O entramado social no que estamos inmersos conleva moitas obrigas, supón moitos esforzos e precisa de moita cintura para ser capaz de xestionar todas as cuestións que van xurdindo na cotidianidade.
Pouco peso específico ten a formación académica -hai moito burro cargado de libros- nin a posición social do individuo ou individua (Aído dixit) para salvar, con posibilidades exitosas, o "que dirán".
Basicamente pódese enfrontar a cuestión de dous xeitos: aplicando o lema olímpico; é dicir, pasando; ou argumentando.
En calquera caso, sempre debe quedar ben claro que as dificultades engadidas que debemos sortear non adoitan ser as realidades, senón os rumores.
I é que a todos, como á muller do César, non nos abonda con ser honrados; senón que ademáis temos que parecelo.
Pouco peso específico ten a formación académica -hai moito burro cargado de libros- nin a posición social do individuo ou individua (Aído dixit) para salvar, con posibilidades exitosas, o "que dirán".
Basicamente pódese enfrontar a cuestión de dous xeitos: aplicando o lema olímpico; é dicir, pasando; ou argumentando.
En calquera caso, sempre debe quedar ben claro que as dificultades engadidas que debemos sortear non adoitan ser as realidades, senón os rumores.
I é que a todos, como á muller do César, non nos abonda con ser honrados; senón que ademáis temos que parecelo.
Foto: Escaparate en Portomarín. Din que hai un home anicado diante del...
hai que non entende moi ben (o mismo que me pasou a mín co outro post) eso de "non abonda ser honrado, senón que ademáis hai que parecelo" e quédanse só ca segunda parte, e se quedan en que parecen honrados pero non o son.
ResponderEliminarbiquiños,
Deixa que falen, que algún día quedaralles a lingua seca...
ResponderEliminarBico!
a rumoroloxía e unha ciencia que adoita crecer alí onde as persoas deixan de saber como coller un libro entre as mans e tamén, penso, logo esixo... váiseme a pinza!! hehehe que tamén é onde se produce certo desenvolvemento natural do dedo matapiollos para poder pasar con máis facilidade os canais da tv co mando (é que a xenética éche ben lista!!) penso tamén (...é polo cambio da hora, que fai estragos:) que se as individuas e individuos nos mirásemos máis aos ollos, a realidade ben podería ser máis bonita (alomenos, de certo que morrían menos piollos!:)
ResponderEliminaren realidade, a min gústame máis empregar o término persoa :)
ben... eu viña a contarche que a foto de Escocia é co meu irmán, por iso está co efecto da perspectiva (non sabe que subín a imaxe, é que se llo digo bota fume!! maila que non lle amola, encántalle amolarme a min:)
xa subirei algunha sen ningún individuo feita no mesmo sitio (fermoso e fresco, camiño a Edimburgo desde Inverness)
un biquiño de boas noites, que penso que ben mirado, estou a matar piollos candanseu cunha letra: qwert, poiuy, asdfg... :)))) miña nai! vou ter dedos como chourizos!!! :))
E os pelegróns todos de Portomarín van e compran as camisetas e logo vai unha buscar esa de "e logho ti de quen vés sendo" e xa non che queda ningunha. E o que máis amola é que nin sequera lle van dar o valor que ten, porque é o que teñen os idiomas, que non se lles pode pasar un tradutor (e conste que non o digo por ningún sobrado/desván; nada máis lonxe da miña idea).
ResponderEliminarBen, eu polo menos cintura teño abonda. Se alguén precisa dunha pouca agora que se achega o verán (aínda que a este lle dea por nevar), anótanse que reparto (fiúuuuuuuuu)
E isto das parénteses é porque "mo pide o corpo"; alguén me dixo que quedaban ben (fiúuuuuuuuu outra vez :P:P:P:P)
Eu, como boa individua con cintura que son, quédome co lema "de pasar".
ResponderEliminarVanche a deixar argumentar aínda que teñas argumentos e ganas de expolos?
Non estou moi segura.
Que falen.
Mentres eu deixo un bico. Poderei non?
É curioso que o "non só hai ter honra, senón parecer que se ten" se aplicase á muller do César e non ao propio César. Sutilezas (sexistas ou non) a parte, hai máis xente que vive do rumor ca da verificación do que escoita, antes de dar a súa opinión. E mesmo hai quen viven facendo sementeira de dúbidas, coma que sementa millo, e logo sorrí con malicia ao ver que as dúbidas e rumores dan máis froito ca o millo.
ResponderEliminarEn fin, que neste asunto, cando alguén me ven cun contiño, sempre respondo cunha pregunta, como boa galega: "E ti, que farías chegado o caso?"
Buf...eu crecín presionadísima por causa dese tema.....Ao meu pai importáballe moito o "que dirán" e no meu pobo, iso era a profesión maioritaria....Hoxe en día paso olímpicamente, como ben dis. Pero asegúroche que a min me marcou moito de noviña toda esa merda do cotilleo. Gústame esa camiseta. Moito.
ResponderEliminarBicosssssss
Eu penso que estamos nunha época onde o importante é que falen de ti, e se non pode ser ben, pois que sexa... pero que falen.
ResponderEliminarMires para onde mires, todos loitan porque se fale deles ou delas: Os políticos queren saír da escuridade dicindo "idioteces", e os demais nos programas que tanta audiencia teñen neste país, pero que ninguén ve.
Os "listos" non teñen necesidade algunha de cargar cos libros para conseguir cartos, que falen deles ou para gobernar aos "parvos".
Bicos
O mais triste son os que só aparentan pero non son. Eu prefiro selo, ainda que non o aparente. E, como dixo o outro "se dicen, que dizan"
ResponderEliminarPodemos argumentar, mas o certo é que existem criaturas com as quais é impossível fazê-lo.
ResponderEliminarPor isso, concordo com os árabes: Os cães ladram e a caravana passa!
Uma SEmana Santa de paz , com doces amêndoas.
E mais bicos oh!
ResponderEliminarPara que sigan murmurando ben a gustiño :)
"Pouco peso específico ten a formación académica -hai moito burro cargado de libros-" jejejejejeje e que fai moito tempo que penso niso :) en fin...
ResponderEliminarDeeeeeixa que murmuren... deixa que xá!
Pois si que che hai un home agochadiño nese escaparate, e que fará alí???
;)
Bicos
Mi opción ante los rumores, querido Chousa, es pasar olímpicamente, como bien dices a colación de lemas olímpicos.
ResponderEliminarYo creo que hay mucho ocios@ cuya diversión es precisamente el falar de otros... y también mucho burro cargado de libros :)))
Bueno, "besos honrados".
E logo qué andan a dicir Chousa, cóntame ho... que me tes desinformada.... jajaja
ResponderEliminarOs rumores tamén agochan grandes verdades... distorsionadas, pero... Xa sabes eso do río que soa e tal...
A verdade nunca está presente, sempre está agochadiña. Pero hai que ocupar o tempo.
E se es tí o obxecto pasivo, pois nada mijo, a pasar, que fagas o que fagas, a sona é a sona. Bótate a durmir e o tempo sempre acaba por sacar a verdade. Erosión... aisss.
E os rumores tamén erosionan, é certo. Hainos que afrontar co callo máis duro que teñas... jaja
Que digo eu, que se es víctima dun mal rumor, será que es unha personaxe interesante ¿non?
Boeno... Bico benpensado!!
Para chegar á Cantina do Río Covés tés que chegar primeiro a Pontedeume. Dende oa vila está a dous minutiños en coche pero podes chegar a pé aproveitando o paseo que hai á beira da ría. É un lugar moi acoxedor tanto en verano (na terraza) como no inverno (dentro hai chimenea).
ResponderEliminarDende a Cantina, eu che recomendaría que foras visitar o Mosteiro de Caaveiro, que se chega percorrendo o río Eume polo medio da fraga.
Si non o coñeces tés que facer un día unha excursión porque xúroche que vades quedar abraiados pola beleza e a maxia do lugar.
biquiños valentes,
Deso que dis haicho moito máis do que parece Aldabra. E simulan honradez, precisamente para espetarche a navalla -ou algunha outra cousa- cando menos o esperas. Compre ir con cautela e deixar que o sentido común (o menos común de todos os sentidos) nos vaia guiando pola xungla na que andamos...
ResponderEliminarHai unha habilidade especial para que, canto máis badúan máis producción salivar crían jajaja. Por iso A do outro lado da xanela hai que facerse "olímpicos de oido" para que simplemente se cansen de murmurar. Mentras tanto aplicaremos aquela máxima do Quixote a Sancho: "ladran, logo cabalgamos".
O ocio desmedido galicia maravillas é o que ten: que ou te pós a estrincar piollos toda a tarde mentras miras o telelixo (no que tamén murmuran de moito carallo, dito sexa de paso), ou colles un libriño entre as mans, pousado nas pernas. Pero, claro, para iso é imprescindible saber ler. E máis complicado aínda: entender o que se le. E non todos os/as murmuradores saben nin unha nin a outra :-).
Non sei se te fixaches Xenevra, que tamén hai camisetas que din "pídechas o corpo" jajajaja. E levas razón, no senso de que moitos que mercan estas mensaxes non teñen n.p.i. de que raio din. Acontece o mismiño cando algunha das nosas boas e xenerosas van co "just do it" pegado entre a gorxa algo máis enriba do embigo. ;-)
Deixar bicos cando veñas pola Chousa é un xesto que se agradece sobremaneira Fonsilleda.
Tés razón, que nunca hai argumentos para desmontar os rumores. So o tempo vai colocando acada "titular" e cada "redactor" no seu lugar.
Mentras tanto a rotativa rusmadora continuará en cada vila e lugar provocando titulares de escándalo, sobre todo cando non hai cousas que contar...
(Por certo, gústame o teu novo avatar blogueiro!)
Excelente estratexia a túa A nena do paraugas. Non hai nada mellor que darlles de beber da súa propia pócima.
E si que empreguei o manido dito sobre da muller do César; aínda que cando o fixen tiven tentación de obrigar ó César a semellar honradez. Pero non soupen como artellalo naquela deshora, así que decidín coller a frase feita coma quen colle macarróns fríos e os mete no forno ese que semella un acelerador de partículas para quentar máis o prato que os macarróns...
Fágome idea da presión que, sobre todo nas aldeas e vilas, recaía sobre a nosa xeneración Por iso Cubildolobo/Hadex, houbo que desenvolver habilidades novas que fixeran superar esa trapallada.
ResponderEliminarHoxe, por máis que dicimos que o temos superado de todo, poda que sí en certos ámbitos; pero noutros...ben lle compre. Ou non?
(A camiseta cando marchei onte á tardiña de Portomarían aínda quedaba no escaparate. Se queres vouche por ela!!! :-) )
Nestes tempos apareceu un novo "individuo/a" que efectivamente vive do ruxerruxe, Dilaida. Son profesionais do que din sobre eles e, incluso, eles mesmos xeneran noticias -canto máis escandalosas mellor- para continuar no candeleiro. Venden a súa auga de lavar a louza e incluso venderían os mocos se houbese quen pagase por eles (acabará por haber quen o faga. A este paso...venderase de todo!. Ogallá na canteira non me fagan "picar" neste tipo de landainas!)
Xa falabamos dos que aparentan sen ser mariajesusparadela; e destes abundan moito. En case todos os ámbitos laborais e sociais. Pero a min dame o corpo que no eido da política hai moito deso.
Con todo, eu súmome á túa asociación de h.a.q.n.p. (honrados aínda que non o parezamos).
Pois imos de procesións logo São. Que, por certo, tamén hai moito "costaleiro" con moi pouca devoción. Pero esa xa é fariña doutro saco; así que imos deixar que o muiño moa...
Xa vexo que tamén nesoutro lado da raia sabedes aplicarlles boa mediciña a quenes latrican/ladran coma cans...
Non sei que raio podía facer ese tipo, do que so se lle ven os zapatos, anicado diante dun escaparate Merce. Se nos fixamos podemos observar que ten os pantalóns postos; o cal axúdanos eliminar algunha posible acción jajajaja.
A saber o que facía ese tipo anicado diante dun escaparate de Portomarín en domingo de ramos!
(Deixa bicos a feixes, que non se vai botar a perder ningún).
Non estou nada seguro de querer “bicos honrados” Ginebra. En todo caso recollidos quedan, que nunca rexeitarei bicos dados.
Non hai mellor opción posible que o olimpismo nestes casos. Os canteiros para estes casos temos un remedio moi útil: arrear co martelo con máis énfase (léase forza suprema) contra o granito. Non fai calar os rumores, pero minimiza o seu efecto.
Ben sei que me queres ben Pitima , e por iso te preocupas por min e pola miña reputación; pero ti ben sabes que o meu blogue é un “recolledor de ideas” máis que unha expresión de aconteceres persoais (as máis das veces…)
Xurdiu a inspiración por mor dun rumor que onte me contaron sobre unha grande empresa galega que fai pouco máis dun ano era a xoia da coroa e hoxe estan poñéndoa de puta para arriba. I eu penso que nin antes era tan santa nin agora tan puta…
Aldabra: Eso é o que se chama un croquis ben feito. Graciñas polo esmero. Desta primavera non pasa sin cumplir a visita. E non será un rumor que fun. Será de certo!
ResponderEliminarDende logo o meu metodo é o do lema olímpico, pasando de todo, nunca me importou o que se falase de min e menos ainda o que se fala dos demáis.
ResponderEliminarO cotilleo é o deporte nacinal, que non ten que facer é o que o practica...algo hai que facer cando te aburres..non?
Bicos!
pois se vai de murmuracións o poste iste... case que non podo opinar.
ResponderEliminarhai un minutiño que lle dicia a unha compañeira de traballo -ela odia vivir no campo- que nin campo nin cidade, que o mellor sería un pobiño e unha casa con cachiño de eira nas aforas... e de seguida caímos as dúas á vez:
¿e ter que vivir a diario con todo o pobo observando o que fas ou o que non fas?!!!! jajaja
distinto sería se só fora pasar os findes, que entón daríame igual, como se pensan que son terrorista, pero se vivira nun pobo quereríame integrar na vida del, participar nas asociacións, etc. entón supoño que terminaría importándome que falaran mal de mín, que me jodería que dixeran cousas que non son certas, ou que interpretaran pola mala o que non era así...(bueno igual cos anos termínase criando costra contra as marmuracións jajaja -ti saberás q vives nun pobo-)
neste momento da miña vida só me importa o que pensan de min as persoas que eu amo. a miña situación na vida e privilexiada no relativo ás murmuracións:
nin son aficionada a especular sobre a vida dos outros, nin me importa un carallo que especulen sobre da miña.
e agora vou ler todo isto que hai escrito máis arriba. mira que leo encantada sempre os comentarios, pero hoxe case que me impón algo de respeto, hai "moitoquelerdenososeñor"
Coincido con Bolboreteira en que o mellor é o lema olímpico. Na miña vila a isto chámaselle facer vilanchismo... e a praza do concello é a Pasarela, centro dos currilleos onde as señoras se xuntan a despotricar "pa min que ese anda cas drojas...mira que coche comprou".
ResponderEliminarBeijinhos!!!!
Pois de vez en cando hai que lle dar ao César xusto o que pide: honra, en todos os morros, sen medo nin vergoña. É precisamente o César quen ten que amosala, non semellando que a ten, senón téndoa. Pero iso para moitos césares é imposible posto que as máis das veces predican cunha man a honra que non teñen, mentres coa outra lla sacán a quen vive por e para por ela. A eses Césares non hai mellor medicina que darlle en todos os fuciños con esa pregunta que sempre facía meu pai, cando alguén o quería convencer con dogmatismos e demagoxias: "E ti que farías chegado o caso?"
ResponderEliminarSe vivindo onde vivo me preocupase polos ruxerruxes e os disque-disques ía dada. Para min rumores, os vento entre as pólas das árbores, coma hoxe. ;)
ResponderEliminarSi, cantas veces non vale ben pouco a ética se non a acompaña a estética. De todos xeitos, non esquezamos que un non xanta do que pensan os viciños/as.
ResponderEliminarSaúdos
Que grande e lastimosa verdade. O importante non é traballar, o importante é que pareza que traballas. Así nos luce o pelo.
ResponderEliminarCuantos más años pasan, y ya han pasado muchos, me doy más cuenta de la estupidez de algunos que creen saberlo todo, "lo que natura non da, Salamanca non presta".
ResponderEliminarMe ha encantado eso de, hai moito burro cargado de libros.
También con el paso del tiempo me he quitado la pesada carga de preocuparme por el "qué dirán", y me siento libre como los pájaros, como algunos, pobriños los enjaulados.
Estoy absolutamente segura de que "hai un home anicado diante".
Moitos bicos, Chousa.
Outra posibilidade é que fagas coma min, que non teño veciños, e que ben se esta!
ResponderEliminarEu tamem tenho vizinhas que murmuran a cotio e non lhes fago caso nengum. Ademais tes que pensar que en algo tenhen que pasar o tempo.
ResponderEliminarA camiseta esa ten que quedarlhe ben a un corpo bem feito pra que luzan as letras no sitio ajeitado. Ti ja me entedes
Carlosm
Non che se pasa unha por alto Chousa. Debes ser un radar andante hahaha.
ResponderEliminarFantástica imaxe que lle vai o pelo para o texto.
As murmuracios son parte da nosa idiosincrasia, asi que ten que habelas tamen.
Saudos
Lémbrome dos posto de leite, lugares específicos (aparte de para vender leite) para comentar as noticias fresquiñas pola mañán cedo, e poñer a cair dun burro a calquera que tivese un pequeno desliz. Pobre do que chegara de mañán a casa e tivese que pasar por diante delas... Agora que se acabaron estes postos, úsase para este menester a horiña do café nas cafeterías. Ás dez da mañán están petadas... jeje.
ResponderEliminarComo che cambiaron os tempos.
Un saúdo
E as veces os de enriba, que tan letrados queren ser,moito aparentar, inda son mais burros do que se fan, coas suas parvadas o único que fan e escangallar mais o noso pais e a nosa xente
ResponderEliminarVou chegando á conclusión de que, alomenos na teoría, os blogueiros e blogueiras somos todos moi olímpicos Bolboreteira. A este paso estimo oportuno que solicitemos do COI a incorporación como disciplina olímpica esto que facemos. Eu tamén me apunto no equipo, pero hai que recoñecer que, unhas veces máis e outras menos, as murmuracións afectan un pouquechiño. Ou non?
ResponderEliminarComo a vida mesma Zeltia. Incluso teño escoitado que na mesma blogosfera hai "activistas" do rumor. Normalmente neses casos o labor faise por detrás da plantilla do blogueiro ou blogueira en cuestión jajaja
Pero boeno, o certo é que a foto atopada en Portomarín lembroume, máis que nada, o ritmo da cantiga popular que anunciaba que alguén andaba a voltas co crego nas viñas...Xa sabes que eu son moi dado á canción popular galega :-)
E ben certo o que dis Vintxuca, no senso de que se adoita a poñer en duda sempre a procedencia dos recursos económicos de quen se lle ve locemento esterno; así como tamén se critica como derrochador-a a aquel ou aquela que anda coma unha miña xoia.
O termo "vilanchismo" vouno incorporar agora mesmo ó meu diccionario particular. Gustoume.
Gústame que veñas pola Chousa Nena do paraugas; e gústame sempre, pero estes días que chove tanto pois con máis razón: se nos pilla un trebón de rumores, sempre podemos abrigarnos os dous debaixo do teu paraugas!
Definitivamente hai que pasar dos rumores. Como di Sun Iou Miou, é moito mellor elevalos por riba dos altares ata pousalos xustiño na cima das copas dos carballos e castiñeiros co fin único e principal de que os leve o vento que os trouxo.
(E se leva ás veciñas murmuradoras tamén...non pasa nada tampouco).
Incorporas matices moi interesantes ó debabe Kaplan. Por unha banda o certo fiasco que ás veces conleva fiarnos dos envoltorios (hai quen se vende moi ben de dios); e pola outra o atinado comentario de que os ruxerruxes do vecindario alimenta moito o cotilleo, pero nadiña os bandullos.
Déchesme fame. Vou por unha mazá.
E o amigo Pau tamén nos saca á palestra a capacidade que teñen algunhas persoas para semellar sempre ocupadísimas en tarefas tremendamente importantes, aínda que a realidade sexa que non a rascan nin fan nada de relevancia. É o que lle veñen en chamar "facer que fas".
(Non me vou meter co funcionariado hoxe, que non teño ganas de guerra, que senón...;-))
O paso dos anos vai facendo callo Irene. Si, tamén na importancia que lle damos a esas letanías. Todo se relativiza moito máis, abrindo perspectivas novas e salientando unicamente o importante. E burros cargados de libros hainos a moreas; á que si?
ResponderEliminarTi tamén viches logo a ese home anicado diante do escaparate?. Será un potencial ladrón de camisetas? Será un rumor...?
Sempre hai veciños, Proida. Podes telos máis ou menos pegados -ladrillo con ladrillo- ou que corra o ar polo medio; pero veciñanza sempre hai. Digo eu.
En todo caso xa nos contarás (se queres, que ser sómosche algo cotillas tod@s) da túa ubicación para entender o que nos contas de que "se está tan ben"...
Ti sempre pensando no mesmo Carlosm. Agora que eu me vou reeducando un pouco...vés ti e colócaslle a camiseta "no seu sitio" á moza.
Pois que saibas que os rótulos son para colocalos alí onde mellor se vexan e se poidan mirar; así que... qué mellor que alí onde ti andas pensando.
(Non vés rezar á igrexa de San Xoan por esta santa semana?)
En realidade son un bot murmuro. Non son persoa nin nada que se lle pareza. Son froito imaxinación de Blogger que me criou a partir da síntese dun anaco de memoria RAM e un microchip esquecido nun caixón.
Eso sí, galego de pura cepa!
Calquera lugar é bo para criar os rumores Carlos Sousa. Evolucionan os lugares e probablemente tamén as maneiras e as ferramentas; pero o ruxerruxe permanece inalterábel ó longo da sociedade.
Dise por estes lares que unha determinada etnia comenta que "o importante é que se fale dun. Aínda que sexa ben".
Sí que meteches a tecla na ferida Chus.
O mundo da política é un dos que, sin duda, potencia e alimenta a rumoroloxía nos sentidos máis amplos da palabra. Normalmente con finalidades de obter un beneficio propio.
E vémolo cada día, que deixan caer, coma quen non quere a cousa, a media verdade ou a media mentira; que despois os medios se encargan de facer correr como regueiros de pólvora ardendo...
--
Espero que todos aqueles que poidestes sair estes días teñades mellor tempo que está facéndose sentir polo país. Chove que rabea e ventea que namora (por dicilo finamente...)
Xa veredes. Vai escampar para cando eu sí poida ir de picos pardos.
Pois non sei, non sei... se acubillarte debaixo do paraugas! Coido que es pillabán de máis! Xa veremos!
ResponderEliminarNo comprendo del todo el idioma (ruego mil perdones por haberlo confundido con el portugués en una anterior intervención), pero veo mucha ironía en la integración de texto e imagen. Es una pena que no tenga una versión en castellano.
ResponderEliminarUn beso.Morgana
(Le hice una petición al autor o autora de las fotos en el artículo anterior. Lo digo aqui tambien por si no se ve en el correspondiente al día 23 de marzo)
Eu tamén estou cos que dín
ResponderEliminarque mellor é non argumentar
nada, canta menos importancia se lles dea mellor, xa se cansarán.
Biquiños rumorosos.
Rematou marzo marzal, para ben e para mal.
ResponderEliminarDeixaremos que se cansen de rosmar Marisa, para non cansar nós de argumentar en cabezas sin contidos. Que ademáis levas razón e non ten sentido bater contra paredes.
Non digas que é unha mágoa Morgana; o galego é unha beizón. Faime caso.
E dudarei das dudas (con redundancia incluida) dese nena de paraugas en branco e negro; permítaseme...
Pasemos, logo, folla de calendario.
Venía a decirle guapo y me he enamorado de la camiseta das miñas veciñas :)
ResponderEliminarEnamórese!, Ra.
ResponderEliminarPero non me deixe vostede sen o piropo, carallo!!!
Por petición de Chousa:
ResponderEliminarhttp://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2008/06/quinta-das-mineirinhas-un-mirador-sobre.html
Queda tomada razón Proida. Fermoso!
ResponderEliminar