xoves, 12 de marzo de 2009

Amodiño

Aprender a andar resulta unha tarefa complicada para o ser humán. Con suma torpeza e reiterados golpes imos perfeccionando unha técnica que, co tempo, acaba por ser inconscente; pero que costa caldeiros de bágoas e que tan so consiste en poñer un pe diante do outro mentras mantemos o equilibrio. Nada máis e nada menos.
Despos, co tempo outra vez, imos lograr a soltura e o donaire no movemento (algunhas, incluso moito máis que iso...).
Acadamos a ciencia da velocidade e doutorámonos en salvar obstáculos que non podemos saltar coa pértiga da audacia inventando pontes.
Pero, igualiño que cando aprendemos a poñer os pes un diante do outro mantendo a verticalidade, o éxito de todas as carreiras de fondo, sempre consiste en saber correr amodiño. Nada máis e nada menos.

Foto: No Kilómetro cero. A 270 Hm de Antas de Ulla

31 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

aaay que ponte mais bonitiña (ainda non lin o post, que quedei mirando para a ponte, deleitándome nos detalles das beiras, imaxinando as árbores sin as ponliñas núas...) a ponte é nova, pero imitando vella ¿non sí? ¿forma parte do mesmo entorno fluvial ca o banco? vaia paseíños mais bos poderás dar por ahí, cando comenza a quentar o soliño, co rumor da auga, e os paxariños, ay, ay ay que bucólica me estou poñendo, isto de facerlle caso a kayyam, e saír os mércores a tomar uns riojiñas, vaime facer coller a teima de eliminar os post, pero desta vez non. desta queda así.

Paz Zeltia dixo...

Xa lin todiño.
Ás veces precisariamos unha ponte para salvar as fronteiras entre cousa e cousa, atopar un camiño marcado cando o futuro é un mar de dudas, a pértiga da audacia ésa que dis tí (gústoume, o da pértiga)
si, un pé diante do outro, atravesamos o país asolagado do desamor, os campos secos do insomnio, os promontorios da ilusión, os acantilados vertiginosos da paixon... aí imos indo, un pe despois do outro...

Carlos Sousa dixo...

Como dicía miña avoa, "despaciño e boa letra". Para mandarme a un sitio rápido era "un pe alá outro acá"

Antón de Muros dixo...

Correr amodiño é unha especie de "oxímoron", mais é necesario para non ficar á beira do camiño...

Unha ponte moi bucólica, tes razón.

Unha aperta.

Antón.

fgul dixo...

Sorteo do "Meme do Traste Galego".´
O número do sorteo da ONCE do día de onte (11 de Marzo) foi o 23488, polo que o gañador do Meme sería aquel que ten a terminación 88. Como non existe tal participante. Vólvese a sortear hoxe (día 12). Atentos ao cabezallo do blog e moita sorte.

pitima dixo...

E aquel que dicía: vísteme despacio que teño présa..., é outro oximorónico enunciado.
Hai que saber... e cando se sabe hai que aprender a levar o ritmo, cadaquén co seu. As présas non che son boas.
Cadencia, 123 123.. sen pisar, seguendo a música..¿non escoitas? é o vals da vida!
Bonita ponte.

CriS dixo...

Y es que a andar aprendemos todos, a caminar sólo unos cuantos!

Me pido caminar por ese puente... es de verdad, existe de verdad Chousa? Ya se que si, pero es que parece que acaba de salir de un cuento fruto de mi imaginación o de un sueño...

Qué lugar tan mágico para precisamente, caminar.

Bfletes sin prisas.

A Ulloa en fotos dixo...

Como xa sabes, colguei no blogue varias entradas do Balneario de Frádegas. Buscando na rede cousas sobre o muiño, topei a túa foto no blogue de Cris. Eu colguei outra na Outra Ulloa,pero vendo o río de frente e non cara a tosta (que vai a reverter). Teño programado un post sobre o muiño para mañá por polo que vin, hai foto colgadas pero non dixestes nada sobre a súa historia.

Vemonos no Kaiak?

Barreira dixo...

Cando imos perfeccionando o movemento ás veces (bastantes) olvidasenos que andar ou correr, inclusive, consiste en por un pé diante do outro, e claro, os batacazos soen ser importantes e sonoros.
Deberiamos fixarnos nos pequechos novamente para recordar a "teoría do avance", pero como non temos tempo....!!!!!.
Saudos.

Lúa dixo...

con boa letra!!bicos.

HADEX dixo...

Buf....a min o de ir a modiño cústame moito.....tanto mentalmente como físicamente....e un problema,recoñézoo pero forma parte do meu carácter e non o podo evitar...

bicosss

Anónimo dixo...

Alguén me dixo que para aprender a correr a modiño, hai que dar cos fociños no chan unha vez indeterminada de veces. Todo depende da sensibilidade de cada quen, nos fociños, claro.

(agora, maxine todo iso, enriba duns tacóns!!!)

Cuspedepita dixo...

Si, xa cho dixen, amodiño ;-)
E fixécheme caso?

Chuchiños

Anónimo dixo...

Correr amodiño e correrse ainda máis amodo.

vintxuca dixo...

A min tamén me custa ir amodiño porque son a impaciencia personalizada e preciso estar facendo cousas sen parar ata caer esgotada, por iso de vez en cando teño que facer "unha cura de sono" e durmir dende as nove da noite ata as dúas do mediodía.
Preciosa ponte si señor, esa si hai que percorrela amodiño se un quere disfrutala.

Markesa Merteuil dixo...

Correr amodiño éche ben difícil. Eu todavía non aprendín.

Mer dixo...

sen presa pero sen pausa

seguimos

unha aperta

Deambulando con Artabria dixo...

Non hai nada máis emocionante que ver a un cativo/a dar os seus primeiros pasos, pensando "caerá? non caerá?"

paideleo dixo...

Correr amodo é como falar calado; dúas cualidades que posuimos os galegos e que se debería extender por todo o mundo.

A Conxurada dixo...

Caerse para volver a levantarse...

Un beijinho dunha tropezadora nata(simbólica e literalmente)

Moraima dixo...

Como xa dixeron antes mellor despacio e con boa letra. apertas ;)

chimeneaverde dixo...

Y es algo que nunca olvidamos, com el montar en bicicleta. Y se aprende a base de caídas, hay que poner empeño y volver a intentarlo hasta que se gana soltura.

LM dixo...

e respirar bem para nom perder os folgos...
beijos

Anónimo dixo...

E ter algún lugar onde ir.

Pau dixo...

Que si, que si, que agora está moi de moda o de pregonar o de ir amodiño; pero a min resultame moi complicado.

Druid dixo...

Eu son dos que vai correndo para todos lados, dos que prefire chegar 10 minutos antes, que non cinco despois. E un comportamento que me nace dentro, e que me custa dominar.... pero a todo se aprende... claro está: amodiño.

Apertas.

Markesa Merteuil dixo...

Ou pensando, Artabria, vas caer... jiji

Anónimo dixo...

Case tan importante como ir amodiña, nas cousas e na vida, e saber vovlerse a levantar cando caemos....que caemos moitas veces, unha por non ir amodiño, e outras por ir demais, digocho eu que o sei ben de ir na bici....

Raposo dixo...

E as veces tamén andamos para atrás e esnafrámonos, nunca mellor dito que neste días de desencantos políticos.

Chousa da Alcandra dixo...

Ando perguiceiro para escribir estes días.
Vai ser da lúa de marzo, que ademáis de soliño primaveral anticipado, tróuxome de novo a miña vagancia innata.
Todo elo non quer dicir que non vos lea e que non disfrute cos vosos matices e comentarios.

Bicos para elas, calurosos saúdos para eles.

torredebabel dixo...

a modiño e con paciencia. Os dous grandes sinais da sabiduría humana. Fermoso vir por aquí de visita!