Hoxe a tecnoloxía repórtanos, en pantallas de cristal líquido e mediante conexión vía satélite, o itinerario a seguir polo roteiro máis curto. Incluso estima o consumo máis favorable ou o tempo a utilizar no percorrido.
Acompáñase de voz -case sempre femenina- que, con asintonía monocorde e gutural, reporta de xeito anticipado os precisos matices a seguir.
De seguro que continuarán "perfeccionando" os mecanismos para que, con tan so entrar no habitáculo, saiba a onde queremos (ou debemos) ir.
E quedarán para os museos os instintos, as voluntades... e mailos sinais de dirección...
Acompáñase de voz -case sempre femenina- que, con asintonía monocorde e gutural, reporta de xeito anticipado os precisos matices a seguir.
De seguro que continuarán "perfeccionando" os mecanismos para que, con tan so entrar no habitáculo, saiba a onde queremos (ou debemos) ir.
E quedarán para os museos os instintos, as voluntades... e mailos sinais de dirección...
Foto: Estrada Agolada-Melide (e despois din que tódolos camiños levan a Roma...)
Prefiro preguntar a un paisano que falar cun GPS.
ResponderEliminarOs que precisen GPS ou sinais de chapa para chegar a Sexo, mais vale que non cheguen... polo ben da outra parte.
ResponderEliminarBuf...os GPS....estou de acordo con Paideleo...
ResponderEliminarQue cousa os GPS. Son como estrañas caixas fillas de darth vader que te levan por camiños que non existen, coas que berras "por que no te callas?", ata que decides apaga-lo aparello (que para mín resulta algo inútil mentres existan os paisanos tomando o sol ou os taxistas)e seguir conducindo (importa o camiño, non o destino, non sempre, pero queda moi Kavafis...).
ResponderEliminarMáis socializar e menos aparellos, que parecemos autómatas cheos de vergoña.
Beijo
Tes razón moitas grazas por facernos un inciso no teu blog. alégrome moito siguirei mirando o teu blog con frecuencia
ResponderEliminarO que pasa é que todos están a espera de instruccións.. ou estamos... Parece que non sabemos facer nada por nos mesmos. Non é máis que outro síntoma de que a sociedade na que nos toca vivir é del todo inmadura e inconsciente. Eu constátoo todos os días no meu traballo: para pedir cita para o médico che contan media vida para que tí decidas por eles o oco da axenda lles vai mellor.. Éche o que hai.
ResponderEliminarEu estou con paideleo, prefiro preguntar,os paisaniños sempre che teñen algo que contar, sempre voltas con algunha historia nova. Bicos
ResponderEliminarA ver....
ResponderEliminarpor partes....
da tecnoloxia podese facer uso.... ou ABUSO.
Pasa o mesmo cos moviles, pdas, portatiles, e demais aparellos.
Quedome co paisano, ata o de agora nunca me perdin (polo menos, non moito)... pero tamen temos que recoñecer que existen alguns con ganas de ver como se perde a xente, e que cando te despiden, o fan cun enigmatico sonriso na faciana, que non sabes si di "o que che espera amiguiño, non te van a topar nin cun avión", ou "feliz viaxe, paisano".
Cunha boa sinalización sobran os GPS.
ResponderEliminarDis que os letreiros acabarán nos museos. E terás razón, pero en Couso de Abaixo (Borraxeiros-Agolada) un peón de obras públicas aprovéitaos para facer as cancelas das leiras. E alí si que te despistan pois indica OURENSE 35, e claro, hai moitos máis e aínda por riba pois mándate cruzar polo medio das chousas e dos prados.
Dixen unha boa sinalización. E a que nos ofreces na foto (da miña-túa terra) é mellorable. Eu non coincido cos topónimos SEXO e SEXTO, que debrean estar rotulados SEIXO e SESTO. Sempre deixo para máis tarde escribirlles aos da Comisión da Toponimia para debater sobre estes e outos topónimos de Agolada. E outro aspecto que me gustaría mellorar nos letreiros é o de marcar os tiles: Baíña, Órrea, Brántega. Se non se lle poñen, os que non os coñecen pronúncianos mal.
Unha aperta
Os GPS están moi ben para non se perder.
ResponderEliminarPero, claro, coa seguridade falta unha emoción importante en calquera viaxe: a sorpresa e a aventura
O GPS é moi moi útil, pero a min me gusta deixarme levar polas sinais e os planos. Sei dun que usa o GPS ata para ir ao baño (tanto tanto no, pero case), eu prefiero un pouquiño de aventura.
ResponderEliminarNon sei mui ben como rexeitades da tecnoloxia xa que os que usades os blogs sodes (na teoria) os da tecnoloxia punta. Se non escribiriades nunha libreta de anillas.
ResponderEliminarFelicitades polo blog
para o sexo non fai falta ter un gps jajaja
ResponderEliminarNon entro no debate da utilidade do GPS,pero si voto en falla a boa señalización das estradas,por outro lado onde quedarán as anecdotas de perderse e así coñocer outros sitios,na M30 de Madrid eu perdinme pero coñezo Galapagar........
ResponderEliminarPor certo vin que tamén andaba concursando,sorte..
bicos.
Ola
ResponderEliminarEste ano compramos un Gps,ao meu farame moita falta cando teña que ir soa a Madrid, que non hai quen fágame entender as M30 E m40....
Pero,douvos a razon, hai unha chea de xente que abusa destes aparellos, e pérdese o contacto humano!
eu manteñome afastada canto podo do google map e do gps. Un vello mapa de papel ou preguntandolle a calquera sempre son mellores posibilidades.
ResponderEliminarNon creo que desaparezan, mentras as empresas que os fan sean colegas e parientes dos que llos encargan.
ResponderEliminarEsos indicadores son mejores que cualquier gps. Por cierto, ¿hacia la derecha no hay nada?. No soy gallega, ni escribo galego?, es evidente, pero me gusta y lo entiendo casi todo.
ResponderEliminarBicos.
Irene: A la derecha...están Rajoy, Aceves, Zaplana, Aguirre...y algunos más.
ResponderEliminarGracias por venir a la Chousa!!.
Un bico
Bom fim de semana
ResponderEliminarUm abraço
También la experiencia de perderse. Así a veces se recorren caminos mejores, y los destinos no intencionados a los que se llega a veces guardan maravillas que no hubieramos encontrado si siempre supieramos exactamente a donde vamos.
ResponderEliminarbiquiños
Yo voy andando camino
ResponderEliminarde la tarde, la colina
los verdes pinos
las polvorientas encinas.
¿A donde el camino ira´?
Yo voy andando
viajero,
a lo largo del sendero
la tarde cayendo está....
(No olvides los versos del poeta)
GPS.Mapas,de ultima generaciòn, tegnologia digital por satelite....merda¡ con perdon.
Unha mochila, unhas chirucas nos pes, un sombreiro para o sol, un pao para apoiarse e como destino so a liña do horizonte....
Esa era a razon dos viaxes iniciaticos, dos peregrinos, dos conquistadores, dos aventureros no pasado. Hoxe a aventura é como atopara o ultima pub de moda ca musica mais chiriante.
Recoñezo a miña culpabilidade tamen, neste xogo de traiciones impuras.....Pra min xa e tarde dabondo.
yo nu tengo tom tom.. viajo en avión o en tren y el camino de casa al trabajo ya se lo sabe mi tomatito :)
ResponderEliminarPero hai que ter en conta que os paisanos son imprevisibles. Lembro que hai moitos anos tentaba ir de Mondoñedo a Bretoña e, no medio do monte, pregunteille a un paisano e dixo:
ResponderEliminar-Alí abaixo tes que coller pola sin general.
Esa rara estrutura ó dicir SIN GENERAL para referirse a unha estrada secundaria non a volvín oír ata ler a María Mariño. Xa falei diso no meu blog:
http://eltoupoquefuza.blogspot.com/2006/11/pola-sin-general-e-mara-mario.html