Pode semellar paradóxico que, neste día despois, coa resaca doce de ter participado nun acto de exaltación, amor e incluso apoloxía da nosa lingua; mesmo me falten precisamente as palabras para describir a ledicia vivida e compartida con cada persoa que se achegou aos 69 lugares de todo o mundo no que se celebrou o mesmo acto, primeiro de ProLingua de xeito público.
Estar en Melide coas persoas que compartiron o espazo e as palabras onte, se tivera que definilo cun so termo, sin duda, este sería emoción.
Estar en Melide coas persoas que compartiron o espazo e as palabras onte, se tivera que definilo cun so termo, sin duda, este sería emoción.
Foto: Acto de presentación do libro "55 mentiras sobre a lingua galega" en Melide
45 comentarios:
Eu estiven na Corunha, mequei o libro e escoitei cas orellas ben abertas todo canto se laricou...noraboa a todos!!! Chousa, din polo que escoitei que deu xenio ouvirte, os teus lector@s non esperábamos menos.
apertaaassssss....
pois con esa palabra emoción xa o dis todo.
polo menos resume moi ben o que experimentei eu tamén
cando na coruña se leu o texto común para os 69 sitios onde se estaba celebrando ese acto...
a mín púxoseme un nó na gorxa.
despois ían chegando mensaxes:
en vigo "fomos" tantos, en chantada tantos, etc.
e sí, eramos irmáns, todos á unha!
estar na presentación do libro, non foi estar nunha presentación dun libro foi moito máis ca eso:
foi formar parte dun frente común,
foi coma cantar o "no nos moverán"
unha aperta emocionada.
Eu tinha um exame as 17:00 em Compostela e nom puidem estar em Monforte na Galeria Sargadelos para ve-la presentaçom.... deu-me moita mágoa...
Decisión moi atinada de Prolingua e que saíu moi ben. Non podía ser de outro xeito. Aquí en Vigo estaba a sala abarrotada.
Os meus parabéns para quen organizastes e destes a cara!
Mil primaveras máis para a lingua galega!
Eu finalmente non puiden assitir á presentacón pero fun a mercar o libro onte pola tarde.....
Fai uns dias, DAvid Otero, o mestre e escritor contestando o meu correo de desesperanza, mandaba o seguinte mensaxe....
Ainda que como ti dis non serva para nada....o ruido aqui queda, amiguiño MILITA NA ESPERANZA....
¿Que che parece Chousa?, ¿Segurimos a militar ou agachamos a cachola con resignacion e repetimos o que decia Castelao:
Mexan por nos e ainda temos que dicir que chove...
Unha aperta.
Hola, Chousa. Te veo feliz, me alegro de que disfrutases con ese homenaje y que fuera, precisamente, un acto que se convirtió en pluricultural y cosmopolita. Besos.
Os meus deberes de pai impedírome asistir á presentación en Vigo, Tui ou Ponteareas pero si merquei o libro pola tarde.E fixen por ler case a metade do libro mentres traballaba de noite.
Noraboa pola iniciativa.
pois alégrome moito por ti e pola nosa Lingua.
biquiños,
Chousa, a túa emoción chega ata aqui.Bicos.
Alédome de que todo
saíra ben no primeiro
acto Prolíngua.
A nosa lingua merece exaltación, amor e incluso como ti dís
apoloxia.
Gracias a todos vos
por esta iniciativa.
Biquiños
Tamén chega aquí a emoción; e tamén me alegro pola lingua e por min mesma.
Emoción que conmove as raíces todas. E volvemos ser terra, terra esperanzada medrando futuros, terra fértil de soños e ilusións para cumprirmos.
Xuraría que esa melena loira nunha coleta vén sendo dunha grande amiga enraizada en Melide ;)
bikos con lingua de futuro
(ah, enlaceite no meu blog)
Pois non é a loira quen eu pensaba :(
De todos os xeitos aproveitei para cotillear-te e xa que Vázquez Pintor o teño localizado... fiúuu; pois iso, un pracer hehehehe
Gústame saberte borracho, embebedado pola emoción. Foi unha sensación nova, arrepiante, saber que estabamos compartindo palabras e voces en tantos sitios a un tempo.
Boa noite para os homes afoutados (entre os que te sei)
Pues justo acabo de conocer ese libro por el facebook de una gallega-bloguera, no sabía de él, voy a investigar.
que sigan las emociones...
bcfletes emocionados. ;P
mua
Pois sí, parece que hai esperanza. Estou contenta de ver que estaba errada, que os galegos xa deixaron a supina resignación, que crece o orgullo de galego, a dignidade do pobo. Gústame moito. Tamén me emociona, claro que sí.
Non me acerquei a presentación, pero vin algunhas desas mentiras que nos adelantaron na web de prolíngua. Mercarei o libro e, o que considero máis importante, defendo o galego como sinal de identidade do pobo, como dereito fundamental, que como non o vai ser, o expresarse na língua nosa. E que ninguén nos menosprecie por falar galego. Somos galegos, non debería extrañar que falemos galego. É o natural. O que non é natural e a xenreira dos que non o entenden (non o galego en sí, que non é tan difícil, románica língua a que só hai que prestarlle un pouquiño de atención). Eles ven nesta forma de ser, que non de actuar, radicalismos, sectarismos, malas intencións.
Queremos entendernos. E queremos ser galegos. E non debe ser tan difícil, cunha pouca de boa vontade por parte de todos.
Bicos, Chousa. Grazas por demostrarnos que se pode chegar a moitos cun blog escrito en galego, grazas por elevar a nosa língua empregándoa con agarimo, expresando tanto e tan ben, fachendoso, con bo facer.
Grazas.
Pois eu non teño resaca, pero sí un gripazo que non me deixou asistir á presentación en Lugo como tiña pensado, nin pisar a Feira do Butelo que están celebrar na Fonsagrada os outros fonsagradinos e milleiros de visitantes :-((
Bicos ao lonxe (por aquelo dos virus :-))
Veño de ler o artigo "Unha lingua, 55 mentiras e 69 cidades" en Xornal.com. e agora enténdote millor. Moi emotivo e eu alédome moitísimo.
Bicos.
A risco de que sigades embriagándome cos vosos comentarios tan cheos de agarimos e morniñas palabras de ledicia, imos despertando do soño xenial. A loita non fixo máis que empezar. Este foi o primeiro acto público de ProLingua, á que vos convido a unirvos de xeito vehemente e, incluso, recalcitrante. Hai sitio para todas e para todos.
Enviamos a primeira mensaxe, pero haberá máis. Xa non seguiremos a decir que chove se mexan por nós.
E, unha vez máis, volvo lembrar aquelo de que se a nosa lingua soportou a longa noite de pedra, con estes folgos e con esta nova enerxía que emana do pobo, con mellores azos vai ser capaz de levar este "outono" que nos toca vivir.
Sin imposicións. Nin dun lado nin do outro; pero lembrando que se estamos en Galicia...a lingua galega é a da preferencia.
Permitídeme unha licencia máis. O meu admirado e amigo Xosé Vázquez Pintor, compañeiro de mesa na presentación en Melide, tivo a delicadeza de agasallarnos a todos os presentes cun poema seum, do seu libro "No corazón mancado" (Premio Esquío 1989), que veu moi ó caso e que vos transcríboo aquí;
Língua:
Ámo-te así, na boca, como se ama
á moza no limiar do coito, porque
sabes á esencia e patrimonio, porque
es nosa e miña a un tempo cando vou
na soedade do xardín e teño
espaciopara estar, contra o designio
nese cáliz da rosa permanente
que ti es, desde o máis antigo sol
que chama na mañá polos insectos
A ver quen carallo non se emociona con tantos aditamentos...
Vale. Quedei sen palabras!
Vállame Deus! Tan rica que é a LINGUA e... Vale. O demais son lerias!
Pois iso. a ver quen carallo non se emociona!
Bicos (con lingua e pola lingua) Quen non entenda, que se apañe!
Pois iso!
Pois eu coma sempre non me enteri de nada e perdínmo. Unha magoa..outra vez será.
Bicos Chousiña
Pois a min o que me fai ilusión é poñerlle cara ao chousa, que por deducción lóxica non é utro que o tipo da perilla??.
As perillas teñenche moita cercanía coa lingua.
Me uno ás felicitacións polo bo uso dela, da nosa lingua, e cabilando en si serás quen de empregar a perilla coa mesma precisión gramatical.
:-) Nada máis que engadir... :-)
veño de ler o artigo do que fala fonsilleda
e paréceme que recolle moi ben o espíritu que caracterizou a xornada do venres, gústame como remata: "o galego é o porqué"
vou poñer o enlace directo para que a xente que é preguiceira coma mín, pero curiosa (tamén coma mín [ja]) non teña que esforzarse
:-)
unha lingua, 55 mentiras e 69 verdades
(ainda que é mellor facer un copy+pega coa dirección noutra ventá nova, que ésta e pequeniña)
http://www.xornal.com/artigo/2010/02/07/galicia/lingua-mentiras-cidades/2010020700424400115.html
(chousa, co teu permiso!
e que como te le moita xente,
hai que aproveitar para expandir este virus,
que ogallá sea ben contaxioso)
véseche moi serio na foto, eh
Un pracer termos compartido esta pacífica barricada. Sospeito que haberá máis ocasións, asi que por emoción non vai quedar a cousa.
Por se pensaban que estabamos a durmir, xa quedou clara a cousa.
Tamos en pé !!
Apertas con lingua. (Nada de bicos, non te me vaias emocionar máis da conta...:))
En Bos Aires, rematamos o acto lendo a Castelao, claro.
Esas que comezan dicindo: "¿Ten Galiza unha lingua propia? Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu. Idioma apto e axeitado para ser vehiculo dunha cultura moderna e co que ainda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas".
Esas que rematan dicindo: "Sodes, pois, uns imperialistas fracasados".
Apertas nesta irmandade da fala!
Alégrome moito pola túa emoción y pola lingua galega.
un bico
A ver se é verdade e isto xa non hai quen o pare, que dunha vez por todas saiban que os galegos queremos galego e que non pasaremos por menos diso.
Que bom!
Língua é cultura, há que preservá-la.
Um beijo.
Non hai máis que falar ;D
Vou engadir no blog a ligazón que deixaches, zeltia porque me pareceu moi interesante.
O certo é que me gusta volver por aquí e emocionarme unha e outra vez lendo a todos e todo. Foi unha sorte dar contigo, un privilexio compartir con tod@s vós este día.
Bicos con lingua para todas as persoas que por aquí pasaron (incluído setesoles que eu che son moi desvergoñada hehehehe)
A min tamén me fai ilu verche a cara.. jaja.
Así que tamén es guapo!! Menuda xoia!
Pero sí que se te ve serio. Seguro que non o es.
As perillas molan.
Entereime de que na miña localidade se aprazou o acto... (só podía pasar aquí...). O caso é que tampouco poderei acercarme o venres próximo, porque estarei traballando.
Pero non importa. O importante é que a semente está botada. Agora toca coidala a cotío.
Regadío de bicos!
En Ponteareas aprazouse, quedou para este venres. Se podo asistir so espero sentir, aínda que sexa a mitade do que sentiches e poder expresalo coma ti. Que menos pola nosa lingua, que péselle a quen lle pese está moi viva.
Polo que dis e do jeito como o contas, logras emocionarme tamen a min. Cadroume lonje, incluso de Lisboa onde tamen sabia que se celebraba. Ja vejo que estás moi implicado na iniciativa.
Din por aí que estás moi serio; realmente es ti o da melena e chaqueta vermella? Pois nom mo semelhas ben i eso que ja te mirei mais de perto na web de prolingua. hehehe
Saudos lonjanos hoje, pero moi preto de esprito
Carlosm
A espera de non cansar, que todo sexa un preludio de amor e entrega sen concesións, alédame que a xente segue confiando a procura de non deixarse levar. Oxalá, todos amemos o idioma, sen máis. Bicos de ilusión (sempre).
veño de editar o un posst no meu blog, para incluir un video que atopei en "Vieiros",
(se cadra xa o viches),
é un vídeo documental que fixo unha moza que aprendeu galego,
e no verán que pasou en compostela botouse á rúa coa cámara na man.
déixocho aquí para que o compartas cos teus lectores, se o queres poñer.
ainda que dura 1 hora,
quen non teña tempo pode adiantar o reproductor e ir mirando anaquiños.
de certo que paga a pena ver
dende outra xanela...
o enlace:
a xanela
para un copy+pega noutra ventá:
http://vimeo.com/9267106
Agradezo tanto as vosas colaboracións e comentarios que a emoción do venres continúa neste luns grisáseo.
Segue aberto o vieiro para novas aportacións nesta liña.
Seguiremos o camiño unicamente iniciado o día 5 (hai que lembrar que so foi o pistoletazo de saída dun colectivo que naceu en outubro).
E incluso ollándome serio (que o son...) e de bo mirar (que xa non sei...), nihil obstact para que o lene e doce pensamento do venres, se vise truncado durante o meu breve paseo polo rumiar estridente e áspero dunha motoserra tronzadora... Todo continúa.
Bicos con lingua (para elas).
Apertas garimosas (para eles). Non se me vaian emocionar!
Para contribuir un pouquiño máis a túa emoción ;)
"Escritores e profesores presentan en Monforte e Chantada o libro «55 mentiras sobre a lingua galega»
Autor:
La Voz de Galicia (Lemos)
Data de publicación:
6/2/2010
Monforte e Chantada son dous das máis de sesenta localidades de toda Galicia e de diferentes partes do mundo nas que onte presentou a plataforma Prolingua o libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Prolingua é un dos colectivos xurdidos á calor da oposición a que a Xunta recorte o uso do idioma galego na educación. Este libro, escrito por Xosé-Henrique Costas, é o primeiro que edita Prolingua e segundo os seus promotores está concibido como «un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso» para superar «aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen ou obxectivo de actuaren de freo» á volta a un uso normal do galego na sociedade.
No caso de Monforte, a presentación foi na Galería Sargadelos, e interviñeron o crítico literario e escritor Xosé Manuel Eyré, o profesor Xesús Verao e os integarntes de Prolingua Miriam Rodríguez e Iván Pérez. En Chantada, o acto celebrouse na Casa dá Cultura, e contou coa participación do escritor Xosé Miranda, o profesor Manuel Figueiras e os estudantes Tania Vázquez e Iago Fernández."
Por cierto, Chousa, una curiosidad (típico de las féminas, jejejejejej): ¿quién eres tú de esos dos señores de la mesa? ¿el hombre serio de azul o el señor de naranja????
p.d. puedes reservarte el derecho a responder. Bicos
Graciñas por manter acesa a miña emoción Rocío.
E logo xa descartas á moza de vermello e melena e tamén a de rizos, Ginebra? jajaja.
Como bo galego, respostarei con outra pregunta; cal cres ti que son??
E orghullosa, case coma unha nai, aproveitando que o Miño pasa por Lugo e que Rocío comentou o de Monforte e Chantada, cotilleo: iago e Tania estiveron xeniais!! Se ademais temos en conta que a parte da súa vergoña tiveron que salvar outros condicionantes (Tania, persoais; e Iago un exame de 16:30 ata 18:30) diríavos que marabillosos. Tiñan a emoción toda nos ollos. Aínda seguen conmocionados. Ah, non chegan aos 18 anos ;)
En Monforte seica estivo o Antón Reixa entre os asistentes e tamén participou no debate (aínda non me cotillearon máis)
Volvo repetidamente, será vicio??
jajajajaja, intuía que me responderías justo lo que has respondido. No me equivoqué, como buena extremeña te diré que descarté a las dos señoras de la mesa y que elegí uno de los dos señores como tu identidad, pero no te lo diré porque tú ya lo sabes (quien eres, me refiero; jejejejejeje).
Bicos curiosos
Vaia casualidade!. Xuntáronse Xenevra con Ginebra. Excelente cóctel!!!
Á primeira dígolle que, aínda sendo viciosa, que volva cada vez que queira e guste. E que fixeches moi ben en "facer patria" con Chantada e os chantadin@s presentadores do libro. Seguro que o fixeron excelentemente ben.
En honra á segunda, farei as presentacións da mesa:
de dereita a esquerda están Valentina Formoso (xenial traballo na presentación. Esmiuzou con arte, magnífica dicción e maestría pedagóxica o impacto do Decreto na lingua galega); Vanessa Martínez (excelente mestra de ceremonias e presentadora magnífica que abriu o acto coa lectura do texto común coa súa voz dulcísima e entrañábel); despois...mójate extremeña!!!! (aunque no sea stricto senso...)
Es bonito tener una lengua por la que luchar y emocionarse.
Me gusta vuestra tierra y vuestra lengua, me adhiero a la defensa.
Moitos biquiños, Chousa.
Publicar un comentario