domingo, 1 de agosto de 2010

Chanclas

Estradas ateigadas de maletas, apreixadas nos seus compartimentos coma quen soba os nabos no caldeiro, circulan estes días con idénticas direccións pero en sentido contrario.
A envexa engadida á bagaxe dos que voltamos fai que a idéntica equipaxe da ida semelle non caber no mesmo habitáculo de fai un par de semáns.
E miramos con cara seria ós que veñen, mentras pensamos que a nós ninguén nos vai quitar o disfrutado e, ó fin e o cabo, eles traen os días contados...
Mentras conducimos as nosas ideas polas curvas do pensamento decatámonos de que cando empezabamos a collerlle o tranganillo ás chanclas, hai que volver coller as ferramentas da canteira. Penso que algúns (eu entre eles) deberíamos quedar para explicarlles aos recén chegados como rulan as cousas polo lugar.
E por riba de todo Mariano non pon o cinto. Seguro que o fai adrede!

Foto: Ferramentas para non queimar os pés na area

31 comentarios:

  1. paréceme que ti es dos que se apuntana un bombardeo... con tal de quedar de laricas por ai diante, fas ata de mestre dos novos chancleiros... tira para o traballo, tira para o traballo, que os teus días xa remataron.

    biquiños e non te deprimas moito.

    ResponderEliminar
  2. Boeno, pois xa que mo pides ti Aldabra, tamén faría de mestre para os chancleirOs...

    ResponderEliminar
  3. Coido que custa un pouco
    ter que cambiar as chanclas polas ferramentas, pero todo ten
    o seu final.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. sempre poderías seguir en chanclas todo o verán: deixalas na porta da canteira á entrada, e poñelas ó sair, como fan na aldea no inverno, coas katiuskas
    ;-)

    Moitos anzos para voltar ó traballo! e ogallá que toda esa enerxía acugulada redunde en satisfaccións laborais.
    E pensamento positivo: seguro que o primeiro día algo ha ter de bo.

    ResponderEliminar
  5. Chousa!! Ando desconectada del tema blog, vengo y voy, asomo, leo, observo, me reflejo, me quedo con cosas... etc... pero... las palabras se quedan dentro de mi, en fin... momento silencioso... o eso... o se me han derretido las palabras con estos calores, je je. En cualquier caso el día lo merece: FELICIDADESSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSSS!!!

    bicofletes felices!!
    MUAAAAAAAAAAA que tengas un gran día!

    ResponderEliminar
  6. As chanclas nunca puiden utilizalas, non soporto levar ese cacho de goma entre as dedas.
    E que fai vostede cunhas chanclas coa bandeira do Brasil? non iría aló por elas?
    E para que vai por o cinto o Mariano, se ao fin, para o que hai que amarrar, ben pode ir sen el.
    Hai xente que está por riba de toda lei, por iso usan tanto o Constitucional; xa verá como non vai tardar moito en ir ao Constitucional a lei esa de por o cinto. E que dirá o Constitucional?

    ResponderEliminar
  7. Sempre podes probar e ir en chanclas ao traballo. Outros locen o seu moreno nas oficinas. Por sorte, o teu traballo na pedra aínda che vai deixar gozar un tempo máis do sol. ;)

    ResponderEliminar
  8. Que boa idea iso de quedar a explicarlles os novos como rulan as cousas..boa excusa para alongar os días de lecer.Se colara!
    Bicosss!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  9. Non te apures, Chousa. Sempre hai alguén que vai e alguén que ven, por estes longos camiños. Pero son da opinión de que a cadaquén o seu e se queremos probar sabores, temos que arriscar o bico, aínda a sabendas que acabemos con el reseco polo picor do salitre.
    É bo fuxir coas chanclas na punta dos pés, simplemente para cambiar o árido pó da canteira pola fresca brisa mareira, pero tamén é necesario que cadaquén experimente na propia pel o que significa ir e voltar de novo, sen guías nin explicacións de como se moven as cousas neses mundos que pretendemos tragar dunha soa bocanada. Só así se pode vivir a insignificante intensidade de direccións idénticas que circulan, case sempre, en sentido contrario.
    Cousas do inoportuna que ás veces é a vida! Que lle queres?
    Benvido!

    ResponderEliminar
  10. E eu que xa daba algo por volver marchar (con sandalias, que chanclas non uso)

    ResponderEliminar
  11. jajajajaja, es muy bueno este post, yo me apuntaría también a explicarles a los recién llegados como rulan las cosas por ese lugar, en chanclas por supuesto...
    Un beso

    ResponderEliminar
  12. Aos que non temos vacacións no verán non nos queda outra que calzar chancas ou sandalias en terras e areas próximas cando non usamos os zapatos de seguridade de punta de aceiro.
    Eu,como Dilaida, fixeime no que semella a enseña brasileira. Sería por esas terras o destino da viaxe ?. Atreveuse o señor Chousa a levar unha chanca de cor distinta en cada pé ?.

    ResponderEliminar
  13. Iso ten fácil solución, levar chanclas como eu todo o ano. Iso si, no inverno con calcetíns.
    E sen esquecer as ferramentas.
    Outra cousa, os que chegan aprenden sos, como cada quen. E gústalles.
    Apertas con cheiro a yodo.

    ResponderEliminar
  14. Toda una oda a las chanclas, si señor! esto me recuerda a una que hice con unas amigas hacia el patito de goma...

    ResponderEliminar
  15. Boeno, eu non vou volver en bastante tempo... jejeje
    Teño que cuidarme dos excesos típicos das vacacións, é o único malo...

    Tamén podo presumir de ter posto as chanclas a principios do verán, e non telas sacado ata o momento. Servíronme para ir traballar, para estar na casa, para saír a pisci, para a praia e tamén para o río... O único que non fago con elas é durmir, (boeeenooo... e algunha máis.. jaja)

    Síntoo por tí... Xa me tocará o ano que ven volver á miña canteira.. ¡pero non me penso uniformar mentres non me obriguen!

    Bicos... sen sacar as chanclas..

    ResponderEliminar
  16. vaia... seica a ti tamen che tocou na mesma quincena ca min :)

    si, e ben certo que os que van dannos moita envexa, pero, pensa que a ti quedache menos para disfrutar das proximas vacacions e a eles faltalles todo jajajajaja

    mais bicos

    ResponderEliminar
  17. Desde que vin o Mariano sen cinto vivo sen vivir en mi, tenme moi preocupado ese home. E seguro que tamén levaba chanclas, sen amalloar claro!!!

    ResponderEliminar
  18. En estas idas y venidas a veces no hay tiempo ni para las cosas más sencillas, como por ejemplo, visitar los blogs de los amigos, esto es una locura, debe ser el calor...
    A Mariano le pasa como a mí, no le gustan las ataduras.
    Biquiños, Chousa, voy a seguir un ratito contigo.

    ResponderEliminar
  19. Eu penso que vostede aceptaba de boa gana un traballo de abrochador de cintos. (e si a que hai que abrocharllo é ós que están por riba da lei, ainda mellor: cobrar e non facer nada.
    Mellor que ensinar a usar as chanclas.

    ResponderEliminar
  20. Chousa:
    vai sendo hora de que quites as chanclas!
    (olvídate: tus vacaciones se han terminado. hazte a la idea)
    nana nanana

    ResponderEliminar
  21. Co fresquiños que tiña eu os pés así...

    ResponderEliminar
  22. Apúntome a quedar contigo e explicarlles ós novatos de que vai o tema.

    (Despois do descanso estival cambiar as chanclas polos tenis de rigor paréceme unha tortura...).


    Bico con cinturón incluido!

    ResponderEliminar
  23. Como que costa "un pouco", Marisa?. Xa pasou unha semana i eu aínda teño as chanclas na mente...

    Non se pode entrar na canteira descalzo Zeltia. Hai risco de levar un martillazo nas dedas.

    Sempre veñen ben momentos reflexivos Cris. Graciñas polas felicitacións.

    ResponderEliminar
  24. Non fun ó brasil Dilaida, e as chanclas non eran miñas. Tal vez andivera por alí unha brasileira...

    Pero o sol da canteira non é o mesmo co da praia Xenevra. Non me preguntes as diferenzas que choro!!

    Pois non colou Bolboreteira; tanto se me notaba que non era un interés pedagóxico o meu???

    ResponderEliminar
  25. Dixéchelo moi ben A nena do paraugas. Ademáis todo cansa, e se me volvese "ensinador de chancleiros" igual pasaba as vacacións nunha canteira...

    Eu tamén pagaba por volver Kaplan; pero vai ser que non toca chanclear ata o ano 11. Haberá que conformarse.

    Pois tomo nota Ginebra. Se nos animamos xa podemos montar unha empresa. Qué che parece a idea?

    Eu sempre ando co pé cambiado Paideleo :-) ; pero non fun ó Brazil, non. Nin siquera eran miñas as chanclas fotografiadas. Xa sabes que eu sempre "roubo" as fotos.

    ResponderEliminar
  26. Que sexa conscente de que levas razón Fonsilleda, non é garantía de que cha vaia dar. Eu insisto no meu desexo!!!

    Medo me da pensar o que lle faríades ti e mailas túas amigas ó patiño de goma Butterflieswithoutwings (Que nome máis suxerente gasta vostede, carallo!)

    Eso!, aínda por riba vés ti a multiplicarme a envexa Pitima. E logho que é iso que fas sin chanclas, ademáis de durmir???

    ResponderEliminar
  27. Sí que son sexis Rula. Non sei en min mesmo, que non me miro coa perspectiva que podía ver ás portadoras desas que hai na imaxe, pero...sí que lles quedaban ben, si!

    Graciñas polo consuelo Merce. Saber que ti tamén voltaches dame azos para continuar mirando as chanclas e pensando no ano que ven...

    Confesa que a ti Mariano xa te tiña preocupado antes de velo sen cinto no coche Raposo. Ademáis de preocupacións, este home vainos acabar cos nervios!.

    ResponderEliminar
  28. O verán é para ausentarse dos blogs e de toda a habitualidade Irene; así que non te preocupes de vir á Chousa en chanclas...

    Xúrolle mariajesusparadela que por preferir, case quería mellor desabrochar cintos a Marianas...;-)

    É unha tortura chinesa A do outro lado da xanela; por iso esta fin de semana volvín a poñelas para calmar algo o "mono".

    ResponderEliminar
  29. Uns van e outros veñen. Eu viñen hoxe, así que teño as chanclas moi metidas nos pes. A ver quen pon agora as botas de media caña.Saúdos Chousa

    ResponderEliminar
  30. As minhas tamem remataron hoje mismo.Dan ganas de chorar.
    Saúdos recitador ;-)

    ResponderEliminar
  31. Se hai que aparcar as chanclas, podemos continuar camiñando coas sandalias (o meu calzado preferido) ata que cheguen os primeiros fríos do outono. Aínda queda moito!
    O cinto, sempre abrochado!! Algúns son ben caprichosos...

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: