sábado, 6 de setembro de 2008

Discreción

Nunca vin a unha femia de lagarto alegre de cascos.
Abundando máis na observación, eu diría que son exemplo de discreción e recato. E por riba disque son animais de sangue fría; o cal lles debería aportar ainda máis cobertura nese plano.
Por iso non atino a comprender a teima humana de guindar sambenitos con marcados matices de caracter sexual, baseados nos animais.
Debería ser unha virtude que a alguén lle chamasen lagarta. Debería ter o sentido de muller áxil de movementos, silenciosa no desplazamento e absolutamente integrada no hábitat sin buscar o realce. Xustiño o contrario do que se pretende a quen tal calificativo se lle outorga (agás tal vez a alusión de "movemento áxil", pero non precisamente usado para o desprazamento...)

Foto: Unha lagarta de Antas de Ulla

25 comentarios:

  1. Pois eu penso que é acertado o cualificativo. Hai que ser fría para con movementos áxiles conseguir o que queremos dos que, máis adiante, ofendiciños ou envexosos nos cualifican.

    Eu sempre pensei que o mote tiña algo que ver tamén co dun lista pronunciado en boca de que non ten a sabedoría suficiente ou ben por quen non se atreve a usar o seu potencial.

    Bicos...

    ResponderEliminar
  2. Xamais entendín esa expresión. A de "é mais puta que unha galiña" si, porque todo o mundo sabe que as pitas son moi proclives o sexo fácil e en canto ven a un galo cerca deseguida se aniñan e esperan gustosas a embestida.

    ResponderEliminar
  3. Hai tantas así: que se zorra, que se perra..........xa ves, o machismo chega a puntos inmaxinables.....

    ResponderEliminar
  4. a mi me gusta lo de lagarta lagarta lagarta!! jaj y no son de sangre fría.. que queda muy mal..es que no regulan su temperatura..besos

    ResponderEliminar
  5. Pois eu quedome con esta lagarta de antas de ulla!
    Ai que ver!

    A sensulaidade que desperta este blogue, a senxualidade de Antas de Ulla, haberá que ir botar unha xestiña, encima dese verde, antes de que chegue a friaxe.

    ResponderEliminar
  6. Curiosamente, un dos máis tenros poemas de Lorca e aquel que di:

    El lagarto está llorando.
    La lagarta está llorando.

    El lagarto y la lagarta
    con delantaritos blancos.

    Han perdido sin querer
    su anillo de desposados.

    ¡Ay, su anillito de plomo,
    ay, su anillito plomado!

    Un cielo grande y sin gente
    monta en su globo a los pájaros.

    El sol, capitán redondo,
    lleva un chaleco de raso.

    ¡Miradlos qué viejos son!
    ¡Qué viejos son los lagartos!

    ¡Ay cómo lloran y lloran.
    ¡ay! ¡ay!, cómo están llorando!

    ResponderEliminar
  7. raposo, eu xa sei que tí debes de entender de galiñas, pero en cambio a min pareceme que as galiñas están dominadas polo galo, e que mais ca unha xuntanza alegre, e un rendir pleitesía o orgulloso galo, case que violador, ay xesús que cousas digo, pero de nena e o que me parecía que o galo era un abusador. Despois non tiven moita oportunidade de curiosear a vida sexual de galos e galiñas.

    e agora indo o tema de Chousa, non mo parara nunca a pensar... e cavilando un pouco vexo que hai moitos calificativos humanos con nombres de animais que son axeitados, pero outros ¿por qué un "delfín" es un heredero o un sucesor? y un "gusano" una persona despreciable? y una "mariposa" un homosexual? y un merluzo? y un mosquita muerta? y pardillo? y una sabandija?

    :)

    ResponderEliminar
  8. chámame lagarta as veces que queiras, chousa.

    ResponderEliminar
  9. Pues sí que es una pena que se usen así de mal los nombres y cualidades de los animales para de ello sacar insultos hacia las mujeres... a mi se me ocurren tantas cosas buenas que tienen y que ojalá yo tuviera o me las dedicaran...

    Por cierto me encantan los reptiles, veo alguna lagartijilla pero no me dió tiempo aun a fotografiarlas... me quedo embobada mirando... y se escapan. HAce unos años eso sí, entró en casa una pequeña salamandra y de ella sí tengo fotos... mas mona...
    bueno, mona, no, salamandra... Mira tu, acabo de encontrar un nombre de animal MONA que no es un insulto...

    besos de los mas monos..

    ResponderEliminar
  10. De feito eu síntome lagarta LAGARTA. De verdade Chousa que sí...
    Meu home chámamo cariñosamente.. jejeje. Claro que ten truco. Próximamente nas súas pantallas, nalgún post aínda por perfilar, saberás de qué che falo.
    É peor considerado o de Zorra...
    Eu tampouco lle vexo moito atino a esto dos insultos animais pero...
    Na intención está o agravio.

    Velaí che vai un bico reptando..

    ResponderEliminar
  11. Vaia entrada, Chousa!: en poucas liñas ten moitos ingredientes ;-)

    No tema dos motes: estou moi de acordo con Pitima "na intención está o agravio".
    Tamén con Cris. Non sempre o nome dun animal é un mal cualificativo. Eu por exemplo, dígolle á miña rapaza "pichoncita" como expresión de agarimo ;-)
    É que os trocos son unha ferramenta poderosa para a expresión, ollade como Lorca chámalle "capitán" (e por riba con chaleco) á estrela do nosa galaxia ;-)

    Lendo das pitas e os galos, que nomean Raposo e Zeltia, pensei nas pombas. Sempre vexo ao macho detrás de algunha e case nunca atopo que acade o "movemento áxil"

    E por último, Chousa, se me permites abusar do espazo para un comentario, penso que a sensualidade e sexualidade que hai no blog, e que sinala Bagoas insomnes, é a garantía que sexa moi vital ;-)

    Unha aperta dende o inverno.

    Antón.

    ResponderEliminar
  12. Tamém aos homes se lles pode insultar con nomes de animais: "non sejas castróm!".
    O certo e q as mulheres son destinatarias de mais agravios animalisticos sim.

    Parabens por "capturar" a lagarta de Antas na imagge

    ResponderEliminar
  13. E que me dis dos termos "caralludo" ou "cojonudo" e "coñazo".......Os masculinos son de cousas boas e os femeninos de cousas malas.

    ResponderEliminar
  14. Eu estou con veca, si lle chamas zorra a unha muller... sen embargo se dis que un home é un zorro, xa ten outras connotacións, sempre o machismo polo medio, en fin...
    Bicos.

    ResponderEliminar
  15. Con lo riquiños que son la mayoría de los animales... y qué verdad es, casi siempre se les asocia a cosas no demasiado buenas.
    Como ese dicho, que es un poco fuerte, pero que me hace gracia, "eres más puta que las gallinas de Corinto, que aprendieron a nadar para que las follaran los patos".

    También de acuerdo con Veca, deduzco que la mayoría de estas expresiones las han ideado los hombres.
    Bicos, Chousa.

    ResponderEliminar
  16. Parece mentira, co listos que son os animais e o ser humán a menosprecialos... como cando eses que se creen tan listos e tan sabelotodo e ven dúas mulleres ou dous homes bicándose e din "vaia, parecen animais"... xa lles justaría a eles...

    ResponderEliminar
  17. Me paré en este blog por las buenas fotos que tiene. Te felicito por la elección aunque no puedo opinar del texto, pues no entiendo el gallego. Es una pena que no lo escribas en castellano para que te podamos entender más gente. No se. Es mi opinión, pero me parece que os perdeis muchos lectores así.
    Felicidades por las fotos, repito

    ResponderEliminar
  18. Coincido contigo en non lle encontrar relación ao termo co que se alcuma as mulleres e o comportamento do réptil en cuestión. É costume bastante frecuente apelar a animais para cualificar condutas humanas. De todos eles quizais o máis ocfensivo para ambas parte sexa o alcume de BURRO.
    Amigo Chousa, estás a desenrolar todo un tratado de zoopsicoloxía humana. Cousa difícil por certo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  19. Primeiro dicir que non penso que se precise ningún parecido entre unha femia de lagarto (ou calquera outro animal) e unha muller cando do que se trata é de denigrar a esta última asimilándoa con un ser vivo que se considera inferior, ruín, repelente ou desagradable.
    E na mesma liña dicirlle ao Raposo que tampouco hai razón para iso de "é máis puta ca unha galiña" porque segundo o diccionario unha puta é a que cobra polas relacións sexuais e as galiñas (polo menos as da miña terra) non cobran ;-)

    ResponderEliminar
  20. Ahhh, e sí, concordo contigo, observador Chousa, en que chamarlle a alguén lagarta debería ser un piropo (polo menos para os que admiramos a discreción :-) )

    Chuchos

    ResponderEliminar
  21. Discretas procuramos selo a maior parte das mulleres e das femias en xeral. Os que ides máis adornadiños (falo da maior parte das especies animais: véxase o pavo real, por exemplo) soedes ser os machos, por aquilo de dicir: eh, nena, comigo vas ter unha descendencia cunha xenética que lo flipas.

    Os homes cambiastedes as vistosas plumas por feromonas e outras "-onas" que non coñezo (son de Historia e tal...).

    E vamos, que se hai que ser lagarta, que me apunten na lista.

    Tamén a intelixencia de manipular vontades é un atractivo.

    Beijo

    ResponderEliminar
  22. Mira que sodes revirados, son cousas da "riqueza" lingüística do noso idioma. En realidade tampouco nos importa demasiado ser lagartas ou zorritas (ollo que non se usa no mesmo sentido que zorra), o fin e o cabo semella un signo de intelixencia.

    ResponderEliminar
  23. Un tópico máis...como tantos outros.

    Un bico verde e espelido.

    ResponderEliminar
  24. É increíble a capacidade que teñen de camouflaxe os lagartos. Saúdos e unha aperta.

    ResponderEliminar
  25. Tes razon, son agiles e discretos, e con todo, cando se lle chama a alguén "lagarta" non fai referencia ás calidades dos lagartos.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: