martes, 10 de xuño de 2008

Instruccións

Non rompas a roupa. Coida as botas novas, que non imos mercar outras este inverno. Non corras, mira por onde vas. Para un pouco. Come ben. Lávate as mans. Obedece. Non te levantes da mesa.
Estudia. Non te manches. Non te manques. Non bebas.
A ver con quen vas. Volve cedo.
Canta retórica gastamos e cantas instruccións reiteradas. O mundo móvese, entre outras lerias, a base de repetir e repetir. E ainda así pasa o que pasa... (a ver a quén carallo se lle ocurría dicirlle que non se tatuase!!)
E despois teñen medo para ir donar. Hai que joderse co telediario!

Foto: Danos colaterais .

26 comentarios:

  1. Vaia. Parece que non chove a gusto de todos.

    O mundo movese, ten que ser así.
    Ti non levas hoxe zocas coma teu pai, que pesaban duas toneladas, senon unhos zapatos marca "acme" que seica non os sentes nos pes.

    O mundo movese. O problema subxetivo e o de admitir a que velocidade o fai.
    Para unhos faino a unha velocidade de vertigo moi dificil de asimilar. Para outros a velocidade é unha forza directamente proporcional á xuventude e as gañas de facer cousas.
    ¿Ti onde te moves?

    Saudos Chousa. E relaxate un pouco, que maña é outro dia.

    ResponderEliminar
  2. Estamos obrigados a marcar camiños e dar instruccións coa millor das nosas intencións anque non nos sigan os consellos.
    A tatuaxe esa onde acaban as costas sempre me lembra que se quere que lle poñan a epidural non o poden facer se a tatuaxe está aí.
    Cando fan a tatuaxe non pensan niso...

    ResponderEliminar
  3. Ola, parece claro que temos ritmos distintos, velocidades distintas, pero se o camiño fose o mesmo...
    Eu levo 3 tatuaxes, en breve terei 4. Un no mesmo cerco que a moza da foto, e mais grande...e son doante, non ten nada que ver. Se quero ter fillos e non me pon a epidural, que mais dá... Cada un temos o noso ritmo.
    Besos

    ResponderEliminar
  4. A evoluçom ás veces semelha retroinvoluçom. Este tipo de marcas na pel son froito dos poucos anos. E falo con conhecemento do que digo, xa que eu fixenme un fai 30 anos e hoje gustaria de non telo.

    Saudos

    ResponderEliminar
  5. ¡Que velliño vas, parruliño!

    Se a pequena o fixo con todas as garantías sanitarias, que imaxino que sí, que para iso ten na casa quen lle dea bos consellos ;-), e a ela lle gusta telo... ¡a min paréceme que lle quedou ben bonitiño !

    Os pais podemos marcar un pouco o camiño, e estou segura de que o marcamos moito máis do que pensamos cando temos fillos adolescentes ou que pouco pasan desa etapa, pero quizá o fagamos en cousas máis importantes, pero menos visibles ca un tatuaxe.

    Bicos para ti e para a tatuada :-)

    ResponderEliminar
  6. Non queda moi modellno opoñerse a estas cousas (tampouco a que se atravesen ferros na boca, nas cellas e incluso noutras zonas...
    Así e todo, por moi modelllno que sexa, esto non pode ser considerado evolución positiva.Non sirva pra nada, raio

    (hai quen fala moito cando os que aparecen tatuados son os dos demais, pero cando lles chejen a eles ben que berran tamen)
    Unha vella parrula

    ResponderEliminar
  7. una cosa q me llama la antencion de los tatuados es que casi siempre se lo ponen en sitios q ellos no ven.curioso no?

    ResponderEliminar
  8. Pois deixa cando se entere de que non lle poden por a epidural jejejeje...

    De todos modos, e unha tatuaxe non moi grande... discreta.

    Aperas.

    ResponderEliminar
  9. Non dono sangue porque non me deixan e faríame un tatuaxe porque me gustan,pero me da medo a dor.

    ResponderEliminar
  10. Home... tendo en conta que hai quen inxire veleno a diario, queimando con elo non só os cartos senon a súa saúde; quen bebe alcohol e xustifica accións deleznables porque estaba bébedo; etc... pois un tatuaxe... non me parece tampouco tan grave. Iso si... o que fuma e o que bebe non correrá risco de ter medo a doar, porque naide quererá usar os seus órganos nen a súa sangue.

    ResponderEliminar
  11. Anónimo, non se trata de quedar "modellno" ou non, asegúroche que en outras cousas son ben antigua, e ademáis son máis vella que o "parruliño" de Chousa, a quen lle chamo "velliño" con todo o agarimo e en plan de broma e el ben o sabe.

    Creo que se trata de aconsellar e informar das consecuencias que pode ter ( irreversibilidade, o tema da epidural, etc), pero se, aínda así, ela decide facelo, creo que teremos que respetar a súa decisión.

    ResponderEliminar
  12. a min as tatuaxes góstanme moito. de feito quero facerme unha...

    ResponderEliminar
  13. Xa xa....o mesmo lles digo as miñas adolescentes. Bicos

    ResponderEliminar
  14. A rapaza saiu ao pai, en irreverente... que lle vas facer!
    bicos, meu amigo

    ResponderEliminar
  15. eu levo un que fixen xa de adulta, con 25 anos, e encántame. non penso que teña nada que ver a idade.

    ResponderEliminar
  16. Mentres só sexa iso. Disque é reversible.

    ResponderEliminar
  17. Jaja... seica os pais non sodes omnipotentes, eh?

    O mesmo me pasou a mín co piercing, que foi a primeira vez na miña vida que o meu pai me dixo que non lle gustaba nada algo que fixera por decisión propia.

    En fin.

    Ás veces a retórica non escarmenta en cabeza allea...

    Beijos!

    ResponderEliminar
  18. A mín as tatuaxes parécenme moi artísticas e como dín por ahí si esto se fai ben e con tóda-las garantías sanitarias hai que botarlle mel ao acedo.........
    bicos.

    ResponderEliminar
  19. A min paréceme bonito. Bueno non sei, ao mellor é que xa me vou mentalizando para o que me espera, jajaja.
    En canto a retórica que gastamos, non podo evitar contar como cando eu saía da casa os fins de semana e alí estaba sempre minha nai ¡coidado coas drogas! i eu, nun golpe de instinto sempre botaba man ao peto para asegurarme que as levaba a bon recaudo.
    Quenes somos fillos e pais, sempre sumamos :-)
    Apertas e bicos.

    ResponderEliminar
  20. Acato a decisión, maioritariamente comprensiva, do tribunal popular e transmitireille ao pai da criatura a sentencia favorable.
    Permítaseme, nembargantes, que siga considerando innecesaria tal impregnación cutánea.
    Apelo á benevolencia do tribunal e achaco a miña cerrazón para con estas expresións "artísticas" a que seguramente fun criado nunha cultural máis abstracta.
    Agradezo á modelo o posado.

    ResponderEliminar
  21. Sempre quixe un tatuaje,de pequena..o tipico: estas louca,eso e de xente mala.
    Ainda non o fixen, mais un dia destos fago un.Donde non sei, mais gustame o final da espalda, como na foto,e como xa teño 3 fillos ( sen epidural)....

    Bicos

    ResponderEliminar
  22. A mín as tatuaxes non che me chistan moito, para min non as quixen nunca. Pero recoñezo que unha tatuaxe pequeniña, discreta, nun recantiño do corpo, pois tamén da un "aquel" de misterio, e coma un signo distintivo da tua personalidade.
    O que pasa e que eu, coa miña positividade que me caracteriza, ejem, sempre imaxino esa mesma pel murcha e allada co paso dos anos, e a tatuaxe ahí, no medio da barriga, ou do peito... imaxen decadente, vello rescoldo dun pasado sempre señalado.
    E cando o sitio onde se pode necesitar ter que poñer unha anestesia epidural, xa é outro conto. Tamén os temas das alerxias...
    en fin, que xa se ve que as tatuaxes non son para os hipocondríacos jajaja
    Mais...a xente nova todo lle acai ben (como decía miña nai, que era moi sabia) -xa o di o conto: sabe mais o raposo por vello que por raposo-

    ResponderEliminar
  23. Veña Chousa, que hai cousas peores... Por exemplo: os piercings nas orellas que lles pratican impunemente á moitas nenas recén nacidas e que denominan: "pendentes".

    ResponderEliminar
  24. Eu non che sei. Non creo que haxa medo de doar, máis ben non hai espíritu de doar. Os pinchazos non deixan marcas bonitas...

    Polo demais, iso de estar marcado.. pois non che sei, repito, que ás veces estou tentada a facelo, pero outras penso no día en que deixe de gustarme... ¿e logo qué? ¿marcada de por vida?

    Pero todas as manifestacións artísticas parécenme respetables e dignas de amosar..
    Eso sí, a min a epidural que non ma quiten. Se me fago un tatoo xa o farei nun sitio que non moleste.. jejeje.

    Tatúate este "BiCo". Ou dibúxao con Henna, que é menos lesivo.. e tamén queda moi exótico.

    ResponderEliminar
  25. Tamén está o asunto da dor. O puntiño masoca que todos temos. Dese xesto que nos produce dor e ó que nos sometemos voluntariamente, facéndonos esclavos do artista, vai quedar un recordo indeleble dun momento de intensidad con un mesmo, aguantando a dor mentres a tinta aposéntase baixo a pel: estás viva, e che doe, e gusta tamén...

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: