Non hai xeito a comprender tanto en tan pouco tempo. Un so segundo e todo muda, todo doe, todo remata. Tantas inquedanzas e tantas ilusións, misturadas con dificultades e con preocupacións; conformando vida.
E de súpeto os planos mudan e todo perde relevancia. Nada era importante se lle sustraemos o único importante: a vida.
Non hai xeito para comprender que tantas persoas perdan a vida así. Por máis avións que se estrellen, non hai xeito ata comprender que somente somos un gran de area.
Terán que pasar estas tremendas desgracias para que nos percatemos de que somos minúsculos?
E de súpeto os planos mudan e todo perde relevancia. Nada era importante se lle sustraemos o único importante: a vida.
Non hai xeito para comprender que tantas persoas perdan a vida así. Por máis avións que se estrellen, non hai xeito ata comprender que somente somos un gran de area.
Terán que pasar estas tremendas desgracias para que nos percatemos de que somos minúsculos?
É a soberbia do ser humano o que nos fai vernos grandes cando somos insignificantes. Somos uns egocéntricos. Non damos superado que non somos o centro do Universo. Non é a morte o que nos fai pequenos, pero cando reparamos nela sí que nos abre os ollos durante un tempiño, pouco, porque tampouco sería vida ¿non é?.
ResponderEliminarUn bico metafísico.
Muy buena reflexión de la, como se titula el libro, la insoportable levedad del ser. Sólo cuando nos percatamos de nuestra intranscendencia somos capaces de vivir en plenitud. Menuda frasecilla, parece sacada de una homilía. Nada más lejos. Somos la más absoluta irrelevancia cósmica. Somos la nada de un todo que nos supera. Llevamos eras buscando una razón, un sentido. Siquiera la dirección correcta. No lo olvides amigo, el cruel destino nos golpeará homicidamente el día menos pensado. Nacemos doliendo, morimos doliendo también. Tretemos de doler lo menos posible entretanto.
ResponderEliminarMe he liado. Tu entrada me ha llegado. Abrazos emocionados.
Tal vez por iso, por tanta cotidianeidade coa morte, deixara hai tempo de preocuparme por segundo que cousas.
ResponderEliminarSi, unha fracción de segundo pode acabar con todos os nosos desvelos, preocupacións, problemas, felicidades e infelicidades. A vida colga dun fío moi fráxil e calquera vento pode arrebatárnola.
ResponderEliminarDiante destas cousas un aprende que todo é menos importante do que pensa habitualmente e que o que queda sempre é o agarimo dos que queremos e nos queren.
Por iso ti non es para min un gran de area :-))
Unha aperta forte para ti e os teus.
suponse que ser consciente de que a vida e un ben que pode desaparecer de súpeto coma un estalido, ou amodiño coma o lume que vai esmorecendo, faría que relativizaramos as cousas, apartariamos o gran da palla, aproveitariamos o tempo do que dispoñemos que non sabemos canto vai ser; non o perderiamos en parvadas que só lle importan a outros etc. etc. e morreriamos tan naturalmente coma vivimos.
ResponderEliminarpero a morte sempre estremece, témola todos los dias ó noso carón, vémola a diario, é veciña nosa, mesmo temos topado en ocasións con ela de frente ou incluso mirarlle ós ollos e ainda así un arrepío nos encolle
non a podemos ver dun modo natural, non.
A precariedade e a vulnerabilidade das nosas vidas son un feito.
ResponderEliminarNinguén pode escapar delas, aínda que a rutina poida facer que as esquezamos.
Se soubésemos o día da nosa morte, (non digo que sexa desexable) penso que actuaríamos doutro xeito. Quizáis non daríamos importancia a algunhas cousas que nos pasan, verdade?
Por iso, o mellor será gozar coa xente boa o que temos mentres se poida...
Un saúdo dende Bos Aires.
Ola, bo día!
ResponderEliminarSi, como dis, é demasiado doloroso comprender tanto en tan pouco tempo. Precisamos elaborar esos duelos con máis tempo.
Tamén o amor: cando pensamos "poseer" a alguén é cando o perdemos.
Máis eu penso que canto máis efímero é o instante, máis fermoso.
Grazas pola túa visita, saúdos a toda a chousa
Unha aperta.
Se o ser humano non tivese esas ansias de medrar, de verse grande, non creo que sobrevivisemos a nós mesmos.
ResponderEliminarSupoño que é un mecanismo de defensa para poder sobrepoñernos a dores como a dese accidente.
Se nos sentiramos minúsculos, veriamos nítidamente o vulnerables e febles que somos.
E viviriamos con MEDO. E o medo non nos deixa avanzar.
Um post MAIÚSCULO.
ResponderEliminarFoi moi triste. Somos minúsculos pero tamén nos fan minúsculos en pos dos cartos.....
ResponderEliminarP.D:Recebiche ese correo que che mandei?
Somos un gran de arena, pero algúns crense o deserto enteiro.
ResponderEliminarO accidente destos días foi algo terrible que nos fai pensar que temos sorte de estar vivos e aprendemos a vivir a vida doutra maneira; isto só ata o día seguinte que volvemos a ser uns completos egoístas e cremonos o ombligo do mundo.
É sempre perante acidentes destes que noa damos conta da nossa pequenez, e de como a vida não é mais do que uma pequena passagem de tempo, que deveriamos aproveitar, para viver sem ódos nem rancores.
ResponderEliminarUm abraço
Cuando pasan estas desgracias mas que pensar en lo minúsculos que somos, pienso en lo efímeras que son nuestras vidas, lo débiles que somos. Y son estos "frenazos" los que me hacen reaccionar y tratar de aprovechar cada momento como si fuera el último, intentar no dejar las cosas a medias, hacer lo pendiente y acercarme a quien quiero. Lástima que luego con el día a día se nos va pasando el susto ... hasta que nos dan un bofetón otra vez... Ains..
ResponderEliminarbesos nada minúsculos.
Tedes razón en que nesta traxedia teñen que ver os intereses económicos que priman hoxe por riba de case todo. Ainda que finalmente non se recoñeza.
ResponderEliminarNon atino a comprender como din que a investigación durará meses...Tanto tempo leva? ou compre que todo vaia enfriando para que teña menos presencia emocional nas nosas mentes?
si k somos minúsculos, e nembargantes crémonos xigantes. unha mágoa. cousas coma esta me lembran a necesidade de disfrutar, aínda máis, a miña vida...
ResponderEliminarO meu fillo e o seu pai foron a Canarias uns días antes en avión dende Madrid,
ResponderEliminarQué pensar??? qué sentir??
non hai nada que podamos facer.....
sólo ser, respirar e tratar de confiar....
bicos a toda a chousa.
A tráxica morte de 154 persoas nun inexplicable accidente trae emparellada a inevitable reflexión e a conclusión da nosa insignificancia, porque o somos. Só nos salva o amor nas súas diferentes expresións. Como nos recordaba Quevedo nun célebre soneto "somos polvo, pero polvo enamorado". Depois destas mortes quedaranos a lelmbranza do amor do amigo, do familiar... que desapareceron tan inesperadamente.
ResponderEliminarE o paradóxico é que sempre despois da morte dicimos que a vida continúa.
Unha aperta.