En xeneral os humanos nacemos con moito coidadiño, circulamos polo raíl da nosa vida con suma precaución e descarrilamos paseniñamente cando a vía remata.
Durante o traxecto compre que teñamos tino con case todo, xa que por máis depredadores que sexamos, tamén resultamos sumamente vulnerables a un amplísimo espectro de riscos.
Ter tino co frío, coa calor, coa velocidade, co exceso de lentitude, co lume, coa auga...
Semella que todo nos agrede, incluido o propio entorno. Virus, bacterias e un sinfín de males ameazan cada segundo con invadirnos nunha abordaxe sen previa advertencia.
Habería que sinalizarlles a todos eses elementos que sexan eles quen teñan tino, que pasamos nós. Ou qué carallo!
Durante o traxecto compre que teñamos tino con case todo, xa que por máis depredadores que sexamos, tamén resultamos sumamente vulnerables a un amplísimo espectro de riscos.
Ter tino co frío, coa calor, coa velocidade, co exceso de lentitude, co lume, coa auga...
Semella que todo nos agrede, incluido o propio entorno. Virus, bacterias e un sinfín de males ameazan cada segundo con invadirnos nunha abordaxe sen previa advertencia.
Habería que sinalizarlles a todos eses elementos que sexan eles quen teñan tino, que pasamos nós. Ou qué carallo!
Foto: Sinalización ou advertencia?
Oxalá fose tan doado que os elementos foran os que tiveran coidado con nos, aínda que iso de que todo nos agrede.....parece que vas de vítima Chousa e así non se consegue nada nesta vida :P
ResponderEliminarBridemos por outros cen posts e todos os que veñan despois dos douscentos.....
ResponderEliminarBoh, e que veño de atravesar a espesura dunha gripe que me ten baixiiiiiiiiño...
ResponderEliminarVeña!, eu brindo con un vaso de Frenadol.
ResponderEliminarMoitos parabéns polo blog!! Que siga a ledicia, a ironía, a retranca e bo humor coas cousas serias. Xenial!!!
ResponderEliminarEsta vida hai que levala con humor e con aspirinas.
ResponderEliminarO da foto era demasiada casualidade para ser certa pero quedouche mui ben.
A seguir cos centos de posteos...
Parabéns, 100.
ResponderEliminarparabéns por esses cem e agardamos no menos outros cem, nom?
ResponderEliminare qual seria a forma de aviso a todos esses virus, bacterias e demais? sabem ler? falam como nós? existe vida inteligente?
beijos de melhoras.
Síntoo pero penso que a única ameaza deste mundo somos nós (é que son unha catastrofista de nacemento, teño moi claro que o cartazo é unha advertencia)
ResponderEliminarNORABOA POR ESTE MAGNÍFICO BLOG QUE TES, e que cumpras rápido outros cen.....
Biquiños esterilizados (de bacterias e esas cousiñas)
O letreiro heche ben certo, hai que ter coidado cos peóns que se che botan enriba e non esperan a ver se os miras.
ResponderEliminarNoraboa polos "100" e polos trucaxes fotográficos. Quedouche divino
Ai, oh. I eu que che ía a dicir que para cando poñiamos data para a publicación do lucencismo agudo...
ResponderEliminarEu penso que é unha advertencia cara a natureza de que imos a ir alí a... que peniña, que pouco respectamos.
Aiiii, non podes imaxinar o ben que me vén o último parágrafo nun día coma o de hoxe, que tiven exame e discusión familiar :)
ResponderEliminarEstou de volta, que teña coidado o blogomillo, que paso!!!
É asunto ben vello. Mira o que escribiu Jorge Manrique nas súas Coplas:
ResponderEliminarEste mundo es el camino
para el otro que es morada
sin pesar;
mas cumple tener buen tino
para andar esta jornada
sin errar;
partimos quando nasçemos
andamos mientras bivimos
y llegamos
al tiempo que feneçemos,
así que cuando morimos
descansamos.
Noraboa polos 100 artigos. E sen enganos porque eu crin o da marca dos vaqueiros da moza da feira. E saúde xa que vexo que as gripes te maltraen. Apertas a eito.
Parabéns polos 100 post e sobre todo polas risas e a retranca que nos das en cada post.
ResponderEliminarEu xa sinalicei, púxenlle unha sinal con unha frechiña á gripe, para que torza cara outro lado pero non fixo caso ou estraviuse, o caso e que veu para onda min e deixoume para o arrastre.
Espero que sanes pronto, dalle ao frenadol ou ao ibuprofeno que tamén vai ben.
Biquiños.
Eu nom sei se haberia que felicitarte a ti pelos 100 posteos ou a nos por terchos aturados. Seja como fose brimdo contigo por outros cem.
ResponderEliminarE ja sabes ao catarro hai que darlle co jarro (ou acabaches o viño?)
E de que lado de Antas é a foto esta da advertaising?
Carlosm
As ameazas, non só non esperan a que pasemos nós, senon que si nos pillan por de diante soennos arrasar. Pero bueno, o importante é que despois de caído te levantes.
ResponderEliminarAmigo, felicidades polos 100 momentos de bo gusto, de risas, de fotos moi moi descriptivas, e de entrañables e profundas verbas.
Eu quéroche facer unha proposición. Porque non fas unha enquisa entre todos os teus lectores para saber que "post" foi o que mais gustou ou o que mais recorda. Eu xa teño o meu candidato.
100 saudos.
Pois veña, se hai ánimos propoñede candidatos e cando haxa 4 ou 5 eu poño a enquisa.
ResponderEliminarFai uns días, un jicho tivo que pisar o freno de súpeto porque un mozo botouse como unha cabra ao paso eses das cebras, e cando xa ía rematando mirou ao conductor e díxolle con certa sorna !soy un peatón, soy un peatón...!
ResponderEliminarMeu, a seguir contando.
Asi que xa eres centenario, noraboa, oh! E a seguir tirando.
ResponderEliminaré dificil escolher... mas dos que mais gostei foram: amantes, trivialidades e fraxilidade.
ResponderEliminarbeijos
Para min sen lugar a dubidas as verbas adicadas a tua nai. Pero as analises economicas son xenais, e de todas quedome coa bolsa de ¿vilasante? (e que non me acordo, nin dos títulos dos post, pero ti seguro que sí, que eres moi espilido).
ResponderEliminarPor certo, fai un post ou algo incentivando a realización da enquisa.
Saudos
Vaya pues que somos un peligro para el resto de los hombres, para la naturaleza y para nosotros mismos, pero eso ya deberíamos saberlo, no hacen falta carteles. Ya llevamos el: cuidadito que por aquí paso yo escrito en la cara!
ResponderEliminarAunque sí está bien que nos lo recordemos a nosotros mismos y tengamos cuidadito.
Tu si que tienes que cuidarte que estabas pocho, no?
Bicofletes sanitos de cumple. Brindo por otros 100 post!
Eu, ao ter lido isto, pregúntome se semella que todo nos agrede ou se semellamos agreder nos a todo o que temos ao redor...
ResponderEliminarFermosa maneira de espresar.
Un saúdo
Cen cen cen... qué manías tedes de contalo todo... carallo...
ResponderEliminarA min parécenme poucos. Quero moitos máis... jajajaja
Eso sí, pouco a pouco, non nos vaia sentar mal tanta retranca xunta.. jajajaja
Eu sempre recordarei aquel, Amantes, como dos mellores, e non tiña retranca, mira tí.. pero sí unha sentida sensibilidade coa que nos agasallas de cando en vez.
E non o dudes, nós somos moito máis dañinos para o ecosistema onde vivimos e nos movemos que ó contrario.... Claro que non se sabe cando cambiarán as tornas...
En primer lugar, felicidades por tus cien entradiñas.
ResponderEliminarHay que tener mucho cuidadín con todo para circular por la vida, nosotros y los demás, ¿a quién irá dirigida esa advertencia?, a veces somos más dañinos que algunos virus y bacterias, ¡ya te digo!
Estoy viendo el muñeco de nieve de Chousa & Chousiña, es muy lindo.
Biquiños, moitos biquiños.
belo boneco de neve!!
ResponderEliminarapetecia-me derretê-lo com...café quente! :)
( ão e inho ?
~
Parabens logo polas 100 entradas, acabo de descubrir o teu blog polo comentario que me deixaches nas bolachas, por certo grazas pola visita...sempre é un placer coñecer novos compañeiros de viaxe.
ResponderEliminarPenso coma ti, hai tantos perigros a os que nos enfrentamos no día a día que mello sería quedarnos na casa.
ResponderEliminarClaro que comer e hoxe en día un dos perigros máis importantes, o menos comprobar as etiquetas dos alimentos que tan cheas de químicas non saudábles pero que ahí están, nas estanterías ao alcance de todos.
bicos
Pero Chousiña! o que había que poñerlle aos atrancos todos da vida son barreiras tipicamente galegas: catro ou cinco fíos de alambre, como corresponde a calquera chousa galega. Ou que? jejejeje Unha aperta
ResponderEliminarsi ho, as veces custame crer que con tantos perigos arredor leve mais de 18.000 dias resistiendo. ¡¡soy una campeona!!
ResponderEliminary después de esta euforia momentánea, de golpe me cayó tema de reflexión cual lápida, digo cual losa :(