Xato vai en pelotas pola vida de xeito que o sol e mailo vento lle aireen alí onde máis frío ou calor teña en cada momento.
Xato remoe de noite con calmosa lentitude a herba que pastou de día, ceibo polo prado inmenso ó que non lle ve o valo; sen estrés nen premura.
Xato copula con asiduidade unha nutrida manada de rubias e morenas; e despois do envite danlle unha caldeira con fariña de millo.
Pero a Xato amólalle o piercing que non quería ter engarzado nas ventas, e non lle presta un carallo ir co dni enganchado na orella. A corda que lle amarran arredor do queixelo córtalle a circulación facial e esmágalle a barbada. Non entende para que carallo o exhiben na feira amarrado a un puto carballo mentras atura moscas e moscóns. Se ademáis a feira era de queixos, joder!
Xato remoe de noite con calmosa lentitude a herba que pastou de día, ceibo polo prado inmenso ó que non lle ve o valo; sen estrés nen premura.
Xato copula con asiduidade unha nutrida manada de rubias e morenas; e despois do envite danlle unha caldeira con fariña de millo.
Pero a Xato amólalle o piercing que non quería ter engarzado nas ventas, e non lle presta un carallo ir co dni enganchado na orella. A corda que lle amarran arredor do queixelo córtalle a circulación facial e esmágalle a barbada. Non entende para que carallo o exhiben na feira amarrado a un puto carballo mentras atura moscas e moscóns. Se ademáis a feira era de queixos, joder!
Foto: Feira do queixo de Antas. Xato "queixándose".
Pois se se amola moito, non lle me gustaría estar achegada ó seu sitio...
ResponderEliminarTamén eu creo que non hai dereito.
Pobre Xato, parecera que
ResponderEliminaros tempos de placer xa se acabaran para él, por riba
exposto na feira do queixo
sen poder competir con outros
copuladores.
Quén sabe, o mellor aínda
o agarda algunha rubia
ou morena que deveza polos
seus encantos.
Unha aperta grande
A verdade é que ten cara de poucos amigos, nótase que é el o que manda. Ao mellor levárono para promocionar os queixos, con tanta rubia e tanta morena, o que lle sobra a el é leite.
ResponderEliminarBicos
Seguro que tes tí máis piercings, DNIs e cordas ca o xato, e por riba non podes ir por aí cos collós ao aire!
ResponderEliminar[nin ter un harem de rubias e morenas, supoño, ainda que iso nunca se sabe!]
Pobriño o Xato, eiquí de fashion victim na feira dos queixos....
ResponderEliminarCo primeiro párrafo, pensaba eu que quen poidera... Pero ao final xa no me sentín tan distinta ó xato.
ResponderEliminarE, postos a pensar qué fai nunha feira de queixos... bueno, éste faise con leite, o leite sae das vacas. E de vacas sabe o xato, non?
Bicos
BUf!!! QUe bonito é...moito me gustan estes toros e vacas de Rubia Galega....son fermosísimos e impoñentes.....Pero sí, viven coma escravos da humanidade...como a maioría dos bichos......Polo menos nin lle espera o mesmo fin que ao toro da Vega este martes que vén.....
ResponderEliminarCada quen ten as súas, e o pobre Xato tamén. A sorte del(máis aló da recompensa de fariña de millo e da intensa vida sexual) é que tampouco mira moito fóra da caverna (Platón dixit)
ResponderEliminarQue fermosura de animal. Deixa, deixa, polo menos que o podamos ver. ¡Precioso!.
ResponderEliminarAínda que, é certo, eu polo menos quitaríalle o piercing e daríalle espazo e corda frouxa.
Bicos
triste e lindo - o poema.
ResponderEliminar[ porque carallo o exhibem,
não sei,
porque não o libertam prados e rios adentro,
também não,
e assim dito e olhado e sentido, que impossível
que triste
que insustentável
me parece.......................
~
¿era una feria de quesos? jjajajajajaja, eso sí que estuvo bien.
ResponderEliminarIgual lo llevaron como animal de compañía, vaya a saber el motivo de tan original salida (...de tono)
bicos, Chousa
A feira sería de queixos pero tamén habería algunha vaca marela a que facerlle as beiras, ou!!!
ResponderEliminarDigas o que digas, o Xato está moi cachas. Será pola caldeira de fariña de millo que lle dan entre rubia e morena? jajajaja.
ResponderEliminarBicos Chousa
Despois de ver algúns comentarios decateime de que un boi pinta moito nunha feira de queixos (elaborados con leite de vaca). Incluso podería ser un bo cartaz para o envoltorio dunha marca de queixos...
ResponderEliminarE ten razón Zeltia; pero non somente eu, seguro que todos temos moitos máis arandelas e sogas que nos amolan e, por riba, non podemos airearnos alí onde máis nos apeteza!.
Dura vitam, sed vitam
A verdade é que está moi tranquilo, pero eu non sei se me atrevera moito a acercarme, tenolle respeto, gustame mais cando os vexo ceibes no monte no medio das vaquiñas, iso sí que é fermoso
ResponderEliminarGracias por tu comentario en mi laberinto.
ResponderEliminarBesos
Fermoso xato.Somos moi crueles cos animais...como non se pode queixar..pois facemoslle mil e uhna.
ResponderEliminarNon hai ningunha clase de empatía con eles e eu portesto por iso!
Fermosa entrada Chousa!
Penso que nin sequera copula con asiduidade. :D
ResponderEliminar"El orden de los factores no altera el producto", din por ahí.
ResponderEliminarPero mira, se o texto o comezas falando dos piercings psicolóxicos e mentais que ten que sufrir o xato, continuaras cos paseiños no prado, e remataras co harén, quedaba a cousa moito máis optimista, ou?
E con nós pasa o mesmo, moitas escravitudes, vale, pero logo chega a noitiña ou o sabadete, e facemos o que nos peta, e mesmo se cadra, votamos un "quen vive!" (ainda que sexs cunha única femia do harén) ...
qué carallo, a vivir!
Seguro que me expresei mal, pero no fondo con este texto so pretendía introducir no mercado a idea da miña empresa: Queixo de Boi.
ResponderEliminarXa sei que é un produto moi innovador e vai ser complicado facerlle un sitio; pero tede en conta que chuletóns da os que da, pero queixos...
:-)
Al principio no entendí muy bien a qué venía tanta queja (con lo bien que vive!!!!), luego comprendí (por tu comentario) que todo estaba preparado, técnicas de márketing o algo así lo llaman, no????
ResponderEliminarEn fin, estaré atenta al mercado a ver si encuentro el queixo de boi.
Bicos
Ai! Meu xatiño!
ResponderEliminarO do Queixo de Boi non o teño moi claro...
Bicos
Queijo de touro já comemos varias veces, ou seacaso estás a propor o que estou pensando...agggg, comigho nom contes!
ResponderEliminarSaudos, tolo. Carlosm
Fixechesme recordar os cepos que tiñan os cabalos que andan "libremente" polo monte da Enxa en Porto do Son, e os que habia tamen na Curota, xa non sei se quedan, imaxino que si. Non te imaxinas que tristura mais grande me producia aquelo...
ResponderEliminarAgora, xa non estan asi, ¡menos mal! pero digoche que despois de que botaran un reportaxe no telediario, sentin vergoña allea...
bicos
"Xato copula con asiduidade", corpo dende logo teno.
ResponderEliminareste texto quedouche de perlas, Chousa, mira que es ocurrente, home.
ResponderEliminardeume unha pena o Xato, pobre rapaz, aí amoladiño, atado coma un can...
e que non hai dereito, co bó rapaz que parece.
ten toda a razón.
biquiños,
Está moi claro, a leite ven das rubias montadas por xato.
ResponderEliminarOs queixos ven do leite.
Polo cos queixos son parte do semental,o non?
Bicos
Pregúntome cales serán as razóns polas que BK (Veca para os amigos)chega á conclusión de que Xato "ten corpo" que demostra que copular con asiduidade...
ResponderEliminarSe foses un trasno non farías mais trasnadas.
ResponderEliminarXato ten que lles molar tanto as rubias como as morenas. Ta caxondo jajaja
Xato ten que ir en coiro porque non hai pantalóns da súa talla.
ResponderEliminarXato ha de estar ata os mesmísimos de que lle perforen o fuciño e de que lle teñan a corda ben corta, que pasa aquí?? Só lle faltaba que enriba lle puxeran unha tatuaxe ao "rojo vivo". É que o mundo non entende que el é todo un semental ou que?
ResponderEliminarBeijos sen ataduras.
Pobre bicho, estoy de acuerdo, deberían dejarle en paz, a su bola, y encima no sé qué coño pinta en una feria de quesos. Cada vez me gustan más los animales.
ResponderEliminarQueixo de Xato... Tedes cada cousa... jaja... Estes de Antas...
ResponderEliminarMoi bonitiño sí. Pero nós aquí tivemos un honor singular:
Preséntovos a Conforto:
http://vimeo.com/14477044
Dou fé de que na sabor da súa carne nótase que tivo unha vida feliz e armoniosa. E polo que se sabe fornicou con máis femias das que podería fornicar calquera home nunha larga vida, ademáis de lanzar 5 metros polo aire a un veciño confiado.... o pobre... jaja
Bicos sen moscas... (e iso que non teño rabo para espantalas.. jeje)
Todo ten a súa cara e a súa cruz.
ResponderEliminarXato vive unha vida case feliz, que non se queixe, pero a súa liberdade é igual de falsa ca de todos nós.
Y decían que la vida del hombre era difícil...que va!!!...él lo lleva peor, a él nadie le explica nada.
ResponderEliminarUn beso.
Vine a ver tu nombre en ruso...y mira lo que he encontrado... XD
Jajajaja, yo quiero copular como Xato e andar en pelotas..no le envidio nada más.
ResponderEliminarEntre lo aparente y lo real, está lo habitual. Seguro que entre cópula y cópula (con dosis de harina incluidas y pastoreo aireado), el Xato tiene momentos de desidia y preocuación.
ResponderEliminarHe tenido la suerte de conocer Antas de Ulla y tengo que decir que es un lugar de ensueño. Saludiños desde Asturies
Pero canta razón ten Xato. Marabilloso texto, coma sempre.
ResponderEliminarbeijinhos de outono.