Nada supera en ledicia e agarimo ao acollemento maternal. Ese xeito de brindar un protectorado de absoluta ternura e de constitucional entrega, non atopa posible comparanza no Universo.
Incontestable exemplo de amor sin condición. Incondicional mostra de ternura sin contestación.
Mamar mimos é unha das accións máis nutritivas para a mente en crecemento [e incluso xa ben medradiña tamén]. Ese alimento intanxible pero palpable e sabedeiro, é o xoromelo da sensibilidade plantada no noso ser dende o peito maternal.
Incontestable exemplo de amor sin condición. Incondicional mostra de ternura sin contestación.
Mamar mimos é unha das accións máis nutritivas para a mente en crecemento [e incluso xa ben medradiña tamén]. Ese alimento intanxible pero palpable e sabedeiro, é o xoromelo da sensibilidade plantada no noso ser dende o peito maternal.
(Dise que unha nai coida oito fillos e que, ás veces, oito fillos non son quén de coidar dunha nai. Incongruencias da natureza humán!)
Foto: Añiños mamando mimos en Santa Cristina de Areas (Antas de Ulla)
Nai só hai unha!
ResponderEliminarA imaxe dunha nai dando de mamar aos seus fillos, é a maior demonstración de amor,de afecto e de proteción que pode haber.
A foto é enternecedora.
Bicos
Me gustan mucho las fotos, pero no entiendo nada!!
ResponderEliminarMUAMUA
ohhhh qué pasada! encántame a foto!
ResponderEliminarHabla, Satirablanca, del amor incondicional de una madre a sus hijos, que maman mimos. Y habla también de que una madre es capaz de criar a ocho hijos y que ocho hijos no son capaces, en ocasiones, de atender a una madre cuando es ésta la que los necesita.
ResponderEliminarEsta última reflexión, Chousa, é lamentablemente tan tan certa... De novo as presas baixo ás que nos escudamos para non facer o que realmente temos que facer. Non sei en que nos estamos a converter. Nin tampouco porque estamos convencidos de que a sociedade avanza.
Os mamíferos são todos iguais sejam ou não humanos. E a amamentação é das coisas mais lindas da maternidade.
ResponderEliminarUm abraço
Bom dia amigo. Acabaram de me deixar um aviso de que estão a enviar vírus para os blogs. Diz que é um comentário que tem escrito Here, Não tente ver quem é delete imediatamente se lhe aparecer.
Não sei se é verdade, mas mais vale pevenir...
Um abraço
Non vou a decir nada novo.....
ResponderEliminarSo unha reflexion sobre a maternidade:
¿Recordas que Neron- o empreador romano, que pro certo debia estàr como unha cabra- mando abrir en canal a sua nai, para botar unha ollada ao utero materno donde se formou...?
A maternidad/paternidade e quizais o mais importante da nosa historia como homes, deixar nosas pegadas ali nos genes dos fillos.....pero:
Tamen recordo agora unha broma que resume as cousas, simplificandoas:
_Os rapaces de pequenos estàn para comerselos, e de mallores nso lamentamos por no terlo feito cando poidemos.....
Esta demostrado que ese primeiro contacto entre a nai e o fillo é de vital importancia para o desenvolvemento deste, tanto físico como emocional.
ResponderEliminarDar de mamar é un primeiro acto de amor sublime da nai que se da a sí misma ao fillo para permitirlle vivir. Unha primeira entrega á que sucederán logo outras moitas ao longo da vida.
Que algúns fillos despois non saiban devolver este amor é algo que pasa, por desgracia, pero tamén hai fillos marabillosos que saben recompensar tantos desvelos e se desviven polas súas nais e as coidan con infinita tenrura, infinito agarimo e infinita paciencia durante anos.
Por certo , ¿sabes aquelo de...
"Miña nai , miña naiciña/ coma miña nai ningunha/ que me quentou a cariña/ coa caloriña da súa" ?
O universo non é nada comparado co amor dunha nai.
ResponderEliminarNunca agradeceremos o que fan por nós.
Ofrécesnos un excelente binomio de imaxe e texto, de tenrura e sensibilidade.
ResponderEliminarOs afectos maternos márcannos e defínennos para o resto da vida.
É curioso que onte pola mañá eu fotografase tamén unha ovella con dous años. Aínda non descarguei as fotos da cámara, pero xa naquel momento vin que non ía ser boa a foto pois os modelos non paraban quietos, nin eu estaba na mellor posición.
Unha aperta.
Que fermosa fotografía....!! Parece que sempre estás no momento preciso....Moitas felicidades.
ResponderEliminarDIn por ahí que todas as femias teñen instinto maternal, por eso coidan tanto de 8 como de 1..
ResponderEliminarEncantoume a foto, pero quédome coas últimas frases, é unha pena,pero hoxe en día, está a ser unha realidade que os fillos non queiran coidar dunha nai, despois de entregarnos todo e sempre, sen pedir nada a cambio.
ResponderEliminarComo dixo alguén: xamais na vida atoparedes tenrrura mellor,máis profunda, máis desinteresada nin verdadeira que a da vosa nai.Bicos.
Eu tiven a sorte de ser comadrona do parto dunha ovella hai uns meses.
ResponderEliminarQue experiencia!
E que sinxeleza tan linda.
yo podría alimentarme de besitos, abracitos y achuchones... ains q wapas las borreguitas
ResponderEliminarQue fermosura!!!. Encantoume � dos meus preferidos do teu blog.
ResponderEliminarUnha aperta e un beijo.
:)
Unha das experiencias máis enriquecedoras da miña vida é a maternidade,o momento do parto é unha experiencia única na que eles máis eu comenzamos a camiñar xuntos,o instante no que o teu neno é pousado no teu corpo e pasas a séntilo de dentro a fora,ese diálogo dunha pel sobre outro a min fíxome chorar de ledicia..........
ResponderEliminaray é que son unha mamá ghaliña!
Eu son das que penso que todo o amor que dás ós teus será devolto..........
bicos.
Muy bonita esa frase de MAMAR MIMOS y muy bonita la foto.
ResponderEliminarFelicitaciones
Iste blog e do melhorinho que levo visto polo blogomillo. Vese sensibilidade e bom façer, asim como amor pola sua vilagem (Antas de Ulla).
ResponderEliminarFelicitaçoms para o seu autor.
Fiz Martinho
Non creo que haxa un amor superior a que una nai ten polos seus fillos. Unha vez a miña nai díxome: "Eu daría a miña vida por ti". Sei que é certo.
ResponderEliminarEsto... fai unha semana que me fixeron un implante de óso. Cando lle preguntei ao dentista de quen era o óso, contestoume que era de ovella. Agora despois de ler o teu post quedei moi contento porque teño a esperanza de que cada día sexa un pouco máis ovella :-)
ResponderEliminarSaúde e terra.
Verónica son eu, por se non te diras conta, jajaj.
ResponderEliminartes razón coma unha nai non hai ningunga. todo ser humán precisa dunha nai porque sen elas... xa se sabe, sobre todo se es home coma min, son bastante pesadas pero sempre polo noso ben
ResponderEliminarA algunhas nais (humanas), sáelles o leite do peito cando oen chorar un meniño, aínda que non sexa o seu... Iso impresionoume moito cando o souben, interesada neste mundo de nais e fillos no que estou mimosamente mergullada dende fai dos anos e case medio. O meu neno chuchou da teta hasta casi os dous anos.. e facíanos moi felices os dous, salvo cando lle daba por xogar cos dentes sin darse de conta.. jejeje.. Foi o principio do fin...
ResponderEliminarBico de leite.
Tou desexando sentilo.
ResponderEliminarTen que ser incríbel.
Un bicote.
Sospeito que a nai, aínda despois de fuxir da vida, continúa a desfacerse en aloumiños para as suas criaturas.
ResponderEliminarQue foto máis tenra. Bicos
ResponderEliminarNon hai nada mellor ca unha nai. Bonita foto. Saudos
ResponderEliminarNon vou dicir nada do texto, pois xa quedou suficientemente claro nos demais comentarios, pero si da foto, hai ben pouco trouxéronme de Barcelona como agasallo unha carteira verdíiisima, cunha ovella nai xunto coa súa filliña...
ResponderEliminarUn bicazo.
Parece que as cousas siguen o seu rumbo.
ResponderEliminarQué tiernita la foto y como me emociona el texto... es que soy muy sensiblera yo con ese tema: devezo por as apertas do meu fillo e boto moito de menos os mimiños da miña nai que xa non está conmigo hai anos :( i era moi doce, moi doce... acariñábame os pés cando ía frío cas súas mans sempre quentiñas porque era moi activa.
ResponderEliminaray, perdona el rollo nostálgico que me salió, hombre. Yo sólo quería decirte que me gustó mucho este post.
Olá...
ResponderEliminarFoi aqui que encomendaram?
|““““““““““““““““““““““““||_
|...............*AMOR*...........|||“|““__
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““
|““““““““““““““““““““““““||_
|............*CARINHO*.........|||“|““_
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““
|““““““““““““““““““““““““||_
|............*ALEGRIA*.........|||“|““__
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““
|““““““““““““““““““““““““||_
|............*AMIZADE*.........|||“|““_
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)““
|““““““““““““““““““““““““||_
|........*FELICIDADE*.......|||“|““__
|________________ _ |||_|___|)
!(@)“(@)““““**!(@)(@)***!(@)
Entrega feita!
Participa na campanha FAZ UM AMIGO FELIZ!!!
Manda esta encomenda p/ todos os teus amigos.
Espero estar incluído nessa lista........
Vou fazer outra entrega ...fuiiiiiiiiiiii
Calquera diría ao ler este texto e máis os seus comentarios que estamos no día da nai.
ResponderEliminarNon me estrana xa ue o texto levanta paixóns de fillo. Pero temos que reflexioar sobre a frase final, porque encerra unha gran verdade.
Unha aperta.
A verdade e que se teño oportunidade de ir velos, vou encantada da vida. Bicos
ResponderEliminarquen nos dera que a maternidade fose só isto, que ese vinculo tan forte e tan complexo só estivese cheo de sentimentos bos e nobres!! Vivimos nun mundo onde da medo pánico ollar as contradiccións, as dúbidas, as paradoxas da maternidade. E nais hainas boas e marabillosas, e tamen malas e crueis. E, mesmo sen que ollemos cara a iso, a meirande parte delas (de nós, que tamen son nai) temos algo de bo e algo de malo...
ResponderEliminarmiña nai é o sumun da dozura, da entrega, do sacrificio... certo é que o amor materno é grande e cunha forza desmesurada, pero como ela ben explica, hai unha cantidade nada despreciable de nais desnaturalizadas...
ResponderEliminarnon todas as mulleres estan preparadas para ser nais, de feito eu ata fai ben pouco nunca sentin eso do instinto maternal... non sei se eso significara que non serie boa nai, pero por non ter o exemplo en casa non será
Aiiiiiiiiiii, que fotiño máis bonitaaa!!! É un xesto precioso o de amamantar: dar protección, defensas, alimento, calor, agarimo, todo o bo que levas dentro...
ResponderEliminarParadóxico o dos oito fillos e a nai, iso demostra que a maioría veces os animais son máis intelixentes e agradecidos ca nós.
Hola
ResponderEliminarentre lo que le dijiste a Veca sobre mi tlef por lo del hipo, y que ella me ha dicho que mi último post le recordó a los tuyos, pues no he podido resistirme a venir. Había entrado pero sólo asomé la nariz, ahora vengo dispuesta a leer... y leer...
SALUDOS
geniales las fotos que complementan las palabras...
Los hijos son lo más importante para una madre, les dan muchas alegrías, pero también es un sufrimiento constante, sólo quisieras lo mejor para ellos y sufres por sus cosas más que por las tuyas, toda tu vida. Aunque a veces ellos, no lo vean así.
ResponderEliminarMe da la impresión de que hoy estoy muy pesimista, mejor me voy.
Un beso.
Para colmo la puñetera verificación otra vez, igual sale repetido este canto al "optimismo".
yo extraño mucho a mi mamá y sus mimos.
ResponderEliminartambién aprendí de ella cuando cuidó a su mamá (que crió a 7 hijos)enferma.
Mi mamá es lo máximo.
Pensa que unha nai ve correr a un neno, pouco despois de que ese neno pasara nove meses no seu interior... xa o coñece dende antes de nacer, xa sabe si vai ser inqueto, se vai dormir pouco ou moito... xa case sabe como vai ser a sua personalidade.
ResponderEliminarE o que nos perdemos os homes, o nexo de unión dunha nai co seu fillo, xamais o teremos.
Apertas de supervivinte.
Pois tíñavos unha resposta para cada un de vos, pero cando quixen publicar estragouse a comunicación con Bloger.
ResponderEliminarXa me desfixen do cabreo que elo me causou; pero agora vou ter que ser xenérico no agradecemento polos vosos comentarios. Dar a benvida aos novos visitantes e darvos un biquiño ás chicas e un caluroso saúdo aos chicos.
Que todas deades mimiños aos vosos reisiños, incluso coa mirada, que cos olliños seguro que non vos morden ;)
E xa que hoxe é o día adicado á muller traballadora, de xeito que para elas -ademáis do bico de antes- mándovos OUTRO MÁIS!.