Decían de certa cidade europea polo feito de ter moitos visitantes, que se enriquecía con tanta variedade de persoas e culturas que, pouco a pouco, ían deixando parcialmente as suas improntas nela.
Queda claro que quenes a cidade visitaban levaban tamén nas súas valixas mentais anaquiños do vivido alí. Dábase así un claro caso de mutualismo cultural que permite ás duas partes enriquecer o espíritu, -que é un dos máis complicados de enriquecer; xa que ainda que para él ben sendo aceptada todo tipo de moeda, resulta difícil atopar bancos e caixas que che abran contas ao espíritu. Basicamente debido a que ainda non artellaron os sistemas que lles permitan cobrar comisións de mantenemento por elas...-.
Por razóns similares resulta moi conveniente airear os nosos cuartos. Tanto polo que ten de bo que entra (aire fresco e renovado), como polo que sae (ácaros e outras lindezas que tamén convén compartir, para que logo non se diga que non temos unha boa razón de veciñanza).
Ainda que en ocasións non se sabe moi ben se hai intención aireadora, ou simplemente están jodidas as caravillas...
Queda claro que quenes a cidade visitaban levaban tamén nas súas valixas mentais anaquiños do vivido alí. Dábase así un claro caso de mutualismo cultural que permite ás duas partes enriquecer o espíritu, -que é un dos máis complicados de enriquecer; xa que ainda que para él ben sendo aceptada todo tipo de moeda, resulta difícil atopar bancos e caixas que che abran contas ao espíritu. Basicamente debido a que ainda non artellaron os sistemas que lles permitan cobrar comisións de mantenemento por elas...-.
Por razóns similares resulta moi conveniente airear os nosos cuartos. Tanto polo que ten de bo que entra (aire fresco e renovado), como polo que sae (ácaros e outras lindezas que tamén convén compartir, para que logo non se diga que non temos unha boa razón de veciñanza).
Ainda que en ocasións non se sabe moi ben se hai intención aireadora, ou simplemente están jodidas as caravillas...
Foto: Aireando en Amarante (Antas de Ulla)
Tamén resulta convinte airear os nosos espíritos de cando en vez....tamén certos males sairán e bós efluvios entrarán.....
ResponderEliminarAi que ventaniñas, Chousa. Non quixera durmir nesa casa nunha noite de xeada....
Bicosss
Certo que si,Hadex. Airear os espíritus é un bo propósito para cada día; e -xa postos- aireemos os corpos tamén, que axiña vai vir o printemps outra vez!
ResponderEliminar(Da medo ter que vivir nesa casa; á que si?. Non se pode asegurar que dispoña dun bo aillamento nin queda claro que a calefacción funcione moi ben. E todo so con verlle a ventaniña!).
As ventás son coma os ollos da casa: dín todo dela. ¿Verdade?
ResponderEliminarEngaiólanme as fotos das ventás.
Dan moito xogo á observación pero tamén á imaxinación.
Estas lémbranme a miña infancia. Daquela as ventás da miña casa non eran mellores ca estas...Hoxe morrería de frío, coma Hadex, pero daquela aguantaba todo.
Apertas, bicos e que que te airees ben nestes días de vacances:-)
Ainda que non se saiba moi ben para que, o importante é abri-la fiestra. Para que saia a calor e de entrada ao frio destes dias.
ResponderEliminarAta o 40 de maio no saque-lo saio, nin o refaixo.
O certo é que o tempo anda tolo, pero é importante renovar aires sempre
ResponderEliminarsaudiños!!!
Airear, hai que airear, pero se me falas de compartir as lindezas, mellor que certas cousas cada un as garde para sí, digo eu, non? Algúns xa temos bastantes coas nosas.
ResponderEliminarCada casa é un mundo e esta...
Xa postos a airear e filosofar, tamén pode ser positivo deixar marchar da nosa vida algunhas persoas que o único que fan e chucharnos a enerxía, sen aportar nada, coma parásitos de dúas pernas.
ResponderEliminarComo dí Cuspe de Pita, que te airees ben!
Cando eu era máis nova e vivía miña avoa decíame cando me veía baixa de moral,aireate neniña que che vai ir ben....
ResponderEliminaraireemonos entón.
bico.
Cuspedepita: Pois é certo. A min tamén me atraen as fiestras (dende fora eh, non para tirarme delas!!!), sobre todo das casas "de antes". Pequeniñas elas, pero moi ilustrativas sempre. Boa referencia cos ollos da cara, si señora!!!.
ResponderEliminarBarreira: Dicía un eminente filósofo de Antas que o calor "é a ausencia de frío"; así que xa ves ti o quid da cuestión...
Hai que abrilas para que entre o frio cando ha exceso de calor e tamén para que entre o calor cando...cheira moito dentro!!!
√ Lolylla √ : O tempo sempre che andivo ó xeito das xentes que o poboan...jajaja
Benvida á Chousa.
Carlos Sousa: Non home, esta casa está medio deixada da man de deus e, sobre todo, tamén do seu dono.
En todo caso ás veces airear os trapos tamén axuda...a que chos manden lavar!! jajaja
Zeltia: Eu nunca pensei que os parásitos tiveran somente duas pernas. Mira ti cando aprendo!. O que sí sabía é que teñen moreás de bocas zugadoras...
(Aireándome ando. E da gusto!!!)
Vermella: Tua avoa tamén era sabia como a miña!!!.
Eso si, cos aires tamén compre ter tino; non vaia ser "que nos dea un aire"!!! ;-)
que marabilla de ventá. Por aí seguro que se ve a vida máis bonita.
ResponderEliminarSaúdos!
Xa hai un banco que abre contas de espírito: o Banco Vaticano. Eso si, os intereses son nulos e cunhas comisións de mantemento de arre demo!
ResponderEliminarAirearse, reciclarse, renacer... Fai falla, o caso é que ás veces deixamos cousas polo camiño que son a nosa esencia e esquecemos ata quen somos no nosa obsesión por cambiar cousas.
ResponderEliminarOhh me encanta la combinación de piedra y madera, y si ya le añadimos unas tejas... voy volando!!!!
ResponderEliminarSiempre, siempre prefiero el aire en movimiento, nada de lugares con aires contaminados y estancados, que circule que circule, que entre lo nuevo, que salga lo viejo, que sea con la intención que sea, las ventanas no dejen de abrirse al mundo que me ahogo!
bfletes ventiladitos y frescos!
Airear sempre é bo, mesmo de maneira involuntaria, así que benvidas as caravillas jodidas!
ResponderEliminarFixate que eu véñome airear a esta fiestra que teño aberta ao mundo, e na que atopo lecturas e historias fermosas como as tuas por exemplo.
ResponderEliminarBicos.
encántanme esas xanelas e madeira... de pequeno sempre me atopaba detras dunha delas...
ResponderEliminarEste texto teu é fermosísimo.
ResponderEliminarun bico aireado.
Con intención ou sen ela, airear e compartir aire sempre enriquece as respiracións futuras.
ResponderEliminarPaso, e inspiro.
Se te nota que debes traballar na banca... jajaja Sempre pensando en contas e comisións e bancos... aisss. Teste que airear un pouco, sí que sí.
ResponderEliminarEu tamén teño o espíritu un pouco enrarecido. Se cadra o teño demasiado ben aillado...jajajaja. Debería abrir a fiestra ¿ti cres?... co caro que está o combustible para a calefacción...
Sopesarei o que dis... cando veña a calor outra vez.
anta de ulla
ResponderEliminar( se aire-ando!
gosto do teu blog verde! :)
beijo
~
pois a min paréceme unha fiestra ben xeitosa pra ganchillarlle unhas cortinas... ;b
ResponderEliminarUna preciosa ventana, como otras tantas cosas en la vida, los aires también tienen que renovarse, de otra forma, terminaríamos asfixiándonos.
ResponderEliminarBiquiños con aires primaverales.
Gústame o aire fresco, é sanador, limpa a mente. Un bico Chousa.
ResponderEliminarA min sempre me gustou o aire fresco e mais a min oblíganme a airear todo sempre jaja
ResponderEliminarO mesmo están a facer nestes días en san caetano e no palacio de Raxoi :-)
ResponderEliminarAs túas reflexión sempre están cheas de connotacións políticas. Ao mellor perdíuse un gran ministro de fomento, vai ti saber...
Jajaja.
ResponderEliminarVai ti saber o que se perdeu en min...
Teño a obriga de comunicarlle o agasallo do papiro violeta.
ResponderEliminarhttp://www.blogoteca.com/hemaco/index.php?cod=61044
Un saúdo