domingo, 30 de maio de 2010

Tute

Seica trunfa en bastos e nesta partida de tute so levamos copas e algunha que outra espada. Ouros poucos e de escaso valor.
Con esta man non vai ser doado facer as dez últimas e de pouco nos vai servir cantar vinte en copas. Poda que non fagamos nin baza!.
As mensaxes coas que nos bombardean aluden a vindeiras partidas aínda máis complexas, ata o punto de que teñamos que xogar incluso con menos cartas...
No medio desa marabunta de mensaxes cargadas de complicacións e hostilidade, sempre convén mirarlle o lado positivo á mochila na que imos sentadiños: non parece incómoda de todo, carréxanos e ten unhas vistas caralludas. Nesa tesitura, penso que ata viría ben -en troques de tanto roñar- ceibar algúns ladridos de ledicia de cando en vez.

Foto: Mochila canina con vistas. Fotógrafo ben posicionado tamén.

34 comentarios:

  1. Nota do autor, transformada en declaracións de intencionalidade fotográfica:

    Podo asegurar e aseguro que cando levei a cámara ó ollo para facer esta captura, o meu obxectivo centrouse no cadeliño con cara de ledicia que paseaba empaquetado na mochila do rapaz. Foi o discorrer da realidade quen puxo en primeiro plano á rubia de paso decidido.
    Nin o cadeliño nin eu consideramos que sexa conveniente utilizar técnicas de laboratorio para eliminala dese lugar preponderante na imaxe. En acordo democrático canino-humano decidimos repartir a observación da intrusa invasora do noso espazo fotográfico...

    ResponderEliminar
  2. Alédame atopar esta aclaración;
    Estiven coa foto ampliada, un anaquiño buscando a relación da foto co texto! :D
    Cando vin comentar xa non precisaba a aclaración que xa vira o cadeliño e collera a relación, pero custoume un chisco, eh.
    (O cadelo parece francés)

    Se trunfan bastos, mellor afástome, non quero ter que ver coas espadas, os ouros escasean... así que parece que só se me dan ben as copas.

    ResponderEliminar
  3. Eu arrastraba de boa gana pero quedeime sen triunfos.

    ResponderEliminar
  4. Confesa, Chousa, chousiña que quedaches encantado.
    E, qué ¿estaban boas as cereixas que che teño no post de onte, para ti en exclusiva?

    ResponderEliminar
  5. El fotógrafo siempre está bien posicionado, no sé cómo se las apaña. Bonitas vistas las del perrito, aparentemente, las del fotógrafo, con seguridad, porque a veces pasa que, por detrás tentación, por delante arrepentimiento.
    Y ahora me vendrás con el cuento de que tu objetivo era la mochila, jajaja.
    Por cierto, oros pocos, tendrán que ser copas, por eso de olvidar las penas.
    Biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar
  6. Zeltia: As miñas homilías son tan complexas ultimamente, que me sinto na obriga de botar un pequeno sermón aclaratorio. Vexo que veñen ben (os sermóns).

    Logio: A xogada pide un arrastre para asentar a partida; pero no tute, se non hai trunfos, de pouco sirve farolear. Teremos que continuar na timba a ver se na próxima collemos cartas.

    MariaJesusParadela: Encantado quedei. Case tanto coma o cadelo. Non hai máis que mirarlle para a cariña de ledicia que amosa.
    Obrigadísimo polas cereixas. Cominas con croia e todo. Espero que -sendo virtuais- non me fagan mal.

    Irene: Asegúroche que a rubia meteúseme no campo de acción sen contar con ela. Non tés máis que mirar a cara de sorpresa do cadeliño. Pois a miña...outro tanto!

    ResponderEliminar
  7. As veces pasan estas sorpresas na fotografía e na vida, coma cando bicas a un sapo e se convírte en príncipe.

    Nada de que gañan os bastos, son os corazóns os vencedores. Serán.
    E nada de que teremos menos cartas. Cartos son os que teremos menos. Seica.

    ResponderEliminar
  8. Haberá que facer renuncios nesta partida que nos tocou xogar.
    Tíveno difícil para topar o cadeliño.

    ResponderEliminar
  9. Mira como lle brillan os ollos ao canciño!
    Se quere probar as cereixas ao natural, na árbore, non ten máis que pasar por Coles, tampouco é tan lonxe.
    Só ten que avisarme para que lle indique o enderezo.De todas as maneiras non poden pasar moitos días porque os merlos e os estorniños están a carretar de seguido e xa se encargaron da metade da colleita.

    ResponderEliminar
  10. hummmmmm Pois perdoa que che diga, meu querido amigo, que o teu zoom non anda moi alá.....Enfoca mellor o plano cercano que o lonxano!!!!

    Ademais quen se pica, allos come!! JA ja ja ja...


    Bicosss

    ResponderEliminar
  11. He tenido, hasta que he terminado de leer, el mismo problema que la mayor parte del tendido, hasta que, tras la mención del perro, he perpetrado un "buscando a Wally", visualizando al perro en posición privilegiada. Pero bueno, la rubia no desmerece.

    En cuanto a cartas, nunca retengo los juegos que me enseñan, y juego de pascuas e ramos, así que,..."nasti de plasti".

    ResponderEliminar
  12. Jajajajajaja. Facedes ben, ti en mais o canciño (ou cadeliña?).
    E, a falta de ouros, hai que aproveitarse de espadas e copas.
    Agora, xa que trunfa en bastos... ¡arrastro!.
    Bicos

    ResponderEliminar
  13. menos mal que o aclaraches porque o último que vín foi o cadeliño na mochila... de feito cando lín a palabra mochila pensei: de qué estará a falar Chousa?

    agora sí, xa o teño ben clariño.

    bicos,

    p.d.: sígueme sorprendendo todo o que argalla á vista dunha foto... ¿o é primero o texto e logo a foto?

    non importa, o importante sempre é o que dís, moi sensato.

    ResponderEliminar
  14. Mochila canina con vistas,...

    ...fotógrafo ben posicionado.


    Tamén.





    Bos días Chousa,...á calquera hora que ti queiras xogar,...incluso con menos cartas.
    B.

    ResponderEliminar
  15. Dúas loiras para un só cadeliño... parece que por aí trunfa o ouro, ou polo menos un brillo que se coa polo obxectivo da cámara. Deduzo pois que a túa é unha mochila "con vistas". Como é no centro da cidade non virán os de costas a derrubarcha, así que aproveitando e... con paso firme, que non o torzan as copas.

    ResponderEliminar
  16. jajajaja di que si, fixestes ben en non quitar ningun elemento do encuadre escollido.

    E digo eu, que ata para ser can hai que ter sorte...

    biquiños

    ResponderEliminar
  17. Eu, estou por decir que o objetivo estaba máis ben posicionado(espalda da rubia)e que apareceu de súpeto o can. Ou non??. O tute, non me gaña nadie, trunfe en bastos ou en copas. Sempre canto as cuarenta e iso vale moito. Un biquiño jrande.

    ResponderEliminar
  18. Pois agora que o di, é certo que hai un cadeliño nunha mchila ao lombo dun cabaleiro que está a pasear.
    Moi agradecido pola aclaración: non sabía moi ben en que fixarme
    ;-)

    ResponderEliminar
  19. Pensei que me parecía esaxerado chamarlle mochila ás nádegas da rubia... ata que atopei o can.

    As partidas hainas que xogar ata o final, aínda que non levemos boa man. Se cadra, o contrario fai un erro ó noso favor...

    Bicos con ladrido de ledicia

    ResponderEliminar
  20. Non. Se o cadeliño, ver, vese ben. Quizais se vería mellor se non o confundise a melena loira, pero enfin , que se ve dabondo... E el ten unhas vistas, como ti dis, caralludas!

    Biquiños desde a mochila!

    ResponderEliminar
  21. A tua cámara sabe
    ben onde poñer o
    obxectivo.
    Cantemos de cando
    en vez as cuarenta,
    ou ceibemos un
    ladrido e así o xogo
    será moito máis
    divertido.

    Bicos para a
    tua mochila

    ResponderEliminar
  22. La declaración de intenciones del fotógrafo ha resultado fundamental para la interpretación del texto y buscarle sentido a la foto y eso que no soy hombre....

    biquiños

    ResponderEliminar
  23. Boas Chousa, ai que recoñecer que sacas unhas fotos moi bonitas, pero estaaaaaaaaa!!!!!
    A parte de bonita e orixinal, e ben orixinal jejejejejeje
    Bico biquiño.

    ResponderEliminar
  24. Anónimo: Seica che gustaron as orelliñas do cadelo na mochila, ou? ;-)

    Frabisa: E que o fotógrafo pretende deixar clariño que foi a rubia quen se colou na foto,aínda que xa vexo que non vos "cola" a manifestación...

    Marisa: Emitir un ladrido de cando en vez (incluso ouvear, que tamén hai lobos -e lobas!!!-) é moi terapéutico. Deberíamos facelo máis a miudo, non che parece?

    A nena do paraugas: Claro que se ve ben o cadeliño oh!!. E que son todos un fato de malpensad@s cando miran onde non deben mirar. Qué raio levará a rubia no bolsillo esquerdo?. A ver se vai ser a receita do bacallao ó pil-pil...

    Alís: Moi bo consello o de xogar sempre ata o final. Sempre hai que considerar os erros do contrincante, sí señora!.
    (E vaia par de mochilas máis ben postas que ten a rubia eh?).

    Kaplan: Xa sabe vostede que estou aquí para guiar as miradas de xeito adecuado. Non por ignorancia dos meus visitantes (que non é o caso); senón por pura distracción... ;-)

    Maribel-bel: Ser foiche como digo na homilía; pero cando vin o resultado tampouco decidín borrar o cadeliño (ou cadeliña).
    I eso de que ó tute gañas sempre...vai ser debido a que non ten enfrontaches a min aínda!

    Merce: Estoooo, o do encadre...pois verás, e que...para que encaixara ben no post recortei un chisco a imaxe e ...mesmo semella que o cu da rubia con botas queda demasiado centrado.
    Sempre hai que ter sorte, aínda que sexas can!

    ResponderEliminar
  25. Xenevra: Así estaba de mareado o pobre chuchiño, con tanta loira para onde mirar!
    Sempre é bo ter unha mochila con vistas; iso si, tamén hai que saber ir nela, e inclinarse nas curvas axeitadamente...

    MartinAngelair: Pois xa me dirás como chamo á túa porta para xogar, xa que por moita dispoñibilidade que amosas, non deixas rastro nin tarxeta de visita...

    Rula: Non puiden anticiparme ó paso da loira con botas, xa que cando decido facer unha captura chisco un ollo e...precisamente chisquei o do lado polo que me adiantou!!!

    Aldabra: E que o ollo vai para onde quere. Somos así de imperfectamente perfectos (uns máis ca outras jajaja). O de se primeiro é o ovo ou a galiña...será o eterno dilema. A ti que che parece?

    Fonsilleda: Claro que facemos ben. Xa que estabamos paseando pola rúa...non era cuestión de permitir que as loiras (e as morenas) pasen desapercibidas. Vinte en copas!!!

    Wendy: Mira ti que cousa máis bonita: Wendy buscando a Wally jajaja. Xa vexo que a ti tamén che se ía o olliño cara as costuras do pantalón da rubia eh!!!

    Hadex: É un defecto que me ten (o meu zoom). Por iso cando non fago fotos, levo gafas! jajaja
    E os allos sonche moi bós para a circulación, así que non hai mal que por ben non veña!

    Dilaida: Mesmo parece que lle vaian sair das órbitas. A saber a vista dianteira que tiña a rapariga!.
    Graciñas pola oferta. Pero que lle fai pensar a vostede que eu non enviei algún dos merlos a buscarme algunha cereixa? :-)

    Paideleo: Con cartas así, todo vale. Aínda que tamén podemos esperar unha mala xogada por parte do contrario, como xa apuntaron por aqui...Renderse nunca!.
    Era malo de atopar o cadelo, si...

    Susana Moo: A fotografía sempre nos garda algunha sorpresiña para o momento do revelado. Hai detalles que no momento do disparo poden pasar inadvertidos. É como vivir unha experiencia intensa; que a toro pasado lembras os detalliños con máis nitidez.

    ResponderEliminar
  26. Eu penso que leva a lista do súper. Ou un deses recados que se collen a última hora, nun pano de papel de celulosa, se meten no peto de atrás do pantalón e acaban na lavadora...
    Ou un boleto da lotaría...

    ResponderEliminar
  27. O das copas que levas refíreste os bares que xa recorriche, non, he, he!!!
    Eu prefiro o subastado que é mais sicolóxico. As veces sen ter nada confundes o contrario que guiado polo xenio subasta de mais e acaba perdendo o xogo.
    E arrastro, por si acaso!!!

    ResponderEliminar
  28. Tarxeta de visita, creo que sí.


    Dispoñibilidade, en este caso, a que se queda en dar as grazas con gracias.




    As boas noites tamén.




    Suficiente?...Nunca o saberemos.

    ResponderEliminar
  29. E non será que andamos a xogar ao tute cabrón? Por suposto, cando vin a foto o primeiro que me chamou a atención foi o can. Ja, ja...

    ResponderEliminar
  30. Xenial como sempre.Metáfora fantastica a do tute, son unha tutera empedernida.
    E tes razón a mal tempo boa cara..sempre é o que nos queda...
    Bicos..

    ResponderEliminar
  31. O coche do meu cuñado apareceu intacto aparcado nunha rúa de Vigo.

    ResponderEliminar
  32. Nena do paraugas: Para ser a lista do súper considero que leva o paso moi decidido...

    Raposo: Concordo na entrada en xogo da psique no tute subastado. Nesas partidas tamén hai un desgaste intelectual máis notorio, do que eu gusto tamén.

    Paidovento: Un apunte moi atinado o teu. Algúns cabroncetes están sentados na mesa ou agochados baixo o tapete. En todo caso tamén forman parte da salsa deste estofado...

    Bolboreteira: Pois un día destes temos que montar unha timba virtual. Xa vexo que xogador@s hai. Quen reparte cartas na primeira man?

    Mer: Alédame a noticia. Finalmente pouca viaxe querían facer con él logo. Poida que so o tomaran "prestado" como refuxio para calmar algúns desexos...

    ResponderEliminar
  33. Como mola o can...
    ...
    ;)))

    (Chousa, es un descarado. Xa sei que me repito. Hai andacio).

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: