Falamos moito. E con cada palabra que ceibamos debullamos a espiga de pequenos misterios conformada polos grans que nos configuran; deixando o carolo que levamos dentro nú e baleiro de contido.
Todos opinan e todos teñen velas en funerais nos que nin tan siquera hai morto que enterrar; unicamente veñen atraidos polo bullicio propiciatorio para volver a falar, aínda sin ter nadiña que dicir.
Ogallá aprendésemos a saber estar máis en silencio e disfrutar del coa mesma devoción que lle adicamos ó ruido baduador. E quedar calmosamente calados; simplemente disfrutando da mirada, da caricia..., da comunicación sin palabras.
Todos opinan e todos teñen velas en funerais nos que nin tan siquera hai morto que enterrar; unicamente veñen atraidos polo bullicio propiciatorio para volver a falar, aínda sin ter nadiña que dicir.
Ogallá aprendésemos a saber estar máis en silencio e disfrutar del coa mesma devoción que lle adicamos ó ruido baduador. E quedar calmosamente calados; simplemente disfrutando da mirada, da caricia..., da comunicación sin palabras.
Foto: Reflexo calado.Sin palabras
"Se o nombro desaparece"."Por boca pechada non entran moscardons"
ResponderEliminarDespois de mandarlle uns grolos,que mellor co silencio pa saborear o albariño
Saúdos sen ruido
eu paso a engordar ese ogallá de aprender a saber estar máis en silencio,
ResponderEliminara desfrutar da calma do silencio.
Pero esa comunicación sen palabras que tí dis,
só se pode alcancar con unha ou ningunha persoa
:-)
porque ó final, a comunicación que pensamos que percibimos, ben sendo o reflexo da propia.
non soa tan romántico coma ese final do post teu,
porque é máis realista.
aínda que ben mirado, só existe o que cada un de nós percibe que existe, sexa real ou non
(ola, parece que me enrollei, teño que practicar iso do silencio)
Supoño que notarías polo que escribo, o que me gusta o silencio. Ata cando leo en voz alta ou imaxino facelo, os comentarios de xente intelixente.
ResponderEliminarGústame o silencio, tanto como me gusta a charla cuns amigos ou unha posta de sol na miña ría ou..., xa me calo.
Bicos
E que a mín o silencio sempre me gustou moito, a verdade.
ResponderEliminarXa coñeces a frase: "somos donos do noso silencio e escravos das nosas palabras".
ResponderEliminarE calo xa, que senón todo se sabe.
As túas palabras
ResponderEliminarnunca lles faltan razón,
algúns en vez de falar
badoan, valeríalles
millor estar coa boca
pecha e escoitar máis.
Bicos.
Pois eu creo que o problema non é que falemos moito. Falar é bo e ata agora non se inventou mellor forma de comunicación (Que nolo digan a ti e a min, co que nos gusta darlle á palleta ;-))
ResponderEliminarO problema é que ás veces barullamos, falamos por falar, falamos con ignorancia ou con segunda ou terceira intención(ningunha delas boa) tratando de sacarlles as palabras un rendemento que non corresponde.
Eso sí, recoñezo que saber calar a tempo, medir as palabras, ter conta da língua, son virtudes que hai que cultivar.
Hoxe tocan apertas que son máis silenciosas ca os chuchos. Ahí che van unhas cantas para que repartas pola túa casa:-)
El silencio que, en tantas ocasiones es elocuente y dice más que las frases atropelladas que salen de nuestros labios. Y la mirada, que decir, tan sensitiva y tan importante en el aprendizaje.
ResponderEliminarBesos
aquí ven moi ben aquelo de o falar non ten cancela,pero xa se sabe hai xente que non sabe disfrutar si non fala de máis,iste post é unha boa resposta para o sen nome que me rifa sen ter vela no enterro,préstasmo como reposta?:)
ResponderEliminarbico caladiño.
hai moitas cousas que se poden facer en silenzo.
ResponderEliminarFala todo o mundo e non saben calar. A min solo se me fai calar cando me bican ou cando bebo un bo viño.
ResponderEliminarPor certo que non conocia ese albariño que retratas. Mira que curioso que tamen saia un queixo de tetilla na imaxe. Ou é adrede?
Bicos
Scchiiii, no quiero romper el silencio... ni el interior ni el exterior....
ResponderEliminarbfletes calladitos!
é un texto moi poético é con moita enxundia.
ResponderEliminaré non digo mais, volto a leélo en silencio
biquiños,
Pois a min encantame desfrutar do silencio...apoio a túa moción....
ResponderEliminarNas Rias Baxas danse bos caldos, e tamén bos queixos. O mellor que se pode facer, tendo un manxar diante, é papalo, e deixarse de lerias -palabras-.
ResponderEliminarCoa camara diante da cara non nos deixas mirar se o Chousa é juapo ou é feo, arrejladiño semellas, pero preferiría que estiveras sen camisa, por curiosidade nomás...
Brabido: Algunhas veces hai que abrila; ainda que non sexa para falar... ;-)
ResponderEliminarZeltia: Pois ogallá todos atopemos esa persoa para ese momento
Fonsilleda: Unha posta de sol fai calar a calquera. Xa o di ela todo...
Markesa Merteuil: E a Simon & Garfunkel tamén. Seguramente non lembras os sons do silencio; ou si?
Raposo: Algúns somos escravos tamén do que escribimos jajaja.
Marisa: Dise que o feito de que teñamos DUAS orellas e UNHA boca debería servir para decatarnos de algo...
Cuspedepita: Certamente, para aqueles que somos baduadores, doble ración de silencio!!!
Ginebra: Una buena fotografía se me antoja "la elocuencia del silencio". No lo crees?
Vermella: Pero estar caladiños tampouco ten cancelas. Claro que cho presto. Dalle caña ó trasno ese.
Eni.g.ma: Ocúrrenseme algunhas, si; ainda que...boeno, case quedo calado jaja
A.C.: Aquí nada é casual nin adrede; senón todo o contrario. Bebe e bica e despois, se queres, di algo.
Cris: O silencio interior é máis complicado de acadar, pero ás veces pódes eh.
Aldabra: Gústame a reiteración na lectura. E que atopes poesía no que digo tamén. Ti tamén eres poeta.
Artabria: Pois agora na túa casiña seguramente acadarás máis doadamente o silencio; á que si?
Susana Moo: Pois cando o teñamos diante...paparemos de deixarémonos de lerias!. Son juapo, que mo dixo miña avoa nomás.
Pero ás veces temos un rebumbio dentro e non somos quen de calalo entón é cando o silencio pasa a se converter no paraíso imposible.
ResponderEliminarSaúdos.
X
E quen non vai disfrutar en silencio dun Sin palabras???. E que canto mais badues menos te inundarán os seus aromas.
ResponderEliminarQue ben colles a camara!!!!. Igualiño que un profesional.
Saudos.
Canto mellor é o silencio antes que decir nada..
ResponderEliminarQué incómodos son algúns silencios..como mancan outos.
E canto se di as veces só co silencio....
Bicos
Eu tamén estou dacordo, o silencio é necesario e moi bo, pero o home é así, gusta de falar, de lerchear, de cheirar...
ResponderEliminarQuédome co silencio, sempre que non sexa ruidoso, que ese aínda é peor.
(
ResponderEliminar)
Ata para defender o silenzo te desenvolves ben coas palabras. Que bo predicador perdeu a diócese, caralho!
ResponderEliminarE xa escoitei dese albarinho Sin palabras, ainda que non houbo quen a probalo convidase. Convidas ti?
Carlosm
Gústanme os silencios, sos ou compartidos. Hai silencios que calan, hai silencios que falan. Hai silencios que din moito máis ca unha chea de palabras.
ResponderEliminarAgora mesmo penso nunha posta de sol na eira da miña casa da aldea, co verde da natureza adurmiñada escorregando monte abaixo ata chegar ás Rías, onde o sol vaise deitando detrás do mar. O silencio máis eu só acompañados dunha copa de Albariño, ese viño ao que no lle fan falta as palabras.
Bicos silenciosos para non abrir os ollos e non romper o hechizo.
Hai silencios sobrevalorados, hai silencios que matan, hai silencios que aburren ata as moscas. Quen sabe falar co seu silencio é porque antes dixo as palabras exactas.
ResponderEliminarXa di o sabio: temos dúas orellas e unha boca para precisamente escuitar o dobre e falar a metade.
ResponderEliminarEu son do parecer da doutora.
ResponderEliminarSó se poden entender duas persoas en silencio cando xa alcanzaron un grande coñecemento mutuo, entón unha mirada pode dicilo todo e mesmo o silencio comunica.
Máis cando ese coñecemento profundo non existe, ese silencio compartido pode enganarnos moitísimo. Cada un ve nel o que quere ver. O que necesita ver.
E agora como digo eu que me encanta falar, que cando estou calada... malo. Algún defecto tiña que ter non??? jijijiji
ResponderEliminarBiquiños rapaz!!!
Quén comprende os silencios comprende todos as linguaxes do mundo. Máis.. hai palabriñas doces que enchen os silencios de Bolboretas. Bicos
ResponderEliminarPois eu que son de falar, tamén me calo ante un bo viño. Por certo que por aquí temos tamén uns viños moi bos que seguramente tamén fan calar a calquera, un bon Godello por exemplo de "Casal Novo" ...
ResponderEliminarBicos.
O viño solta a língua... Dígocho eu..
ResponderEliminarE como se solte a língua... aisss
Xastamos!! jasjas
A min ás veces tamén me da o sono.. jeje. Creo que non falo durmida... Non, creo que non.
Sonche eu unha gran economista de palabras. Das faladas. Das escritas xa teño algo máis de incontinencia... jaja
Hai moitos ditos sobre o tema (vaia contradicción... jaja):
Quen moito fala moito se equivoca.
Se non sabes de algo mellor é que cales.
En boca cerrada non entran moscas.
Can ladrador pouco mordedor..
Bico, sen pringar o obxectivo... juapo.
Barreira: Coller seina coller, si, e apretar o botonciño tamén. Despois se logro impresionar...iso xa é outro cantar!
ResponderEliminarBolboreteira: Todo un tratado sobre o silencio se podería escribir. Eu, como falador, reivindico tamén o silencio.
Carlos Sousa: Un día destes xa me contarás como é o silencio ruidoso, que non o dou imaxinado arestora.
Brabido: ( ). Eso mismo.
Carlosm: Se me perdeu a diócese como predicador, alguén me gañaría para outros menesteres...dijo eu
Carmen: Hai días para cada cousa. Días que apetece silencio a solas e outros compartido. Tamén hai días para o ruido...
Doutora Seymour: Pero esas palabras poideron ser ditas na simboloxía silente da expresividade corporal, poñamos por caso...
Paideleo: Xustamente. Quilicuá. Claro que a algúns cóstanos máis estar caladiños, pero esforzámonos, que tamén ten mérito.
Maruxiña: Sendo de Chantada, e co cerquiña que está de Antas...un defectiño perdóachese!
Maribel-bel: Omitir todas as palabriñas ás que aludes, sería un pecado. Susurradas, case segue a ser silencio...
Mencía: Seguro que ese Godello que propós tamén me deixará sin palabras. Hai que probalo!
Pitima: Coa lingua solta tamén se pode estar caladiños, ainda que se emitan ruidiños jaja xastamos! (Jracias polo piropo!)
Pensar antes de falar, deixar o espazo preciso -silencio exacto- para ter algo que dicir. Pido moito?
ResponderEliminarAcabo de ler noutro blogue um texto totalmente diferente mas tendo por base as palavras.
ResponderEliminarUm abraço e uma óptima semana
~~
ResponderEliminar~~~
~~~~~
:)
A min esta túa entrada lémbrame a vella sentencis que dicía: "Antes de falar pensa se o que vas dicir é máis importante que o silencio".
ResponderEliminarAplícome a máxima e calo, non sen antes mandarche unha aperta.
Eu tamén calo....
ResponderEliminarA primeira vez que oín o silencio foi no alto do monte Enxa, ao caron da Estacion de Seguimento Maritimo, unha delicia auditiva e visual...
ResponderEliminarBicos caladiños
:)
Vakastolas: Non pides moito; pides o que debería ser. Outro cantar despois é o ruido co que che respondan...
ResponderEliminarElvira Carvalho: A blogosfera é tan versátil como enriquecedora. Todos, dicindo cousas diferentes, podemos ter razón. Ou non?
~pi: As ondiñas que transcribes, expresan moi ben o silencio que eu reivindico no post. Gústanme.
Busto Agolada: Ás veces é ben certo que resulta complicado mellorar o silencio; ainda que outras...tamén é doado!. Termo medio. Case sempre é o consello.
Suso Lista: Pois ti podes falar, que case sempre o fas con xeito. En todo caso, cala para recoller os aplausos.
Merce: Que fermosa expresión: "oir o silencio". Merece un marco e unha boa foto.
---
E asi, caladiñamente, continuamos a andaina.
O youtube sempre axuda a lembrar... :D
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=eZGWQauQOAQ
Que sería de nós sen o yutuf!!
ResponderEliminar(Pero...lembrábas este tema ou non?)
Non hai máis bonita verba que a que está por dicir...
ResponderEliminarHe de reconocer que a mi el silencio me gusta poco, pero a veces vale mas que mil palabras.
ResponderEliminar