martes, 8 de setembro de 2009

Mercado

E neste devir continuo e reiterado (algúns din incluso que cíclico) das circunstancias económinas do libre mercado, no que impera e campea é a lei de oferta-demanda; resulta que todo estala cando a esas duas premisas fundamentais lle engadimos a ausencia de cartiños. Que son os que lle poñen o rabo ás cereixas, dende que os sistemas de troco quedaron obsoletos.
O liberalismo trouxo excedentes de producción que era preciso sacar dos almacéns; así que argallouse o sistema axeitado para ser máis agresivos na venda. Publicistas e comerciais lanzáronse como kamikaces á caza e captura do comprador. E venderon. E seica houbo quen mercou.
O carallo é que os pagos eran aplazados e agora disque non hai seguranza nos cobros.
Pero o mercado todo o amaña (seica). Se é preciso facer o pan máis pequeno, pois faise. O importante é seguir coa producción.
Por iso tamén, se hai que finxir fínxese. Eso sí; ata o xeito de finxir ten un prezo...

Foto: Rebaixas no mercado dos suspiros. Compostela

39 comentarios:

  1. Se nos van a cobrar polos suspiros estamos apañados.
    Que mal vai isto, xa nos quitan ata o dereito de suspirar, que será o seguinte... (o de diante e atrás aínda non poden, no?...)

    ResponderEliminar
  2. ándanche careiros as suspiros, a canto estarán os bicos e apertas???
    Ains.

    Biquiños (poucos, non vaia ser que non me cheguen os fondos para os pagar jijiji)

    ResponderEliminar
  3. Carlos Sousa: Ti tranquilo. Sempre poderemos suspirar en privado (igual que Aznar fala catalán).
    En todo caso eu pediría unha ración de suspiros pequenos para culminar cun par deles grandes. Como as bombas das festas de Antas.

    Maruxiña: Si, poden verse caros. Todo depende dos suspiros que cada quén precise para acadar o Suspiro Maestro. E claro, se un se desboca e pide moitos...despois pode botar fume a banda magnética da tarxeta ó pagar.

    ResponderEliminar
  4. As túas elucubracions polo día a día da economía e do peto dos contribuíntes, polo día a día da crúa realidade, fan que me quede pasmada.
    Es moi cordo, ¿serán os aires de Antas?. É que, como Antas non queda tan lonxe do pobo dos meus adentros, por se me tocou algo en sorte...
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Reclamemos o dereito ós suspiros libres, eses que non teñen data de nacemento nen de caducidade, indiscriminados e aberrantes!

    :)

    ResponderEliminar
  6. Pois se cobran polos suspiros, que faran se te botas a chorar...

    ResponderEliminar
  7. ains... ya se venden hasta los suspiros... y encima rebajados...
    pues nada, de esos tengo unos cuantos, podría poner una tienda.... y por un suspiro grande... puedo regalar... ¿un gemido?

    bfletes con ideas...

    ResponderEliminar
  8. O problema, e que por este andar, non vamos a ter nen pros suspiros pequenos.

    Xa sei que tenho faltas ortográficas, pero o tento,eh!

    Bicos

    ResponderEliminar
  9. E logo porque é mais do dobre de caro o suspiro grande que o pequeno???. E debido á cantidade ou á calidade??
    Non hai coma meter en lata sentimentos.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  10. Sempre se vendeu de todo pero ahora sábese e incluso se lle fai publicidade. E por riba alguns blogs interesantes coma este recólleno e danlle mais bombo.

    ResponderEliminar
  11. Eu, como tiña un pai moi austero (nacido en plena guerra e de familia pobre), aprendir a non vivir nunca co que non podía pagar...Moita xente viviu na cultura de comprar a prazos absolutamente todo, a non privarse de nada.....Eu sempre digo que non teño un peso, pero a lo menos non lle debo nada a ninguén....

    ResponderEliminar
  12. Mis suspiros son mucho más grandes, por lo tanto, también más caros, me voy a ver negra para venderlos.
    Moitos biquiños, Chousa.

    ResponderEliminar
  13. Entón desta eu si que quedo na bancarrota.
    Apertas santisianas, compañeiro

    ResponderEliminar
  14. Eu nom sei se o Chousa falaría de que os suspiros que se vendem son unha especie de prostituçom do jadeo. Un jeito de finxir o que non se sinte.
    Ían por ese lado ou non, señor Chousa?

    ResponderEliminar
  15. Non o creerás, Chousa, pero a miña avoa ensinoume a suspirar. A suspirar para finxir ... neste caso para finxir o choro.
    Me dixo: se fas moito ruido tes menos creto que si xemes baixiño e con moito sentir.
    Acertou de cheo, miña abuela.

    ResponderEliminar
  16. Pois eu quero un suspiro grande, pero que o suspire alguén especial por mi........e seguro que ese non ten prezo......ale!!

    ResponderEliminar
  17. O malo de ter que pagar os suspiros é que ás veces cando se empeza, despois é como ir costa abaixo e non hai maneira de poñerlles freno. E claro, asi arruínase calquera...

    jajajaja non che se escapa unha eh Chousa?
    Bicos

    ResponderEliminar
  18. estás á que salta, Chousa, sempre sacándolle punta a todo...

    moito me da a mín que esos suspiros son doces... seguro, así que aínda que teña que empeñarme, comprarei un suspiro grande... ande non ande, como os barcos.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  19. E haiche artistas ben consagrados nesa arte de finxir!
    E que finxir ben sempre foi valioso, pero hoxendía é un valor en alza...

    En canto os suspiros eses... boeno, non parecen moi lixeiros, seica teñen améndoas... Ó mellor é por aquelo da duración do placer... Así que eu non os compraría (xa sabes, uns instantes no paladar e meses ou anos nas cadeiras... aissss)

    Boeno, de cando en vez, para un doce inda ha de haber... que logo xa se verá de facer algún exercicio aeróbico que o contrarreste.. e quen sabe, ó mellor argallamos algunha solución para desfacernos do sobrepeso de forma plancenteira... e de balde...
    Xastamos...

    Un bicazo, así ghrande, inda que esteamos en crise... (no meu forno inda se cocen items de tamaño extra para os bos consumidores coma tí)

    ResponderEliminar
  20. Ó último párrafo do teu post non lle collín o sentido. Non sei a que te refires cando dis por iso tamén, se hai que finxir fínxese. Eso sí; ata o xeito de finxir ten un prezo...
    non estou a dicir que tí non te expliques, estou eu algo espesa.

    O conto dos suspiros ten a súa gracia.
    Tes esa mirada que se pousa.

    ResponderEliminar
  21. A min póñame quilo e medio de suspiros grandes, estou disposta a pagar.

    ResponderEliminar
  22. Se o suspiro e de amoriños ó lado do río... seguro que se van vender ben, que están moito en falta!

    ResponderEliminar
  23. Ten que haber para todos os petos senon o consumismo queda sen clientes e de ahí a suspirar non vai nada.....
    si son suspiros de monxa póñame dúas caixas,que dende nena intrigoume saber porque suspiraban as coitadiñas.
    bico.

    ResponderEliminar
  24. un suspiro vale máis de 2€ e incluso de 5...porque os suspiros, os bicos, as apertas, as caricias e as palabras...son o que nos quedan ó final, son os nosos recordos da vida que vivimos.
    Pero non llo comentes ós da tenda non vaia ser que ca demanda os poñan aínda máis caros.
    Apertas e suspiros para que metas na túa despensa.

    ResponderEliminar
  25. Decía Bécquer que os suspiros son aire e que acaban por ir ó aire; pero os cinco euros irán ó caixón dos cartos. Cando se sabe tanto de suspiros como de cartos acaba un por facer un relato coma este.
    Saludos para os de Antas que se meten a escritores de blogs

    ResponderEliminar
  26. todo ten prezo nesta vida, compañeiro. Xa sabes (xd)

    ResponderEliminar
  27. Hoje todo se vende e case todo se compra. So e preciso acordar un prezo ajeitado para as partes de listo.
    Que vostede suspire bem

    ResponderEliminar
  28. Le envio saludos desde Mexico DF. Soy nieto de gallegos nacidos en la aldea de Auteiro de Amonxa en Antas de Ulla. Me alegró mucho encontrar su blog y saber que es del pueblo de mis abuelos. Me gustaria poder escribirle. Si me diera su buzon de e-mail le estaria muy agradecido.
    Alfredo L. Fente

    ResponderEliminar
  29. Oh que despiste. En su blog está su buzón de e-mail. Ya mismo le escribo.
    Afredo

    ResponderEliminar
  30. Amigo Chousa, o mundo é unha feira onde se vende e se merca de todo, de moitas formas e diferentes tamaños, tamén eses doces de nome Suspiros. Sempre foi un enorme mercado, que agora co consumismo esaxerado anda descontrolado, con tanto préstamo mal medido e tanto moroso a consecuencia do anterior.
    "Para o mercado todo se amaña", dis ben. Eu como exemplo cítoche o caso da ración de polbo, non lle subiron o prezo nos últimos anos,pero a ración xa case non se ve no pratiño de madeira.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  31. E Busto explicounos con claridade hoxe, que foi feira en Agolada, como se pode manter o prezo a costa da reducir a cantidade. Lección 0 de economía, que diría o noso amigo Sucasas!

    Alédame moitísimo que algún fillo de Galiza atopase este blog na distancia e que me escriba para saber da aldea dos seus antepasados, como é o caso de Alfredo, neto de Outeiro de Amoexa, que axiña lle enviarei algunha foto da magnífica Igrexa románica na que, seguramente, se casaron os seus avós.

    E claro que todo ten prezo, que recoñecen Manuel L. Rodrigues. e tamén Carlosm. Incluso os suspiros, polo que se ve. Tan so é cuestión de acadar acordos.

    Claro que hai cousas que non deberían ter prezo, neso doulle a razón a Vintxuca. Pero a mesura é cousa da cada un; non si?

    E Vermella está intrigada polos motivos de suspiros das monxiñas. Vai ti saber en que santo pensarían cando das suas gorxiñas os suspiros salían...

    Na beiriña dun rio di Chusa que os suspiros valen máis. A saber en que tipo de suspiros estará pensando a coruñesa de alcume foneticamente ben ceranco ó meu...

    Ter teñen que ter moito valor, sobre todo cando unha doutora, como Seymour está disposta a mercer ó por maior e pagar o prezo que lle pidan. Para pensar se non deberían ser expedidos en farmacia e con receita!

    ResponderEliminar
  32. Resulta que Zeltia di que está espesa por non pillarme o sentido do último párrafo. Seguramente o espeso fun eu cando o escribín.
    O caso é que o meu post estaba orientado a falar de que todo se vende, incluido o amor finxido (representado polos suspiros/xadeos). E, canto máis se finxa, loxicamente...máis caro resulta.
    O que pasa é que a orientación que se lle foi dando á cousa tirou cara outro derroteiro...

    Incluso en tempos de crise Pitima mándame un bico grande sen poñerlle prezo acorde co tamaño (ou intensidade). E que, damas e cabaleiros, ainda quedan persoas xenerosas neste mundo virtual que se semella moitísimo ó real.
    Da gustiño comer doces que despois se poden "queimar" doutro xeito dulcíiiisimo. Xastamos! jajaja

    E,como non podía ser doutro xeito, algúen tiña que sacarlle punta ó do tamaño. Tocoulle a Aldabra. E ten razón, que xa postos a suspirar; mellor facelo "a lo grande", ainda que nos escoiten os veciños!!!

    Outras decátanse de que cando se vai costa abaixo poden arder os frenos e despois non hai que dea pagado a factura, non si A.C.?. E que certas cousas deberían pagarse por anticipado, para que logo non nos asuste o que hai que pagar.

    Houbo quen tivo a sorte de coñecer o coaching xa de pequerrechiña. Resula que a Susana Moo ensináronlle a finxir de noviña. E fixérono tan ben que lle deixaron claro que o quid da cuestión non radicaba no exceso de decibelios, senón no tono destes. Sabia lección, que seguro que caeu en terreo ben abonado...

    E quedan en bancarrota total A Lareira de Santiso e Artabria; que seguriño que piden tanto suspiro e de tal magnitude, que lles van esixir previa presentación de aval bancario. E despois, entre o coste deste e o pago dos supiros en sí...non vai haber carteira que o resista!

    Irene teme non dar vendido os seus, polo grandes que son. Non temas; seguro que a cousa radica en atopar o lugar axeitado para non escandalizar ó persoal. Despois...seguriño que hai compañías dispostas a escoitarchos!!

    ResponderEliminar
  33. Claro, a Hadex ensináronlle dende pequeniña a non gastar o que non ten. Agora seguro que é unha nefasta clienta de bancos/caixas e andarán todos detrás dela suspirando para que lles merque un producto pseudofinancieiro co que enxagoar as suas contas de resultados...

    Ata a Srta Maquiavélica lle recoñece éxito aos traballadores do márketing; que venden fume sin chimenea e suspiros sin cordas vocais.

    Barreira e Ana preocúpanse de non dar pagado os suspiros grandes á vez que cuestionan os motivos do exponencial aumento de prezo duns con respecto dos outros. A saber se é pola calidade ou non. Eu case que me quedaría con ela, en detrimento da cantidade. Ou non. Depende do día...

    Outra perspectiva distinta é a que lle da Cris, que se queda coa idea de que os de dous euros son rebaixas. Da gusto observar a variopinta interpretación do mercado.

    Alodia e Paidovento collen camiños reivindicativos e cuestionan a capacidade de poder pagar un saco de suspiros se choramos e, polo tanto, esixen a abolición do prezo no suspirar.

    Fonsilleda decátase de que son os aires de Antas os que me proporcionan esta suposta cordura interpretativa. Non hai duda, compañeira. Se fose de -poñamos por caso- 5 km cara o Este, xa non sería capaz de ser tan espelido ;-)
    Seguro que cara a tua terra (interpreto que está recollida no teu alcume) tamén se manteñen así de preclaros.

    ---

    E despois de ter cantado liña, damas e cabaleiros, continuamos a bingo!

    ResponderEliminar
  34. un ainnnsssssssss de balde!!
    e un biquiño grande!
    hai xeitos de mercar que me parecen bos, por exemplo, os bancos de tempo, no que hai sobre todo, un intercambio, e o valor do cambio é o produto final para os dous. bo día!! bicos!!

    ResponderEliminar
  35. anda! tiña a explicación aquí, e eu sen decatarme.
    zeltia ruborízase
    escapóuseme sen ler esta rista de respostas tan ben enfiadiñas que da gusto lelas.

    zeltia pon cara de matinar se o pequeno eloxio anterior podería ser interpretado como ch.p.

    ResponderEliminar
  36. Galicia maravillas: Seguro que tés razón, pero vouche dar un consello: nunca te fies dos bancos, ainda que sexan de tempo. Para bancos mellor os de sentarse. Alomenos alí podes ter o cuiño acougado. Bicos tamén (suspirando)

    Zeltia: A resposta sempre está no prospecto. Deberías sabelo!. O que pasa é que como parece que sempre di o mesmo...non se mira. Mal feito. Hai que mirar e facelo con detenemento para poder discernir con claridade se se chousa predica co exemplo ou non. Aiiii

    ResponderEliminar
  37. A ti Chousa solo che falta ser de Camariñas. Serías un excelente facedor de encaixe :-)

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: