mércores, 3 de xuño de 2009

Desencanto

Non deixa de resultar reincidente o escaso interés que suscitan as eleccións europeas na cidadanía. Por máis que os políticos se empeñan en facernos entender que moitas das decisións que nos afectan a cotío se toman en Bruxelas ou Estrasburgo; a sensación de lonxanía desas Institucións mistúranse coa percepción do minúsculo que pode resultar o noso voto no grandioso vincallo de urnas que se espallarán pola vasta e variopinta Europa o primeiro domingo de xuño.
Certamente para un elector de Nugallás (Centro Xeográfico de Galicia), motivarse para ir o domingo a votar, precisa algo máis que navalladas dialécticas nunha pantalla televisiva pola que van pasando cada día elefantes políticos cara o seu cimiterio particular...
A cousa ven de lonxe, pero no contexto actual o desencanto percíbese con moita máis nitidez ainda. Así e todo, votemos. O pobo que vota desunido, cecais un día, permanecerá unido.

Foto: Ficción fotográfica. Calquera semellanza coa realidade é un puro casual

34 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Nota: Teño permiso por escrito para utilizar a foto deste post como se fose miña. A autora, de dez primaveras, pelo rizo e risa luminosa onde as haxa, cedeuma en exclusiva a cambio de que recolla neste comentario que foi tomada nunha excursión do Colexio de Antas o pasado venres en Sober (Lugo).
Tamén especifica o documento contractual que diga que se sentiu inspirada a retratar o retrete (fíxate que redundante son) pola cor da auga, que seica combina moi ben co meu blog e tamén pola pulcritude da peza. Dito queda

A Ulloa en fotos dixo...

Boísima a foto! Con dez anos fai iso e ademáis sabe perfectamente porqué a fixo. Eso chámase arte conceptual.

Dalle os meus parabéns, por favor.

Raposo dixo...

Polo menos o retrete está limpo e decoroso (boa foto, por certo). Non así algúns partidos (e miro para a dereita).

Carlos Sousa dixo...

Así e todo, votemos. Pero quítannos as gañas de facelo.

Por certo, e aí donde agochas os cus dos que falaba o "funcinario" aquel?

Curiosa foto.

Maia dixo...

Me columpio entre el sí, el nó, el ir, no ir, en decir: "estoy aquí o pasa de mi..." No es que quiera tirar de la cadena pero es que estas elecciones, es que huelen de mal...

Interesante la foto de la nena de pelo rizo e risa luminosa onde as haxa.

saludos desde el columpio

matrioska_verde dixo...

eu sinto o mesmiño que ti... si xa de xeito normal as votacións prudúcenme apatía, nestas en concreto estou totalmente abraiada polas moreas de tontadas que se oen nos medios de comunicación.

¡magoa!

aínda non sei si me vou molestar en ir votar, sempre o fixen pero e que xa estou farta... completamente farta.

a foto é unha boa metáfora... a política e un desagüe onde pódese botar de todo (o eso parece), só que este desagüe está demasiado limpo para ser ben parecido coa realidade ¿non che parece?

biquiños,

Barreira dixo...

A cor da auga do retrete combina ben co teu blogue???.
A que chegamos, ti.
Pois eu pensaba que era a furna que hai que empregar o domingo para cagar, os que teñan gañas, claro.
Saudos.

Unknown dixo...

Que tres dos primeiros seis comentarios falen da foto en lugar das eleccións venlle dar aínda máis razón ao artigo. 100% dacordo.

Carlosm dixo...

E que a foto é macanuda para o asunto que trata. Este Chousa sempre fai unha boa simbiose imaxe/texto (ou viceversa).

Apertas amistosas
Carlosm

Friol dixo...

Certo todo o que dis.
Eu son dos que vou sempre votar. E nas europeas con moito máis cariño, se cabe,pois é nas poucas na que o meu voto se ten en conta.
E a pesar da clase política que temos -- ao peor é a que merecemos ou a que desexamos-- temos que pensar que somos os que mantemos o sistema e unidos ou non polo menos que se nos escoite.
Saúdos democráticos.
Ah! e felicidades á autora da foto.

anto dixo...

Que ben coidan en Sober os retretes! Poucos vin así por aí adiante! Están na última modernidade, na verdadeira Europa, heheh, que cheirará case todo, pero os "cagadeiros" non.
Parabéns para os de Sober! Polo menos teñen os cagadeiros saneados non coma moitos outros.
As eleccións europeas deixámolas de lado por ver a segundóns nas listas, en vez de aos dous ou tres que disque cortan o bacallau e que nos producen emoción. Funcionamos máis polo aparente ca polo realmente importante. Había que meter aos candidatos nun programiña chorra de eses que hai en abundancia na tv e xa verías como realmente importaba Europa.

vermella dixo...

Abraiada estou da pulcritude tan ben fotografiada non puidendo dicer o mesmo do que me inspiran os políticos actuais....
bico.

Avelainha dixo...

Parabéns aos de sober polos váteres limpos, aos de Antas por sabelos retratar e un tirón de orelhas para os políticos todos metidos nun garrafón e Durâo Barroso de tapón

Bicos

anto dixo...

Esas dez primaveras adubiadas de risa luminosa acreditan estar ben aproveitadas.
Competencia plenamente acadada!

Con tanto falares de Antas coma punto centro de Galiza, xa eu oín a musiquiña, inmerecida, de alcumarvos "terra de nugallás". Eu ben sei que é só envexa, eh!

Chousa da Alcandra dixo...

anto: Interpretas ben esa melodía, no senso de que che é pura envexa o que sinten, quenes tal cousa pensan. En todo caso, antes que perguiceiros podemos recoñecernos ávidos de aventura e moi dados ao pensamento...jajaja
(Con todo, e xa que andamos tocando a toponimia, vou citar ao meu lembrado profesor D. Nicandro Ares, que atribue a etimoloxía da aldea de Nugallás en nucalia, plural neutro do adxectivo nucalis [nogal, en castelán]).
Saúdos garimosos e centrados ;-)

Avelainha: Fixeches un pareado ben bonito, que me lembra outra "oración" que recitabamos en certas ocasións...
Certamente hai que recoñecer a pulcritude do "Roca" soberino; tanto que case se podería beber un ribeira sacra nel...

Vermella: Con tanta limpeza case da unha certa tristura utilizalo para o fin que é; á que si?.
Hai que dicir (i esto é moi significativo), que a peza retratada corresponde ao excusado de señoras; que -case sempre- adoita estar en mellores condicións que o dos machotiños...

Friol: A autora da foto está encantada coas alusións e loubanzas que lle facedes. Tanto que xa me anda rosmando sobre a idea de que a cesión temporal que lle fixen da cámara para a excursión se troque nunha doazón definitiva...Hai que ver que ben saben pedir estes rapaces de hoxe. Mesmo parecen políticos!!

Carlosm: Pois imaxina que o día 7 cando vaias votar, en troques da urna plástico-metracrilática, te atopas cun cagadeiro marmóreo-arcilloso. Igual cambiabas a papeleta e todo!!!

Pablo: Boh, iso é culpa miña; que sempre tento provocarvos coa imaxe para que vos enganche a ler o que matino despois...
Pero boeno, poda que algo de razón tamén che asista na reflexión.

Barreira: Ti ben sabes que as chicas entenden moito de combinacións cromáticas. Así que se a rapaza di que combina ben...é que combina ben. Liña gorda (lembras?).
E o domingo...que vostede cague; digoooo, vote ben!

Aldabra: Pilláchesme a metáfora á perfección. Iso pretendía. O de poñela limpa limpísima obedece ao bo facer do restaurante soberino que así de empatenada a tiña.
Con todo o que digo e decimos, iremos votar o domingo. Ainda que somente sexa para despois ter máis forza moral para queixarnos e de sentirnos donos de tirar da cadea!

Maia: Benvida á Chousa co teu carroulín. Seguramente hai pólas onde o poidas pendurar á sombra deste verán que se inicia caluroso.


Carlos Sousa: Votemos entón, ainda que o corpo nos pida facer un corte de mangas.
Efectivamente, aquí se sentan os cus aludidos polo funcionario. A saber cantos se levarán sentado...

Raposo: Moi sutil e fina o teu comentario jajaja, como corresponde a un raposo listo coma un allo.
En todo caso prometo que a vindeira alusión que faga a Sober na Chousa ha ser menos escatolóxica.
Asuntos e materias que tratar non me faltan (incluso trouxo a rapariga unhas fotos dun ceramista de Gundivós dignas dun post)

A Ulloa en fotos: Ela mesma leu o teu comentario antes ca min, e xa veu correndo toda emocionada a contarmo. Incluso provocaches unha pequena charla sobre o arte conceptual (ainda que a miña pedagoxía non sei eu se estaría á altura para que pillase o asunto).

Deambulando con Artabria dixo...

Sen dúbida a túa filla ten un "algo" para captar unha boa fotogragía........por certo, fai 2 días que tiñan que ter saido os gañaadores de Mirada e Luz, sabes algo???

susana dixo...

Non sei que dicir, eu prefiro botar a votar, pero votarei ás europeas.

Chousa da Alcandra dixo...

Artabria: Sen duda herdou o xen artístico de súa nai. Eu so lle prestei a cámara.

Do concurso, pensaba que era hoxe o día D. E pódoche dicir que eu non debín gañar, xa que o decoroso é que antes de publicalo avisen ao victorioso. E víñanme ben os milcincocentos para un caprichiño que teño...

Susana: Se digo que concordo contigo na utilización do fonema vanme volver sacrificar. En todo caso, ten en conta que votamos (municipais, autonómicas, estatais i europeas cada 4 anos); iso da 16 veces/ano como moito. Ostia! en 4 anos...16 "botes", ainda que sexa sen abrelatas...ben se dan multiplicado ou???

Nébeda Piñeiro Barros dixo...

ah, pero non había que votar se queremos que ZP siga voando con Falcons ou non? Ui, que perdida estou...


Bicossss.

HADEX dixo...

Felicidades para a autora da fotografía de verde maravilloso e desinfectante.....

O da campaña electoral non ten nome, as estupideces que temos que escoitar provocan unha desgana supina á hora de ir votar....Pero eu sempre digo que se non voto non teño dereito a despotricar despois....


BICOSSSSS

Unquevota dixo...

Moi boa a metáfora do caghadeiro.

in_side dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
~pi dixo...

votemos!!

unidos

como diferentes

baralhos

de cartas

jogadas por um

deus louco!





beijo






~

Paz Zeltia dixo...

Felicidades para a fotógrafa, bo ollo ten, e sabe distinguir o chamativo da situación: un inodoro dun colexio que está limpo!

eu tamén me sinto desmotivada para votar
pero de todo, eh
claro que o domingo será outro día

CriS dixo...

ja ja felicidades a la fotógrafa... me llama la atención lo nuevito y limpio del vater... parece hasta de exposición... ummm

pues mira, ni ganas de votar mañana porque independientemente de que me gusten mas o menos las ideas de uno y/o de otro, no me fio de nadie, ni me creo ná ni yo que se... pero bueno... iremos a votar... que no se puede tirar todo al water...

bfletes indecisos

Chousa da Alcandra dixo...

Nebeda: Hai que votar para seguir deixando voar a imaxinación no Falcon da nosa propia esperanza. (Uff, coido que a hemodoazón que veño de facer reduciume o rego sanguíneo en demasía e agora poetizo cando so quero escribir prosa...)

Hadex: Si, eu tamén son dese colectivo de despotricadores; así que votarei a papeleta na urna (e non no váter).
A fotógrafa está emocionada. Mañán quere sacarlle unha foto á urna para que despois escriba un post enriba deste e comparemos as imaxes...Tremendo!

Unquevota: Non convén, no caso da imaxe, que caia metá fora. A idea é que todo vaia dentro; senón hai cabreo na casa...

~pi : Votemos, si; pero a ilusión doutrora vese nos últimos tempos moi "ate-nuada" por tanta desidia e mediocridade do discurso político. ;-).

Zeltia: Benvida de novo ao mundo dos votantes botantes!.
Si, o domingo será outro día. Durante a semana baduamos, o sábado reflexionamos e o domingo...xantamos!
(o sábado en Antas reflexionamos doando sangue. Fíxaté que nivelazo!)

Cris: Se poidéramos meter a papeleta na urna e, de xeito simultáneo, lanzar polo "inodoro" a un bo feixe de politicastros que pululan como mosquitos...mellor que mellor!

Paquito de Penas dixo...

¿Ninguén pensou que a estas alturas aínda pode haber xente con dúbidas de a quen votar ou mesmo de ir ou non a votar?
Só o raposo foi quen de facer un guiño, ti tamén xa te podías mollar un pouquiño... seguro que o noso voto será para a rosiña máis atractiva das terras de "MIRANDA" ou non?
Xa sei que non vas a darme ese gustazo e contestarme, pero bueno,tampouco me dispares, jajaja

Chousa da Alcandra dixo...

Paquito de Penas: As rosiñas ás que ti te refieres, sempre contarán co meu voto, admiración, devoción, querencia e ...todos os adxectivos bonitos que poidamos imaxinar.
Pero isto non era preciso que cho respondese; á que non?

(Son galego; necesariamente tiña que finalizar con outra pregunta. E se che disparan un día, que sexan pétalos de rosa!!!)

paideleo dixo...

Haberá que votar anque só sexa por respeito pola xente que morreu para conseguir este dereito.

Chousa da Alcandra dixo...

Paideleo: Levas razón. E, por seguir co símil da imaxe que escollín para esta entrada, penso que vale aquelo de "Vota ben, e vota contento; pero ¡por favor! vota dentro!!!"

busto.agolada dixo...

O peor das eleccións está nas campañas electorais. Con algún anuncio na prensa, un debate ou dous na tele e dous días de campaña sobraban. O que temos actualemte é un bombardeo contra as sufridas neuronas dos electores.
Pero as eleccións que as siga habendo, por favor. Democracia sempre.
A ese retrete impoluto, que retratou esa meniña de dez anos, deberían ir parar as arroutadas e improperios que se ceiban gratuítamente en múltiples auditorios dos mitins.
E moitas apertas desde o Farelo-west.

Chousa da Alcandra dixo...

Busto Agolada: Certamente que hai saturación electoral; pero tamén concordo contigo en que -como xa dixera Churchill- en que a Democracia é o sistema de goberno menos malo que coñecemos. Por iso paga a pena perfeccionalo, pulilo, axeitalo; pero sempre...mantelo!

Gustoume o saludo dende o Far-west. Eu resposto dende o Leste do Far-elo

Anónimo dixo...

Seguimos coas metá-fora_se o retrete é a urna e o liquidiño a papeleta... ¡gustóume o teu voto! ;)

Un saúdo noctívago!

Chousa da Alcandra dixo...

Rocío: Moi aguda a observación.
Gústame o verde. Amplo senso... ;-)