sábado, 10 de novembro de 2007

Friaxe

Cando se anica o sol, a friaxe das noitiñas deste Samartiño seco queiman con parsimonia silenciosa a delicada cutícula vexetal que ainda ten a osadía de campear a estas alturas do ano por mor da ausencia dos ventos.

Non chove e compre que o faga. A terra precisa da auga fertilizante, pero -permitídemo- eu disfruto deste panorama distinto que nos ofrece a natureza deste ano. Prometo render tributo ás choivas que han chegar, pero mentras...

20 comentarios:

  1. Fas ben disfrutalo, aínda que de aquí para adiante igual convértese en rutina, xa que como non chova ... imos a desecar. Eu espero a choiva con ansiedade, ademáis teño dous paraugas novos para estrear, non me puiden resistir, un ten os Xirasoles e o outro a MonaLisa.

    O outro día era portada da Voz o embalse de Belesar en Portomarín,está tan seco que as xentes camiñas polas ruinas antigas da cidade. Pode parecer espléndido porque é anecdótico, pero non futuro .... vamos a ser a nova África.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Xa o dí o refrán: non hai mal que por ben non veña.

    ResponderEliminar
  3. €Hoxefon o encoro de Fervenza no rio Xallas e duas cousas chamaronme a atencion:
    O encoro ten menos do 1 por cento da sua capacidade e a outra e que hai unha grande cantidade de arbores con toda a sua follaxe verde a estas alturas. Que chova xa!!

    ResponderEliminar
  4. Estamos regando os frutais recen plantados deste ano, se non van secar....
    Africa?... polo menos ali teñen temporada de chuvias... aqui creo que de eso xa non gastamos.
    Queda abril (por eso das augas mil), polo de pronto aqui estamos sufrindo esa xeada sorda que se crea ca falta de humidade e cas noites despexadas.

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que o tempo está ben bonito...pero ten que chover xa, que nin cogumelos hai, e iso é o de menos.

    silvana, eu tamén merquei un paraugas, o meu é de mafalda.

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Eu estou desolado. Amo este país de chuvia, de húmidos verdes e augas en perenne reciclaxe. Tamén amo a luz e o sol e creo que se viñesen mellor repartidos non habiamos de queixarnos. Eu non lembro nada semellante. Agosto foi un ceo de chumbo e outubro e novembro son láminas douradas. Nesta ferraxería algo non funciona ben.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  7. Eu quero que me dean un motivo para mercar un paraugas,que o ano pasado non merquei ningún e, a verdade, unha casa sen paraugas non é casa. Saúdos.

    ResponderEliminar
  8. pode ser que non volvamos vivir un outono coma este, e se o outono xa é unha festa de cor, o deste ano a min estame resultando abrumador, pero certo é que se estrana a humidade(que son esas voces!!! quen dixo iso!!!!)

    aproveita aproveita que a todo porquiño lle chega o sue san martiño...

    jeje

    ResponderEliminar
  9. Así somos, sempre queremos o que non temos. Nunca nos podemos conformar.. Toda a casa chea de deshumidificadores, que o tempo aquí é moi húmido (diciamos convencidos cando os compramos) e ahora resulta que teño as mucosas secas e rascan.. Cómpre que chova e non pare nunha semán polo menos. A auga é necesaria, é imprescindible aquí. Galicia seca non se pode imaxinar.. Húmeda e verde, e con ese arrecendo a terra mollada, a humus, a turba facinerosa..

    ResponderEliminar
  10. "Se no Sanmartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño".
    Era a festa da parroquia onde eu nacín, o sanmartiño. E, para este tempo, xa iba tanto frio que as rosquilleiras parecían elas mesmas rosquillas envolveitas nos seus mantos.

    A min gústame o outono, este de "láminas douradas". e... ¡malo será que non chova! (Por algo se lle chamará "él veranillo de san martín")

    ResponderEliminar
  11. Pois eu estou javacha coma unha cuca, e iso que a min a choiva dame vida, pero non sei, este ano gústame o outono tal e como veu. A choiva virá, seicho ben, virá.

    ResponderEliminar
  12. Gustoume atopa-lo teu comentario no meu blog, e vexo ke compartimos o gusto pola natureza....
    O outono está sendo este ano moi moi mansiño, o ke por momentos me da ke sospeitar como ha de se-lo inverno...dame medo!!!choverá todo xunto? Non sei pero esta época do ano é un verdadero deleite sensorial...adoro o frío, terme ke vestir cunha capa e outra como unha cebola.Despéxase a mente cando saes fóra e bate contra túa face unha bofetada de aire xélido. Gústame sair coas miñas catiuscas e saltar nos charcos, coma unha cativa...O sol deste outono tenme un pouco descolocada, pero disfruto, pecho os ollos e disfruto...Dame medo o cambio climático, verdadeiro pánico....

    ResponderEliminar
  13. A verdade é que eu preciso render tributo ás choivas (máis ás miñas botas novas) xa.
    Gústame o bosque que se albisca dende aquí. Un pracer atopalo.

    ResponderEliminar
  14. Graciñas por vir á Chousa. Ben sei que tedes razón quen pedides auga (tempo ha de haber para estrear os paragüas e mailas botas novas. Presumidas!).
    Javachas, cucas e demáis. Biquiños e saúdos.

    ResponderEliminar
  15. Os percebes tamén necesitan da choiva, que arrastra nutrintes de terra ao mar.

    ResponderEliminar
  16. O caso dos percebes de Suso Lista suxíreme o refrán de "Chove sobre mollado". Calquera diría a priori que os percebes precisan da choiva.

    ResponderEliminar
  17. Anicalo sol que fermoso!!!. Gústanme os días de friaxe...

    Unha aperta grande.
    :)

    ResponderEliminar
  18. O campo necesita a chuvia.
    Esperemos que chegue un dia destes.

    ResponderEliminar
  19. As chuvias son moi necesarias, efectivamente, pero é que o sol da tanta vitalidade. Haberia que solicitar chuvia de noite e sol de día.
    UNha aperta

    ResponderEliminar
  20. boa falta fai esa auga... que senón..
    aínda que polo lado bo polo menos nalgúns embalses podense ver os pobos que quedaron soterrados pola auga. Tamén se lle miramos o outro lado,malo, vemos a barbarie destas grandes obras fascistas. como se fodeu a natureza con elas.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: