Sen polémicas sobre as situacións dos mercados inmobiliarios, sen dificultades na negociación hipotecaria e a curva do euríbor e sen riscos especulativos sobre o chan; o mundo ornitolóxico está adicándose á construcción dos seus niños nestes días.
Carentes de luxos e sibaritismos innecesarios, pero dotados da seguridade precisa para a consecución da fin para a que son creadas, estas casiñas unicamente precisan dos seus piquiños de enxeñeiros para conquerir a cédula de habitabilidade que lles confire a testemuña de que -ano tras ano- van sacando adiante os seus poliños. Sen tasacións nin interés variábel, sen comisións de apertura nin de cancelación anticipada. E non precisan inscripción rexistral nin teñen gastos de notaría...
Carentes de luxos e sibaritismos innecesarios, pero dotados da seguridade precisa para a consecución da fin para a que son creadas, estas casiñas unicamente precisan dos seus piquiños de enxeñeiros para conquerir a cédula de habitabilidade que lles confire a testemuña de que -ano tras ano- van sacando adiante os seus poliños. Sen tasacións nin interés variábel, sen comisións de apertura nin de cancelación anticipada. E non precisan inscripción rexistral nin teñen gastos de notaría...
Foto: Casa das pegas, sin hipoteca, en Antas de Ulla
Ai Chousa, non quero nin pensar como deben de estar as Antas nesta época tan sensual.
ResponderEliminarOs paxariños facendo o amor sen condón, sen xoguetes sexuais, nen lubricantes nen lencería...
Pois xa ves que a pega (que sin duda é a que está enriba) ten pinta de estar provocando ao pego (máis agochado entre as pólas)amosándolle as intimidades...
ResponderEliminarUns cachondos os paxariños de Antas!
que sabios son os paxaros. que envexa. bico :)
ResponderEliminarQue envexa; sen especulacións, sen tasacións, sen intereses, sen luxos, sen "sibaritismos"... iso sí que é voar libre.
ResponderEliminarA ver quen lle embarga a casa.
E teñen unhas vistas dende o salón-comedor que quita o sentido.
ResponderEliminarSaudos.
E respectan o Código Técnico da Edificación? Buscan a integración co contorno? Están pensadas para o aforro enerxético? Que tipo de materiais utilizan? Aforran custos nisto? Cumpren coas normas do hábitat galego? Contan os encargados da construción coa tarxeta pertinente?
ResponderEliminareu estou desexando que chegue a parella de estorninos que cría nas árbores á beira da ventana do meu traballo... pasan a mañá carrexa que carrexa.
ResponderEliminarunha reflexión ben ó caso, coma sempre, neste caso co niño e a vivenda... pero que teñan tino as pegas co cuco!!!
;-)
Hai que aprender deles.
ResponderEliminarConstrúen moi ben os seus niños para que os poliños non teñan insomnio ;-)
Unha aperta.
Antón.
Oye, ¿cómo llamas allí a estos pájaros? Aquí se las llama de varias maneras. Son de los que mas tengo aquí, enormes, algo chillones y siempre hambrientos y posesivos, estoy en lucha diaria con ellos porque les quitan las comida que les bajo a los gatos y persiguen a los pequeños y a las ardillas también. Aunque me parecen preciosos, tenemos un pequeño conflicto estos y yo!
ResponderEliminaren fin... que sí... que tenemos mucho que aprender y mucho que no consentir y mucho que cambiar, lo primero nosotros mismos. Yo soy un poco pajarillo, no tengo hipoteca y me siento, tan tan libre por ello...
Bfletes caseros y fresquitos!
Bicletes
canton temos que aprender da natureza...bicos.
ResponderEliminar¡canta razón!
ResponderEliminarbiquiños,
O dia de manhan eu quero ser un pajaro para aninhar nun carvalho de Antas e voar sen as ataduras das hipotecas (variabeis ou fijas).
ResponderEliminarTas feito un ornitologo de moito carlho chousa
Carlosm
Mientras te leía pensaba, que los humanos somos los únicos seres que nos construimos "nido" sin tener pichones y por si acaso dos o tres o mas.
ResponderEliminarLlevo unos días por las carreteras de éste país y me he quedado mas de una vez, mirando éstas verdaeras obras de arquitectura.
Regalos de la naturaleza
Mira eh? E que vistas teñen as pegas....ideais para planificar cal será a súa próxima pillaxe...(que conste que eu adoro as pegas, a pesar da manía que lles teñen por ahí...)
ResponderEliminarBicossss!!!
quén tivera un piquiño enxeñeiro!!
ResponderEliminarHoxe vin un ninho fermoso e espacioso, mágoa que non levaba a cámara á man. na seguinte finde irei á procura da imaxe...
ResponderEliminarQuédanos muito por aprender dos animais.
Unha aperta.
:)
No tocante a niños eu quédome co do carrizo. Este paxariño de rabo indiscretamente rebirichado xa hai tempo que ten superadas as normas do habitat; no tocante ao acubillo, o traballo ben feito, a boa estética, discreción dentro do medio e benestar están plenamente neses grandes- pequenos arquitectos que son os carrizos.
ResponderEliminarO da vivenda é un tema moi sensible para mi últimamente, asi que mellor, non digo nada.
ResponderEliminarOkupas, iso é o que son!
ResponderEliminarFixécheme rir :) Convén un toque de humor nestes tempos. Apertas!
ResponderEliminarNós puxemos unha casetiña prefabricada pendurada da pereira a carón do pozo... pero non lles gusta!! jajajaja.
ResponderEliminarÓ mellor non está o bastante ben equipada.. jeje
Todos van a aniñar (dise así?) ós arbustos que temos detrás da casa...
O outro día quedeime abraiada cunha reportaxe de vida salvaxe no que saían uns paxaros pequeniños que tecían uns niños moi elaborados.. O macho que facía o mellor niño era o que elexía a femia... aisss. Tiñas que ver como exhibían as casiñas coma se fosen os pisos piloto.. jajajaja
A verificación é FANTE. jaja.. E pregúntome eu, ¿mellor que te fagan que compralo xa feito?
Hai que buscar parella con casa e listo.
Bico con vistas o pozo..
por aquí já chegaram os minhatos e ainda nom lhes fizeram a parcelaria...
ResponderEliminarbeijos
ai Chousa, a ver se o consigues na mesma páxina de flocos:
ResponderEliminarhttp://flocos.tv/curta/a-flor-mais-grande-do-mundo/
e aquí hai moitas outras curtas que pagan a pena, en concreto eu a coñecín por esta outra:
http://flocos.tv/curta/a-guerra-dos-avos/
Bicos e paciencia con esa conexión
o que máis lle envexo é a luz. e o pico enxeñeiro, arquitecto, carpinteiro...
ResponderEliminarSiempre nos queará vivir debajo de un puente, el agua nos saldrá gratis. :)
ResponderEliminarXa vexo que tes unha rosiña polo blog :-)
ResponderEliminarMeu, os paxaros tamén sofren os desordes climáticos e alimentícios do mundo mundial. Menos mal que os rapaces agora non se adican a desfacerlle os niños, xogan a nintendo :-)
Apertas e deica.