mércores, 1 de xullo de 2009

Perfección

Profundísimas marañas de fíos moven un mundo técnicamente perfecto e humanamente camiño da desorde organizada.
O que nos da cobillo, proporciona tamén desestabilidade; o que nos aporta calor acabará por enfriarnos o pensamento e aquelo que viña chamado a ser seguridade acabará por perpretar o crime perfecto.
Como pode ser posible que fai trinta anos viñeran facerlle o DNI a Maruja Souto no Cuartel da Garda Civil de Antas (a 3 Km da súa casa) e hoxe non haxa maneira de pedirlle cita on line para renovarllo (a 3 Mg do seu domicilio), xa que o seu equipo expedidor de antano seica "no existe o ha sido erroneamente tecleado"?.
( E non falo da conversa estéril coa máquina do 902, que se teño que repetir outra vez o proceso todo, esbóurame o páncreas...).
Algo vai estalar un día destes por algures. Espero que non nos salten anaquiños ós ollos, que algúns témolos moi bonitos...e ademáis sírvennos para ver!

Foto: Rotura perfecta: cristal escarallado

37 comentarios:

paideleo dixo...

Hai veces que en vez de irmos para adiante, atrasamos o pouco que avanzamos.
Paciencia.

HADEX dixo...

Ai cando topas coa burocracia!!! (viches esa grandiosa película de Gutiérrez Alea, La muerte de un burócrata??)....

En canto á rotura perfecta lémbrame a un documental que vin hai pouco sobre os fractais (estructuras xeométricas que se repiten na natureza a diferentes escalas)
Como a espiral da burocracia.

Bicosssss

Carlos Sousa dixo...

Non sei se vai a estalar ou non, pero de momento ten toda a pinta.

Roturas como esa teño visto unhas poucas estes días co tema da folga do metal. E agora escomenza a da pedra.

Se non vai quedar máis remedio que estale por algures...

Deambulando con Artabria dixo...

Como teña que ir eu falar co alcalde de Antas para solucionar este problemón vai arder Troya.

Carlosm dixo...

O de falar coas maquinas telefonicas estase a poñer tan de moda que dentro de pouco vai ser todo asim. Xa logo non haberá persoas para coller o teléfono.
Eu tenho un sistema nas de telefonia para que me pasen cun operador. Cando me preguntan o que quero digo mais ou menos "grteprrrrktxxxcorrrrrpsss". Axinha me din: Le pasamos con un operador.
Digoo por se che vale a ti tamen

Carlosm

Cuspedepita dixo...

E ti convenientemente difuminado polas sombras do cristal ;-)

A min pasoume o mesmo cun certificado de vida laboral. Dous intentos fallidos a través da rede porque seica o domicilio non coincidía cos datos que eles tiñan (anque da segunda vez copieinos doutro que xa eles me mandaran)
Así que, de últimas, chamei por teléfono. Un rapaz moi amable tomou os mesmos datos que non lle valían á maquina e...ao cabo de dous días chegaron....¡ dúas vidas laborais !
Agora non sei se teño que agardar a que chegue a terceira, ou como c...é o conto.

Bicossss

vermella dixo...

renovar o dni pódese convertir en unha misión imposible,eu estiven varias veces facendo cola para coller número eso si os númeriños repartenos de oito a nove da maña e despois pódeche tocar a unha,así que eu despois do que me costou antes de que me volte caducar vouno perder e ao tempo que denuncio xa me fan os trámites......
burrocracia.

susanamoo dixo...

Ti o que pasa é que non sabías cómo dicirnos que tes os ollos bonitos, e pra iso todo o roio da desorde organizada, que mesmo lle esnaquizache o cristal ao veciño.

Avelainha dixo...

O do cristal escarallado a base de unha rotura perfecta deixoume abraiada. Ti eres un poeta, Chousa.

Anónimo dixo...

Eu pensava que Chousa era o alcume tra-lo que se agochava unma mulher, mais vejo que estava trabucado.
Seja como fose, concordo con a creatividade do autor do blogo. Parabens polas roturas acristaladas que hoje propón e tammen polas anteriores mensajens sempre moito ilustrativas.

Saudos garimosos dende Verin

Barreira dixo...

E non che saltaron anaquiños aos ollos???. E que como andas a meter o naris por ahí.
Eu podo entender que as maquinas, por sofisticadas que sexan, chegue un momento que "non nos entenden". Pero que os humanos nos comportemos como as máquinas iso é malo de entender. I é que ainda que o queiran facelo ben non lle chegan nin á sola do zapato á maquina.
En fin. Si queres botar un berro di "grito" ou pulsa 0,5.
Saudos.

pitima dixo...

A rotura e perfecta?? Ti cres?
Boeno, pois para min estaría mellor algo achegada a unha esquiniña, para poder ver a imaxe completa de ese fotógrafo enguruñado sobre a súa cámara sacando a imaxe perfecta para a súa entrada no blog.
As máquinas non se enganan, somos nós os imperfectos... seica..
Mira, e que eu penso que a perfección é aburrida, e moi subxectiva tamén. E logo mira ti que perfectos resultan, por exemplo, estos nosos ordenadores, que nos permiten coñecer xente tan interesantes coma tí... e ata averiguar que levan lentes.. jaja (e xa que andamos todos a escudriñar na imaxe do cristal coma se fósemos do CSI, podías poñer unha foto túa, e deixarte de sombras e imaxes distorsionadas cunha perfecta rotura)
Os pes (calzados) e as mans (con moreas de cartos..) xa chos coñecemos, agora toca a cara!!

Que tes razón Chousa, coma sempre, que a onde imos chegar con tantos presuntos adiantos.. aisss
Un bico! Perfectamente imperfecto, xusto como me gustan a mín.

pitima dixo...

Perdoa pola petición de foto.. Son parva, e tamén curiosa... Desvaríos que teño. Hai que gardar o anonimato relativo.. non é?
Outro bico

Anónimo dixo...

Es la perfecta imperfección la que nos lleva a la absoluta destrucción. Bucles de estupidez manifiesta y jamás reconocida.
Tu pareces un maestro de la imagen. Logras comunicar bien a través de ella, por eso serás consciente de que en el mundo actual lo importante, lo único importante, es salir bien en la foto. Lo demás es secundario.
Y, claro, con esas aguas logramos los lodos a los que aludes en tu queja.
La tecnología puede usarse para bien o para mal. Y está claro que en muchas cosas no vamos por el buen camino.

Un saludo y perdón por no usar el gallego, pero no tuve la oportunidad de estudiarlo aunque sea la lengua de mis abuelos maternos que, como tu, eran de Lugo.
(Aunque hace tiempo que te leo, nunca me atreví a escribir. Perdón tambien por hacerlo de forma tan extensa)

Lucía S. Casanova

irene dixo...

No quiero ni oír hablar de los 902, tantos adelantos y a veces de qué poquito sirven.
Y cuídate tus preciosos ojos, aún hay cosas bellas que ver en este mundo.
No me manejo muy bien con el tiempo, tengo que aprovechar mi insomnio para poder hacer las visitas que me apetecen, tengo que administrarlo mejor, vendré más despacio.
Rezaré por ti, querido pecador, aunque no sé cuándo ni cómo, en mi próximo viaje no visitaré iglesias y tampoco sé si recuerdo como se hace, supongo que con decir, a quien pueda interesar, cuidar de Chousa para que sea muy feliz, será suficiente.
Yo te lo deseo, un biquiño, Chousa.

Markesa Merteuil dixo...

O ser humano é demasiado amigo de facer difícil o fácil. E así nos vai. Que todo é burocracia.

fgul dixo...

...e tan malo sería?

Anónimo dixo...

Bueno... A algún sérvenlle para ver e a outros non lle serven aínda que vexan. Gustoume todo, tanto a foto coma o texto. Xa facía que non pasaba por aquí.

P.D: A rede non da fervido ou que? Que pasou cos microrrelatos, oh?


Saúdos e bicos impacientes.

Paz Zeltia dixo...

(Antes de que me esqueza, quero felicitar a pítima pola súa estupenda visión, xa que é capaz de ver no reflexo do cristal da foto do post, non só unha figura borrosa, senon incluso detalles coma que a figura leva lentes!!!!)

E respecto a reflexión do post de hoxe, penso que, este desorde organizado funciona. E que é incrible que funcione! cando mínimamente un pode atisbar por un buratiño parte dos nudos da madexa, ainda se fai mais incomprensible que os erros non sexan tantísimos que todo fose un caos!. CAsi é un milagre que a cousa vaia como vai.
Mais ben e coma se tivera vida propia,a gran maquinaria do sistema, ó marxen das pezas erróneas, autorepárase e segue adiante, por, para, por riba, e apesares de nós.

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo: Así parece. As présas andan correndo tras de nós. Semella paradóxico, pero agora seican andan as farmaceúticas na procura de medicamentos que retarden o momento. Din que xa teñen un con certo éxito (seica logra retardar ata 4 minutos o éxtase). Tremendo.

Hadex: O malo é que a min gústanme as espirais. Claro que quero velas amodiño e con calma (curiosamente a imaxe elexida para o "movemento lento" é unha espiral: a cónchega dun caracol.
Seguramene me gustan as espiras porque as miro dende fora cara dentro...

Carlos Sousa: Pois o dito: protexerse os órganos vitais para que a onda espansiva non nos escaralle moito máis do que nos ten escarallado xa a preparación do detonante.
Pedra, metal e natureza han saber aturar. Nos tamén, ou?

Artabria: Teño entendido que o alcalde está de vacacións (os alcaldes sempre están de vacacións ou reunidos). Ti ven e fala comigo, que xa tentaremos que Troya non arda!! jajaja

Carlosm: Teño un amigo que lles di unha ordinariez tremenda e tamén o pasan cun operador. Poda que sexa un remedio. Tomo nota. Pero mentras non me pase o cabreo, eu non quero saber nada de máquinas telefónicas instaladas en Call Centers. Gústame falar coas persoas, carallo!

Cuspedepita: Eu sempre difuminado. Ainda que cando falo con esas máquinas infernais, gustaríame difuminalas a elas e a quen as inventou.
Dentro de pouco non vai haber unha cara á que mirar mentras se lle fala. Aquel mundo feliz de Haldoux H. vai collendo cara; solo que en troques de humanoides solo hai grabacións!. Acabaremos f... cunha máquina de ferros, resistencias eléctricas e condensadores de potencia?. Eu non quero!

Vermella: Gustoume moito o teu consello. Tomo nota do teu excelente consello. Cando non se pode vencer ao enemigo hai que tentar unirse a él.
(Para ir denunciar é mellor levar gafas de sol, ou pódese ir a pelo?)

Susanamoo: Como me coñeces, cajonatós!!!!. Empezo a ser un libro aberto (blog aberto neste caso). Terei que ser máis coidadoso cos meus post para que non revelen tanta leria sobre min.
Agora espero que o meu seguro de RC cubra a rotura do cristal do veciño, que senón vou ter que pandar eu cos gastos.

Chousa da Alcandra dixo...

Avelainha: Son un poeta moi prosaico, Avelainha. Jajaja. Pero alédame moito que vexas esas capacidades en min.
Un día destes tentarei escribir un poemario adicado a todo o blogomillo. Ou ao millo solo...

Anónimo trabucado: Segue sendo un piropo ese erro tan xeneralizado. Procurarei seguir semellando ser esa muller que tanto vedes

Barreira: Non me mancaron nos ollos debido a que veño dotado dun reflexo natural que fai que os peche ás primeiras ameazas explosivas.
Boeno, vale...hai caso nos que me mola moito deixalos abertos, ainda que salten chispas!!!.

Pitima: Mírala a ella que observadora!!!!. Vexo que eres boa alumna na asignatura da observación, carallo. Ti decatácheste dos lentes.
Seguirei ofrecendo anaquiños de min ata completar ese puzle que me configura. Hai que ir amodiño, que se se di todo dunha vez...despois non nos quedan informacións que dar ;-) (http://chousa.blogaliza.org/2009/07/04/voltaire-3/)

Lucía S. Casanova: Mergúllate na lingua nai de teus avós, Lucía. Sei que podes e ti tamén. Se levas pola Chousa tanto como dis, estou seguro de que podes. Aposto por un próximo comentario teu en galego!!!

Irene: Boh, co tempo non se manexa ben nin quen o inventou, así que non te preocupes moito por ise detalle sen relevancia.
Ti continua tamén disfrutando desas viaxes, que a través delas o tempo detense nos intres máis bonitiños. Digo eu.

Markesa Merteuil: Esa definición que fixeches non era máis axeitada para os políticos?. Facer complicado o sinxelo: xusto iso é o que semella que fan.
A burrocracia acabará sendo un aspirador que se autoaspira. Despois todos seremos mais libres...

Manuel L. Rodrígues: Seguro que non sería tan malo ese Big Ben. O carallo é que igual nos pilla sen confesar e despois imos arder sen ser material combustible...

SoO*: Unha das cousas máis jodidas que poden pasar e mirar sen ver. Tamén pode resultar preocupante ver sen mirar. O caso é que as peciñas encaixen ben, como os teus bicos. Ainda que sexan impacientes.
(Pq raio son impacientes os teus bicos?)

Zeltia: Xa felicitei tamén a Pitima por alumna aventaxada. Agora vou ter que felicitarte tamén a ti por reflexión tan ben artellada.
Con toda esa presunta autoreparación até o de agora, non vaia ser o diaño que un día caia un granciño de area nas engranaxes e cada peza salte para un lado. Ti, por se as moscas, tenme tamén os párpados preparados para protexer os ollos.

Chousa da Alcandra dixo...

Facédeme caso, que non vos vou durar sempre...

Ana Conde dixo...

Ainda que pareza incrible, a estupidez reiterativa e progresiva da sociedade que construimos levanos cara estouridos como os que pronosticas.
Ogallá non teñamos que chamarche profeta, Chousa.

Ana C.

matrioska_verde dixo...

é que as veces ai que ser de ferro para aturar as novas tecnoloxías e todas as suas imperfeciones.

bicos.

unha imaxen que da moito que pensar.

Anónimo dixo...

Pois non che sei por que eran impacientes os meus bicos... Andaría a esperar a alguén ou algo así, non o recordo!
Bicos apacibles (mellor así?)

LM dixo...

o outro dia minha mae foi solucinar um trámite e na mesma oficina a funcionaria disse-lhe: "mire, puede llamar a este número, enviar un fax a este otro, un correo electrónico aquí o inscribirse en esta lista. le dejo todas las opciones para que elija la que prefiera pero yo le recomiendo que se desplace hasta la casa de fulanito y lo hable con él directamente porque le va a resultar mucho más rápido"
chousa, nom te desesperes com os call center porque as máquinas logo nom te solucionam os problemas de bile ;-D

beijos

Anónimo dixo...

Acórdaseme aquelo que tanto nos facía rir na adolescencia: "Las ciencias avanzan que es una barbaridá".

Hoxe todo vai parar a algunha "web" ou burato virtual equivalente. Pero ai de tí se non te quedaches co xustificante do xustificante. Montañas de papel. Mais ca antes aínda.

Pero o que mola colocarse a etiquetiña de modelno. Unha moi "up-to-date" e made in China, podendo ser.

Saúdos e pacencia.

Suso Lista dixo...

E o médico,e a escola,e a farmacia... cada vez é mais dificil acceder a esto no rural. Andamos como as nécoras. Aperta

busto.agolada dixo...

A santa burrocracia sempre existirá: a dos despachos e a cibernética. E xa non digamos se tes que pasar polas opoeradoras telefónicas e os minutos de espera inútil. Paciencia, meu. Se non dá feito o DNI, non por iso vai perder de ser Maruja Souto.
Apertas.

Chousa da Alcandra dixo...

Ana Conde: Non quero vestir os hábitos proféticos; e moito menos para unha catarse como á que aludo no post. No fondo compre atoparlle a parte positiva desta evolución tecnolóxica. Acaso non disfrutamos moito (e o que nos queda por descubrir) barrenando dende estas bitácoras?.

Aldabra: Resulta case paradóxico que precisamente a raíña da delicadeza nos mares (serea eres), me diga que hai que ser de ferro para aturar jajaja. Fareiche caso xa que mo dis ti. Buscarei algo duro para mitigar estas desfeitas. O que non sei despois é se o aplicarei a min mesmo ou me adicarei a "romper cristais" a diestra e sinestra!!

SoO* : Os bicos sempre son ben recibidos. Ás veces prestan os apacibles, pero noutras tamén se agradecen os tempestuosos. Ou non?
(Ben sei que che preguntei o motivo da impaciencia á que aludías)

L&M: E que xa non teñen nin siquera un nome asumible para a miña mente de neno aldeán, carallo!. Como non me van sacar das miñas aldabas?.
En todo caso faime moito ben saber a experiencia que me contas. Tentarei somatizar esta leria e continuarei...sonrindo como fago habitualmente. E mandándovos bicos (sobre todo cando tardades tanto en vir pola Chousa!!)

Setesoles: Tés boa razón cando dis que hoxe case todo se fai cara a galería, ainda que dentro sexa un galiñeiro. Gustoume tamén o de "burato virtual". Hai que patentar esa definición jajaja

Suso Lista: Amiguiño!; se me falas das nécoras é como se dixeras unha frase dormecente e máxica para min. Agora mesmo xa non sei se escribo, elucubro, matino...A nécora é a raíña do marisco para o meu padal. Non desprezo ningún outro; pero a necoriña...aiii, non se lle deixa folerpa sin zugar. Eu penso que teño unha lingua (falo do órgano sexual que algúns depravados usan para comer) en exceso desenvolvida, de tanto rebuscar entre as partes calcáreas do animaliño para atrapar con ela o maná que agocha...
(Fóiseme a pinza?. E que a Nécora...merece que se vaia o cesto da roupa enteiro!!!!)

Busto Agolada: Certamente que non vai deixar de ser quen é; pero o rizo máis rizado desta historia é que a propia Administración lle pide un documento "actualizado". Ben sei que Maruja (debería ser Maruxa,pero parécelle mal) foi unha desdeixada co seu dni; pero ¡joder! non poden poñerllo todo tan complicado. Que ten case 80 anos e non ven a conto que lle pidan cereixas e un xeranio!!!

Hei seguir coa paciencia que me caracteriza (a que hai, e algunha máis que me agasallastes). Espero non tervos consumido moita da vosa, que seguramente boa falla vos fará tamén!

CriS dixo...

te veo a través del cristal... ojalá todos los rotos fueran tan perfectos y no nos dejaran hechos añicos...

besos directos, sin 902...

Chousa da Alcandra dixo...

Cris: Non sei se estou detrás do cristal ou diante del. Os reflexos sempre son engañosos. Ou non. Vai ti saber de que lado está a realidade.
Jajaja, non se pode escribir despois de xantar. Decía un poeta africano que os mellores poemas tíñanlle fluido cando pasaba fame.

LM dixo...

os praceres há que disfruta-los de a pouco e com tempo. vir ás présas á chousa nom tem sentido
:-D

beijos

Chousa da Alcandra dixo...

LM: Lembra unha corrente moi intensa que fala do slow food. Disque se debe aplicar ás visitas á Chousa (Nunca pecho, e a cancela está sempre sen candado...)

Kim Basinguer dixo...

Falar coas maquinas telefonicas, é o peor que nos pode pasar.
Deica pouco, só haberá xefes, algun escravo e moitas maquinas no traballo.
E nós no paro.

Anónimo dixo...

É a chamada red de redes, unha maraña de ordenadores (semellante ao teu cristal "escarallado") conectados entre sí compartindo información (aínda que esta as veces se faga derrogar) e servizos ao longo de todo o mundo -quizais por iso Maruja Soto tivo problemas ao pedir a cita on line (risiña burlona)...

Unha aperta para o fotógrafo de ollos bonitos.
Cousiñas de Ro

Chousa da Alcandra dixo...

Kim Basinguer: E acabará por controlarnos na fila do para unha máquina?. Cajonatós, eu cun destonillador na man podo ser tremendamente hábil... jajaja

Rocío: Recollo a aperta ainda que non sexa fotógrafo (xa sabes que o hábito non fai ó fraile).
Espero que nesa rede tecida para enmarañarnos a todos, acaben caendo as arañas que a teceron!!