mércores, 13 de outubro de 2010

Escenografía

Despois de desfiles con cabras lexionarias e ovellas zapadoras, hai quen empeza a preguntarse se o feito de soltar pombas brancas (ou negras) nos actos castrenses non ven a ser o mesmo que agasallar preservativos ó cura da parroquia polo día do patrón (ou da patroa).
Nun acto no que a noticia son as bandeiras ausentes , as broncas e  mailos abucheos a certos tribunos, fai que me pregunte se non viría ben revisar o calendario e maila escenografía decimonónica dunha exaltación que ninguén sinte e que mesmo acaba semellando unha gran cagada (ou mexada).

Foto: Participante no desfile alixeirando a carga.

31 comentarios:

  1. Eu diría que é unha gran cagada e mexada á vez.
    Que se celebra?. Non hai cartos, non hai traballo, por non haber xa non hai nin vergoña.
    Gastan os cartos en desfiles e despois criticamos aos coreanos e a única diferencia é que alí había máis soldados e os que mandan estaban no balcón, faltaban tamén os berros, pero é que alí todos están contentos e de acordo, non teñen porque protestar.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Nunca me gustou ver moitos militares xuntos; son un perigo e a historia me remito.

    ResponderEliminar
  3. O dos chuvasqueiros do pito para o crego non ten desperdicio hahaha, pero andas a meterte moito coa igrexa e vante canear. Co santinho que ti vinhas sendo. Saudos. Carlosm

    ResponderEliminar
  4. Aínda que non vin o último, confésome humana (ou pomba) chea de contradicións: odio o que significan os uniformes e as armas e gústanme estas en canto a aparellos, así como os desfiles militares, sen pararme a discernir que bandeira ondea
    Que lle vou facer!

    ResponderEliminar
  5. Eso digo yo, esto no se lleva ya ni en el mango de los paraguas y además aburre hasta a las ovejas (zapadoras) y a las otras, pero como es una tradición..., y yo me paro a pensar ¿cuánto costará ese montaje?, en fin, es mejor no pensar.
    Me encanta esa participante aligerando la carga, jajajaja.
    Bicos, Chousa.

    ResponderEliminar
  6. Ademáis de estar totalmente dacordo coa túa reflexión sobre esta celebración, gustaríame añadir que cando un país está en crise hai que priorizar en qué gastar os recursos. Isto no creo que sexa prioritario.
    Aínda que digan que aforrar nisto non supón nada... un pouco daquí e outro pouco dacolá xa veríamos se significaba algo ou non.
    Agora mesmo España é un fogar onde están a piques de cortar a luz, e en vez de gardar os cartos para os suministros, andamos a mercar cortinas novas e figuriñas para o salón.

    ResponderEliminar
  7. En realidad los abucheos, el griterío, los insultos y demás sobran siempre, Chousa, en desfiles o en algo más íntimo...
    Yo creo que hay otras formas de quejarse menos "decimonónicas" y más funcionales...
    Besos de tarde

    ResponderEliminar
  8. O das palomas será unha decisión tomada polo departamento de "intelixencia militar", digo eu

    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Moi sabio, coma sempre.

    beijos de xoves pola tarde.

    ResponderEliminar
  10. Douche tódala razón
    non casan as pombas con
    fusiles nin carros de
    combate.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  11. Que bonita é a escenografía pero máis falsa ca un euro de pau.

    ResponderEliminar
  12. Para mí lo único interesante que tiene el 12 de octubre es que no trabajo. Lo demás, siento que no va conmigo, no me gustan los teatros ni esas parafernalias que montan sin saber bien el motivo.

    Uffffffff, cada día me asquea más la política, pero procuro estar atenta para vigilarles de cerca.

    biquiños

    ResponderEliminar
  13. Aplausos. Mais aplausos. pido unha repetición. Novos aplausos.

    ResponderEliminar
  14. Creo que ese día non se celebra nada. Simplemente é unha ostentación indecente de instrumentos deseñados para matar e persoas instruídas en utilizalos.
    Aos cregos non lles viría mal empezar usar o preservativo; aforrarían moitos problemas a quen ten que sofrelos, por exemplo, neses países que os outros ansían conquistar.
    Non hai bico porque estes temas póñenme rosmona
    ;)

    ResponderEliminar
  15. non me gustan as pombas (malia ser o símbolo da paz), danme un noxo!, e por riba, esa, cagando! [disculpa que non amplie a foto para vela mellor]
    pero a escolla acaelle moi ben ao texto, [a ironía da simboloxía -como cagada e como paloma-].

    non sempre comparto os eloxios superlativos cos que te gaban algunhas comentaristas, pero neste posteo de hoxe, co rexeitamento que me produce todo o que cheire a exércitos e armas,
    quero ser eu quen che diga o eloxio que mais che encha o peito...
    [tes un diccionario de xerais, -a edición completa- por aí?]

    ResponderEliminar
  16. Mira que poñer unha pomba cagando para simbolizar o dia patrio, anda que non es metafórito ti nin nada jajaja...Estou observandote moi transgresor ultimamente. Cada vez que veño verte non deixas de sorprenderme.
    Bicos para ti e saudos para don Luis, que o has ter contento jajaja

    ResponderEliminar
  17. Dentro de calendario,...pero sin razón aparente,...


    ...a finales deste mes, coa familia, vivireí o Centro Máxico, (pero ca licencia permitida do meu amplio radio xeográfico,... :)




    Na próxima visita, pisaremos con agrado Antas.




    Un bico e que sexa boa noite para todos.

    ResponderEliminar
  18. Son ratas de cidade con ás...
    Boeno, son animaliños de Deus tamén..

    Se cadra habería que traballar xuntos como irmáns, membros dunha igrexa... jajaja e así conseguer un sentimento patrio que nos reúna a todos os españois... Pero... xa costa traballo arrexuntar a toda a familia da comunidade (que digo da comunidade, ¡a mesma familia carnal xa non se leva!! jaja) como para reunir a estatal.... Non parece moi factible. A catedral cae, porque a argamasa, efectivamente, xa está viciada, antiga, consumida...

    Aínda así, eu teño que celebrar algo moi importante o 12 de outubro, e venme de perlas que sexa festivo, dos grandes, ¡dos nacionais!
    Qué disparen os cañóns!!! que tal día como ese, ás 9:40 da noite, no ano 2005, naceu o meu reisiño..

    Viva a miña casa!
    ...
    Viva o rei!
    ...

    As bandeiras que faltan e os abucheos quédanme lonxe... Nin os sinto, nin os oio, nin os teño presentes...

    Ó mellor son demasiado nacionalista, egoista, sempre psnsando no benestar da monarquía do meu íntimo fogar... ¿tí qué cres?



    Habería que cambiar moito a escenografía, tes ración... e che sobra pienso.. jaja, demasiado rancio, así que o público ameniza daquela maneira (a xente aburrida e ociosa é moi susceptible ás tentacións do diaño...)

    Bico sen respeto... (donde hai confianza..)

    ResponderEliminar
  19. jajaja
    qué bo!
    ainda rin.
    Qué fea é. E que cara de mala.

    ResponderEliminar
  20. Alguén dixo que non casan as pombas cos fusiles, e ten razón. E ti dis que podería ser coma darlle fundiñas o clero. E digo eu que non poden voar pombas co trono dos canons…mais non lle ía ir mal algún chuvasqueiro paro os curas, os da parroquia e os de mais aló.
    E máis, penso que tes moita razón, esta e unha festa moi trasnoitada…”Día da hispanidade”, pero…Que hispanidade?
    Vaia cagada!

    ResponderEliminar
  21. Levas toda a razón, creo que este tipo de actos son do máis casposo e por riba non lles importan a ninguén.Ademáis hai tanta hipocresía..
    Biquiños!

    ResponderEliminar
  22. Haxa paz. Primeiro soltan as pombas e logo mátanas aos tiros porque cagan moito.

    O resto e o de acabar cos exércitos ou cos apupos (os de terra, non os de mar, please) son utopías. E as utopías están ben para ir soportando este mundo tan contradictorio: porque por feo que sexa cagar non é senón a expresión dun corpo, peor ou mellor, alimentado. E de que se alimentan as pombas? Da merda que a nós, lindos humanos, nos vai sobrando.

    ResponderEliminar
  23. Totalmente de acordo, pero en primeiro lugar suprimiría os desfiles e escoltas a figuras relixiosas na semana santa e outras festividades católicas. Que a Igrexa airee as imaxes polas rúas é unha cousa fastidiosa, pero a fin de contas a rúa é de todos; outra cousa é que vaia o exército que pagamos todos só por ser unha tradición franquista e decimonónica.
    Unha anécdota que vin aquí na semana santa pasada e que esquecín comentar no blogue: sabe que ían cantando os aguerridos soldados de artillaría que escoltaban o Nazareno nunha das procesións?
    Pois... tú me has mirado a los ojos, sonriendo has dicho mi nombre, en la arena he dejado mi barca, etc.
    Unha mariconada, na miña opinión politicamente pouco correcta.

    ResponderEliminar
  24. A mín as pombas danme moitísimo noxo... non vexo nada paradóxico que as solten nun desfile distos... bechos entre máis bechos. Puaj.

    ResponderEliminar
  25. As pombas tamén alixeiran a carga cagando e mexando todo a un tempo jajaja. Fermosisima apoloxia da festividade hispanica que xa ninguen sinte. Vai ser que non hai españois, oes.
    Bicos

    ResponderEliminar
  26. Jajaja. Esta debía ser a galiña que campeaba no anterior escudo imperial. O que non se via ben era se estaba cagando ou non.
    Dende logo Chousa, es de todo menos previsible jajaja

    ResponderEliminar
  27. Veño tarde,non?

    Gustanme os desfiles militares, o meu pai foi militar, e sempre me gustaron (acormeime de poner ó pronome antes, vou mellorando na clase de galego,jejeje) os desfiles, a xura de bandeira, e todo os festexos.

    Todo esto non quita, que non estamos coma para tirar ós cartos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  28. Xa esquecida e rematada a xornada de ensalzamento (!) patrio; quédome daquela semana que hoxe remata coa excelente noticia que veu de Chile cos seus 33 mineiros recuperados.
    Ogallá houbese máis noticias positivas coma esta.
    Ogallá non a acaben escarallando fozando en intimidades mentras lles amosan faixos de billetes. Ogallá.

    Debo dicir que a pomba é picholeira, e non sabía nada de desfiles. Como moito o único que fixo foi escoitar os acordes de Sabina no Sar, que a noite anterior estivo a reboSAR!

    Deixo bicos para todas (para eles saúdos fraternos), e continuamos a bingo cunha nova experiencia.

    ResponderEliminar
  29. Bandeiras que celebran unha hispanidade mentres se busca a forma de que os estranxeiros se vaian.
    Nada que celebrar, a non ser a Virxe do Piar.

    ResponderEliminar
  30. Se desaparecera non había faltar nada. Certo. E se ninguén dixera nada, mesmo pasaba a cousa coma un día de nubes altas, temperaturas medias e nulas novidades.
    Pero como te atrevas a explicitar a suxerencia, non che vexo futuro, meu.
    E na Lexión, moito menos !!

    PD: A min déixanme ainda máis estupefacto as procesións, qué queres que che diga. Cando están os lexionarios chego ao curuto da éxtase. Flipo, vaia, pra que me entendas.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: