mércores, 1 de setembro de 2010

Terapia

Seica foron chineses os primeiros en poñer en práctica unha innovadora técnica terapéutica que ameaza con mandar ó carallo negocios de callistas, pedicuras e semellantes.
Din que consiste en meter os pés nun caldeiro cheo de peixiños que che comen literalmente as células -supostamente mortas- da epiderme.
Pois ben, veño constatar que os alevíns de troita galegos xa contactaron cos peixes chinos e coñecen o mecanismo á perfección. Está claro que esto da globalización non so chega por vías cibernéticas: tamén o debe facer por outras canles.
E xa que estamos, pregúntome se non sería viable -como terapia social- desenvolver un programa que contemple a posibilidade de mergullar neses caldeiros as masas encefálicas de determinados individuos que pululan pola codia terráquea disfrazados de persoas. Claro que para acadar o éxito terapéutico total, nestes casos, sería preciso empregar direitamente crías de piraña!

Foto: Cóxegas terapéuticas feitas por alevíns ulláns

39 comentarios:

  1. jajaja Chousa,
    apoio a idea de meter nun caldeiro con pirañiñas as cabezas dalgúns que todos sabemos!

    Sentira eu falar desa terapia, ainda que non sei moi bén que cura!

    [e mira que pés ben feitucos ten o Chousa! -ademais así metidos na auga non hai perigro de que cheiren a pés bravús!- XD
    Tesllos que mandar a Susana Moo que os engada ao post aquel que ten dos pes exipcios, etc. :)]

    ResponderEliminar
  2. Si a esas supostas persoas uns peixiños lles comeran as células mortas do cerebro deixaríanllo expostamente valeiro.
    Agora, como método para exterminar pirañas, si ése fora o propósito, podería servir.

    Bicos terapéuticos

    PD. Qué ben me viñan agora desas cóxegas terapéuticas...

    ResponderEliminar
  3. Jajajajaja. Habera que estudialo. Non deixes de facelo e comunica resultados. Non fara falta siquera unha enquisa.
    ¡Xa!
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Stop! Caution!
    Non esqueza, Chousa, que hai risco de contaminación dos acuíferos polo contacto dos tales cerebros coa auga, canto máis coa flora e fauna do país.
    Non sei que terá Greenpeace que dicir respecto.

    ResponderEliminar
  5. Canta razón levas amigo Chousa!!! Por certo que eu non meto, nin tola, os meus peíños xunto eses peixes....danme arrepíos só considerar esa opción....brrrrrrrrrrr

    Moitos bicos de Setembro stsp

    ResponderEliminar
  6. Pois eu coas cóxegas que teño nos pés non sei se me apuntarei a esa terapia.
    Eu non estou moi de acordo con iso de limpar os sesos de certa xente cos pobres peixiños, contaminarán aos pobres animais o mesmo lle probocan algunha enfermidade coma a dos "Peixes tolos".
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Hai casos perdidos, que nin meténdoos nun estanque de tiburóns. A natureza é sabia e poderosa, mais ante algúns dos seus "fallos", nada pode farcer a pobre.

    Onte tamén tiven os pés a remollo rodeada de alevíns... nunca crin ter tantas cóxegas :)

    Bico grande!

    ResponderEliminar
  8. Oye, y si pones en el caldero otro tipo de miembro, el resultado terapeutico seria parecido???

    ResponderEliminar
  9. Eu penso que é porque tes uns pés preciosos. ¡quen fora peixe!

    ResponderEliminar
  10. E se se lles escapa a dentellada e morden en carne viva.... uisss
    Dáme un pouco de grima a min eh..

    Aínda así estasme a dar envidia nesa foto... con estes pes inchados que teño hoxe... Voume ter que acercar ó río.

    Eu penso que esas masas encefálicas das que falas non as queren nin os peixes, e menos mal, porque a catástrofe ecolóxica podía ser descomunal... jajaja

    Eu a algúns tampouco lles deixaría mergullar os pes...

    Bicos sen dentes.

    ResponderEliminar
  11. Menuda idea! Pero moita xente andaría lobotomizada por ahí, e xa co cerebro completo a cousa vai como vai, se lles faltan partes...non sei como sería.
    Bonitos pes Chousiña!
    Bicos

    ResponderEliminar
  12. Crías de piraña, si. Ou pirñas adultas, colocadas directamente entre os miolos, logo de lle ter levantado con sumo coidado a tapa! E veremos, porque hai quen os ten tan duros, que dubido que as pirañas desen dado conta deles.

    ResponderEliminar
  13. Para que vexa, Chousa, que tamém se me adianta nas ideas xeniais, desde o principio do texto andaba eu a barrenar que o que facía falla aí eran pirañas.

    ResponderEliminar
  14. Son exipcios o polinesos?
    Os pes digo que os peixiños seica son ulláns.
    Nunca o fixen, ese peeling, pero esas mariconadiñas encántanme, haberá que ir a Antas!

    ResponderEliminar
  15. Seguramente non cura nada, simplemente púxose de moda, e xa se sabe o que pasa coas modas, Zeltia.

    A miña proposta recóndita vai no senso de que penso que non teñen células vivas nos miolos, Alís!

    A ver se na canteira me deixan tempo para levar adiante a iniciativa, Fonsilleda. :-)

    Evidentemente habería que facelo con total asepsia medioambiental, Kaplan.

    Pois os do Ulla son moi suaviños, coidadosos e nada agresivos. Deberías probalo, Hadex.

    Confío en que aquelo de que "do que se come acábase criando" non se dese neste caso, Dilaida.

    Mira ti que casualidade coincidir metendo os pés na boca dos peixes. A saber en que outras cousas teremos coincidido, A do outro lado da xanela!! ;-)

    Pois foi feita así coma quén non quere a cousa, Gabrielle Dupré.

    Son un malvado e non pensei nos efectos colaterais que poderían sufrir as pirañas. Deixarei que me mordisqueen un pouco o meu (cerebro), Merce.

    Véxoo vir, Dr Mikel...jajaja

    Mírame vostede os pés con moi bos ollos e, ademáis, o efecto cristalino da auga mellora os resultados ópticos, Mariajesusparadela

    Habería que facer unha campaña de vacinación previa entre as pirañas. E o dos mordisquiños en carne viva...non necesariamente teñen pq mancar, Pitima...

    Hainos que case mellor lobotomizados que co cerebro cheirando a pés; ou non, Bolboreteira?

    O de levantarlles a tapa "con sumo coidado" dilo pq ti eres moi bueniña, Nena do parauguas.

    Un día que fagamos unha tronada de ideas vostede e máis eu, vai lustrigar que nin diola, Sun Iou Miou

    Cando veñas facer a mariconadiña ó Ulla, avísame para que os peixes te agarden na beira do río, Susana Moo
    (E ti me preguntas a min a clasificación polinesa ou exipcia? Iso é como se vou ó médico e me autodiagnostico!!!. Dimo ti, carallo!)

    ResponderEliminar
  16. ¡que texto mais ben enleadiño! primero os pes e logo as masas encefálicas, ahí é nada

    ¿sabes si hai aquí pola nosa terra algún dese chinos que faiga esa terapi? eu apuntaríame a ver si se solucionaba o meu problema de dermis nos pes.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  17. hahahaha a saber a quen querias botar ti o caldeiro dos can-codrilos. Que che farían.
    Sei que era bem necesaria a limpeza que dis, pero eu tamben me apiado das piranhas, as pobres ter que comer cerebros podres e un castigo moi duro.
    E vejote moi ben plantado no rio. Ten tino e non esbarexas, que a certas edades non convén mollar a barriga. Saudos. Carlosm

    ResponderEliminar
  18. Eu si, sonche moi boíña. Cando durmo. E ás veces nin así. Non te fíes das lobas con pel añíñas. Son as máis perigosas.
    E si que lle levantaba a tapa dos miolos a máis dun e con sumo coidadado (polo da simetría e perfección no trazo), para poder roerllos despois sen coidado ningún.
    JA!

    ResponderEliminar
  19. Pos eu defendo a tua proposta de utilizar eses cerebros para alimento de peixes, porcos ou esterco de vexetales. Asi servirian para algo jajaja
    Estas moi guapo na foto. O que non se che ocurra a ti ou non existe ou non ten interes. Es a monda

    ResponderEliminar
  20. Vino nunha reportaxe, uf, qué grima, prefiro ir a unha esteticista. En canto ao segundo punto, estou contigo, unha vez os nosos peixiños se poñan ao día, haberá que ir tirando a máis dun ao río, a ver se lle quitan os resíduos cerebrais.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  21. Hola, Chousa!!
    Casualmente hoy por la tarde vi los pececillos esos nadando entre los pies de una persona que entre risas nerviosas y grititos (aparentemente de placer) sufría o disfrutaba de los mismos.
    La verdad es que me dio una tremenda grima, al tiempo que pensé en cuanta tontería hay en este mundo, uffffffffff,mucha.
    Claro que estaría bien lo que apuntas y si los extrapoláramos al cerebro de algunos "iluminados" pienso que posiblemente murieran intoxicados.
    Bicos

    ResponderEliminar
  22. Diosssss que grima me da pensar os bichos mordendome nos pes, non sei a quen lle pode gustar eso.
    A ti mordíante as troitiñas neses peazos que tes? debes calzar polo menos o 45 jajajaja

    ResponderEliminar
  23. Chousa, como sempre sorprendesme coas tuas fotos.Esta e sobre todo orixinal,noraboa.

    ResponderEliminar
  24. Amigo chousa é unha idea
    tan boa que deberas patentala,
    se non te apuras os chineses
    poderíancha copiar,
    clientes non lles ían a faltar.

    Cada día xurden novos métodos
    terapéuticos, quen nos lo ía a dicir, peixiños come-peles.

    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
  25. Já sabia, até porque há um português que vai abrir negócio com a irmã no Algarve para irmos aos peixinhos,mrrss

    Tudo de bom.

    ResponderEliminar
  26. Esos pes parecen os de Frodo Bolseiro, jejeje (sen ánimo de ofender eh, Chousiña)

    ResponderEliminar
  27. Pois parece que andan a medrar os blogues de pés na rede...

    E parece que estes peixiños andan a facer o labor que antano desenvolvían as plañideiras, acudir aos soterramentos das pobres células e consolar os familiares. Que ben orghanisado que che está o mundo, hom!!

    ResponderEliminar
  28. Non me digas que hai pés máis feitos que os meus polo blogomillo, Xenevra?

    Pois buscarei o anel para poñer nunha deda dos pés, Artabria!

    As modas é o que teñen; que se estenden coma epidemias, São

    E logo que che fai pensar que non a teño patentada xa, Marisa? ;-)

    Entre os dous pés calzo moito máis do 45, AC

    Pois os alevíns de troita ulláns son tan delicadiños que o único que producen son cóxegas, Frabisa

    Reitero que non che é nada "grimoso"; sobre todo cando unicamente te acariñan, Mer

    Recollo a túa proposta de utilizar tamén eses cerebros como esterco, Trasno.

    E como se sabe que son lobas se parece añiñas, Nena do Paraugas?

    Non se pode dicir a quen botaría nese caldeiro, pero a bo seguro que con máis dun..ti concordarías, Carlosm

    Pois sí que xuntei os pés cos miolos, pero foiche un casual, Aldabra

    ResponderEliminar
  29. Fabricadecalcetines6 de setembro de 2010, 23:25

    Esta foto es una provocación, señor Chousa. No ve que va provocando al personal? Jajaja

    ResponderEliminar
  30. Non digo o que pensarías se fabricases calzóns!!!

    ResponderEliminar
  31. Anda o setesoles poñendo autoretrato dos seus pés tamén pola rede... fiúuu

    ResponderEliminar
  32. E onde?
    (A ver se os vai ter tan mergullados que non se lle ve nin...a deda mamiña!!!)

    ResponderEliminar
  33. Pero tú queres matar ás pobres crías de piraña ou que? :D

    ResponderEliminar
  34. Habería que ir afacéndoas previamente mediante inxestas de pequenas doses...Ademáis tampouco teñen moita masa encefálica eses "seres" nos que eu pensaba...;-)

    ResponderEliminar
  35. É que están nestoutro: http://xocasfole.blogspot.com/2010/09/de-mis-hermosas-partes.html Non me dei conta de especificar que era no de blogspot. (glups)

    ResponderEliminar
  36. Agora si!.
    Somos todos un fato de exhibicionistas!!!! jajaja

    ResponderEliminar
  37. Eso, eso, crias de piraña para quitar las células muertas de los cocos de muchos y muchas, quién sabe si del mío tambien en ocasiones.
    Biquiños Chousa.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: