domingo, 11 de xullo de 2010

Predicción

Nestas últimas xornadas reinan as anécdotas por riba das noticias e imperan os cotilleos sobre das realidades.
Dende a óptica periodística todos sabemos que sempre resulta menos chamativo que un can morda a un neno, que se é o propio raparigo quen lle da un mordisco a un cadelo. Pero elevar á categoría de oráculo o xantar dun polbo alemán xa ten bemoles.
Pero xa postos a facer prediccións arestora (falta media hora para que 22 machotes empecen a correr detrás do bincho de coiro chamado Jabulani en Sudáfrica) predigo que mañán ó almorzo untarei as torradas con Tulipán.
Xa poden empezar a tremer o polbo Paul, a galiña Eufemia e maila meiga das velas negras.
E que eu destas cousas sei a mitra!

Foto: Chousa mitrado.

36 comentarios:

  1. Estou pensando que terei que convidar a almorzar á Notaria da plaza para que levante acta da miña predicción...

    ResponderEliminar
  2. penso que con esa predicción non te farás famoso.

    agora en breves minutos empezará a prórroga, que nervos.

    ¿e si me da por morder a Congo?

    bicos,

    ResponderEliminar
  3. Pois eu prefiro a mantequilla, que ten máis usos...eso din.

    ResponderEliminar
  4. Pois polo que oio fóra creo que non vai ser Tulipán o que comas.

    ResponderEliminar
  5. saber, saberás a mitra; pero eu aínda teño unha panda de desnortados que non se enteiraron da túa predicción e que siguen a facer soar o claxon a estas horas da noite.
    Falando de anécdotas (que non ten nada que ver con isto, perpo me apetece comtalo fiúuuuuuuu), hoxe pola mañá na radio entrevistaban a uns rapaces, un grupo novo, na radio. Así que levaban un cacho falando con eles o presentador avisa de que hai unha chamada. preséntase a chamante coma unha fan e logo empeza a contar a noite que pasou no hotel co cantante do grupo. "Manu, non me dirás que non te acordas?? Foi en Salamanca. A túa habitación toda desordenada..." O locutor cortou facendo unha chiscadela e soou unha canción dos rapazolos para pechar a entrevista.
    (xa dixen que non tiña nada que ver!!!)
    Boa noite aos que poidades durmir

    ResponderEliminar
  6. Refíreste á mitra predictora?
    Que por certo, ao tal polbo Paul pretenden traelo ao Carballiño para a Festa do Polbo, alá para o día 8 de agosto. Gustaríame saber se vai rematar nun caldeiro de cobre, xunto con outros polbos menos famosos, pero de seguro máis suculentos. Porque corre un gran risco o tal Paul vindo en tal data, xustamente ao Carballiño, o único lugar de España no que se cociña con verdadeira mestría. Neste pobo, non hai polbo que non acabe no caldeiro!

    Quedouche ben a definición de fútbol, 22 machotes a correr detrás dun bincho de coiro. Pero creo só corren 20 e un árbitro. Os de liña, que non sei cantos son, pasean, pero sen pisar liña e os porteiros, correr, máis ben corren pouco.

    Biquiños empolbados, con bo pemento picante, bo aceite de oliva virxe e unha areíña de sal groso.

    P.D.: creo que podes seguir untando as torradas coma de costume. O Tulipán non tivo moito éxito desta volta.

    ResponderEliminar
  7. mmmmmm

    queremos unha fotografia das torradas ;)

    ResponderEliminar
  8. Pues las tostaditas más que con tulipán deberían haber sido con "mantecá colorá":)))) El pulpo Paul no debe estar en venta, pero seguro que tendría una larga cola de compradores deseosos de conocer otras predicciones menos futboleras...
    Besos y que te aproveche el desayuno con la notaria de la plaza!!!!!

    ResponderEliminar
  9. E untache as torradas con Tulipán? (non sabía que aínda existía esa marca). E por saber si me podo fiar de ti como oráculo, para logo facerche unhas cantas preguntas.
    O polbo parece que acertou outra vez. Eu só sei que ben cocido estaría máis rico...

    Bicos ante notario

    ResponderEliminar
  10. xa me parecía a min que eras mediomeigo ou meigoenteiro XD
    Bicos de mel.
    Xa te imos achando en falta!!! para cando unha visita?

    ResponderEliminar
  11. bohhhh!!! que xa non lembraba que eras o mestre e me tiñas que aprobar!!! XD
    Bicos mil.

    ResponderEliminar
  12. Non sei se comerei de hoxe en adiante o polbo a feira, sen
    pensar no polbo Paul e a suas
    prediccións tan acertadas.
    A miña enhoraboa a ese
    conxunto de campións que foro
    capaces de cumprir o soño
    de tódolos españois.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  13. Indulxencia para o pulpo Paul! Ben a merece!

    ResponderEliminar
  14. Ai, Chousiña, mira que tentar facerlle sombra ao polbo ¡tes que saber medir as túas facultades!
    Cando as mozas te chamaran pulpo, era por outra cousa.

    ResponderEliminar
  15. Sabedes si alugan o polbo Paul ese por uns días? É para que me diga uns números da primitiva!!!

    ResponderEliminar
  16. Co bem que te esplicas ti co do tulipan e non te entenderom. Boeno non lhe lo tenhas en conta, já que ti non es futboleiro non te queijes cando usas termos sobre a question.
    Aqui si que disfrutam do trunfo espanhol. Já ves. Saudos pulpo. Carlosm

    ResponderEliminar
  17. Non sei que pasaría co comentario que che deixei onte ás tantas da mañá...contándoche que para pitoniso non tes prezo! (quero dicir que ninguén daría un peso por ti ;-))

    En fin... que o regate de Casillas despois do partido pareceucheme un detallazo pola súa parte. Se tivera uns cantos aniños menos igual ata me daba envexa da Carbonero, pero coido que esa etapa eu xa a vivín, así que o que me provocan máis que nada é tenrura e algunhas lembranzas moi doces ;-)

    Chuchoooossss

    ResponderEliminar
  18. Ai!! pero qué burriña son! que acabo de caer agora na gracia do Tulipán.


    Bicos ruborizados

    ResponderEliminar
  19. Chousa, na foto quedouche a mitra descentrada da cabeza! (agora precisas báculo... e o máis interesante: o obispado!).
    Xa hai ben anos chamábaselle tulipán a calquera tipo de margarina ou mantequilla; no teu caso é tulipán-tulipán o do alicótero?

    ResponderEliminar
  20. Foi absolutamente delirante a historia esta do pulpo, do fútbol, do patriotismo desatado.......Delirante.....

    En fin. Acabou. Voltamos á realidade....Moitos bicos....

    ResponderEliminar
  21. Jajajajajaja. E ¿agora que dis?
    Seguro que os nosos polbos non predín tan ben como os alemáns.
    Bicos, sen mitra

    ResponderEliminar
  22. Tal e como xogaron os holandeses, os que case acaban como mantequilla son os nosos pobres...

    Que pobres pobres... non son... Que por dárlle ó jabulani e saír ben parados vanlles dar a miña devolución de facenda e a de moitos outros... ¡e non sei se lles chegará!!!

    Aisss...

    Pois a ver Chousa, pregúntalle á mitra ata..cando.. sen tregua, jaja, ¿teremos que esperar moito máis para que nos paguen a nós? que ben o merecemos tamén... ¿ou? Que levamos na prórroga varios meses e xa vai sendo hora de que piten o final deste exercicio fiscal!!! aissss aisss y aissss...

    Bicos á feira!

    A palabra de verificación é "ratopr", que significará que queda prórroga para rato ¿non?

    ResponderEliminar
  23. Unha de dúas: ou a estupidez é infinita ou hai xente que non ten que facer e mira polbos-oráculo.
    Onte na liña escoitei como na radio especulaban con que a vitoria no Mundial de fuchibou pode subir o PIB entre o 1 e o 2%.
    Que lle parece? A crise termina para sempre entre bubuzelas e jabulanis, predigo.

    ResponderEliminar
  24. A min gustame con uns "polbos" de cola-cao.

    saúdos den o surgalicia

    ResponderEliminar
  25. Brabido: Eu penso que, deixando a gramática a un lado, esos...gústannos a tod@ssss; xa sexan cola-cao, nesquik ou sen chocolatear...

    Kaplan: Pois pódelle ser eh. Que non paran de dicir os oráculos do FMI que esto é unha cuestión de confianza e con catro chutazos a portería seica a collemos. Imos ver en que da a cousa.

    Pitima: Pois non sei se será mellor que piten o final da prórroga ou ter que ir a penaltis. O corpo case me pide continuar correndo detrás do bincho de coiro outro anaco. Ti que dis?

    Fonsilleda: Os polbos galegos non teñen moita ocasión de predecir fora da opción de á feira ou encebolado. Claro que como dos dous xeitos están ben...vou predecir que a próxima vez comereino con picante (abundante).

    Hadex: Tamén a min me descolocou tanto abandeiramento "roxigualda"; pero o certo é que hai que recoñecer que un chisco de tanta malaostia conseguiron sacarnos os jabulanis vuvucelados sobre herbas sudafricanas; ou non?

    ResponderEliminar
  26. Zeltia: A min gústame ir un chisco descentrado sempre. Eso permite irse centrando pouco a pouco, que tamén che ten o seu aquel. E sí que teño báculo; non o viches no lateral da Chousa?. É verde e moi enroscadiño. Fíxate ben e verás.

    Alís: Nunca é tarde para decatarse. Os "tulipáns" tiveron que marchar para tulipanilandia coa súa malauva.
    E sí que sigue existindo a margarina desa marca eh. A miña predicción nese senso ía sobre seguro...

    Cuspedepita: Muller, e que ninguén me viu coa alba vestido e manexando a miña bola acristalada; que nestes casos o hábito fai ó pitoniso.
    E sigo insistindo que o gol da Carbonero foi o mellor tirado de todo o mundial. Nin a barreira nin a escadra o deu parado!!!

    Carlosm: Claro que non o teño en conta home; ademáis para experto en lides futbolísticas xa te teño a ti, que estiveches moi atento ó quite.
    E xa me fago unha idea de que do outro lado da raia aledáronse co trunfo de "la roja". Aquí tamén nos aledaríamos da victoria portuguesa, dado o caso.

    Raposo: Cotiza moi alto o polbo ese. Escoitei dicir que o querían os do Carballiño para pregoar a festa. Claro que non sei se o tal Paul quererá ir de moi boa gana á capital dos caldeiros de cobre...

    ResponderEliminar
  27. Susana Moo: Pois non vexo o motivo polo que as mozas me chamarán "pulpo". Estoume mirando e non me vexo ventosas por ningures.
    Iso sí, gústanme moito as ameixas e outras bivalvas con sabor salgadiño. A ver se vai ser por iso!!!

    Harmonía: Asino o manifesto de indulto para o Paul. Sempre e cando poidamos cocer outros conxéneres no seu lugar.
    Dame a impresión de que este acuario alemán vaille sacar moita tinta ó polbiño mediático este. E se no lo cambian...non o imos notar.

    Marisa: Boh, non fagas caso. Esto é como cando pasamos a carón dun accidente automobilístico, que durante uns kms imos amodiño; pero ó cabo dun anaco xa volvemos andar centellados. Ademáis o polbo con picantiño sabe moiiii ben. Ou non?

    Anavilat: Entre mediomeigo e meigoenteiro ando eu. Ti ben sabes que sen facer algún conxuro non se pode andar pola vida.
    A ver se o verán nos permite algunha xuntanza arredor dun caldeiro de polbo, poñamos por caso :-)

    Os Tartarouchos: Untei!. Pero debo confesar que predecía con vantaxe; posto que ben sendo un hábito matutino o de esparexer tulipán polo pan ás mañanciñas. En inverno para mollalo en leite quente e no verán en leite frío.
    Benvidos á Chousa!!

    ResponderEliminar
  28. Ginebra: Fíxate ti que curiosidades ten a sintaxis, que vai resultar que o polbo non ten "cola" pero ten rabos!!.
    E direi que almorcei soliño, que estou convencido de que admitiredes que eu mesmo dea fe da torrada ben untada.

    Merce: Vaia!, pois vai ser que non; que tamén no blogomillo hai unha santa Tomasa que quere meter o dediño na...manteiga ;-)
    Boeno, pois non prometo cando, pero aseguro que haberá testemuña gráfica das torradas matutinas.

    A nena do paraugas: Calquera día é bo para degustar o polbo do Carballiño; aínda que sexa non Sanfroilán de Lugo ou no dez de Antas. En todo caso, que nunca lle falte -nin ó polbo nin a nos- esa pinga de aceitiño que nos faga deslizantes, o sal que nos dea sabor e mailo picante que...eso mesmo!!!

    Xenevra: Non te me queixes de non poder durmir, que total para unha noite que che deron a roncha non é para tanto. Ademáis así tiveches ocasión de escoitar esa entrevista radiofónica.
    Hai que ter tino con quen se anda, que calquera día cóntano na radio jajaja

    Paideleo: Comín comín, afofé.
    Claro que eran os "tulipáns" os que quería comer ós raparigos ricachóns que seica representaban a Spain no campionato. Pero saiulles mal a xogada...

    Mariajesusparadela: Vaia se ten. Ata nos tangos en París xa a viñan empregando, así que fíxese vostede...jajaja.
    En todo caso eu sonlle máis de nesquik e tulipán. Un tipo raro.

    Aldabra: Pois contareiche que me chamaron os de Tulipán para anunciarse na Chousa jajaja.
    E xa me fago idea de que deixaches a Congo todo mordido. Pobriño, dame unha pena...

    ResponderEliminar
  29. É verdade que tés un báculo vexetal!, tal cual!, bueh, pois entón, xa só che falta o obispado!
    (e a ver logo se te vas centrando e na próxima és capaz de meter a cabeza debaixo da mitra)

    por certo, que para nada pensara eu nos holandeses cando falaches do Tulipán, ché. Está visto que, ou baixas o nivel da retranca, ou vasme ter que dar un cursiño.

    bicos retranqueiros.

    ResponderEliminar
  30. Menuda euforia levantou a selección, eu ata o tiven que ver obrigada. Pero bueno, eu quédome co famoso bico. Agora as nenas xa non soñarán cun príncipe azul, senón cun Iker.

    ResponderEliminar
  31. Zeltia: Sempre fun admirador do Arcipreste de Fita, así que de momento a cor púrpura mellor deixámola para outras prendas menos masculinas!

    BK: Pero mullerrrr, ti non ves que agora os príncipes que se levan son os VERDES, coma min????????? ;-)

    ResponderEliminar
  32. A nena do paraugas15 de xullo de 2010, 18:44

    Si, será pola da Cúpula, o do verde. Digo.

    ResponderEliminar
  33. Arcipreste de Fita...


    ...cuando eres serio,...oh qué será,...será,...:)






    B.N.C.CH.
    B.


    (Boas Noites Corazón Chousa. Bico.)

    ResponderEliminar
  34. MartinAngelair: A seriedade non reñe coa admiración polas donas Endrinas, Martin...

    ResponderEliminar
  35. Pues ya está visto, los holandeses tendrán que conformarse con disfrutar sólo de sus tulipanes, nosotros de la victoria.
    Hasta que se me olvide, me va a dar pena comerme un polbo a feira, por muy bueno que esté.
    Biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: