A vida diaria precisa de accións que, pola sua cotidianidade, poden semellar irrelevantes; pero que requiren o desenvolvemento dunha serie de habilidades, así como un estimativo consumo de recursos, tanto enerxéticos como intelectuais.
Porén ás veces nos sentimos cansos, ainda sin ter realizado unha tarefa especialmente relevante dende os puntos de vista físico ou mental. Tales situacións vense maximizadas en épocas como estas datas nas que, aparentemente, todo son festas e algarabías, e en ocasións precisamos dun descansiño, un aloumiño ou unha cariciña.
E se non temos quen nos proporcione esas doses de combustible etéreo para que o carburador da nosa vitalidade siga movendo as poleas do inxenio; pois non queda outra que ser autocomplacentes, e agasallarnos a nos mesmos esa pequena licencia dun lametón alí onde máis o precisemos...
Claro que para facelo coa chulería coa que o fai a Gallarda, compre saber aparcar moi ben o pudor na cuneta da indiferencia.
Porén ás veces nos sentimos cansos, ainda sin ter realizado unha tarefa especialmente relevante dende os puntos de vista físico ou mental. Tales situacións vense maximizadas en épocas como estas datas nas que, aparentemente, todo son festas e algarabías, e en ocasións precisamos dun descansiño, un aloumiño ou unha cariciña.
E se non temos quen nos proporcione esas doses de combustible etéreo para que o carburador da nosa vitalidade siga movendo as poleas do inxenio; pois non queda outra que ser autocomplacentes, e agasallarnos a nos mesmos esa pequena licencia dun lametón alí onde máis o precisemos...
Claro que para facelo coa chulería coa que o fai a Gallarda, compre saber aparcar moi ben o pudor na cuneta da indiferencia.
Foto: A Gallarda. (Xa o dicía Mecano: "lame aquí, lame allá...")
Hoxe é un deses días, ¿verdade?
ResponderEliminar¡Que puñetero me resultou sempre o ano novo!
Despois dos bailoteos de onte, hoxe o que preciso é o que ti dis: descanso e aloumiños a esgalla.
Pola miña parte xa van uns agarimos cara Antas para che axudar a curar o mal do Ano Novo :-)
E que... non te acabo de ver na postura da Gallarda! ;-)
Chuchiños
Tu lo has dicho: "estas fechas en las que, aparentemente, todo son fiestas y algarabías". Ese aparentar cuando la procesión va por dentro, agota, y cuando pega el bajón de la aparente alegría, el alma necesita ese mimo, esa mano de quien está y con quien no hace falta aparentar.
ResponderEliminarOjalá perdiéramos la vergüenza y el pudor para muchas cosas y fuéramos menos indiferentes con tantas otras.
Bicofletes muy chulos hoy ;)
Y no pienses lo que dices que estás pensando... ya eres estupendo así!
Ai, que pouquiño flexible que son... Mira que o tentei, pero terei que buscar a alguén que se ocupe de lamerme os tobillos... que non chego...
ResponderEliminarE aínda queda Reis !!!.
ResponderEliminarEu levo día preguntando que día é hoxe.
ResponderEliminarBo ano.
Non che hai medida... E quén non se cansa nestes días.. E a quén non lle da o baixón (a mín paréceme que xa me deu antes de empezar.. jaja)
ResponderEliminarLamámonos pois, sen pudor... porque a xenerosidade debe empezar por un mesmo, e porque non se pode esperar polos demais cando o que mais e o que menos anda no mesmo.... Salvo que encontres a quen aloumiñar mentres te aloumiña a tí... que tamén pode ser.
Un bico recheo de agarimo.
De todos modos, inda que alguen se digne a atender as nosas necesidades, un momento para nos, de eses que fai falla, e necesario... para recordar quen somos, supoño.
ResponderEliminarNon vou a repetir o de feliz ano novo, pero xa sabes que non teño outro desexo para contigo.
Apertas de día dous.
Pasaba por aquí para desearte un feliz año 2009. Saludos
ResponderEliminarestas datas som mesmo cansas mas acavam passando e na memoria ficam as coisas lindas como os alouminhos proprios ou alheios.
ResponderEliminarmiminhos para antas e muitos beijos
tes razón, nestas fechas onde todo son festas... tamén necesitamos de mimiños... preocupamonos máis en que o resto este agusto e deixamonos un pouco de lado...
ResponderEliminarPois dende o outro lado da rede, mandoche uns poucos de mimiños para que leves mellor estas datas ;) bico
E que día é hoxe? Claro que despois de tanta festa e excesos, uns achuchóns ou lametadas non veñen nada mal. Je,je, xa o dicía un que sei eu, que aínda estaba medio a dormir; "Polo polvo que votaches ..." Se o final o importante é perder o pudor.
ResponderEliminarUnha aperta, e que haxa moitos lametóns este ano.
A min cada ano gustame menos estas datas, menos mal que hai uns sobriños que as chean de ledicia coas suas caras ao abrir os regalos......
ResponderEliminarPodemos facer un boicot para o ano que ven....
ok, quedamos nesas artabria, a ver si para o ano que ven organizamos aljo. E si, hoxe é o día, o 1, un dia para non pasar, ai se pasasemos directamente ao 2, eu creo q sería mellor!
ResponderEliminarBueno, eu todolos anos ijual, indo para a camiña a eso das 00.30, e claro despois o dia un, e que non ai nin dios, e os que te atopas, non lles fales, porq so falaran de resaca e de chocolate con churros.
Si señor chousa, e che un dia para os mimos, pero para mi en xeral, eche o nadal enteiriño.
Puff, menos mal q xa se vai, jejje!
Ah! que se me esquecia, uns lame lame dende o Sardiñeiro!
ResponderEliminarjajaja
mimá vas acabr o dia, lamido como un jatiño sucio!
Gústame especialmente a foto, pola postura impúdica da vaca, pola escultura que lle fan as luces e sombras e porque na súa lambetada inocente encontraches ti boa excusa para curarte de tanta algarabía navideña.
ResponderEliminarMoitas apertas.
Aínda que sone demagóxico....qué sorte teñen eses seres que descoñecen o termo "pudor"....
ResponderEliminarChousa, tes un punto de ironía literaria realmente admirable...
Biquiños!!!
Desde hace bastantes años me entristece la nochevieja, no sé bir por qué. La foto a Gallarda ¿es un robado o un posado? :)saludos
ResponderEliminarDepois de uns dias de ausência, (desta vez foi o pc que foi para o hospital) estou de regresso.
ResponderEliminarAgradeço-lhe e retribuo os votos de bom 2009.
Um abraço e bom fim de semana
Me has emocionado con tu coment en mi último post... Se que para ti es además un esfuerzo entrar a verlo, así que no puedo sino darte las gracias muchas veces, ahora de nuevo, por estar allí.
ResponderEliminarBicofletes emocionados.
(vaya, hasta la palabra de verificación se ha puesto bonita: PERSEA)
Ben certo iso que dis. Deberiamos reparar máis nas pequenas cousas que parecen carecer de importancia, aparentemente...
ResponderEliminarUn saúdo!
pois mira, son galega de pura cepa pero das de pelo laranxa e vaia onde vaia me toman por irlandesa (en italia e francia tiven unhas discusións tremendas porque moita xente non cría que era española) e aquí en santiago... a min sempre me ofertan a torta de santiago no franco...
ResponderEliminargrazas pola invitación... con moito gusto
Oes ho, ainda vas ter que fixarlle unma nómina ao Anxelinho pola fonte de inspirazóns que che reporta con as vacas, ovellas e ovellinhas.Um dia tes que contarlhe que o estas facendo famoso.
ResponderEliminarE com relazón á vaca da foto, ti sabes aquelo de que "mulher flaca c... de vaca?"
Sau2
A autocomplacencia non é fácil. E canto mais grande sexas mais dificil é.
ResponderEliminarAsi que si temos quen nos bote unha man moito mellor.
Saudos Chousa e feliz ano
En primer lugar decirte que sí, eres malo.
ResponderEliminarCansadita estoy de estas fiestas, ya sólo quedan los reyes, menos mal, aunque de estas, concretamente, no me puedo quejar, Luna, la perrita de la chica de mi hijo, me dió un lametón de lo más cariñoso.
Chousa, se me olvidó dejarte mis mejores deseos para este año y moitos biquiños.
ResponderEliminarNon sei o que decía Mecano pero por aquí dícese "que cada can lambe o seu carallo".
ResponderEliminarAs vacas non teñen, e fan ben, esa vergoña que as veces os humanos nos coarta e paraliza. E pola outra banda a Gallarda véselle estilo dabondo e fotoxenia tamén ten.
Que teñas un bo 2009.
Apertas.
Pudor...ou sen pudor.
ResponderEliminarImpudicos dirian alguns....
Pero ¿de que estamos afalar...?
Do final do tempo vello, ou do ano novo?, do final dunha forma de vida, ou dunha maneira de vivir?..
Pudor, ....eu prefiror carecer del, e mirar as cousas como son, ou como creo velas, espidas...sen velos que as deformen, ou mediaticen.
E despois de tres post seguidos con foto de animaliños (...), o seguinte toca de outra materia.
ResponderEliminarQue os Reis fosen bos, e se non...a modificar pautas conductuais para o ano que ven!
combustible etéreo para o carburador da nosa vitalidade?
ResponderEliminarcoño! vai ser que quedei sen gasoil!
Pois a repostar, carallo!. Que senón unicamente podes andar polas costas abaixo...
ResponderEliminarA verdade é que este post non ten desperdicio. E mira por onde, os teus post sen fotos estarían coxos, ¡vaia xeito de hilbanar, meu!
ResponderEliminarcanto máis leo, máis me engancho, agregarei Chousa ós meus blogs amigos para non perdelo de vista.
ResponderEliminar