Ainda coñecendo ben o medio no que nos desenvolvemos a diario, adoitan engadirse condicionantes -esóxenos i endóxenos- que fan variar os equilibrios sobre a kanoa na que habitualmente nos movemos por ese río que -decía Manrique- nos leva inevitablemente ao mar.
Un levísimo movemento pélvico (cheee, non se me vaian do fío da navegación) pode doadamente poñernos boca abaixo tan axiña como baixamos un rápido. Un paleo fora de tempo produciría un escoramento indebido contra as afiadas rochas das beiras. Un aumento da presión na corrente que non tiñamos previsto poden espetarnos no leito areoso facendo un pinchacarneiros non medido e de consecuencias imprevistas, por máis casco que levemos...
Con todo, segue a ser trascendental saber mover ben o remo e, ainda enzoufados na espuma branca da corrente, sexamos capaces de ter o astrolabio da calma fixado no azul do ceo que nos permitirá saber que seguimos na posición correcta e co rumbo axeitado: río abaixo e cabeza enriba.
Un levísimo movemento pélvico (cheee, non se me vaian do fío da navegación) pode doadamente poñernos boca abaixo tan axiña como baixamos un rápido. Un paleo fora de tempo produciría un escoramento indebido contra as afiadas rochas das beiras. Un aumento da presión na corrente que non tiñamos previsto poden espetarnos no leito areoso facendo un pinchacarneiros non medido e de consecuencias imprevistas, por máis casco que levemos...
Con todo, segue a ser trascendental saber mover ben o remo e, ainda enzoufados na espuma branca da corrente, sexamos capaces de ter o astrolabio da calma fixado no azul do ceo que nos permitirá saber que seguimos na posición correcta e co rumbo axeitado: río abaixo e cabeza enriba.
Foto: Kaiak extremo no Ulla, pertiño de Frádegas (Antas de Ulla)
Nestes tempos sobran as rochas afiadas...
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
(PD: palabra de verficación: "morto") uuuuuffffffff
Posición correcta e rumbo axeitado, que difíciles resultan cando os tempos veñen bravos coma as augas do Ulla por Mácara e Ramil.
ResponderEliminarE que xa o dis tú todo... e logo pretendes que sigamos a pensar que o que queres é falarnos do kaiak.
ResponderEliminarNon temos máis remedio que darlle á pa porque estamos metidos no río queiramos ou non. E menos mal se non temos que remontar o río !!!...
ResponderEliminarPrecisamente por tantas rochas afiadas e tanta forza do río, hai que aprender a remar ben dende cativos, non vale iso de deixarnor levar pola corrente, pode, incluso, resultar altamente perigoso.
ResponderEliminaré importante intentar mantelo equilibrio....bicos!!!
ResponderEliminarNon podemos deixarnos levar, hai que buscar a ruta correcta. O peor é cando se complica todo e hai que ir río arriba e coa cabeza baixa, mal asunto.
ResponderEliminarCon movementos pelvicos non somos capaces de enderezar un rumbo cambiado, pero un movemento pelvico pode facernos ir a cara as rochas puntiagudas.
ResponderEliminarAsi que ollo cos movementos pelvicos.
Por certo, as feiras van pasando e a carne vaise pasando. A vos entendedores..... saudos.
Manter a calma cando se está enzoufado na espuma non é doado. A calma é o primeiro que perdo cando o leve control que marco eu co meu remo vai ó garete! Ainda se non houbese tantos elementos non controlables!
ResponderEliminarOutro texto teu cunha alegoría perfecta no que ver refrexada algunha inquedanza propia!
(Sempre me pregunto se é primeiro o texto e despois a foto, ou ó revés. Intuo que primeiro é a foto)
Saiume a palabra antispam reptil... non me vou dar por aludida :-)
Deus... Canto tempo fai que non vou remar un pouco, con este tempo apetece.
ResponderEliminarBen certo o que dis neste texto.
Un saúdo!!
Si, si como teoría está muy bien, y aquí una libra que te va a decir de la búsqueda del equilibrio... pero... pero... ¿y lo bien que sienta de vez en cuando un buen chapuzón cuando sabes que no debes pero...? ¿ y lo bien que sienta dejarse caer de lado... para atrás... del revés, ir río arriba y buceando? Arriesgado pero...
ResponderEliminarAparte, a veces caerse y empaparse es muy bueno, nos enseña lo bien que se está seco y a valorar un suelo firme.
Bicofletes sin remos, a la deriva...
Mans no remo, e, sen deixar de movelo, facemos o movemento pélvico, chas chas chas.. (iso é a espuma), enfouzados río abaixo..
ResponderEliminarSó de pensalo xa estou cansa... ¿E non podemos ir en Gondola por unha canle veneciana tranquilamente mentres o gondolorero nos canta...? ¿non?
Booeeeenooo... pois a aprender o dos deportes extremos, hala, haber que se pode facer..
Eu, que tamén son Libra (así que teño certo coñecemento da nosa idiosincrasia), debo dicir que somos os menos equilibrados do zodíaco.. jajaja, porque de tanto buscar o punto medio, a xusta medida.. pasámonos sempre, e nunca estamos satisfeitos.. jajaja.
Pero é divertido mentres buscas, eso sí (¡a de movementos pélvicos que facemos na procura do equilibrio! jajajaja)
Bico, a secas.. jajaja
Enzoufado... non enfouzado... aisss
ResponderEliminar¡e mira que aprendo contigo!
Sempre quixen facer iso!!!!
ResponderEliminarCreo que terás que deixarnos un par de remos a máis dun... Os teus parecen tan fiables!
ResponderEliminarO bo é que case sempre hai "una luz/ al otro lado del río", así que "remaaaa, rEEEmaAAA, remaaaaa!"
Non me gustan nada as descargas de adrenalina, nin en deportes de risco nin en atraccións de feira.....O de enzoufarme, non me importa....
ResponderEliminarDeberías meterte a poeta, Chousa.
Moitos bicos!!
ANTÓN DE MUROS: Hainas. De certo que si. Pero sabéndoo xa temos unha vantaxe; así que aproveitémola e continuemos a singladura sin rozar moito a kanoa nelas…
ResponderEliminarANTO: E se cadra ata estiveches ti do outro lado da corrente o sábado. Eu, despistado de min, perdín un protector do obxectivo da miña cámara no rio. En todo caso a mañán foi gratificante e pagou a pena.
MARKESA MERTEUIL: Eu digo o que digo; pero cada quén imaxina o que imaxina… jajaja. En que andaría pensando vosa mercerde. Non ve que coa friaxe da auga de marzo non hai quen poida pensar noutra cousa que non sexan as raiolas de soliño?
PAIDELEO: Estamos no rio, si señor. E ás veces hai que remontalo. Haberá que aprender dos salmóns, que rebechan cara arriba con inusitada enerxía. Axudándonos do remo da intelixencia ou palanqueando coas pólas dos arboliños da beira…
MER: Certo!. Unha aprendizaxe prematura é o quid da cuestión. O que pasa é que o rio actual é tan mutante que …vai ti saber se as paladas aprendidas hoxe serven para navegar nos rápidos de mañán…Con todo, mellor estar entrenadiño.
CARLOS SOUSA: Boeno, tamén compre ter unha boa capacidade pulmonar, por se hai que ter a cabeza debaixo da auga un anaquiño. O importante é non afogar, non si?
BARREIRA: Cos movementos pélvicos facemos algunhas virguerías, ainda que nos esfachemos contra o coxis, digooooooo, contra as rochas!.
Non me esquece o da feira. Ademáis supoño que as feiras en Castro son mensualmente cíclicas, ou?
ZELTIA: Boh, pásanos a todos. Eu seiche moita teoría; pero despois cando me falta aire braceo como todo kanoista inexperto.
E alédame percibir que hai inquedanzas compartidas. Faime saber navegante dun rio no que non vai so a miña kanoa (ás veces) á deriva…
(Intues ben, pero so ás veces. Hai casos nos que busco unha foto para unha inspiración que repta polos meus miolos de xeito súbito jajaja).
SOO: Pois remar é un deporte moi saniño. Moves moitos músculos e ademáis, cando te ríes toda enzoufada, tamén moves os musculiños da cara…
CRIS: Reconozo que teorizar é moito máis doado que actuar. En todos os eidos. Pero tamén é ben certo que hai veces que a práctica é infinitamente máis gratificante que a teoría. E si, tés razón: ainda non sendo o axeitado…que ben presta un chapuzón!!!!
PITIMA: Mira que bonita comparación me fas coa góndola e mailo gondolero cantando. Contraste interesante, pero…e así quen fai os movementos pélvicos; e -sobre todo- con que motivo?.
Terei que ir un día por Venecia para traer esa imaxe da calma sobre as augas. Mentras tanto seguirei pensando que hai que enzoufarse e tamén enfouzarse para sentirse vivo!
AVELAÍÑA: Ven a Antas. Do sitio onde facelo dígoche eu. Ten pinta de molar moito; á que si?. Claro que cando algún quedaba un anaco revirivolteado…case se poñía un nó no estómago. Pero xa sabes; se te animas…
MAR E LÚA: Non te fies das apariencias. Ás veces doume cada zafañada…incluso me golpeo co meu propio remo!. Mira se non serei pasmón.
O que xa contaba antes: moita teoría; despois hai que verme enzoufado na espuma branca…
HADEX: A min tamén me gustan máis outro tipo de descargas, Hadex. Nas atraccións de feira non subo, xa que me parece que tiñan que pagarme a min en troques de facelo eu a eles (encima que vou pasar medo…ter que pagar nonono).
E xa ando poetizando cada día enriba da miña kanoiña, meneando o remo e, ainda que enzoufado, tentando non tragar toda a espuma branca que se ergue arredor nos rápidos…(graciñas polo piropo ;-) )
A foto dame medo so de vela, mira que pasei medo no descenso do Sella para canto mais se hai uns rápidos como estes.
ResponderEliminartamén esa sensación de que te vas esfachas en menos de nada... ;b
ResponderEliminarSempre, en todas as circunstancias, manter a calma é o que máis axuda a saír de situacións perigosas coma esta da fotografía ;-)e outras...jeje
ResponderEliminarFeliz día, papá Pepiño ;-)
Chuchos
OOOOOhhhhhhh que boa pinta!!!! sei que tes razón e que temos que andar co rio abaixo e a cabeza enriba pero non todas as caidas son mala cousa..as veces aprendemos delas e incluso saimos da auga a gargalladas. Eu fai 15 anos exactamente que non remo.
ResponderEliminarJajaja, un levísimo movimiento pélvico, ¡qué peligro!, ¿llegaremos a la posición correcta que nos permita seguir el rumbo acertado?
ResponderEliminarBiquiños, Chousa.
ARTABRIA: Non teñas medo, que o kanoista da foto véselle moito xeito e control. Ata me da a impresión que podía levarnos a ti e mais a min dacabalo da sua nave sin sudar máis pola carga adicional. (Medo darache; pero á que mola?)
ResponderEliminarNOA: Dí que si. E deixando no río unha estela de adrenalina que despois beben as troitas con fruición...
CUSPE DE PITA: Si, pero o carallo é saber conxugar o remo co equilibrio postural mentras se contrarresta a forza da corrente. Puf, eu penso que era mellor conxugar o presente de indicativo do verbo...comer (por dicir algún da segunda conxugación!)
Graciñas polas felicitaçaos. ;-)
VINTXUCA: Levas razón. Os ríos calmos non fan expertos mariñeiros. Claro que se as zafañadas que te pegas non che esmagan os miolos...sempre se aprende. A cuestión é que a kanoa chegue enteira. E o kanoista tamén!!!
IRENE: Estou seguriño de que sí chegaremos. Para iso todos levamos un arte innato que se pon en funcionamento él soliño. Que listiños somos, á que si? ;-)
--
Animádevos a participar no Ferve a Rede de Vieiros. Eu xa teño o meu microrrelato alí. Quen queira votarme...pode facelo!!! Puxen un link...
Saber manexar ben o remo é moi importante Chousa, si.
ResponderEliminarBoas! son Alberto, un dos proprietarios dos muiños do corgo. Como temos pendente unha visita, informoche que este domingo vou estar nos muiños dende as 12.30 da mañan ata as 5 da tarde, asi que si quueres vir e velos por dentro so tes que avisarme. meu numero é o 658911492.
ResponderEliminarSUSANA EROTÓMANA: O remo por suposto; pero non me negarás que os movementos pélvicos non axudan tamén...
ResponderEliminarE moitas máis cousiñas que fan da navegación un arte que reportas inumerables satisfaccións e beneficios. Ou non?
ASOCIACIÓN "O NARANXO": Alberto, pois ha de ser un pracer. Xa me comunico contigo a través do teléfono, a ver se podo mañán relembrar a miña infancia cando acompañaba a meu pai a moer nos muiños do Corgo...
paréce complicado, a verdade. Eu, desas cousas fíxenche máis ben pouco.
ResponderEliminarMANUEL L.RODRIGUES: Já. Eu miro dende as rochas. Eso sí, cámara en ristre!
ResponderEliminar