domingo, 27 de abril de 2008

Fraxilidade

Nada hai que suscite tanta grandiosidade como o feito vital. Ese mecanismo mediante o cal os seres vivos constituen máquinas perfectas que paulatinamente van adquirindo -con inusitada semellanza- pautas e vicios.
Do calor e suavidade uterinas, que nos reporta alimento e vida, pasamos á silveira punzante e fría que nos prodigará ledicias e placeres; pero tamén algunha que outra ferida.
Sorprende a vigorosa fraxilidade coa que iniciamos ese percorrido.

Foto: gatiño recén nado nunha silveira de Antas de Ulla

33 comentarios:

  1. OOOOOOOHHHHHHHH nunca dejan de sorprenderme y de maravillarme imágenes tan tan tan...... como esta... no tengo palabras... ooohhh sólo quisiera cogerlo entre las manos... Que no nos faltara esa suavidad y ese calor con el que partimos sería lo ideal...

    ResponderEliminar
  2. Qué gatín! Ellos "espabilan" antes que nosotros, que enseguida tienen que buscarse la vida.

    ResponderEliminar
  3. Vaia puntería, xusto un post que pos de gatiños e a primeira en contestar é a persoa máis apasionada dos gatos que coñezo.

    Espero que non se magulle moito ese precioso gatiño.

    ResponderEliminar
  4. ¡Que mágoa pasar tan directamente a espetarse nas espiñas da silveira da vida !
    Cantas criaturiñas (humanas) nacen xa sufrindo e a cantas lles fan sufrir os outros "animais" da mesma especie.

    Chuchiños

    ResponderEliminar
  5. Imagem de fragilidade, a suscitar a nossa ternura.
    Bom Domingo.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  6. É unha imaxe moi tenra e un gatinho lindísimoooo.

    Unha aperta para ti e unha caricia para el.
    :)

    ResponderEliminar
  7. Unha caricia pra o gatiño,e un bico para ti.

    ResponderEliminar
  8. Vexo que non engadiches a imaxe que eu che cedín :)

    Cantos gatas como Perla pairen nestes días.

    E canto estrañamos a morna textura uterina.

    Sen esa ansia de volver a (re)nacer non gostariamos tanto do sexo (opino).

    Saúdos!

    ResponderEliminar
  9. gustoume esa contraposición de Vigorosa-fraxilidade, moi acertada, porque nos recién nados hay tanta potencialidade, tanta forza, a da vida que pule e o mismo tempo están tan indefensos...
    A foto e moi tenriña e o mismo tempo da un pouco de repelús, porque non sabía moi ben o que estaba vendo...

    ResponderEliminar
  10. Maravilloso el inicio de la vida.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  11. A vida sempre nos ha resultarem un misterio marabilloso.
    Moi boa imagem, coma sempre. Parabems

    Carlos

    ResponderEliminar
  12. Me provoca ternura a la vez que un poco de desazón el ver a una criaturita tan fragil en medio de las punzantes espinas. Me quedo con las ganas de sabar + de ese gatito.
    Un beso

    Ana

    ResponderEliminar
  13. Fraxilidade e vulnerabilidade, si que sorprende, si.

    ResponderEliminar
  14. Que foto mais linda!
    Non hai nada como os recén nados.Ver como van crecendo,o rapido que aprenden,os sorrisos que nos brindan...
    A vida é un misterio,ver como criaturas tan indefensas conseguen sobrevivir.

    ResponderEliminar
  15. Não posso deixar de comparar a fragilidade desta cria com a da cria humana e ficar absolutamente estarrecida quando penso na crueldade de quem consegue maltratar seres tão indefesos!!
    Feliz semana.

    ResponderEliminar
  16. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  17. Oh là là; absolutament fantastique!

    Moi boa imagem

    R.

    ResponderEliminar
  18. Os cachorros humanos somos moitísimo máis fráxiles. Estes xa se moven e buscan a teta... Por certo ¿onde anda a nai?, o que máis asombra da foto é a soledade...

    Lametazos de cachorra.. jajaja. Bicos bicos, son bicos de animal... non te vaias a emocionar.. jejeje.

    ResponderEliminar
  19. A metáfora dáme que pensar, Chousa,... ao final o gato sempre sae adiante de entre as silvas. Ás veces os humanos non tanto.
    apertas santisianas

    ResponderEliminar
  20. A min tamén chousa, a metáfora, da bastante que pensar, ¿que sempre saen de entre as silvas? non sei eu, igual que eso que din de que os gatos sempre caen de pé, bah!!
    Un Saudo.
    www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

    ResponderEliminar
  21. Rebosa sensibilidade.Gustame moito este post

    ResponderEliminar
  22. Pero que gatiño máis feito, unha das miñas gatas tamén acaba de parir, tivo dous, un coma ese blanquiño, e o outro blanquiño e atigrado...se alguén quere un, eu regáloos de boa gaña.

    ResponderEliminar
  23. Que foto máis bonita, encántame. Tes razón, con que fraxilidade nacemos, en que nos convertemos, e que fraxilidade volvemos recuperar de vellos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  24. Fermosa foto amigo chousa...
    A fraxilidade fainos ter gañas de protexer.... pero sempre haberá algun ave rapaz que se aproveite dela.
    De todos modos, e como dicia para comenzar, fermosa foto.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  25. Llegamos llorando y nos vamos con lágrimas. Este mundo es así.
    Muy bien expresado el mensaje, tanto con la imagen como con la palabra.

    Luz

    ResponderEliminar
  26. A fraxilidade do gato é evidente. Mais de todos os seres que poboan o planeta eu non coñezo ningún que supere ás persoas en fraxilidade, dependencia e tempo en ganar a autonomía.
    E das silvas, ben sabes que a vida ofrece espiñas varias, físicas e morais, especialmente entre as persoas.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  27. Ben sei que a foto inspira ternura e á vez un certo ramalazo de crueldade. Seino, fixen máis fotos e escollín esta adrede.

    Houbo quen comentou da soledade que inspira a foto e incluso botou de menos á nai do gatiño. Sorpréndeme como a realidade neste caso concorda coa capacidade interpretativa.
    Atopei este marruxiño nunha silveira e deixeino no lugar seguro de que a sua nai non andaría lonxe.
    Á noite soupen da desgraza acontecida á nai do felino e con poucas esperanzas de atopar ao recén nado.
    Cando me achegaba xa escoitei os seus berros de desesperación. Leveino á casa coa seguridade de que se queda alí morrería en poucas horas, pero tamén con escasa esperanza de poder alimentalo dada a sua corta vida.
    Cunha xeringa logramos que tragase unhas pingas de leite morno e aguado. Tamén ese noite bautizámolo: Silva. (Un nome o suficientemente neutro, pois non temos claro o seu sexo).
    A grande noticia para Silva veu ó día seguinte: alguén tiña unha gata recén parida!!!.
    Hoxe, unha semana despois, o gatiño da silveira, medra feliz coa niñada da sua nai adoptiva.

    Sobra dicir que teño prometido á miña colaboradora no rescate, que cando poida ser destetado, Silva virá para a casa

    Graciñas por vir e por comentar.

    ResponderEliminar
  28. a fraxilidade de nacer increméntase cando o medio é hostil pero a sorte tamén acompaña na vida,Silva tén moita.
    bicos.
    vou atrasada pero non podía deixar de vir "verte".

    ResponderEliminar
  29. Tengo un hijo, pero no fui tan consciente en ese momento del milagro de la vida, como lo he sido con el nacimiento del hijo de mi sobrina.
    Es bello el nacimiento, aunque la vida nos haga pasar algún mal trago.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  30. ay mira que ben e sentiraste de maravilla por ter salvado unha vida. A min pareceme algo moi importantísimo o que fixeches!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: