luns, 22 de outubro de 2007

Adaptación

Hai ocasións nas que as cadeas que nos coartan a liberdade dinnos que son a nosa propia defensa. Ese tipo de aseveracións adoitan facela os nosos xefes. De seguro que disertarían con fruición e verborreica prosaicidade sobre esa necesidade (a das cadeas).

A ver quen lle explica á vaca que a canga que a mantén inmóbil é quen a protexe dos cornos da veciña, cando o que ela desexa é pastar polas namelas con absoluta liberdade. Claro, desa guisa igual da menos leite; pero...quen dixo que había que encher a canada tódolos días?

(En realidade quixen fotografiar o toxo da esquerda...)

5 comentarios:

  1. Q dilema eterno... escornarse ou pacer ceibe polos montes adiante. normalmente sempre é bo q se escorne un algunha vez para apreciar as cangas, pero o xusto!

    Saudos!

    ResponderEliminar
  2. Boa comparación e boa reflexión.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. As cadeas son boas para rompélas de cando en vez,o ser humano naceu para ser libre inda que as veces é díficil.
    Saúdos e gracias pola túa visita.

    ResponderEliminar
  4. Moi boas, sinto decir que non estou nada dacordo contigo e explicome, penso que as peores cadeas que temon son as que nos mesmos nos pomos, os xefes estan pra ir a o carallo, o todo o carallo, a nosa mente e as veces a peor cadea.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  5. Graciñas por vir, por concordar e por discrepar. De cada reflexión vosa tomarei nota, para seguir pensando igualiño...
    Apertas acaloradas!

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: