas venideiras.
Cando se está nun posto de mando é mellor facelo con humildade, pois sempre haberá alguén por enriba de nós que nos lembre que, aínda estando por enriba, pode ser máis humilde ca nós.
ResponderEliminarE vaia vostede tranquilo, señor da Chousa, que lle coidaremos o espazo e agaradémolo ata que volva por aquí.
Saúde, saúdos e sorte.
LEMBRA: ás veces é moi importante desaprender para mellorar.
ResponderEliminarEstaremos agardándote.
Como non podía ser de outra maneira, prefiro ó fumador.
Nom sabía que Churchill fose tan cachondo hahaha, pero gustame sabelo. Disfruta canteiro. Saudos. Carlosm
ResponderEliminarO Montgomery non fornicaría, pero quedou ben fodidiño seica ;)
ResponderEliminarDeica dentro duns días estudiante. Ficarei aquí agardando a túa volta pra que nos contes que aprendiches.
Un biquiño grande pra os teus ollos vixiantes. :*
Pois que aprenda moito no curso, e olliño, bebe algo, fuma un pouco e fornica canto podas, xefe!
ResponderEliminarNon vas ligar nada con ese coche...
ResponderEliminarO carro ten que ser ghrande... ande ou non ande... jaja
Ti sempre serás listiño sen cursos nin nada... Espelido, sí..
Un bico pequeno, para que o aparques ben pretiño...
Desde logo, na imaxe, ben se ve quen mantén o liderado, indiscutiblemente!!
ResponderEliminarO humor de Churchill era único!
ResponderEliminarXa estou matriculado. De momento pouco máis fixemos que aguzar os cinceis. Como case todos os cursiños, parece que a cousa vai de moita teoría (de momento). Imos ver se hai algo que se poida aplicar á pedra do país...
ResponderEliminarSaúde
E traerás novas imaxes para compartir dese "cursiño", non si?
ResponderEliminarCuando tu ausencia pesa, es que las piedras de la cantera son diminutas.Perdona estos dos últimos meses no he dejado mis huellas en tu blog, por que el tiempo no me lo ha permitido, pero no por eso he dejado de visitarte, espero que a partir de ahora pueda hacerlo mas a menudo.
ResponderEliminarUn abrazo
Chus
As citas de Churchill non teñen desperdicio nunca.
ResponderEliminarUnha das que máis me gustan é aquela sobre un rival político: "chegou un taxi vacío, abriuse a porta e baixou el"
Saúdos, que progrese adecuadamente no curso.
Hai que aprender a aparcar coma ese espabilado.
ResponderEliminarNo curso de canteiría ese dáme a min que non che van aprender nadiña porque xa sabemos que se cambia a canteira de nome a labor segue a ser a mesma.
Poís aplícate moito e aprende máis todavía. Biquiños,
ResponderEliminarDin por aí que es xefe, xefe de canteiros?
ResponderEliminarque mandas, nos cabuqueiros, nos entalladores?
o cursiño é para manipular a tronzadora?
ou tal vez para mellorar o manexo do cincel?
non quixera ter un xefe canteiro, nun arrebato de xenio igual me manda unha pedra rebolada.
Seguro que ti es o profesor dese cursiño. Sea como queira, que disfrutes muito canteireando.
ResponderEliminarBicos
Pois aprende de Churchill para chegar a ser xefe de canteiros, he, he!!
ResponderEliminar...Y quién prefiere ser jefe que héroe???
ResponderEliminar(¿Hablar en castellano es un fallo más de Montgomery?)
Nin santos nin heroes! Cando o heroe chegue a xefe seguro que confesa, que máis dun pecado terá! :-)
ResponderEliminarbo coment, eh, a vaquiña polo que vale.
ResponderEliminarpero esa Z non son eu, conste.
Unha petición para todos e todas(da que libero a "Z"): Podedes dar o voso apoio á carta que dende ProLingua enviamos ó Presidente da Xunta en defensa da LNL vixente. Facédeo Aqui
ResponderEliminarChámanlle curso de aprendizaxe a unhas vacacións á beira do mar?? Aissssss, país!!!
ResponderEliminarE digho eu, iso de que Montgomery fale en catelán e Churchill en galego non ten que ver co de Marineda ou??
http://vimeo.com/16277612
ResponderEliminarPois outro video en Vimeo
ResponderEliminar(Relévote do relevo, Z)