xoves, 7 de xaneiro de 2010

Ánimo

Por máis que haxa a quen estas pasadas festividades non resultaran do seu agrado, o certo é que viñan acompañadas de algúns días de lecer e brincadeira.
Agora hai que voltar ao rego e continuar abrindo sucos dereitos no medio de canles tortas. Erguer novamente o pesado pico para fender o sólido pedernal.
Por iso hai quen padece síndromes post-festeiros que poden conlevar a decaementos nada aconsellables. Sempre é convinte ter ledo o ánimo e levar ben ergueita a cabeza...e o demais tamén!.

Foto: Artimañas de xastre e costureira para "elevar"

46 comentarios:

  1. Pois iso UP THE todo o que faga falta, sen temores, nin medos, encarando o ano, a pesar desta choiva querida que non nos deixa.
    Bicos.

    Jajajajaja, atinada imaxe

    ResponderEliminar
  2. jajjaajjaja, me gusta tu frase final "o demais tamen", que buen humor gastas, querido Chousa... pues sí que habrá quien tenga ese síndrome post-fiestas (hay de todo) pero no es para tanto. Lo que pasa es que en este mundo desarrollado y occidentalizado en el pocas cosas nos faltan , cada día aparece un síndrome nuevo, no me lo explico... en las sociedades más atrasadas, en el Tercer Mundo, no tienen tiempo para estas cosas, lo gastan en sobrevivir un día más... ¿terrible, verdad?????. Besos

    ResponderEliminar
  3. Quen tivera esas artimañas para elevar tamén a moral...que, por certo, decae máis, canto máis aumentan os kilos...

    ResponderEliminar
  4. POis iso, moito ánimo a todos.....que falta fará ter ánimio para enfrentar estes tempos de crise....

    Bicos!!

    ResponderEliminar
  5. Di que si, que ao fin e ao cabo a síndrome posvacacional só é para os que teñen vacacións. Coincido no de levar as cousas ergueitas.

    ResponderEliminar
  6. É complicado voltar, o corpo queda cansado de tanta finxir e amolecer. Dende a túa ventá tes unha vista moi bonita, seguro que che parece fácil rirte da gripe A. Besiños, sen compás.

    ResponderEliminar
  7. os sucos serán dereitos ou torcidos, según conveña á clase de "nejosio" no que se traballe.
    que se venden almas
    e se compran corpos
    e se empeña tempo, que despois non se pode recuperar xamais,
    porque todo o que da nosa vida empeñemos, perdido queda.

    por iso, e por non poder durmir ata unha hora "natural"
    é polo que máis sinto eu ter que traballar,
    que polo demais...
    sempre penso que polo menos non teño que ir cazar un mamut.

    de oídas sei que eses pantalonciños ainda que os venden co slogan de "elevar o cú", están diseñados non para as que teñen o cú caído (o meu non por suposto, que é de cemento jajaja), senon para que pareza que hai cú onde non hai máis ca oso

    ResponderEliminar
  8. Haberá que erguer o pico e fender o pedernal, pero eu deixáballo cair a algún na cachola... Non sei, isto de voltar a empezar co choio, non me puxo moi alegre, non. E coa que parece que me ven encima, moito menos.

    En fin, haberá que apretar o cinto, pero sempre de pe.

    ResponderEliminar
  9. Gracias polos teus
    desexos de erguer
    o noso ánimo,despois
    de tantos días de
    comilonas tamén
    fará falta gardar
    un pouquiño a boca
    para caber nuns
    vaqueiros asi de
    axustadiños.

    Bicos

    ResponderEliminar
  10. ... que eu em

    animus

    vejo mais alma que cu!

    [ e agora fiquei confusa que em termos de

    etimologia... hum, parecerem existir

    laços-de-parentesco! :)





    ~

    ResponderEliminar
  11. Fonsilleda: Sempre up the con todo!. I eso que eu hoxe tiven que engruñarme un chisquiño diante da neve que ameazaba con colarse polo meu pescozo!.

    Ginebra: Tés tanta razón que non fai falta nin siquera que cha confirme eu. Cantas máis necesidades temos cubertas, máis teimas nos xurden. E o humor...que non falte nunca!. Up, up ;-). Non me dirás que con ese cu ergueito non se conduce mellor e todo jajaja

    Mariajesusparadela: Pois hai que buscar o xeito de meterlle unha pinza polo lado da moral e coller cunha puntada polo eido da sensibilidade; pero a cuestión e erguer o ánimo sempre. Os quilos tamén se poden mermar correndo detrás do bo rollito, ou non?

    Hadex: Pois eu penso que empoleirados no ánimo ben subido nin siquera se albisca a crise. Hai que meterlle man a esta situación, para así lograr quentar o lado positivo e lograr acadar o clímax da normalidade outra vez. Alguén dixo que todo se pode cambiar. So temos que querer...

    Paidovento: Á que si?. Que se levas ergueito o fouciño é posible cortar os toxos, e levando a forquita ergueita pódese engavelar axeitadamente. Arriba entón co todo!!! ;-)

    Maribel-bel: Vaia, acabo de ver no teu blog que andas constipada...Será A?. Pois a ti envíoche aínda máis saquiños de ánimo dende a Chousa. Xa verás como en tres días (preguntareiche o domingo) logras albiscar o pano sequiño. Agora dende a miña ventaniña o que se ve é unha nevarada tremenda!!

    Zeltia: Pois incluso para os que temos que ir cazar mamuts eu pido ánimo elevado. Din que dende as alturas é a maneira máis doada de atacar a ese bicho jrande e forte.
    Os que so lles amola madrugar tédelo máis doado para levar ergueito o ánimo; así que repartide carallo!!!

    Carlos Sousa: Cheee, na cachola non, que eses a quen llo querías ti chimpar enriba dela téñencha moi dura e seguramente o efecto rebote podería ter consecuencias moi malas para ti. O de apretar o cinto xa me parece mellor!

    Marisa: Dixéronme na tenda onde os fotografei que viña nunha promoción con eles un calzador; así que non hai motivo nin razón para non "calzalos".
    Ademáis tamén me dixeron que non so eran moi indicados para pasear, senón que comendo con eles postos resulta complicado engordar...jajaja

    ~pi : Pois eu pensei que ti xa sabías que o cu tamén "anima" moito...jajaja. Moi probablemente desa esencia animosa lle ven a sua ascendencia etimolóxica.

    ResponderEliminar
  12. Artabria: Non o dudamos, pero coa fin de seguir o protocolo blogueiro, esa afirmación debería vir asinada polo Notario LM.
    ;-)

    ResponderEliminar
  13. Tranqui, que mañá é venres. Fiestaaaaaa. :D

    ResponderEliminar
  14. ola meu!!! díchesme ganas de voltar :)))

    ResponderEliminar
  15. Son amiga das prendas de vestir que enganan e engalanan, dos cosméticos, etc. Pero mais o son de levar ergueita a cabeza, a columna vertebral e doutras turgencias que non veñen ao caso (ou veñen?)

    ResponderEliminar
  16. Sempre me deixas sen palabras querido Chousa. Encántame a forma na que describes a volta a rutina, así parece que é máis levadeira e todo! Unha aperta, que espero que che axude para combatir un pouquiño este frío!:P

    ResponderEliminar
  17. Xa bastante traballo ten un con erguerse pola mañan,coas que estan caindo.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  18. Levo dende onte argallando un comentario.. e non é que non me saian, que sí, moitos, de feito non me podo decidir... Se poden resumir nunha palabra:

    XASTAMOS!!!

    Bico axustadiño!!(ó protocolo blogueiro... jaja)
    Pobres paticortos culibaixos... Menos mal que hai vaqueiros para todos os gustos e necesidades... Así que... a cabalgar!!!
    jajaja
    Aisss

    ResponderEliminar
  19. Arriba todos e todo pois para empezar o ano. Coa túa nota de humor sempre é máis fácil.
    Graciñas, Chousa. Moitas apertas

    ResponderEliminar
  20. Neso estamos, no de levar ergueita a cachola, e tamén o demais (na medida do posible).
    Apertas de xaneiro.

    ResponderEliminar
  21. Eu menos mal que merquei un abrigo e unhas luvas, porque a tarxeta quedou tremendo. Así poido abrigala... :D

    ResponderEliminar
  22. Markesa Merteuil: Denoto certo aire de ledicia no teu berro guerreiro...Sempre pensei que a nobleza non era tan dada a recrear coa plebe tanta ledicia.
    Con respecto ao abrigo e ás luvas seguro que de paso que abrigan á tarxetiña, tamén te abrigan a ti. Doble resultado pois.

    Ad astra per aspera: Pois se che dei ganas (aínda que sexan de volver) xa pagou a pena! jajaja. Como o teu propio alcume indica; ás veces imos polo camiño menos doado, pero o obxectivo sempre é acadar a ledicia; así que -como di Markesa- festaaaaa!

    Susana Moo: Estou convencido de que as turxencias ás que te refieres sempre veñen ó caso, Susana. E coa columna vertebral ben ergueitiña elas (as turxencias) xa teñen un motivo para ir dereitiñas tamén, aínda que existan axudiñas para "mantelas" en plan push up. Teño razón ou non?

    Moraima: Canto me gusta como me dis que che gusta o que digo, querida Moraima. Tamén a min me gustou moito ese abraciño que me envías para combatir esta friaxe de xeadas que temos. En todo caso a xeada e mailo frío son propios da estación na que andamos (non como os abrazos, que son "interestacionais" ;-) )

    Brabido: Ei, compañeiro; que te vexo alicaido. Non fagas tal, que senón vaiche costar aínda máis erguerte pola mañán. Compre poñer o reloxo na hora positiva (como decía aquel inmigrante millonario: hai que ser "positifos, nada negatifosss").

    Pitima: jajaja, a min non me engañas ti eh. Eso de que levas dende onte pensando en que comentar. Que ti xa o tiñas clariño dende o primeiro vistazo.
    E os paticortos cubaixiño seguro que teñen algún encanto que tirarlle ó asunto. So é cuestión de explotalo (se non é o cu, que sexa a cara jajaja); a cuestión é cabalgar...xastamos!!!

    Busto Agolada: E que esto éche un circo, Manolo; e no circo do blogomillo, diante de tanta capacidade creativa no trapecio da semántica, na maxia da poesía, nas cabriolas do análese político, social e cultural; tamén ten que haber algún pallaso que faga rir. Digo eu.
    Como están ustedeeeeeeessss??? :-)

    Raposo: Si señor, que todo ten que ter unha mesura, carallo. Non vaia ser que vaiamos tan antonados que non vexamos os furados que hai no camiño e provoque que nons deamos un pifostiazo de moito nabo. Up si; pero con xeito; é dicir, adaptándonos á idea (tola e esperpéntica idea, por certo) trilingüe que se lle ocurriu a certo persoeiro a cousa sería algo así como upiño pero con cierto xeitiño...

    ResponderEliminar
  23. Afirmo que Artabria teno todo moi ben posto.

    ResponderEliminar
  24. Tomamos razón, Sr Notario!.

    (aínda que o documento non ven protocolizado, imos poñerlle o carimbo da fe e creer...)

    ResponderEliminar
  25. O importante é animar ao persoal, si señor. Desa maneira, como todo se contaxia, ti tamén andarás ledo non si pillabán (e con ese culito up enfundado nun corpo ajeitado calquera nom)
    Apertas.Carlosm

    ResponderEliminar
  26. Un acertado obxectivo para comenzar o ano con bo ánimo, si: buscar e ledicia e con gran sentido do humor. Grazas.
    Apertas

    ResponderEliminar
  27. Xa vexo que sigues na túa liña jajaja.
    Así me gusta, que deas ánimos deste xeito tan agarimoso e humorístico. Súmome a ese desexo de que todo esteña sempre ben arrrrrriba jaja

    Un bico de retornada

    ResponderEliminar
  28. Carlosm: E que eu vexo que quen desanime hai abondo. Véxanse senón os periódicos e os telexornais de cada día. Con titulares para o decaemento xeneralizado. Cajonatós, coa de cousas bonitas que pululan por diante de nós...

    Harmonía: Buscala con humor non ten garantía de éxito tampouco, pero dende logo a busca resultará moito máis atractiva; ou non?
    É como aquelo de que os cartos non dan a felicidade,pero axudan a atopala de xeito máis cómodo...

    A.C.: Hai que seguir na liña trazada, AC; para manter o rumbo con xeito coñecido.
    Ben retornada sexas, que vaia vacacionzazas te papaches!

    ResponderEliminar
  29. A mí, lo de los síndromes, me hace gracia, otra consecuencia más de nuestra civilización. En el paleolítico no había tiempo a síndromes ni a depresiones, la simple supervivencia agotaba todas las energías.

    En cualquier caso, tengo que decir que cada vez me gustan más las vacaciones o días libres pero de ahí a sufrir síndromes....comoqueno.

    un bico

    ResponderEliminar
  30. Recoñezámolo: dá gusto voltarmos á normalidade

    ResponderEliminar
  31. Ten que haber de todo no blogomillo e alédome da versión alegre e ben exposta dos teus posteos.
    Everything up,my friend !.

    ResponderEliminar
  32. Envolveita nunha síndrome desas que me impide teránimo para ir traballar, vou ver de ampliar a foto e mirar o enderezo de tan habilidoso xastre para chamalo e ver de que me faga un adovío que me levanta a moral, o ánimo e todo o que haxe que levantar chegadas certas datas e certas idades ;)

    Un saúdo de 2010

    ResponderEliminar
  33. foi ver a imaxen dese cú e pensar nesta mañá cando me puxen un pantalón pirata negro que teño que conseguín cerrar a duras penas...

    ¡demo de cú!

    Congo dí que está ben pero eu non acabo de verme contenta...

    biquiños,

    p.d.: (noutro orde de cousas)

    al igual que ese logo que hay en todos los lugares, en camisetas, en tazas y obsequios varios, podría decir:

    “estuve en madrid y me acordé de ti”

    lo podrás ver en el post: “Pongamos que hablo de Madrid”.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  34. "Up the..." a nosa dignidade que isa a veces se que a tíñamos que ter ben atada.

    Bicos sen pinzas nen alfinetes ;)

    ResponderEliminar
  35. Ai Chousa, eu case nunca minto, e menos de forma tan trivial... Deberías sabelo ho... Eu podo calar, pero mentir... qué va.. Non me tomo eu tantas molestias.. jaja

    O comentario é real como a vida mesma... ¿non ves que eu son de reflexionar? Aisss

    ResponderEliminar
  36. Rocío: Pois arriba tamén coa dignidade. Busquemos xastre ou costureira que lle collan unhas puntadiñas por aquí e outras por alá. A cuestión é que se erga!!

    Aldabra: Xa vin que te lembraches de min en Madrid, xa. E precisamente foi ser pola "postal de aninovo"!!. Hai que joderse co telexornal!. 182 post todos coidadiños e a serea do blogomillo acórdase de min por un cagallón! jajajaja.
    Como di un amigo meu "o importante é que falen dun, aínda que sexa ben".

    Xenebra: Busca ese xastre costureiro e fai público o seu enderezo. Iremos todos alí en procesión para que nos "eleve" a cada quén o que máis precise.
    Os anos, Xenebra, poda que baixen algunhas cousas, pero outras tamén as realzan máis; non che parece?

    Paideleo: Alédame que lle saibas tirar o lado positivo aos meus intentos por sacar chiste en calquera lado. Aínda que o faga case sempre tendendo cara o mesmo lado...jajaja. E que cada un ten o arte onde o ten, qué carallo!.
    Apertas tamén my friend!!

    Kaplan: Somos bichos raros, si. Decimos que nos amola moito a rutina; pero cando non a temos andamos coma toliño na súa procura.
    Si, todo cansa; incluso o festerío contínuo.

    Frabisa: Sorte que tés!. Haiche quen, despois duns días de asueto, bota outros tantos cabizbundo e meditabaixo...
    A ti, xa que non che acontece iso, poderías coller doble turno vacacional logo!!.

    ResponderEliminar
  37. Pitima: Non dudo que sexas de reflexión previa (acto de contricción ou exámen de conciencia?). O certo é que despois as "confesións" sáenche moi ben; así que sigue así, que irás o ceo do blogomillo seguriño jajaja

    ResponderEliminar
  38. espero que non me gardes rencor, Chousa, eu son así, natural porque vivo en el campo (como decía aquel anuncio)

    biquiños,

    ResponderEliminar
  39. Ese cartei en "spanglish" estache moi acertado para o post anterior.
    Bicos

    ResponderEliminar
  40. Aldabra: Rencor nunca!. O meu sentido do humor está por riba diso, muller. Se ó final o importante é que te lembraras de min en Madrid. Tanto ten o motivo!. I eu tamén son de campo eh.

    Maca: Queda que nin pintado. Sabendo que ía escribir do que escribín no seguinte post, case puiden deixar esta foto para aquel, en troques da gatiña en celo...

    ResponderEliminar
  41. Pero non a todas horas.. Ben, xa ti verás o que fas... ;))
    Ala! Volta ao rego.

    ResponderEliminar
  42. Setesoles: Razón levas no consello. Ademáis, para elevar algo faise preciso -inevitablemente- que antes estivera "baixo" ;-)

    ResponderEliminar
  43. Yo aún tengo la resaca de estas pasadas fiestas, no me gustan, no lo puedo remediar, ojalá fuera tan fácil elevar el ánimo como esos culitos.
    Biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: