sábado, 10 de outubro de 2009

Premios

En certas ocasións todos percibimos sorpresas que alteran a vida diaria e acaban por escarallar o pastoreo tranquilo dos brotes verdes que a impetuosa auga de outono trouxo ós nosos campos.
E resulta que temos que deixar de pacer tranquilamente para vestirnos de gala e ir recoller un premio.
Boeno, pois se hai que ir vaise. Claro que non sabemos moi ben se por arrincar herbiñas coa boquiña -eso sí, con moito arte- merecemos tanta loubanza.
A ovella do Anxeliño tivo catro años. Pensou en premiala o día do parto, pero decidiu agardar a ver se era quén de crialos axeitadamente. Claro que o Anxeliño, como é de Antas (e Antas non está en Suecia), é un sabio

Foto: Ó ba-má?. A recoller o Nobel, nenos!. Vaaaaaaaale

33 comentarios:

  1. quedeime de pedra con este premio, a mín Obama gústame, esa é a verdade pero creo que este premio non debería ser par5a él... pero claro, eu só son unha "chica sencilla" é tal vez non sabia moi ben como teñen que ser as cousas.

    que bonitos eses años.

    biquiños,

    p.d.: eu tamen botábate de menos.

    ResponderEliminar
  2. Pois certamente todos ficamos un chisco sorprendidos (ata o mesmo Obama seica) con esta conceçom. De seguro que hai jente con mais méritos conqueridos. Moi probable que o Anxelinho de Antas tivera mais mesura decidindo premiar á ovella cando demostre algo mais que boas intecions. Pero claro,os de Antas sodes moi listinhos e non se lles pode pedir o mesmo aos noruegueses
    (A foto da ovella cos anhos é moi ó jeito para a questión)

    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Os premios todos
    son bos aínda que
    non teñan a categoría
    do de Obama.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  4. Nin me enteirei. Iso si, os premios Nobel repartenos en Suecia.

    ResponderEliminar
  5. vaites! un campo verde!!
    non perdas a calma Chousa!! hehehe :)
    eu teño outra foto de dúas ovellas escocesas case penduradas na liña do horizonte, moi bonita tamén, aínda que a túa ten máis tenrura :)
    un biquiño complementario do verde: vermello :)

    ResponderEliminar
  6. Aissss que lindos os aniños!!!! SOn preciosos!!!


    En canto ao premio,en fin. O que me molesta é que hai mil fundacións, ONGs, ou persoas individuais que o precisan moito máis (son 1'4 millóns de dólares....)Que me dis da fundación de Vicente Ferrer por exemplo?

    Bicosssssss cansadosssss (son as 4:42 da mañá, e teño os ouvidos destrozados...)

    ResponderEliminar
  7. Gústame Obama e alegroume a súa elección, máis que nada polo que tiña de arriscado, novo e raro. Agora ben, este premio parece concedido "a priori".
    Bicos.

    ResponderEliminar
  8. Por momentos estaba vime perdida, e que tens unhas onomatopeias un pouco raras,jejeje

    Bicos

    ResponderEliminar
  9. Yo tambien creo que el premio es prematuro. Hay muchas otras personas e instituciones que se lo merecían, pero el llamado "efecto Obama" parece que narcotiza los pensamientos de todo el mundo y van todos como borreguitos (muy buena la foto!)
    Saludos desde Madrid

    ResponderEliminar
  10. Non é inxusto o premio, porque el non se presentou como aspirante. En todo caso, é prematuro, arriscado e fala do engaiolamento que exerce a figura dun presidente tan desexado. Todos esperamos que non defraude ante tantas expectativas que xerou a súa elección.
    Moitas apertas.

    ResponderEliminar
  11. Eu tamen supoño que habia tantas ganas de chimpar a Bush da presidencia, que agora estamos de festa con calquera cousa que fai Obama.
    Seguramente agardamos tanto del que se lle concedeu, en troques de título póstumo, por anticipado.
    E agora vaaaaaaaaamos logo a recolleeeeeeelo, e que non nos amole as expectativas que temos postas nel.

    Xanantón

    ResponderEliminar
  12. Porque ir pá'ná también es tontería... :)

    ResponderEliminar
  13. pois anxeliño o de antas ten moito sentidiño, (que non é un dos cinco famosos sentidos)
    ése falta moito no mundo,
    e pode que por iso, se decidira darlle o premio a obama.
    penso que esta vez foi un premio xenerado polo medo:
    non só é oriente; china está armada ata os dentes, e tamén pensan os estadounidenses que teñen un demo de veciño (fan cruces cando o mentan) e o medo e moi malo, fai tomar decisións erróneas.
    deberon pensar os do premio que obama coa súa política de fomentar as relacións internacionais, limando tensións, achegando posturas, se cadra estaba a aforrar moitas guerras.
    paréceme a mín un premio palmadiña un premio ora pro nobis

    ResponderEliminar
  14. Que boa deducción!! Tes razón, o Anxeliño terá que esperar que os años saian adiante, se a ovella os saca mellor, e senón haberá de sacalos el a biberón. De aí a dicir que merece un premio por sacar adiante catro años, vai un abismo. Triste mundo sería este se non houbera ninguén que o merecera máis que Obama, que se ben larea moi ben, de momento...

    Fermosa foto, vaaaaaaale

    ResponderEliminar
  15. Eu pensei que era unha broma ou algo así.
    Supoño que recolle todas as expectativas que hai postas neste home.
    E non fixeron coma o Anxeliño de Antas, estes decidiron concederlle o premio Nobel nada mais acabar de parir. Seguro que se fan os suecos se despois non cumple.
    Biiiiiiiicos

    ResponderEliminar
  16. Moitas grazas polo comentario que deixaches no meu blogue "Dúbidas da lingua".
    Eu intento aportar o que sei para que poida servir a alguén, pero de premios non quero saber nadiña e menos despois de ver como se reparten os Nóbel. Eu sempre pensei que os daban a "cousas" xa realizadas non a "proxectos" que ao mellor nunca chegan a realizarse.
    Eles saberán o que fan, despois de todo a quen carallo lle importa o tío que inventou a dinamita.
    Bicos

    ResponderEliminar
  17. Coincido con moitos de vos no de que o premio foi prematuro... o bo sería que por facelo antes de tempo vaia collendo conciencia e acabe demostrando que si o merece e non acabe corrompéndose como moitos outros.
    Cousa linda eses años!!!!!!!

    ResponderEliminar
  18. Para non desntonar, totalmente de acordo con vos, demasiado prematuro, premianse expectativas, promesas, feitos ainda ningún. Habería que esperar a que cumpra o que se espera de él primeiro.
    Oxalá si sexa merecedor del..iso seria boa cousa para todos.
    Bicos!

    ResponderEliminar
  19. ¿perdón? ¿decías que? Es que me perdí entre lana blanca y culitos de cuento je je je. Ains... ummmm esto... de verdad... me dejó fuera de juego la foto y ya no se que decir al respecto de los premios que se dan... ¿por darse?

    Bfletes tiernecitos ;)

    ResponderEliminar
  20. Quédome co chiste que publicaron na prensa o outro día:
    Se cadra, por comer un sandwiche de mortadela lle dan unha estrela de michelín...
    Sendo tan blanquiños estes años non creo que leven premio ningún. Se cadra a ovella negra... E será polo mérito de cambiar a prensa de color..
    Eso sí,toda a miña admiración: ¡qué bonitiñas son!
    (E eu que comín cordeiro esta fin de semana.... aisssss)
    Bico negro... ui, non non: Incoloro, á galega, que non se sabe nin de qué color imos... jaja, porque verde tampouco... XASTAMOS!! JAJA

    ResponderEliminar
  21. Eu penso que os suecos, coitados, foron precoces.
    Seica a emoción é tan intensa, que o leite fóiselles por fóra antes de tempo.

    Non acusa mais que un grande entusiasmo, unha tremenda ilusión. Non hai que térllelo en conta.
    Home, Chousa, pode pasarlle a calquera.

    ResponderEliminar
  22. din por aí que era o momento...

    ResponderEliminar
  23. Particularmente non estou en absoluto de acordo con este premio. Coido que hai moita xente no mundo que o merece máis ca o mandamáis dun pais que mantén unha guerra en Afganistán que non ten trazas de rematar, e que apoia a un estado agresor coma Israel, entre outras lindezas.
    Non me extraña que el mesmo quedara abraiado.

    Os de Antas sonche ben máis listos ca os suecos, sen dúbida ningunha ;-)

    Chuchiños

    ResponderEliminar
  24. Com prémios ou sem eles os borreguinhos são lindos
    Um abraço

    ResponderEliminar
  25. Pois a mín gustoume máis o premio de poder ter unha longa charla con Hadex esta fin de semana. Foi todo un pracer, aínda que cada pouco viñeran interromper para ver por que seguiamos a parolar en lugar de facer o cafre como corresponde... :P

    Unha cousiña, Chousiña, catro non son moitos para un único parto?

    ResponderEliminar
  26. Premiar as expectativas. Esto é o non vai mais en materia de motivación.
    Esto é como se che pagan a parte variable da tua retribución antes de conquerir os obxetivos.
    A miña pregunta é: ¿e que carallo pasa cando non conquires os obxetivos marcados para cobrar ese variable que xa cobraches?.
    E o mais importante, ¿o nóbel é verde e comestible?.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  27. Premio anticipado, resultado estragado!

    ResponderEliminar
  28. Estou abraiado, mira que darlle o premio o Obama ese e non llo dar a tipos como o Bush ou mesmo o Aznar que tanto fixeron pola paz mundial, como quen sabedes todos.
    Que inxustiza mais grande, que inxustiza!!!

    ResponderEliminar
  29. Guerras preventivas, invasións preventivas, vacinas preventivas, premios preventivos.... vese que son cousas normais dos tempos nos que nos tocou vivir.

    ResponderEliminar
  30. Concordo en que hai expectativas moi potentes con este home. A ver se as vai culminando.
    Claro que pedirlle que o devolva se non o fai...vaise tornar complicado.
    Mentras tanto, o Anxeliño creo que xa ten decidido premiar á ovella dos catrillizos: "botarlle" o mesmo carneiro que no celo anterior...

    Bicos (para as chicas) e fraternais apretóns de mans (para os cabaleiros).

    ResponderEliminar
  31. Bueno, yo ya lo comenté en el blog de Carlos Sousa. Puede que sea prematuro, pero precisamente por eso me parece un símbolo. Es el premio a la ESPERANZA. No se me ocurre ninguna personalidad mundial ahora mismo que SE LO MEREZCA MAS, nadie habla hoy en día con mayor autoridad de Paz que Obama, asi que no entiendo tanto cachondeo mundial. En mi blog he retado a que alguien me de un solo nombre, y nadie ha dicho ninguno... Es curioso, no?.

    Y ya me parece racismo lo de Elvira Lindo diciendo que si nos desilusiona en las expectativas de paz, ¿Qué tendría que hacer Obama, devolverlo? Pues no, tendría que hacer lo mismo que se lo llevaron antes, guardarlo en su casa... O ¿tendría que devolverlo él porque es negro?

    En fin, siento ser una voz discordante, pero no puedo imaginar un premio mejor dado. Es un premio a la ilusión y la esperanza de toda una raza y de la humanidad entera....

    Esa es mi forma de verlo, y parece que el jurado sueco, -que no debe ser tan tonto- lo ha visto igual.

    Bezos.

    (Lamento no poder escribir en galego, pero soy un galego exiliado).

    ResponderEliminar
  32. querido vizinho,
    não venho comentar sobre o interessante e controverso tema deste teu post, mas sim, aproveitando o apropriado título de "premio", comunicar-te que... não, não ganhaste um prémio, mas podes ainda vir a ganhar! :0) trata-se de mais um sorteio (ou meme, como lhes chamais por aqui), desta vez não de produtos regionais, mas sim de literatura Galega e Portuguesa. para sempre grata àquele saudoso sorteio do traste galego por nos ter feito cruzar caminhos, e em homenagem a ele, nomeei-te, no meu blogue, para que aqui, no teu, ofereças um livro para sortear! :0) vai lá ao meu caderno espreitar... e espero que não te zangues comigo por assim te meter agora em trabalhos! ;0) um beijo de cá

    ResponderEliminar
  33. La oveja de Anxeliño merece un premio, y Anxeliño también, donde estén los de Antas que se quiten los de Suecia, ¡faltaría más!
    Biquiños para ti, para Anxeliño, para su oveja y para los corderitos.

    ¡Qué foto más tierna!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: