martes, 11 de decembro de 2007

Espirais

Cando empecei a ir á escola, cada vez que pillaba un encerado por banda, debuxaba espirais ata que non daba chegado máis alto ou ata que se me acababa a pizarra por debaixo. Sempre me chamaron poderosamente a atención.
(En Antas temos zonas con petroglifos que amosan ese tipo de figuras, pero daquela eu ainda non tivera ocasión de visitalos).
Por eso tedes que entender que hoxe, mentras camiñaba por "Portos" cara Vilapoupre, detivese o meu paseo para captar a imaxe que campeaba enriba dunha vella cancela.
Evócame tantos matices que enumeralos todos faría prolixo o comentario. Por subliñar somente os que a priori poden resultar máis raros: arquitectura, dureza, harmonía e incluso musicalidade...


25 comentarios:

  1. Hipnótica a foto. E dos matices que citas o da "dureza" e o que me sorprende. É o bo de sermos todos distintos: que ningunha cousa se nos fai igual

    ResponderEliminar
  2. Creo que dende que paseo pola chousa, e a imaxe que mais me gusta.
    O universo e un sitio formado por galaxias en espirais.
    Gracias polas tuas imaxes.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. A min as espirais sempre me provocaron a entrada nun trance, e os caracois son moi chusquiños.

    Bico

    ResponderEliminar
  4. Non é por quitarlle encanto ao teu relato, pero agora está de moda usar as babas de caracol para fins cosméticos........(non o probei eh, que quede claro)

    ResponderEliminar
  5. Quando era criança também gostava de desenhar caracóis. Ainda hoje se estiver distraída sempre rabisco espirais. E sinceramente não sei porquê...
    Um abraço

    ResponderEliminar
  6. A foto é preciosa,eu vexo a dureza da fraxilidad.Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Fermosa foto de contraluces e sombras, e brillos que me lembran o mármore puído. Vese que andas co ollo miúdo e atento. Poucos repararían en tanto detalle.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  8. Claro, me siento aquí como el fríjol negro en el costal de chicharos (¿guisantes?)!!
    Es que no entiendo naaaadaaaaaa! :o

    Hago un esfuerzo, y si hay cosas que me suenan. Me gustaría entenderlo todo... en fin, gracias por la invitación, me gustó la foto y lo poco que comprendí! Los caracoles me encantan también...

    eeeh.... Saùdos! :P

    ResponderEliminar
  9. Mira Chousa, teño agora mesmo diante miña algúns papeis por riba da mesa e un boligrafo, e, mentres falo por teléfono ou perdo o tempo sen máis gústame garabatear... ¿adiviña qué se repite cíclicamente por todo o papel?: moitas espirais, a dereita, a esquerda... Sumidoiros poden representar, ou intentos de círculos concéntricos que se desbaratan polo camiño ata o punto central, costa tanto levantar o boli para comezar outro círculo que seguemos o camiño ata onde nos leve....
    Xa paro.. xa paro.
    Bico en espiral.

    ResponderEliminar
  10. Eu cando estou traballando ou pensando sempre teño papel e boli e sí dibuxo espirais e caracois,as veces mandalas,un día unha amiga sicóloga dixome que significaba o esforzo por facer ben as cousas,o afán de superarse,co lacazana que son!!!!!!!!.
    bicos

    ResponderEliminar
  11. De seguro os teus antepasados foron os que debuxaron os petroglifos.
    Moi boa foto.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  12. hipnótica, irreverente, orgulloso, insociable y sueño.. todas esas cosas me provoca la foto

    ResponderEliminar
  13. As espirais dominano todo. Os vexetáis, os animais ademais do caracol, as telas de araña. A espiral logarítmica en matemáticas, nos brazos espirales das galaxias, nos ciclons. Ate o halcón e outras rapaces utilizanas para cazar as suas presas Ate na política a UPG utiliza unha espiral como símbolo. O mundo é unha espiral inconclusa

    ResponderEliminar
  14. Interesantes suxerencias deixoche as minhas: protección, "movemento" e percorrido.

    Unha aperta grande.
    :)

    ResponderEliminar
  15. Sorprendesme sempre gratamente coas tuas imaxes e tamen cos textos. Non pares.Saudinhos

    ResponderEliminar
  16. O link para os petroglifos é muito bem pensado, em Panóias, Trás-os-Montes também existe algo interessante, mas mais moderno, mas tenho ideia que as espirais são similares.

    Mais uma mensagem muito interessante.

    Abraços.

    ResponderEliminar
  17. Si si é curioso, pero non é tan raro. Eu teño outros recordos.... Moitos saudos

    ResponderEliminar
  18. Evoca tamén unha forma de vida basada na lentitude, no reposo, na paciencia, e que sería moi adecuada para estas cidades, esclavas do reloxo e da présa.

    ResponderEliminar
  19. Siche lee Sidmond Freud, o mais seguro é que atopara una explicacion mais ou menos sexual a túa fixacion nas espirais.....
    A min o que me deixaba como tolo era tirar pedras os charcos, xeados e ver como rompia o xeo en estrias...E coller os carambanos das fontes....Era en Granada e cando facia de verdade frio no inverno, non como agora.
    Sonos de neno grande.

    ResponderEliminar
  20. a min as espirais recordame á eternidade, aslgo que comeza e pode seguir eternamente, quizais tamén pola espiral que xira e te mete dentro dela como se non houbese saída...

    e harmonía... tamén harmonía, e matemática... e misticismo... evoca mil cousas si

    ResponderEliminar
  21. A min tamén me engaiolan as espirais... Camiños case circulares dende o centro cara o infinito... Pero nunca me fixara nas dos caracois. Agora que miro a foto é certo: ten algo de hipnótico.

    ¿Por que nos gustan tanto as espirais? :/

    ResponderEliminar
  22. Alédame moito percatarme das similitudes e coincidencias que tedes comigo. Pensaba que era un bicho moito máis raro.
    En todo caso, graciñas por rariñas e rariños comigo.

    Eu tamén me namorei deste caracol, así que o subín para o lateral do blog (filtrado, para darlle un tono de pintura).Se non o rexeitades, ha quedar alí.

    ResponderEliminar
  23. Eu estou dea acordo con Paul Klee neso de que a espeiral representa o movimento máis perfecto.

    Mrs.Doyle

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: