venres, 1 de xaneiro de 2010

Teatro

Despois das mesas cheas de excesos, das copas con alevosos recunques, das cántigas desafinadas e da euforia sin mesura destas últimas horas, ametralladas de mensaxes pretendidamente graciosos; voltamos á marabillosa realidade para decatarnos que todo segue na mesma leria.
Os paxaros non voan de xeito diferente, o gato miaña cos mesmos matices que onte e as vacas do Anxeliño siguen tentando arrincar brotes verdes arredor das bosteiras de antonte...
Continúa a representación vital. Así que neste teatriño no que todos somos actores; para as representacións do 2010 eu deséxovos a todas e a todos, con cariño, moita merda!!!

Foto: Resíduo biodegradable

37 comentarios:

  1. Igualmente,bebeche pouco viño,esta moi amarela.

    BOAS CAGADAS

    ResponderEliminar
  2. Que así sexa, Brabido!

    (E... habitualmente as fotos son todas miñas -esta non é excepción-; pero elo non necesariamente implica que os "modelos" tomados sexan meus... ;-)

    ResponderEliminar
  3. Igualmente querido Chousa! que este ano veña cargadiño de felicidade, saúde, amor... o que pedimos todos os anos (que pouquiño orixinal son :P )

    Unha forte aperta con sabor a novo ano! ;)

    ResponderEliminar
  4. Tamén para ti, Chousa, moita merda.

    Xa sabes que o dito ven de que se a obra de teatro era boa, había moitos coches de cabalos e, polo tanto, moita merda na estrada. Polo tanto, eu, moita merda vou ter: teño dous cabalos comendo todo o día... Sorte non sei, pero merda...

    ResponderEliminar
  5. Leches, menuda cagarruta, y qué fresquita y recién se la ve... ains... bueno... ciclos de vida, energías bio... no??? ains...
    En fin, si la vida es puro teatro, como digo en mi post, que seamos los protagonistas de nuestras propias vidas y vivamos las mas bellas historias, la realidad, siempre supera la ficción.

    Bcfletes nuevos!

    MUA

    ResponderEliminar
  6. pois como eu non che son do mundo da farándula,
    non me dou afeito a esa maneira de desexar sorte...
    colloche o desexo,
    pero a merda ímola deixar onde está.

    :D

    así e todo non hai curiosidade que se lle escape o obxetivo da túa cámara... temería eu vivir en antas!!!!
    a saber as instantáneas que non nos mostraches e que forman parte da túa colección!


    polo demais... como ben dis no teu post,
    e xa dicia julio iglesias nunha canción de hai moitísimos anos (tí ainda non terías nacido)
    la vida sigue igual

    ResponderEliminar
  7. É un bo desexo e, vale, moita merda... pero claro, esta non é a da sorte Chousa... ¡é un asco!
    Pero home, ¿cómo podes poñer unha foto tan fea para empezar o ano?!!!
    Aaaaah.... jajaja. Claro. O ano... jajaja
    O ano empeza con merda... e acaba con merda.. Porque comer comemos, é cómo comemos os mimados deste primeiro mundo, sobre todo ó acabar o ano e ó empezalo tamén...
    Pero que saibas que teño que botarche una pequena bronca pola imaxe esa... ben fea que é...

    A merda dos humanos non da sorte... Se aínda fose un bo bostarego de vaca ou cabalo... ou unha cagarruta de cabra, que din que é a mellor para abonar as prantas...

    Hala. Feliz Ano... jaja

    ResponderEliminar
  8. moita merda!!!, jajajajaja, como dicen los actores antes de salir a escena... pues claro que todo sigue igual, no existen los milagros navideños,como no existe Santa Claus ni los Reyes, jejejejejeje.
    Pero lo que sí existe es la posibilidad de cambiar muchas cosas desde la acción individual (también colectiva). Besos

    ResponderEliminar
  9. Eres absolutamente transgresor, Chousa hahahahaha.
    Tiven que agrandarem a image para decatarme que os meus olhos non me enganaban cando vía o que pensava que via. So ti podías ser capaz de felicitar o ano así hahaha.
    E hai que reconhecer que o cagallón quedou moi artístico, case camuflado entre a vexetación e os brotes verdes...
    (o das vacas arrodeando as bosteiras para comer é de premio!)
    Pois nada homem, feliz ano tamen para ti.
    Carlosm

    ResponderEliminar
  10. Confundícheste, Chousa, no pé de foto tes que poñer
    RESIDUO BIO DESAGRADABLE

    E Feliz Ano (nos dous sentidos) para ti tamén

    ResponderEliminar
  11. Xa vexo que empezas o ano con intensidade e provocando. Non esperaba menos de ti.
    Pero eu tamen penso como Pitima que coas fotos bonitas que nos tes regalado, estaaaaa tamen manda narices con ela.
    O que pasa e que despois con esa labia que tes parece que ata a merda ule ben, asi que voume facer teatrera e aceptarei a felicitación de aninovo dese xeito. Xuro que nunca ninguén desa maneira me felicitou o ano (en ningun dos sentidos Alfonso Gómez).
    Moita merda tamen pa ti logho e feliz 2010

    ResponderEliminar
  12. Canta razón tes, vaia días de fartura, mensaxes cos que facemos ricos ós de sempre e panxolinhas desafinadas.... que tenhas bo comenzo de ano ti tamén e que nos sigas aledando e agasalhando, día tras día, con trasnadas e contos marabilhosos.

    ResponderEliminar
  13. Coa falta que nos fai a sorte, e co malo que foi o ano 09, a quen lle estraña que vaiamos ao teatro buscar bos agoiros

    ResponderEliminar
  14. Ampliando a foto ata fede !.
    Que siga o ciclo natural da vida sen malas sorpresas.

    ResponderEliminar
  15. ¡Ja, ja ,ja
    pois mira que tiveches
    unha ocurrencia!

    Inda me rin un cacho.

    Que teñas moita sorte
    para o ano que entra.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  16. Xusto o que preciso para empezar ben o ano, grazas. Devólvocha ben envoltiña.
    bicos

    ResponderEliminar
  17. Moita merda, ho! Se o sei non amplio a foto antes de almorzar.....

    ResponderEliminar
  18. Tes razon! que todo sigue igual, porque cambiemos de ano non vai a cambiar nada máis.Soa pesimista pero....é o que hai.
    O meus mellores deseños para este novo ano.Moita merda!!
    Para a foto non teño verbas.
    Un bico Chousiña

    ResponderEliminar
  19. Non hai orixinalidade posible na petición Moraima. No fondo eso que ti dis é o que se busca. Que o atopes. Que o atopemos!. E mentras o buscamos, que disfrutemos tamén nesa procura!.

    Fixen unha entrada un pouco escatolóxica mariajesusparadela. Certamente era merda de cabalo a que tiña que poñer; pero como hai pouco cabalo ultimamente, puxen a dun animal bípedo que ás veces compórtase como un parente dos cabalos...Feliz ano 2010!

    A frescura, neste caso, aínda lle pon máis noxo á cuestión, á que si Cris?. Pois eso, que me quedo co que ti dis de protagonizar as nosas propias vidas. Bo ano tamén para ti!

    Deixémola onde está Zeltia; que din que estas cousas canto máis se remexe nelas...jajaja. E si, a vida que siga igual; pero sempre na procura das ledicias. Que habelas hainas...

    A merda dos humanos non da sorte. Claro que non Pitima. É unha metáfora fotográfica jajaja. E ti captáchela co do ano. Xa sei que hai que botarlle valor para facer un post así nun día como aquel; pero tamén ben sabes que no blogomillo ten que haber de todo, e a min tocoume este lado transgresor. Feliz año e feliz ano tamén ;-)

    ResponderEliminar
  20. Alédame a túa sonrisa Ginebra; aínda que me tiras por terra unha das miñas creencias máis firmes:De verdade que non existen os Reis????. Vou chorar un pouquiño e despois volvo.

    Seica ves mal entón Carlosm?. Pois como a achegues moito ó nariz vas a percibila con demasiada intensidade!!. Alédame "verte" novamente pola Chousa e espero verte axiña tamén por Antas, que aínda non recibimos o 2010 cun grolo xuntos!

    Non me trabuquei Alfonso Gómez. Degrádase bioloxicamente moito mellor que outros lixos que probablemente non firen tanto á mirada; pero fan moito máis dano ecolóxico. Ademáis ésta, con non mirala...xa non cheira!

    O de manda narices vaille que nin pintado A.C.!. Xa sabes que no meu ánimo so radica o interés por innovar; así que tamén con este xeito de felicitar o ano (o de 365 días, o outro...felicítase doutras maneiras) atrevinme a facelo así.

    Fixen Susana Moo; pero teño un obxectivo (na cámara) con un zoom potente, que me permitiu tomala (a foto) a unha distancia considerable...
    Alédame tamén o teu retorno pola Chousa. Eso sí, ten tino de non pisar onde non se debe...

    Gústame que o mires así Vintxuca, como unha trasnada. E que no fondo eu son o trasno desta Chousa; que o día 1º do ano decidiu sair a desexarvos bo rollito para o aninovo.

    Busquemos eses bós agoiros Kaplan. Alguén me dixo estes días que as cousas son o que queiramos que sexan...Ben sei que hai moita filosofía no dito; pero tamén algo de realidade. Tentámolo?.

    ResponderEliminar
  21. Abofé que si Paideleo. Ten unha realidade tan intensa, que mesmo semella que sae da pantalla para...jajajaja.
    Espero que sexa a única merda que ulimos en todo o 2010. Serei moi iluso?

    Cando me dicides que vos ristes cun post ou cun comentario meu, provocádesme moita ledicia; por eso Marisa agradézoche moito que che gustase a "miña" merda como postal de felicitación jajaja. Graciñas por percibilo así de ben. Esa era a intención.

    Eres a forma do meu zapato Fonsilleda!!. A resposta axeitada para o neno traste que fixo unha trasnada jajaja. Procurarei, neste caso, non rachar o papel do envoltorio...

    Se con esta foto me mandas bicazos Markesa Merteuil...eu penso que estás en seria débeda comigo polas que levo posto na Chousa!.

    Pobre Artabria. Sinto moito escarallarche o almorzo jajaja. O que pasa é que tamén foches curiosiña de máis. Seica non che valía con ver unha merdiña e quixeches ver un cagallón en toda regla. É o que ten. Que teñas moi bos almorzos no resto do 2010.

    É difícil ter verbas para a foto Bolboreteira jajaja. Pero as que deixas no comentario son o suficientemente axeitadas para o que pretendía eu transmitir co texto. Eso sí, eu quería prender unha veliña de optimismo, ainda que sexa no medio da imaxe deste post. Se o tentamos ata o podemos consguir entre todos!.
    ------


    Falastes de reñerme pola foto, de noxenta, de pouco axeitada, de transgresora...jajaja, e o que non dixestes!.
    So quixen poñer unha pincelada de realidade do que tamén vai haber neste ano que botou a andar tan recementemente. Veremos e sufriremos imaxes moito máis crúas ca esta. So foi, polo tanto, unha pequena dose de vacina para que sexamos máis fortes...

    Ademáis, a partires desta, todas as fotos que poña van ser moito mellores, suxerentes, excitantes, fermosas, cálidas, tenras...É o que ten poñer o listón baixo ó principio!!

    ResponderEliminar
  22. jajajaja me troncho. Eres la repera chousa. Siempre sales por donde menos se espera.
    Fenomenal "felicitación" de año nuevo. En mi vida vi una igual!
    Un beso. Maribel A.

    ResponderEliminar
  23. a verdade é que me deixaches sen palabras... atino un pouco máis para enviarche un bico (mireille a data de caducidade: está ben, pero se non o consumes, gárdao na neveira... ao carón das leitugas :p)
    feliz 2010!

    ResponderEliminar
  24. Gostoume o teu xeito de entrar neste ano.

    Tes toda a razon can dis que somos actores neste teatriño da vida, pois adiente moita merda, pero con millor color, digo eu

    biquiños meigos

    ResponderEliminar
  25. Ai Chousa, que ocurrencias tes!!! Ja ja ja......Moita sorte para ti tamén. 2010 bicos, polo menos!!!

    ResponderEliminar
  26. Con esa orixinalidade espero Maribel, que o 2010 che resulte próspero en ledicias e tamén en risas, que boa falta fan.

    Non che vou facer caso na recomendación Galicia maravillas. Vou deixar o "agasallo" no seu entorno para que se funda con él novamente jaja. E, quen sabe, poda que se volva leituga o día de mañán...

    Entrei con bo pe Meiguiña; senón asegúroche que a forma cilíndrica do "obxecto" veríase seriamente perxudicada. Que deamos sempre bós pasiños neste 2010 que empezou a andar.

    Brindo por elo Aldabra. Se nos falta o humor...a onde carallo imos ir.

    A pesar de todo alédame a túa incursión pola Chousa Ronsel. Precisamente viñeches hoxe que ma colleches sen recoller das festas... A próxima vez procurarei tela máis axeitadiña.

    Non che son ocurrencias, Hadex; foi unha imperiosa necesidade de quen tal feito tivo que desenvolver (por empregar un verbo transitivo). Así foi e asi o contei.
    2010 bicos tamén para ti.

    --

    Agora que o penso vou aproveitar para pedirlles aos Reis Magos que me traian un recolledor. Picaña xa teño, pero para esta menudencia...non fai falla.

    ResponderEliminar
  27. Chousa teño a sensación de que este ano o seu desexo vaise cumprir, e sen teatro ademais, eu xa lle pedín aos reis magos de oriente unhas botas de goma, un traxe de pescadora de robalizas, e unha caixa de paraugas XXXXXXXXXXXXL. Pero xa verá, traerán o carbón de sempre. Pffffff!

    (Bo ano, e para que non diga que son antipática, veña, tamén lle desexo Bo Nadal, chego a tempo, non?.... ;) )

    ResponderEliminar
  28. Vostede sempre chega a tempo Doutora Seymour. Conte commigo para abrigarme debaixo deses paraugas XXXXXL.

    ResponderEliminar
  29. também as datas

    são...

    ... t e a t r o ] de

    fixidez

    [ e assim

    lá vamos-quem-vai,

    ,às

    três

    pancadas,





    ~

    ResponderEliminar
  30. Estas datas son teatro e as que están por vir...tamén ~pi . Acaso non interpretamos un papel cada un na súa canteira?

    ResponderEliminar
  31. Moita merda para todos en este teatro de la vida.
    Es graciosa esta expresión, y tiene una curiosa razón de ser, lo supe hace poco.
    Moitos biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar
  32. jajaja, eres muy original, no hau duda.
    Gracias igualmente Chousiña.

    ResponderEliminar
  33. Sempre coa doble intención de bos desexos e tamén de bo humor. Alédame que tanto Irene como Kim Basinguer o captedes. Un pracer tervos pola Chousa.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: