Esta primavera de nuboeiros trouxo flores tardías á roseira do xardín. Ela -a roseira- dispuxo todo segundo as leis do parlamento vexetal. Regulou o crecemento despois da poda agresiva do xaneiro, acordou con espiñas dispares a protección do conxunto, enredouse por lei orgánica na celosía do valo e agromou por decreto folliñas verdes...
Agora, por sorpresa, un recendo novo xura e promete anegar con petaliños o chan desta silveira democrática, tan necesitada de erradicar olores que non eran -precisamente- aromas. Ogallá perduren. Oxalá o vexamos.
Foto: Rosiña con aspiracións de rosa.
A rosa moi bonita pero esas esperanzas suas non sei se seran moi optimistas. Vexo demasiada raza silva e incluso algun toxo
ResponderEliminarEspero que non lle seque a silveira
Esta rosa que nace do estrume fedorento non sei se murchará cedo.
ResponderEliminarInda así, desexo longa vida a esa rosa a falla de chorimas e outras flores !.
Con respeito a Uxía, dicir que hai un pequeno truco: ela e a súa familia son veciñas de Vilaguindastre. Xa sabes, todo queda na casa.
Muy metafórico tu relato de la actualidad política y muy bien traído (y Llevado). Yo, esperanzada como estoy, veo florecer tu jardín de rosas, después de haberlo limpiado de cardos... bicos
ResponderEliminarEspero que las rosas traigan buenos aromas y el aire de este verano que tarda en llegar, se lleve los malos olores de un tiempo pasado.
ResponderEliminarEses pétalos aínda que
ResponderEliminarpouco duradeiros alegrarán
estes calurosos días de estío.
Biquiños