Espetado na beira do camiño, son sombra no verán e abrigo dos ventos no inverno. Imprimo carácter e delimito a paisaxe, camúflome destacando e descaco camuflándome. Aporto leña para cociñar os teus alimentos e proporciono vigas para sustentar os teus teitos.
Osixeno o ar, fructifico en landras a savia que me percorre as entrañas para ser alimento das aves que aniñan entre as miñas pólas.
Son autónomo. Vivo do que as propias raíces me procuran e a choiva e mailo sol me agasallan. Non choro, non pido, non percibo nada, endexamais fixen unha protesta.
E nas horas libres tamén son carteiro interino!.
Son un simple carballo. E ti, ademáis de queixarte, qué carallo fas?
Osixeno o ar, fructifico en landras a savia que me percorre as entrañas para ser alimento das aves que aniñan entre as miñas pólas.
Son autónomo. Vivo do que as propias raíces me procuran e a choiva e mailo sol me agasallan. Non choro, non pido, non percibo nada, endexamais fixen unha protesta.
E nas horas libres tamén son carteiro interino!.
Son un simple carballo. E ti, ademáis de queixarte, qué carallo fas?
Foto: Carballo carteiro en Vilane (Antas de Ulla)
A min gustame queixarme, que carallo!! Aparte diso, aturo broncas de xente que non entende que eu non fago as leis.....
ResponderEliminarSupoño que cobrará un soldo da hostia. Polo pluriemprego, digo!
ResponderEliminarVale, nin andar a queixarse todo o dia, nin tampouco que chova enriba dunha, eh!
ResponderEliminarArtabria pásache como a min. Parece que escoito a canción de Mecano a todas horas: "bronca aquí, bronca allá". Ás veces mesmamente parece que era mellor e máis doado ser carballo, peeeeero, tamén ter que estar quietiño tanto tempo...psssss. Así que sigámonos queixando, qué carallo!
ResponderEliminarRaposo: Seica non cobra un can. Non sei se en base á lei de incompatibilidades ou por levar vida monástica exemplarizadora. O pasmón non recibe nin un euro por todo canto fai. E nembargantes fíxate que gallardía amosa. Outros con sueldazos de impresión andan todo o día medio enrugados!
Susanamoo: Certo!. Sempre hai que defenderse; pero non me negarás que ese carballo, xusto á contra de onde lle espetaron o buzón verde, fai unha sombriña moi axeitada para contar dous contos. Ou tres
ResponderEliminarNada. (sinales a elexir para complementar o meu texto: "?", "!", "....", "<", "<". Que o carballo decida cal queda mellor)
ResponderEliminarOstras que cosa mas curiosa... la primera vez que veo un árbol que recibe cartas... ¿Le enviarán cartas de amor? Lo mismo dejó una enamorada en el robledal...
ResponderEliminarUmmm pero... ¿qué no lloran? yo creo que si... ¿que siempre están quietos? nooo... bailan mucho y andan, pero bajo tierra....
bfletes sin quejas!
¿Porqué a man do home ten que contaminalo todo? ¿Que tal se o carballo nos puidera colgar a nos do lombo unha ponla ben pesada?... si é que a estupidez humana non ten límites.
ResponderEliminarDeixemos expresar a natureza tal como é non a distorsionemos cos nosos inventos. Se quero ver buzóns de correo non teño máis que saír a rúa, cando saio o campo gustaríame ver iso... campo e natureza no seu máis xenuíno estado.
Un saúdo!
Cousiñas de Ro
Qué depresión!
ResponderEliminarUnha merdiña que somos..
aisss
Boeno, nós plantamos no noso "xardín" unha árbore onte. Unha magnolia... jajajaja ;P
¿Para qué sirve unha magnolia?:
http://pitima.blogspot.com/2009/03/espiritu-erotico.html
Eu tamén quero que as miñas cartas sexan recibidas por un carballo petrucio... aínda que as reciba do lado da sombra!
ResponderEliminarO carballiño ese menos mal que está nunha recta, senón, ademais do carteiro unha vez ao mes, tamén había de recibir a un langrán a toda hostia en busca de emocións ao volante.
Madia leva a aumentar o paro. Agora resulta que os carballos tamén son carteiros. Así non hai ZP que amanhe o asunto
ResponderEliminarPolifacético...que remedio neste tempo de crise.
ResponderEliminarQue costume de cravar cousas nas árbores. Aquí tamen temos un carballo grande nunha encrucillada e fai a función de taboleiro de anuncios. Ten unha cantidade de cravos de coidado. Se a alguén llos cravaran nos...
ResponderEliminarEu, coma o carballo, vexo pasar a vida desde a beira do camiño.Polo menos esa é a sensacion que teño moitas veces.
ResponderEliminarApertas
En algun xeito ese carballo parecese a nos. Tamen queremos facer moitas cousas a vez e a alguns tamen nos colgan cousas pra que a fagamos "de paso", como o caso do buzon.
ResponderEliminarEstas a que salta, Chousa
Para ser un carvalho e pousar con esa elegancia, tamben se fai preciso ter moito garbo
ResponderEliminarpois eu fago de serea polas noites e polo día son unha mortal e gris funcionaria... gustaríame tamén ser un ciprés como o conto de margarita pero non pode ser, tal vez noutra vida.
ResponderEliminarbiquiños,
p.d.: é unha árbore ben bonita.
Este si que traballa. E agora, como todos os autonomos, está a pasar malos tempos e ten que facer traballo extra. Carteiro ainda que chova, neve ou faga frio.
ResponderEliminarSaudos
Boa tarde!
ResponderEliminarQuero agradecer-lhe, em nome da organização da blogagem colectiva Aldeia da minha vida, por ter participado, na qualidade de leitora e eleitora e pelo seu contributo para o sucesso da mesma.
Dia 30 de Junho serão publicados os resultados.
Até lá, um bom fim de semana!
Susana Falhas
Graciñas Susana polo teu agradecemento, e tamén por ser capaz de captar a miña femineidade! (Non podo evitar sentir ledicia cando perciben o meu marcado lado femenino. E quero pensar que non somente é debido á tendencia fonética do nome do blog)
ResponderEliminarO colmo do agradecemento radica en que na miña vida entrei nese blog; pero vou aló correndiño para participar, que ten pinta de moi interesante
Perdão...às vezes as barrreiras linguisticas têm dessas coisas...espero não ter levado a mal!
ResponderEliminarQuero agradecer-lhe a sua nova mensagem, desta vez dirigida a mim e fazer-lhe o convite para participar na próxima blogagem " As Férias na minha terra". Certamente terá coisas interessantes para falar e mostrar, especialmente a nós, portugueses.
Bjs Susana
Susana: Non é preciso o perdón, posto que non me sinto ofendido. Todo o contrario, sempre resultan gratas as sorpresas. Voltarei polas "Férias na minha terra", lugar que resultou do meu agrado. Parabéns pola iniciativa e ánimo para continuar nela.
ResponderEliminarBarreira: Si, o carballo de Vilane traballa de moito carallo e, pola contra, vese sempre tan relaxadiño que mesmo semella que non a raña...
Aldabra: Vaia! ti tamén fas duas tarefas ben interesantes. Sendo serea de noite e funcionaria de día...agora entendo eu o motivo polo cal algúns funcionarios cando están no choio semella que están oindo "cantos de serea"... ;-)
Avelainha: Certamente. Hoxe semella que todos temos que ser multitarefa, e non sei eu se algúns vimos programados para tanta landaina de xeito simultáneo...
Cuspedepita: Aiiii, eu penso que son un cu moito máis inquedo. Admiro profundamente o mundo vexetal; pero dudo moito que fose capaz de aturar a pose. Sobre todo vendo pasar algunhas transeuntas...seguramente as pólas iríasnseme tras delas jajajaa
ResponderEliminarCarlos Sousa Certo que hai que lle da moito ese tipo de usos. E algúns están cheiños de chinchetas e grapas que soportan anuncios do máis variado. Dende festas, bandos de alcaldes ata esquelas mortuorias. Pobres carballos!
Paideleo: O carballo de Vilane leva anos facendo de carteiro e dame o corpo que non cobra un can por tal función. O único "positivo" do buzón é que -alomenos- puxéronlle un de cor verde, que ainda lle vai combinando co traxe.
Carlosm: Si oh si, vai haber que lexislar esto das incompatibilidades e dispor nun artigo que os carballos non poden traballar.
Anto: Do lado da sombra non é bo poñerlle o buzón, senón corren risco de humedecerse as cartas cheas de recibos e facturas.
E si, o carballo fai ben estando na beiriña. Xa o dicía a canción aquela: "Juuuuventuddddd, juuuuventuddddd, teeede coidadooo cos postéssss da luzzzzzz"...
Pitima: Unha magnolia! pois terás verde no teu xardín e flores blancas sumamente evocadoras. Pero tamén terás follas secas no chan, por mais perenne que lle digan. Xa o verás!
ResponderEliminar(Vaia comentario máis chulo fixera eu naquel post teu da magnolia!)
Rocío: Contaminamos abondo, si. Ainda que como xa dixen antes, cando menos a este puxéronlle un verde; que xa os teño visto neghros; que lle quedan como uns calzóns a un porco!!!
Cris: Los árboles reciben de todo. Desde cartas hasta hachazos a ras de la raíz. Algunos tienen la gallardía de morir de pie, como dice la canción de Mago de Öz en su "ciudad de los árboles"...
Doutora Seymour: O carballo decide que entrecomillado quedaría moi bonito; pero se o mete vostede entre corchetes tamén lucirá espléndido. Claro que acentuado ainda resaltará máis o seu verdor...
É que o que nace bonito...
Chousa da Alcandra: Ah, este son eu; así que non me recomentarei...jajaja
Apertas garimosas dende o poleiro deste xuño que saca o pano para despedirnos e nas portas dun xullo que ameaza con pasar folla de calendario.
menos mal que te teño a tí para que vaias por ahí mirando cousas curiosas e despois mas amoses!
ResponderEliminar:-)
e cobrasme menos ainda do que lle pagan ó carballo.
(oiches,
¿e comprobaches que o buzón non o puxo o carballo para recibir cartas de amor?)
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminaristo empeza a repetirse!
ResponderEliminar:-))))
nada, que dicia eu, que si bebes no conduzcas
Zeltia: Estou valorando seriamente a creazón da ONG Fundación Chousa da Alcandra. Fáltame unha presidenta que reuna as cualiades que ti tes incluso antes de almorzar...
ResponderEliminar