mércores, 20 de febreiro de 2008

Raigame

Nacemos na indefensión máis absoluta e "maduramos" coa lentitude vertixinosa do progreso.
Pasamos do babeiro á garabata sin saber usar correctamente a servilleta; do triciclo á berlina antes de coñecer os pasos que poden dar os nosos talóns; da libreta de doble pauta ao teclado inalámbrico sin aprender o que é a caligrafía; da corredoira suficiente á circunvalación saturada...
Pendurados no Cosmos transitamos pola vida coa fortaleza dun carballo e, de xeito simultáneo, coa fraxilidade dunha herba.
Sería moi desexable que, cando menos, nunca perdamos a lembranza da nosa propia raigame.

Foto: Raices en Caldelas , na parroquia de San Xurxo, en Antas de Ulla

35 comentarios:

  1. Moi do meu gusto esto que escribiches!. Mais ainda que ando esta tempada cavilando cousas coma esa. Estamos pensando se vender a casa da aldea, i eu non quero, queria quedar con ela, porque ainda que xa non haxa corredoiras, e das paisaxes da infancia quede moi pouco, sinto que os meus pes estan enraizados alí, e estoume a preguntar como me puiden adaptar a circunvalación saturada i o teclado inalambrico, coma dis ti... Deixas ahí unha idea para darlle voltas e moi ben expresada.

    ResponderEliminar
  2. Tienes toda la razón, es muy importante no perder, ni olvidar nuestros orígenes.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Mui atinado este posteo. Deixamos de ser nenos, empezamos a xogar a dultos e...bimba...xa somos adultos sen aprender a selo.
    O tempo voa e hai que progresar á forza.

    ResponderEliminar
  4. Canta razón tes, eu que aínda son moi novo xa percibo estes cambios que día tras día nos suceden a todos os xóvenes. As comparacións son exelentes e reflexan á perfeccíon o que queres dicir. Unha entrada excelente.

    ResponderEliminar
  5. Muy bueno este post,me encanta como escribes y describes la vida!
    Para mí que me es dificil expresarme, me fascina la facilidad con que nos relatas tus sentimentos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Temos que ter moi claro de onde vimos se queremos chegar a algures.
    apertas.

    ResponderEliminar
  7. O texto moi meditado, e a foto moi o xeito do dito.
    Preguntome se son as fotos as que te inspiran ou buscas a foto para o texto que tes pensado.

    Elf

    ResponderEliminar
  8. Este texto deberian de lelo uns cantos pailans que andan chuleandose pola vida e que beberon nunha zoca.
    Noraboa por explicalo tan ben en tan pouco espazo

    ResponderEliminar
  9. Tés moita razón. Por iso cada vez nos custa máis adaptarnos, por iso nos deprimimos, nos sentimos frustrados... porque xa non disfrutamos o proceso, o camiño deixa de ter importancia, só vale o resultado, ainda que sexa un falso resultado.

    Perdimos a paciencia, a concepción sagrada de saber vivir co día e coa propia vida e non co reloxo nin coas novas tecnoloxías (vertixe, vertixe...).

    Perdimos a capacidade de ser nós, de disfrutar de nós e dos demáis.

    Somos raíces aéreas.

    ResponderEliminar
  10. Cada día que pasa me gustan máis os teus posts, iste é realmente precioso. Biquiños

    ResponderEliminar
  11. pois coincido coa maioría. pero certo é que cando nos tocan o tema do noso raigame todos nos sentimos tocados por dentro dun xeito especial, neste post falas do que nos define a cada un de nos, de ese contexto que nos diferencia dos demáis en moitas cousas.


    curioso é que mentres o lía na miña cabeza non se oia a miña voz, senon a de xurxo souto... xa ves! xa che puxen voz ainda que sexa a doutro.


    unha aperta

    ResponderEliminar
  12. Pero a nosa esencia tamén nos obriga á premura. Non temos paciencia. Calquera pícaro nolo contará. Quero ser maior, quero ter dezaoito, quero ter un traballo, quero ser libre. Coma se o traballo ou os cartos nos deran a libertade. Cando aprenderemos que só nós somos quen de darnos os permisos para ser libres respectando ós máis? Cando, meu? Disfrazamos as nosas inseguridades das presas, e culpamos ás presas da falta de capacidade de aprehender, de vivir. Cando o que creo que nos falta é valentía para medrar sen esquecer a raizame que conformou o noso carácter. Moitos, sen embargo, fuxen. De que teñen medo? Tal vez ata de si mesmos... Ó final fasme ata pensar...

    Por certo, mañá vou pra Chantada... estaremos máis preto... pero nada nos aproxima máis que as palabras núas.

    ResponderEliminar
  13. Unha boa concentracion de pareceres e de verdades en poucas verbas. Maravilloso

    ResponderEliminar
  14. Gustáronme as reflexións que fixeches. Pero difiro nunha única cousa: creo que por máis que o creamos non transitamos pola vida coa fortaleza dun carballo. Somos débiles, insignificantes, mínimos no que á forza se refire. Só por veces cremos que posuímos esa fortaleza que é máis produto da sorte e da fortuna ca das propias enerxías. Póñoche algún exemplos: onde a fortaleza ante a enfermidade?, ante un accidente?, ante un atentado? ante unha catástrofe natural?. Non podemos confundir a vontae ou o orgullo coa fortaleza. Eu prefiro pensar que son débil, moi fráxil. A morte dun amigo tan inexplicablemente acaba de confirmarmo.
    Una saúdo, Chousa, e acepta a miña disensión coma unha aportación con distinto enfoque e con moito agarimo.

    ResponderEliminar
  15. Concordo con todo o dito, e co desexo de conservar sempre as raíces.

    ResponderEliminar
  16. Qué fermoso o que dis.
    Somos tan fortes como sexamos conscentes da nova vulnerabilidade e fraxilidade.
    É fermoso darse conta da nosa fraxilidade, da nosa indefensión cando nacemos.
    E fermoso saber que precisamos aos demais para vivir.
    É moi fermoso sentir que dentro de nos está tanto a fortaleza do carballo como a fraxilidade dunha herba.
    Precisamos estar preto do carballo, e da herba, do río e o mar, do val e da montaña, para saber quen somos.
    Precisamos compartir as nosas vivencias, emocións, necesidades e desexos co noso grupo de "iguais"
    Eu creo que compartir da sentido a nosa vida.
    Creo que xa te comentei que o teu blog conéctame coa raigame (ademáis de aprender galego!).
    Eu síntome parte de esta terra, é o sentimento máis calmo que coñezo, algo así como que estou no meu sitio e podo relaxarme...non pasa nada, todo está ben, podo respirar e disfrutar, sentir o meu peso sobre a terra, a miña respiración no ar. Non é preciso facer nada cando unha está no seu lugar. Só ser, sentir.
    Un saúdo e unha aperta a toda a chousa. En especial unha aperta a busto de golada, non dubido de que a túa fraxilidade darache a forza para seguir confiando na vida. Un bikiño.
    Estou contenta de poder expresarme e compartir na chousa, é fermoso, grazas!.

    ResponderEliminar
  17. das raices medra o pelo da cabeza.....
    eu creo que por ahi circula tanta xente sen cabeciña ningunha, xa que o olvidar as suas raices perde contacto co solo, ca realidade.

    De todos modos, eu pasei a camiseta, o utilitario, e o teclado con fios.... sintome desplazado (snifs) por non ter garabata, berlina, e teclado inaramico.
    jajaja... unha aperta.

    ResponderEliminar
  18. Vexo que este blog es un lugar de xuntanza. Gustame como esta escrito e a excelente combinacion de imaxes e comentarios. Noraboa para el autor, saludos para todos e en especial para Antas de Ulla que e una terriña que eu conozo e quero moito.

    Manuel lopez

    ResponderEliminar
  19. Hai que ir paso a pasiño, hoxe quémanse etapas moi rapidamente. Cada cosa o seu tempo e saboreando.

    Un bico.

    ResponderEliminar
  20. Si perdémola raigame ganharemos unha boa confusión...

    Unha aperta de venres.
    :)

    ResponderEliminar
  21. Douche a razón en todo o que dixeches. Bicos.

    ResponderEliminar
  22. Muito bonito este texto que nos leva a refletir. Decerto que quem não respeita as suas raízes não pode ser boa gente.
    Bom fim de semana
    Um abraço

    ResponderEliminar
  23. Será por eso que tí dis que teño esa sensación de cousas por facer, de traballo a medias, de pasar pola vida sen que a vida pase por mín....
    Polo demáis somos enanos sobre xigantes, a punta do iceberg.. A raigame fixo todo, e nos, non seriamos nada sen ela, pero xa estaba ahí antes de nacer: a insoportable levedad do ser.. jajaja, filosóficos que estamos!! sí que é certo.
    Bicos filosofais.

    ResponderEliminar
  24. As veces os mais debiles son os mais fortes, e o reves.
    A vida exixe moita valentia, e para escapar dela fai falta ser moi cobarde e moi valente ao mesmo tempo.
    REcordo agora unha imaxe desta mullerina apenas izada un palmo do chao "Teresa de Calcuta"....tan pequena, tan grande corazon, dan debil e tan forte. Tan odiada como admirada, tan natural como sobrenatural....
    Somos un lado e outro ao mesmo tempo, sempre, luz e sombra.
    Pero as tuas reflexions son as miñas.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  25. esquecemos tantas veces esa raigame... e tardamos tanto logo en recuperar a súa esencia... qué entrada tan bonita, chousa.

    ResponderEliminar
  26. má o meno que amo andando saltando una baldosa sí y otra ´no, más pasos y mas cortos por favor

    ResponderEliminar
  27. Precioso texto e a foto moi linda, eu espero que non perdamos nunca as nosas raigames,porque estaríamos a perdernos e a estar perdidos, ¡qué lío!.Deberíamos tamén molestarnos en coñecer un pouquiño máis as nosas raigames,porque é certo iso de que non se pode desatar un nó, senón sabemos como está feito.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  28. Ola, socio/a ;-)

    Quería pedirche un favor: Que sigas paseando, coa cámara ao lombo, por ese universo de Antas, beligo do mundo, para que sigas deleitando os nosos ollos e o noso corazón con esta fermosura de blog, tan cheo de poesía.

    Eu tampouco esquezo as miñas raigames ¡Pobres dos que perden o contacto con elas !

    E concordo contigo en que, cando nos toca o turno, aturamos os vaivéns das tempestades da vida coma carballos, anque por dentro nos sintamos só pobres herbiñas a punto de ser arradasas. Por sorte as tormentas pasan e podemos seguir sendo ambas cousas :-)

    Unha aperta desde o oriente.

    ResponderEliminar
  29. Gracias por visitar mi blog y por recordarme que hoy es domingo, jajjajajajajja. Hace un ratito me adelanté a poner el post del lunes, así que intencionadamente puse la fecha de mañana.

    Respecto a tu entrada, te diré que este mundo es así de vertiginoso, o nos subimos al carro, o nos quedamos atrás. Ir sin prisa pero sin pausa no significa olvidar de dónde venimos y mucho menos el largo, duro y arduo camino que hemos hecho hasta llegar hasta aquí.
    Un bico

    ResponderEliminar
  30. Un bonito blogue. Felicitacions para o autor

    Fernando Xibia

    ResponderEliminar
  31. Vim saudar-te e desejar feliz semana.

    ResponderEliminar
  32. Pasei por aqui por un casual e gustoume moito. Hei voltar.Saudos

    Antonio Souza

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: